Autor:
jueves, 17 de abril de 2008
Sección: Roma y Grecia en Celtiberia
Información publicada por: gonzo
Mostrado 20.541 veces.


Ir a los comentarios

Pena da Armada, un posto de vixilancia lexionario

  A través do traballo; A conquista romana na comarca de Arzúa (ver: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2915 ), imos sacando á luz diferentes incógnitas que a nosa microtoponimia tiña ocultas. Neste caso, trátase da Pena da Armada, esa pena que dende a outra beira do río Boente (antes Pella), ofrécenos  unha panorámica extraordinaria do val de Pela, (ver a imaxe;  http://www.arzuacidadan.net/blog/gonzo/32/a-conquista-romana-na-comarca-de-arz-a-1  ).


Armada, segundo a Real Academia Galega e o Diccionario Enciclopédico Gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, significa; Flota, escuadra. Rede que se arma para cazar xabaríns.


Loxicamente, aquí no interior de Galicia, a primeira acepción non ten sentido.


O Libro da Montería de Afonso X precisa que as armadas son cazaderos ou lineas de postos. Andrés Pena Graña no artigo: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=1774, recolle o topónimo de Armada dun documento do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde se indica un causo nese lugar. Os causos veteros, curros vellos, segundo Pena eran; alineamentos de grandes pedras presuntamente prehistóricos e petroglifos aínda en fase de estudio. O que o leva a definir as Armatas, Armadas:
Chámanse así polas cámaras poligonais formadas polos esteos dos dólmens interpretados polo home medieval como trampas para animais confeccionadas polos antigos.


Mais, co nome de Armada tamén temos as nove mámoas no Chan da Armada no monte Pedrouzos. Marín, Pontevedra,(na zona, da época romana, quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e Figueirido) lugar cun alto valor paisaxístico e estratéxico e, ademais, unhas oito Armadas máis sen ningunha referencia megalítica coñecida.


Se nos volcamos na identificación dos topónimos A Armada, en Galicia temos:


 A Armada, Sobrado, A Coruña, na VIA XX, Per Loca Marítima cara Friol, a uns 5 Kms. da Cidadela, campamento romano da Cohors I Celtiberorum. É a Armada da que nos fala o documento de Sobrado.


Armada, Santalla de Devesa, Friol, na mesma VIA XX. (miliario de Friol dedicado a Macrino e Diadumediano)


A Armada, Bealo ( Vialis, nos documentos antigos), Boiro, moi próxima a Belles de Arriba e Belles de Abaixo onde se encontraron restos de calzada romana que se identificaron coa Per loca maritima VIA XX, camiño coñecido coma a calzada romana do Monte de Vitres, documentada por López Ferreiro.


A Armada, Rabal, Celanova, Ourense, na Vía Lucus Augusti - Aquis Querquennis segundo xa apuntou no seu día o padre Matos Ferreira ver: pax. 700-706. MILIARIOS E OUTRAS INSCRICIÓNS VIARIAS DO NOROESTE HISPÁNICO en: http://consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/miliarios.pdf/.


Domina o camiño de Aquis Querquennis a Ourense, hoxe hai unha ermida no lugar.


A Armada de Santa María de Cartelle, Ourense, preto do Rabal, a ponte romana do Freixo salva o río Arnoia, trátase da vía que vai cara Aquis Celenis ( Caldas de Reis) dende Aquae Flaviae (Chaves,  Portugal), pasando por Outomuro ( Cartelle) e Borborás; tamén se relaciona cun campamento militar no municipio de Cartelle. Ver pax 680 en MILIARIOS E OUTRAS INSCRICIÓNS VIARIAS DO NOROESTE HISPÁNICO.


A Armada Vella, Soandres A Laracha, na VIA XX per loca marítima, no monasterio de Soandres conservábase unha inscripción, hoxe desaparecida, que aludía a un templo adicado a Hércules, un dos deuses oficiais da lexión romana, pax.: 625 Galicia pueblo a pueblo .


A Armada, Lagos, Láncara (Lugo),no chamado Camiño Real, a VIA XIX Braga Astorga. Da época romana consérvase como principal referencia a Ponte de Carracedo (reformada no medievo), que cumpría a función de paso do río Neira.


A Armada, Queimadelos Mondariz, Pontevedra, na VIA XIX?,  próxima aos restos dunha calzada romana cerca da que se alza, sobre o río Tea, a ponte da Cernadela, tamén de orixe romana ver; http://www.mondarizbalneario.es/?q=node/35


A Armada, Muras, Lugo. No tramo do Camiño de Iria a Cervo. Vía Iria Flavia - Cohors I Celtiberorum – Arroni. Pax:725 de Miliarios… De Cervo sairía un camino secundario que levaría a Monfero onde encontramos outra…;


A Armada no alto de Xestoso. Monfero, A Coruña, nas inmediacións das Fragas do Eume, na estrada AC 5001.


Pena Armada (766m), Friol;. Hoxe é coñecida polo Parque eólico de Pena Armada, dende acó divísase perfectamente as inmediacións do Camiño Primitivo ou Vía XIX na fronteira con Palas de Rei.


Pena da Armada (373.1),. A Pena da Armada aínda que administrativamente corresponda ao Concello de Santiso, a súa xurisdicción parroquial pertence a Vilantime. ver mapa en: http://sitga.xunta.es/pdf5000/09662d.pdf :


Un denominador común de tódalas Armadas estudadas (queda algunhas máis na microtoponimia) é a súa localización en vías ou camiños secundarios romanos, sobre todo, na VIA XIX e VIA XX.


Xa  que o idioma oficial da Roma Imperial era o latín e del vén armada, armata buscamos o seu significado nesa lingua;


Armata;  de armati-orum; xente armada, soldados.



A futura provincia da Gallaecia, foi un renxer de lexións romanas durante os últimos anos do século I a. C. e o II d. C. Sobre todo a Galicia interior a máis rebelde (Dión Casio, fálanos de revoltas no 16 a. C. dos galaicos do interior), os campamentos de marcha (castra aestiua) e a construcción de calzadas e pontes axeitadas para o transporte de minerais e subministros era o que primaba nestes primeiros momentos da conquista.


O imperio precisaba organizar o control do territorio conquistado polo que unhas vías de comunicación seguras eran fundamentais para o libre paso de mercadorías, minerais e tropas. As peroxas seran os centros de avituallamento (http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3211), mais compre garantir a seguridade das calzadas con postos de vixilancia das lexións.


 Goldsworthy na súa obra El Ejército romano, precisa unha serie de funcións dos lexionarios en tempos de paz; A lo largo de los caminos, en Egipto y en otras provincias, había torres de guardia ( torretas de madeira se entende) a intervalos bastantes regulares, que contenían no más de un puñado de soldados. Claramente, su objetivo no era ninguna amenaza militar a gran escala, sino supervisar el tráfico en esas vías vías. Muchos legionarios beneficiarii fueron asignados a  estaciones viarias (stationes), donde actuaban como representantes locales de gobernador con múltiples tareas, entre las que se incluían ordenar arrestos y hacer cumplir castigos asignados por los tribunales.


As Armadas serán eses postos de vixilancia necesarios en toda guerra de conquista, a aparición da inscrición dedicada a Hércules Xónico (unha das deidades máis veneradas polos soldados ao longo da súa historia) no Mosteiro de Soandres ao carón da Armada de Laracha amósanos a localización dun enclave permanente do exército romano nese lugar. Mais, como é lóxico, o exército romano aproveitará os camiños preexistentes, e moitos deles levaranos a grupos de mámoas ou lugares prehistóricos de adoración aos deuses indíxenas, é por iso que atopamos armadas, en Chan da Armada ( Marín) ou Sobrado, en ambos casos, as tropas lexionarias aproveitarían os monumentos megalíticos pola súa condición estratéxica e como refuxio, mais non só reutilizaran monumentos megalíticos como comprobamos no estudio das diferentes Armadas. Para a elección do establecemento dun posto de control, pois, influirían as distancias, a orografía, a importancia da zona e a resistencia da poboación indíxena.


Séculos máis tarde, coa pérdida da función de control policial, moitas armadas pola súa situación panorámica e xeográfica pasarán a cumprir outra función; a de cazaderos ou postos de vixilancia para a caza maior, como nos indica o Libro da Montería de Afonso X.


O fundamental nunha función de control e vixilancia dun territorio é a localización estratéxica, e esa foi a característica pola que foi escollida a Pena da Armada no Val de Pela, para o control do camiño que levaba a Sardecoiro, e a vixilancia do asentamento romano que habería en Pela (o val é perfecto para o establecemento dun campamento romano), ademais, da poboación castrexa da cercana Roda do Castro. Eran prioritarios para o exército, na zona, os traballos nas trece minas de estaño e a factoría de curtidos de Courium (Sardecoiro), por iso un posto de vixilancia na Pena da Armada.





BIBLIOGRAFÍA


-          FERREIRA PRIEGUE, E. : Los caminos medievales de Galicia. Ourense, Boletín Auriese,1988.


-          CAAMAÑO GESTO, X.M. : As vías romanas. Compostela, Cadernos Museo do Pobo Galego. 3, 1984.


-          SANTOS YANGUAS, N. : El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988.


-          RODRÍGUEZ COLMENERO, A. : Galicia meridional romana. Deusto, Universidad de Deusto, 1977.


-          RODRÍGUEZ COLMENERO, A. FERRER SIERRA, S. ÁLVAREZ ASOREY, R. Miliarios e outras inscricións viarias romanas no noroeste hispano. Lugo, Consello da Cultura Galega, Lugo 2004.


-          PRECEDO LEDO, A. Galicia pueblo a pueblo. La Voz de Galicia, S.A. A Coruña 1993


-          ANDRÉS HURTADO, G. Una aproximación a la religión del ejército romano imperial: Hispania. Universidad de la Rioja. Logroño. 2005.


- GOLDSWORTHY, A. : El ejército romano, Ediciones Akal, S.A., Madrid, 2005.




AUTOR: Celso Alberte Magariños Costas


celsomagarinhos@mundo-r.com 

Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 alfaiome 14 de abr. 2008

    'Armar' en gall. actual (casero) es 'preparar una trampa': ármar ás truitas, armar ós ratos: pescar truchas con artes de varas, poner una ratonera. 'Armada' pues como 'celada' top. p. ej. Celada de la Vega, Za. 'punto de acecho en el camino'.


    Belles: Velles ab. uigiliis 'en los puntos de guardia'; Bellas: Vellas en Terrachá: en hom. con el resultado de uétulas de ac. uigilias parece más "romano" pues no es transparente en romance. (Vigiliae es un término técnico del lenguaje militar, como 'turno de guardia' que duraba un cuarto de la noche cada una)


    Latas, ap. lucense, como 'celadas', probablemente de latitare: *lattare: 'esconderse'. En Orense 'faltar a clase' es (era?, no lo veo en los dics.) 'latar'  


     

  2. #2 alfaiome 14 de abr. 2008

    En cuanto a los Cousos, las grafías med. guardan o esconden el latín cursus 'camino, recorrido, curso' cult., de donde 'coso (taurino)': 'plaza de toros' o 'calle' (principal en pueblos: el Coso).


    dim. Couselo (hom. con 'couselos' planta), Couxela

  3. #3 alfaiome 15 de abr. 2008

    Otro top. referido es Pela, homófono con la ciudad griega. Debe ser pilella, pequeña pila o pilón de agua (¿acondicionando el río? ¿huella arqueológica? ¿con funciones estratégicas o de entorno de camino: los caballos del cursus públicus también tenían que beber): piela [pïe] sería un resultado más moderno, pero un *piella [pye] temprano pudo reducirse a *pela.


    Vil(lu)la Anthemii: Vil(l)antime: Antemio es nombre griego, y de sabor tardoromano. Dos emperadores, tío y sobrino, del s. V llevaron este nombre, y el arquitecto de Santa Sofía fue Antemio de Tralles. En la forma Antimo, más latinizada -y obsérvese: mio: mo:: pie: pe-, hay un autor de tratado médico dietético en la corte de Teodorico el ostrogodo.


    -coiro en top. más probablemente tendrá que ver con piedras (cónicas, gr.-lat conum, 'cima', 'cimera', 'punta', 'cono') que marcan límites: Coo, Con, coio. Y Sarde- 'debería ser' 'camino', o 'senda': ¿ sólido: soldo: soldcoiro: con dis. o...ó: a... ó ''suelo pétreo' 'empedrado' 'calzada de piedras (que marca linde)'

  4. #4 alfaiome 15 de abr. 2008

    ¿ sólido: soldo: *soldcoiro: con dis. o...ó: a... ó y l/r: sardecoiro ''suelo pétreo' 'empedrado' 'calzada de piedras (que marca linde)'


    (Disculpen gonzo y c. que no utilice, por torpeza náutica su

     http://www.arzuacidadan.net/blog/gonzo/32/a-conquista-romana-na-comarca-de-arz-a-1



  5. #5 alfaiome 15 de abr. 2008

    Iso, llamativa coincidencia con el célebre Iso cuyo paso fue uno de los sonoros triunfos del Gran Alejandro, puede ser secundario a Ribadiso (riu-adisio: riba d iso) y coincidir con el Adigio italiano ¿celtismo coincidente o colonialismo sentimental, tipo Madrid, Tejas, Cartagena de Indias, etc?

  6. #6 Cossue 15 de abr. 2008

    En Santiago latar es "faltar a clase". Bueno, aún lo era hace unos años. Tengo que mirar en casa, pero creo que el término ya lo recoge Sarmiento en el siglo XVIII con igual valor. Lo recogen también los diccionarios gallegos:
    - el on-line e-Estraviz (http://www.agal-gz.org/estraviz/) “Latar v. i. Faltar às aulas o estudante. v. tr. Cobrir com lata o telhado.”
    - el on-line de la RAG (http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp): “latar v.i. Non asistir [á clase ou a onde un ten obrigación de ir]. Latou ás clases. CF. corre-la escola, faltar.”

  7. #7 jeromor 15 de abr. 2008

    Amigo Alfaiome:


    No se si se acuerda que hemos hablado del topónimo madrileño Mondalindo, que recibe una cumbre, que yo hacía venir de *Munda limite, pues bien el arroyo que baja de la cumbre en dirección N se llama Arroyo de Sardalinde. ¿Podría tener el mismo origen este topónimo ¿*Solida limite? que el Sardecoiro que aclaras?

  8. #8 gonzo 15 de abr. 2008

    Por supuesto, que armar en galego actual es preparar trampas, pero estamos hablando de documentos del Medievo. Quizás sea reiterativo pero hay que fijarse que en el siglo XIII, el Libro de Montería de Afonso X, nos dice que las armadas son sitios en los que se caza. Que tengamos 13 armadas (todas las Armadas que existen en el Nomenclátor oficial de la Xunta de Galicia, y más) en caminos romanos,  quizás sea algo más que varias coincidencias y esta acepción de la armada actual derive del lugar donde se instalaban aquellos soldados romanos  que, seguro, camparon por Galicia. En cuanto a Courium, Pella e Ysso , como se aprecia en el artículo arriba reseñado, son topónimos del siglo IX, no entiendo esa búsqueda de sus posibles antepasados en épocas más recientes?. Un saludo.

  9. #9 alfaiome 15 de abr. 2008

    ¿Más recientes? En realidad un término latino que deja de ser transparente en romance confirma la antigüedad del uso latino (o pre-latino en el caso):


    pila (dim. pilella) es latín (con un paralelo lituano) desde Catón o Varrón hasta hoy: pila/ pía, pero *piela ya desapareció del sistema morfol. El s. IX ESCRIBE en latín, pero la clerigalla (clerks) de aquel entonces hablaba romance y escriben lo mejor que se les ocurre 'en latín' los nombres de los sitios.  (Por cierto, Alfonso X puede que cuando utiliza 'armada' esté introduciendo un galleguismo en el cast., o difundiendo un concepto 'norteño')

  10. #10 alfaiome 15 de abr. 2008

    Pensemos que druida es un término que debemos a Julio el Dios I (alias César).

  11. #11 gonzo 15 de abr. 2008

    Se encuentran dos señores por la calle;


    - ¿Que bien te veo Anacleto?


    - Será por no discutir.


    - Hombre, no será por eso.


    - Pues, no será por eso.

  12. #12 Labrego 15 de abr. 2008

    En Galicia el término "armada" está plenamente vigente hoy día en el lenguaje cinegético. Efectivamente significa montar trampas tanto a animales como a peces, pero además significa específicamente, hablando de la caza en grupo del jabalí o el corzo, línea de posturas armadas (cazadores) que se colocan para cortar la huida de los animales. En la Edad Media significaba lo mismo, pero en vez de cazadores con armas de fuego se colocaban cazadores con perros alanos y/o lebreles o bien redes. La caza con redes era una especialidad galaica, hoy perdida.


    También recuerdo haber leído en algún lugar que Armada podía hacer referencia al kilométrico par de muros dispuestos en cono y terminados en un foso con el que se cazaba antiguamente en el noroeste ibérico toda clase de caza mayor, muy especialmente el lobo.


    Conozco bien A Armada de Santalla de Devesa en Friol. Se trata de un alto desde el que se divisa una extensa superficie alrededor, sobre todo en dirección a Lugo y Outeiro de Rei.

  13. #13 alfaiome 15 de abr. 2008

    (jeromor, disculpe que antes no vi la observación, y efectivamente, ese Sardalinde, aunque quede en hipótesis la primera parte *sólida creo que confirma Sardecoiro como relacionado con lindes, marcos, y caminos: hay Lendecoira en N. de Lu.; y ahora recuerdo Solalinde ¿sola- linde desde el principio o variante de *Soldalinde antes de los cambios con otra solución?)


     

  14. #14 gonzo 23 de abr. 2008

    En relación coa Armada de Laracha moi preto do Mosteiro de San Pedro de Soandres, insertamos o seguinte texto: Trátase dun pequeno altar conmemorativo, da época romana. Estaba situada no Mosteiro de San Pedro, pero actualmente se conserva no Museo da Catedral de Santiago de Compostela.
    O actual texto que ten escrito é falso. Suponse que foi gravado despois de seren borrado o orixinal, probablemente imitándoo. O texto orixinal era unha dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo, a Hércules e a unha divindade indíxena.
    http://www.concellolaracha.com.

  15. #15 gonzo 25 de abr. 2008

     Outra aportación interesante á nosa proposta sobre a etimoloxía da Armada extraémolo do traballo TOPONIMIA E ONOMASTICA XALLEIRAde Rafael Lema Mouzo http://www.santacomba.net/doc/publicacions.doc  onde se trata o estudio de Santa Catalina de Armada, núcleo orixinal do Concello de Santa Comba ;


     


     


     “ Non sabemos o nome orixinario do nucleo poboacional primixenio, pero en principio debemos supoñer que sería ARMADA o lugar principal, polo menos foi o mais esgrevio  desta parroquia, desde que hai bases escritas. Non así do concello, pois Xallas de Castriz e Cícere presentan un maior nivel  de poder na evoluciónpolítica..Armada é coñecido como Santa Catalina de Armada , por unha capela derrubada no 1906 con esta advocación, santuario ancestral e ritual no camiño de Santiago cara Soneira e na ruta dos romeiros o santuario da Barca, de clara tradición xacobea….. Armada define unha singularidade do enclave asi chamado, ó pe dunha importante vía e como centro de romeiros e posiblemente de feiras ou asambleas, na subida dunha costa que leva o Campo da feira da actual capital” . . . .”Armada (procede) dun étimo airmans,   “lugar forte”, como lugar de asento dunha casa forte”. “Posiblemente houbese un fortín nos terreos do igrexario onde hoxe se ubica a rectoral que ainda garda un vello escudo armeiro, aínda que  non se descarta que esta Armada máis  que  a zona onde estaba enclavado o santuario derrubado e o actual concello fala de todo o outeiro que abarca o núcleo urbano de Santa Comba, ben visible desde tódolos camiños que a ela conducen”.


    “ Noutro punto da actual fegresía temos o castro de Caselas alonxado do centro da actual vila e sobre os camiños de Castriz, paso dunha vía romana” .


     


    De novo temos unha armada nunha zona estratéxica, onde se estableceu un templo relixioso e ao pe dunha vía romana. Sen entrar en valoracións do étimo airmans, poñemos fincapé en que Lema Mouzo, tamén, considera a posibilidade dun establecemento militar para desentrañar a etimoloxía das armadas.

  16. #16 Labrego 10 de mayo de 2008

    Otro apunte que olvidé mencionar el otro día. Dentro de / junto a A Armada de Santalla de Devesa, Friol, existe otro topónimo quizás relacionado: A Vexía.


    Por si a alguien le resulta de utilidad.

  17. Hay 16 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba