Autor: André Pena Graña
lunes, 23 de junio de 2008
Sección: Tradiciones y Fiestas
Información publicada por: crougintoudadigo
Mostrado 18.616 veces.
A MOURA E OUTRAS LENDAS DE SAN XOAN DA PENA MOLEXA (Traballiño de San Xoan adicado aos minicelticidas do MiniConsello da Incultura Galega)
A Moura do folclore galego que ao amencer do día solsticial de San Xoán a Moura, sae a procura dun esposo merecente da súa Mámoa, da súa fonte, da súa pena, etc., e a asollar os seus tesouros, se aparece esta noite máxica aos mozos en moitos sitios de Galicia, como este da Pena Molexa en O Val (Narón).
Nas tumbas dos cabaleiros como amosan as mencionadas estelas non podía faltar un espello e un peite
Nos tempos heroicos da Idade do Bronce na Europa atlántica insular e continental como sucedía no resto de Europa, os heroes enterrábanse en túmulos, o que en Galicia chamamos mámoas. Sobre estes túmulos, colocábanse como o amosan uns verdadeiros inventarios post mortem: as estela do Suroeste da Península a modo dun cómic prezados obxectos que acompañaron ao nobre defunto no seu derradeiro viaxe: sempre o carro de guerra e os seus cabalos, logo armas defensivas -un rechamante casco de longos cornos e un escudo escotado moi de moda na Idade de bronce- e armas ofensivas como a espada, a lanza e o arco e as frechas.
Nas tumbas dos cabaleiros como amosan as mencionadas estelas non podía faltar un espello e un peite, obrigados agasallos do heroe para a Deusa Nai, a fermosa señora e Grande Raiña que solícita acudía ao túmulo a recollela ánima do cabaleiro e levala ao Alén no lombo do seu cabalo. O grande, macizo e pesado peite votivo de ouro do Tesouro de Caldas, un presenta para a Deusa Nai, aparecido xunto co espolio de moitos túmulos, nos ilustra este temperán costume da Idade do Bronce.
Os heroes defuntos agasallaban deste modo a deusa soberana indoeuropea, mítica moradora dun marabilloso mundo subterráneo, transformada co correr dos séculos en A Moura do folclore galego que ao amencer do día solsticial de San Xoán a Moura, sae a procura dun esposo merecente da súa Mámoa, da súa fonte, da súa pena, etc., e asolla os seus tesouros. Esta Moura se aparece en moitos sitios de Galicia, como este da Pena Molexa en O Val (Narón).
A PENA MOLEXA, O VAL (NARÓN). CLAVES INTERPRETATIVAS DOS PENEDOS FIGURATIVOS.
Oseu nome provén de mollicula = “molexa”. A Pena Molexa non parece un "penedo figurativo", senón que orientada cara a un bicudo monte polo que cada 19 anos no chamado ‘ano metónico’ sae no solsticio de verán a lúa chea foi encabalgada intencionadamente, posiblemente na Idade do Bronc. A Pena Molexa é de feito unha das penas que máis lendas ten de Galicia. Trátase dun folclore moi antigo, con paralelos en toda a Europa Atlántica, insular e continental.
Máis estes penedos presentan unha unidade folclórica espallada por tódala xeografía mítica galega Sendo enorme o número de penedos figurativos que gardan estreita relación coa Pena Molexa, Taboada Chivite por exemplo menciona a Pena Encarrillada e a Arca de Ogás, a Pena da Moura, da Amourosa (Melide), a Pena da Moura, de Parada do Sil, o penedo chamado Ordo de Fumaces en Verín.
Encabalgada pola Natureza ou pola man do home entre dous bloques graníticos a Pena Molexa considerase obra dunha divindade constituíndo o seu folclore un exemplo, da pervivencia popular do culto a Deusa Nai que representa á Terra, ao País, única divindade feminina celta. Trátase dunha deusa moi coñecida que adoita aparecer con triplicidade de forma encarnando tres personalidades distintas dunha única divindade, dun modo comparable a falta doutro exemplo mellor para comprendela á nosa Trinidade cristián. É a un tempo unha moza virxe casamenteira que ten que escoller ao rei que debe gobernar o pais; é logo unha virxe preñada, encarnación da fertilidade da Terra e do Reino, e en derradeiro lugar tras envellecer co rei, é unha vella, simbolo do inverno e do fin do reinado correspondéndose coa triple Morrigan, ou coa triple Brigit das illas británicas.
Esta trindade feminina moi común entre os celtas era coñecida en Galicia co nome xenérico das Matres, Matres Gallaecia, ou con nomes individuais (Maga “Chan”, Navia “Fluínte”, “Chorreante”, Brigantia, “Alta”, “Elevada”, Iccona Loiminna “Luminosa Egua”). Epítetos que representan virtudes desta deusa simbolizada por tres mulleres, unha nova cun neno no colo, e as outras vella a unha e madura a outra, a asisten sostendo o cueiro, ou panos para limpa-lo neno.
A Pena Molexa foi un santuario ou trebopala “outeiro”, altar, celta, que por algún motivo, quizais pola perda de uso dos rituais de toma de posesión ou entronización territorial, non chegou a cristianizar.
Cando contan en Vilasuso, referíndose sen sabelo a un mito Celta da creación do mundo [1], que “a Pena Molexa dis que a fixo unha vella co dedo meniño e o día que retire o dedo será o fin do mundo” estarían a falar da primeira persoa desta trindade ou triplicidade celta da Deusa Nai: a Vella, claramente representada no folclore desta pena de O Val. Expresado nos termos da mitoloxía céltica, onde hai que encadrala, responde ao primeiro aspecto da tríade feminina celta como unha Vella Meiga (irl. Macha, gal. Maga), boa, positiva e creadora -contra o que cabería esperar do seu decrépito aspecto, cousa propia da intensificación celta onde o deus manco e o que mellor colle, o deus cego o que mellor ve, a pétrea barca a que mellor flota, etc., que ao seu paso vai facendo o país, os ríos, os montes, os vales, os lagos, é aínda as mámoas, coas pedras que leva na saia que vai chimpando ou sementando onde lle peta ou cadra-.
As donas encantadas e as mouras como a da Pena Molexa adoitan aparecer a carón dos seus tesouros na noite de San Xoán “peiteando os seus cabelos, case sempre de ouro, cun peite polo común de ouro tamén” (Risco, 1962:292). Na Pena Molexa unha lenda conta que unha moura sae na mañanciña de San Xoán amosando un tesouro e pedindo a quens o contemplan que escollan o de máis valor. Para racha-lo encanto terían que escollelo a ela, máis a xente sempre escolle o ouro que nese momento se esvae. Esta muller de sobrenatural fermosura é, de novo, a representación da grande Deusa Nai da comunidade, do Territorio ou Estado que quedou simbolizada na súa trebopala ou outeiro en todo o rico acervo de lendas da Pena Molexa. [2] A Grande Raíña [3] que na súa cita anual agarda no Alén ao xeneroso esposo merecedor de compartir con ela o seu amor e os seus tesouros, ven a este mundo para casar co heroe morto, cos homes cumpridores do seu deber que deixan este mundo e parten para o outro coa confianza posta nela. O peite de ouro como o atopado en Caldas de Reis, confeccionado e decorado probablemente como agasallo (nupcial), sería aquí ofrecido polo defunto á deusa soberana, para que esta, reclamando a súa ánima inmortal, a montase no lombo do seu cabalo (por iso leva sempre as mazás ou abelurios, símbolos de Avalón, do Paradiso celta ou a chave da porta do Alén) e a levase con ela ao seu pazo do Alén. É a Deusa Nai Celta, ao mesmo tempo nova e vella, virxe e nai, raíña e campesiña, é a encarnación [4] da Terra e do País, a Soberanía que tras escoller un marido axeitado para o bo goberno e casar con el [5]acompañándoo nun vizoso reinado, non o abandona tampouco a hora da súa morte e ven por el para que reine con ela no Outro Mundo.
No folclore galego esta divindade represéntase pola moura fiel que acude ano tras ano á mesma fonte, á mesma pedra, á mesma encrucillada, e aínda á mesma ponte, en busca do home capaz de superar con éxito unha proba, unha elección encuberta entre Ela e o fabuloso tesouro que amosa como engado.
Como raíña, chamada nas Illas Británicas Rhiannon (Grande Raíña) ou Macha (probable equivalente á nosa Maga do Noroeste, “Crougeai Magareaicoi” Outeiro da Raíña Maga), filla, esposa e nai dun rei, raíña tres veces, é raíña por nacemento, é raíña por matrimonio pois casa cun rei, e é raíña tamén pola conquista dun reino. Recoñecémola posiblemente na lenda da tripla Aureana ou de Ana Manana estudiadas por Vicente Risco e por Pena como unha muller montada a cabalo, e tamén como tres mulleres a cabalo, pois ben, pars pro toto tamén estaría representada na trebopala de Vilasuso: A Pena Molexa tiña un encanto: gardaba tres mulas de ouro. Un día chegou un home cun libro, era o libro de San Cibrán. O home leuno dende a primeira páxina ata a última, de arriba abaixo, logo desleuno dende o final ata o principio e desencantou as mulas e levounas. Despois diso apareceron moitos máis encantos [de tres mulas de ouro]; cando ninguén sabe facerse con eles ao cabo de certo tempo vanse cara ó mar. Estas mulas da Pena Molexa serían reminiscencias da Epona / Rhiannon, divindade da soberanía asociada aos cabalos e aos reis.
[1]
[2]
[3]
[4]
[5]
A tripla Ana Manana. Laureana, Aureana, Ana.
Más informacióen en: http://www.andrepena.org
No hay imágenes relacionadas.
Comentarios
Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.
Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.
No es que tenga mucho que ver con el tema, pero me pica la curiosidad. ¿Tendrá algo que ver el palabro "aloumiñar" con el adjetivo "loiminna" de la amiguiña iccona? Veo cierta relación entre acariciar (el pelo) y brillar. El Xerais me dice que del latín laudare... ¬¬
Hay 1 comentarios.
1