Autor:
jueves, 17 de abril de 2008
Sección: Roma y Grecia en Celtiberia
Información publicada por: gonzo
Mostrado 21.767 veces.


Ir a los comentarios

Pena da Armada, un posto de vixilancia lexionario

  A través do traballo; A conquista romana na comarca de Arzúa (ver: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2915 ), imos sacando á luz diferentes incógnitas que a nosa microtoponimia tiña ocultas. Neste caso, trátase da Pena da Armada, esa pena que dende a outra beira do río Boente (antes Pella), ofrécenos  unha panorámica extraordinaria do val de Pela, (ver a imaxe;  http://www.arzuacidadan.net/blog/gonzo/32/a-conquista-romana-na-comarca-de-arz-a-1  ).


Armada, segundo a Real Academia Galega e o Diccionario Enciclopédico Gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, significa; Flota, escuadra. Rede que se arma para cazar xabaríns.


Loxicamente, aquí no interior de Galicia, a primeira acepción non ten sentido.


O Libro da Montería de Afonso X precisa que as armadas son cazaderos ou lineas de postos. Andrés Pena Graña no artigo: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=1774, recolle o topónimo de Armada dun documento do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde se indica un causo nese lugar. Os causos veteros, curros vellos, segundo Pena eran; alineamentos de grandes pedras presuntamente prehistóricos e petroglifos aínda en fase de estudio. O que o leva a definir as Armatas, Armadas:
Chámanse así polas cámaras poligonais formadas polos esteos dos dólmens interpretados polo home medieval como trampas para animais confeccionadas polos antigos.


Mais, co nome de Armada tamén temos as nove mámoas no Chan da Armada no monte Pedrouzos. Marín, Pontevedra,(na zona, da época romana, quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e Figueirido) lugar cun alto valor paisaxístico e estratéxico e, ademais, unhas oito Armadas máis sen ningunha referencia megalítica coñecida.


Se nos volcamos na identificación dos topónimos A Armada, en Galicia temos:


 A Armada, Sobrado, A Coruña, na VIA XX, per loca Marítima cara Friol, a uns 5 Kms. da Cidadela, campamento romano da Cohors I Celtiberorum. É a Armada da que nos fala o documento de Sobrado.


Armada, Santalla de Devesa, Friol, na mesma VIA XX. (miliario de Friol dedicado a Macrino e Diadumediano)


A Armada, Bealo ( Vialis, nos documentos antigos), Boiro, moi próxima a Belles de Arriba e Belles de Abaixo onde se encontraron restos de calzada romana que se identificaron coa per loca maritima VIA XX, camiño coñecido coma a calzada romana do Monte de Vitres, documentada por López Ferreiro.


A Armada, Rabal, Celanova, Ourense, na Vía Lucus Augusti - Aquis Querquennis segundo xa apuntou no seu día o padre Matos Ferreira ver: pax. 700-706. MILIARIOS E OUTRAS INSCRICIÓNS VIARIAS DO NOROESTE HISPÁNICO en: http://consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/miliarios.pdf/.


Domina o camiño de Aquis Querquennis a Ourense, hoxe hai unha ermida no lugar.


A Armada de Santa María de Cartelle, Ourense, preto do Rabal, a ponte romana do Freixo salva o río Arnoia, trátase da vía que vai cara Aquis Celenis ( Caldas de Reis) dende Aquae Flaviae (Chaves,  Portugal), pasando por Outomuro ( Cartelle) e Borborás; tamén se relaciona cun campamento militar no municipio de Cartelle. Ver pax 680 en MILIARIOS E OUTRAS INSCRICIÓNS VIARIAS DO NOROESTE HISPÁNICO.


A Armada Vella, Soandres A Laracha, na VIA XX per loca marítima, no monasterio de Soandres conservábase unha inscripción, hoxe desaparecida, que aludía a un templo adicado a Hércules, un dos deuses oficiais da lexión romana, pax.: 625 Galicia pueblo a pueblo .


A Armada, Lagos, Láncara (Lugo),no chamado Camiño Real, a VIA XIX Braga Astorga. Da época romana consérvase como principal referencia a Ponte de Carracedo (reformada no medievo), que cumpría a función de paso do río Neira.


A Armada, Queimadelos Mondariz, Pontevedra, na VIA XIX?,  próxima aos restos dunha calzada romana cerca da que se alza, sobre o río Tea, a ponte da Cernadela, tamén de orixe romana ver; http://www.mondarizbalneario.es/?q=node/35


A Armada, Muras, Lugo. No tramo do Camiño de Iria a Cervo. Vía Iria Flavia - Cohors I Celtiberorum – Arroni. Pax:725 de Miliarios… De Cervo sairía un camino secundario que levaría a Monfero onde encontramos outra…;


A Armada no alto de Xestoso. Monfero, A Coruña, nas inmediacións das Fragas do Eume, na estrada AC 5001.


Pena Armada (766m), Friol;. Hoxe é coñecida polo Parque eólico de Pena Armada, dende acó divísase perfectamente as inmediacións do Camiño Primitivo ou Vía XIX na fronteira con Palas de Rei.


Pena da Armada (373.1),. A Pena da Armada aínda que administrativamente corresponda ao Concello de Santiso, a súa xurisdicción parroquial pertence a Vilantime. ver mapa en: http://sitga.xunta.es/pdf5000/09662d.pdf :


Un denominador común de tódalas Armadas estudadas (queda algunhas máis na microtoponimia) é a súa localización en vías ou camiños secundarios romanos, sobre todo, na VIA XIX e VIA XX.


Xa  que o idioma oficial da Roma Imperial era o latín e del vén armada, armata buscamos o seu significado nesa lingua;


Armata;  de armati-orum; xente armada, soldados.



A futura provincia da Gallaecia, foi un renxer de lexións romanas durante os últimos anos do século I a. C. e o II d. C. Sobre todo a Galicia interior a máis rebelde (Dión Casio, fálanos de revoltas no 16 a. C. dos galaicos do interior), os campamentos de marcha (castra aestiua) e a construcción de calzadas e pontes axeitadas para o transporte de minerais e subministros era o que primaba nestes primeiros momentos da conquista.


O imperio precisaba organizar o control do territorio conquistado polo que unhas vías de comunicación seguras eran fundamentais para o libre paso de mercadorías, minerais e tropas. As peroxas seran os centros de avituallamento (http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3211), mais compre garantir a seguridade das calzadas con postos de vixilancia das lexións.


 Goldsworthy na súa obra El Ejército romano, precisa unha serie de funcións dos lexionarios en tempos de paz; A lo largo de los caminos, en Egipto y en otras provincias, había torres de guardia ( torretas de madeira se entende) a intervalos bastantes regulares, que contenían no más de un puñado de soldados. Claramente, su objetivo no era ninguna amenaza militar a gran escala, sino supervisar el tráfico en esas vías vías. Muchos legionarios beneficiarii fueron asignados a  estaciones viarias (stationes), donde actuaban como representantes locales de gobernador con múltiples tareas, entre las que se incluían ordenar arrestos y hacer cumplir castigos asignados por los tribunales.


As Armadas serán eses postos de vixilancia necesarios en toda guerra de conquista, a aparición da inscrición dedicada a Hércules Xónico (unha das deidades máis veneradas polos soldados ao longo da súa historia) no Mosteiro de Soandres ao carón da Armada de Laracha amósanos a localización dun enclave permanente do exército romano nese lugar. Mais, como é lóxico, o exército romano aproveitará os camiños preexistentes, e moitos deles levaranos a grupos de mámoas ou lugares prehistóricos de adoración aos deuses indíxenas, é por iso que atopamos armadas, en Chan da Armada ( Marín) ou Sobrado, en ambos casos, as tropas lexionarias aproveitarían os monumentos megalíticos pola súa condición estratéxica e como refuxio, mais non só reutilizaran monumentos megalíticos como comprobamos no estudio das diferentes Armadas. Para a elección do establecemento dun posto de control, pois, influirían as distancias, a orografía, a importancia da zona e a resistencia da poboación indíxena.


Séculos máis tarde, coa pérdida da función de control policial, moitas armadas pola súa situación panorámica e xeográfica pasarán a cumprir outra función; a de cazaderos ou postos de vixilancia para a caza maior, como nos indica o Libro da Montería de Afonso X.


O fundamental nunha función de control e vixilancia dun territorio é a localización estratéxica, e esa foi a característica pola que foi escollida a Pena da Armada no Val de Pela, para o control do camiño que levaba a Sardecoiro, e a vixilancia do asentamento romano que habería en Pela (o val é perfecto para o establecemento dun campamento romano), ademais, da poboación castrexa da cercana Roda do Castro. Eran prioritarios para o exército, na zona, os traballos nas trece minas de estaño e a factoría de curtidos de Courium (Sardecoiro), por iso un posto de vixilancia na Pena da Armada.





BIBLIOGRAFÍA


-          FERREIRA PRIEGUE, E. : Los caminos medievales de Galicia. Ourense, Boletín Auriese,1988.


-          CAAMAÑO GESTO, X.M. : As vías romanas. Compostela, Cadernos Museo do Pobo Galego. 3, 1984.


-          SANTOS YANGUAS, N. : El ejército y la romanización de Galicia. Oviedo, Universidad de Oviedo, 1988.


-          RODRÍGUEZ COLMENERO, A. : Galicia meridional romana. Deusto, Universidad de Deusto, 1977.


-          RODRÍGUEZ COLMENERO, A. FERRER SIERRA, S. ÁLVAREZ ASOREY, R. Miliarios e outras inscricións viarias romanas no noroeste hispano. Lugo, Consello da Cultura Galega, Lugo 2004.


-          PRECEDO LEDO, A. Galicia pueblo a pueblo. La Voz de Galicia, S.A. A Coruña 1993


-          ANDRÉS HURTADO, G. Una aproximación a la religión del ejército romano imperial: Hispania. Universidad de la Rioja. Logroño. 2005.


- GOLDSWORTHY, A. : El ejército romano, Ediciones Akal, S.A., Madrid, 2005.




AUTOR: Celso Alberte Magariños Costas


celsomagarinhos@mundo-r.com 

Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


    No hay más información.
    ...0

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba