Autor: pérola
miércoles, 09 de mayo de 2007
Sección: Toponimia
Información publicada por: pérola
Mostrado 27.407 veces.
Microtoponimia viaria de Ames e Val do Dubra
Este traballo versa sobre a microtoponimia viaria de do Concello de Ames e Val do Dubra.
MICROTOPONIMIA VIARIA NOS CONCELLOS DE AMES E VAL DO DUBRA.
Esta investigación versa, como mantén o título, sobre a microtoponimia dun lugar acotado, é dicir dunha área determinada e concreta. Neste caso a microtoponimia do val de Ames e Val do Dubra centrarán as páxinas deste breve percorrido pola xeografía galega.
INTRODUCCIÓN
Intentaremos antes de nada contextualizar este traballo. A busca de microtoponimia viaria, é dicir aquela que fai alusión ós camiños, enmárcase dentro doutro proxecto de traballo máis amplo, que ten por obxecto o estudio da porción de vía romana per loca márítima que dende Bracara, se dirixía a Asturica ó traverso das provincias galegas de Pontevedra, A Coruña e Lugo. A nosa principal laboura, dentro deste proceso é tratar de averiguar a situación exacta do camiño dentro da Provincia de A Coruña e para iso temos que botar man de todos os recursos dispoñibles e examinar tódalas fontes posibles. Posto que non é a toponimia a única das fontes das que podemos beber, para intentar chegar ao coñecemento das vías romanas, ímolas expoñer brevemente.
Existen Fontes Clásicas, como o Itinerario Antonino, que nos informan de que catro vías romanas importantes atravesaban o territorio de Gallaecia. A misión destes camiños, de marcado carácter militar, era a de comunicar eficazmente ás capitais dos tres conventos xurídicos que agrupaban os territorios galaico e astur e constituían Gallaecia. As vías XVII, XVIII, XIX e XX ou per loca maritima son as que aparecen, para este territorio, enumeradas no Itinerario Antonino.
Outra fonte importantísima para o estudio das vías romanas é a Epigrafía, xa que a través das inscricións das pedras miliarias informábase ós transeúntes de cantas millas restaban á capital do convento xurídico no que se encontraba o viandante. Normalmente insculpida a inscrición nun bloque cilíndrico de tamaño variable e base cuadrangular, foron teóricamente colocadas milla a milla ó longo dos principais camiños e o seu achádego é utilizado para verificar a romanidade dun hipotético trazado. Desgraciadamente, as provincias da Coruña e Lugo son deficitarias de miliarios debido a causas, aínda non ben coñecidas.
A Toponimia revélase cando se carece de miliarios, como fonte básica xunto co relevo e os ríos para o coñecemento dos camiños en Galicia, onde para beneficio do historiador cada recuncho de terra ten un nome, un dono e uns lindes. Moitos destes lindes son camiños, camiños locais ou importantes que quedan fixados na toponimia. O rexistro no catastro deste repartimento da terra e dos camiños que delimitan estas propiedades é suministrador dunha preciosa información. A data, do Catastro de Rústica consultado consultado por nos para a elaboura deste traballo, na Delegación de Facenda da Coruña, correspóndese coa dos anos 50 do século XX e precede unha década á época das grandes concentracións parcelarias dos anos 60, que desfigurarán a vella fisionomía rural galega e a sua rede camiñeira, coa conseguinte e inevitable perda e modernización dunha porción da toponimia preexistente.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía que se propón a continuación considera á microtoponimia como fonte complementaria que pode servir, unha vez peneirada, como axente de apoio dentro dun proxecto de trazado viario, definido con anterioridade, dende un sistema de variables máis complexo.
Este método aplícase en varias fases:
1. Definición do espacio. Cando pretendemos determinar, en que medida, de que modo e que vías romanas percorreron un territorio, o primeiro do que debemos ser conscientes é das características físicas e naturais do espacio que pretenden abranguer. Non é igoal de doado efectuar un camiño na meseta que en Galicia, debido ós coñecidos condicionantes topográficos, a inagotábel rede fluvial, ó clima, á accidentalidade xeográfica de Galicia, etc.
2. Debemos buscar, unha vez definido o espacio, as vías naturais de comunicación dese espacio. Neste momento centrámonos na Galicia occidental e ó detérnos nesa paisaxe, observamos como se configuran nas penichairas e nas divisorias de auga, así como en determinadas ribeiras fluviais, pasos naturais de tránsito, polos que, se desplazaron antes que o propio home, probablemente os animais, constituíndo os primeiros sendeiros.
3. Unha vez determinadas con precisión as canles naturais de tránsito dunha paisaxe, necesitamos doutras fontes alternativas que nos axuden a verificar a hipotética romanidade atribuida a calesquera camiño natural. Tanto as fontes arqueolóxicas, como a epigrafía son determinantes á hora de efectuar tal aseveración. Ante a inexplicable carencia de miliarios na provincia de A Coruña, a localización de vilas rústicas, necrópolis ou aras romanas, sobretodo as adicadas ós Lares Viales, son datos esenciais que nos infórman da presencia dunha rede de camiños máis ou menos complexa segundo as áreas, pero verdadeiramente imprescindible para levar a cabo o modo de vida romano. A provincia de A Coruña contén no seu haber tan só dous miliarios con epígrafe, situados na vila de Santa Comba e en Santiago de Vilaño (Laracha). Unha vez deseñado un percorrido a longa distancia pasamos a unha segunda fase na que debemos reducir o noso campo de acción a pequena escala y é enton cando a toponimia tórnase relevante.
TOPONIMIA
Unha que vez que nos adentramos no mundo da toponimia debemos facer diversas distincións.
a. Podemos extraer toponimia dun mapa. Existe cartografía do Instituto Xeográfico Nacional en distintas escalas que resultan moi útiles para este traballo.
b. Outro tipo de mapas son os antigos. Hai que salientar neste grupo o de extraordinario valor para Galicia é realizado por Don Domingo Fontán no ano 1865.
c. Existe toponimia, contida en documentación medieval que é útil para comprobar a pervivencia dun camiño ó longo do tempo. A través deste documentos apreciamos se o camiño estaba en vixencia na Idade Media ou na Idade Moderna, visión que nos aproxima cara a importancia do vieiro. Por exemplo para esta área que estudiamos coñecemos a existencia de diversos documentos que constatan a presencia dun tránsito de largo alcance e gran repercusión nos séculos XII, XVI e XVIII entre o Val de Amaía e o Val do Dubra.
d. Existe, de todos modos, unha toponimia que non figura nos mapas. A toponimia miúda, a microtoponimia, son os nomes que reciben as leiras ou as paraxes que se ubican en torno as entidades rurales de poboamento, das aldeas. Son nomes coñecidos só polos veciños de cada parroquia e que contribúen a crear o saber propio e a conciencia de cada lugar. Diferencian cada propiedade rural cun nome para a sua correcta identificación respecto á leira veciña e así poder evitar posibles confusións. Son os nomes destas pequenas leiras as que nos interesan. Para achegarse ó estudio da microtoponimia dunha determinada área pódense emplear fundamentalmente dous métodos.
1. O primeiro é a pescuda directa no terreno. Trátase da elaboura previa dunha enquisa máis ou menos complexa coa que poder extraer do mundo labrego galego todo ese potencial patrimonio toponímico. Con este método e este fín estase a constituir na actualidade o Proxecto Toponímico de Galicia.
Agora ben, se pensamos no obxectivo deste traballo, que é reconstruir a antiga rede viaria galega das comarcas de Ames e Val do Dubra podemos toparnos, usando este método, diversos problemas. O primeiro é que todas estas zonas que estudamos, situadas nas estribacións da depresión meridiana, son áreas fértiles e aptas para o cultivo e porén sometidas a concentración parcelaria, iniciada nos anos sesenta e aínda en práctica.
Este fenómeno intimamente ligado ó progreso do agro galego, é contrario ós intereses dos rastreadores de camiños antigos por dous motivos. Por unha banda pola perda de toponimia, xa que ó quedaren integradas nunha maior e única superficie leiras máis pequenas, o microtopónimo tende a perderse e a non figurar nas escrituras patrimoniais, polo que unha porción da mesma desaparece. O segundo motivo é que os camiños empedrados e aqueles que na antiguedade servían de axente comunicador entre rexións, altéranse, ben ó integralos nos campos de cultivos, ben ó modificar o seu trazado para ser substituidos polas actuais “pistas” máis adecuadas para o tránsito da moderna maquinaria agrícola. A consecuencia deste proceso é que toda esa toponimia viaria que andamos buscando, non aparece, ou millor dito desaparece.
2 . Consideramos de maior relevancia para o estudio dos camiños antigos en Galicia o examen do Catastro de Rústica da Delegación de Facenda de A Coruña realizado nos anos 50. Neste catastro pudemos comprobar, de primeira man, como se conserva a microtoponimia do momento da sua elaboura e observar que porción da mesma, se perde ou se complementa, respecto ó catastro do ano 2000.
A MICROTOPONIMIA
As persoas que se adican ó estudio das vías romanas coñecen a importancia da toponimia como recurso para verificar a pequena escala o trazado dunha vía romana.
Jose Manuel Caamaño Gesto no seu libro As vías romanas (CAAMAÑO, 1984, 40) sinala os diversos nomes cos que adoitan ser designadas, segundo deduce da súa experiencia na vía XVIII, as vías romanas en Galicia.
Este autor salienta a frecuente utilización de términos como “Senda do Santo”, Camiño dos mouros”, “Brea Vella” ou Verea Vella” para nomear a estes camiños romanos. Tamén “Xeira” se utiliza, igoal que “Camiño Vello”, “Camiño dos Romans”, “Estrada” ou “Rúa Vella”.
Toponimia como Rúa, Estrada, Real ou Lombos alude á mesma vía, e outra sinala xiros ou curvas no camiño, como: Codos, Congostro, Couzada, Retorta, Rodeleira, Rodicio, Torno e Torneiros.
Os cruces viarios son denominados co topónimo Trives, en alusión o encontro de tres vías..
As referencias a miliarios fanse a través de topónimos como Padróns, Padrós, Padrón, Pedrafita e Anta, mentres que as alusións ás pontes adoitan ser realizadas a través de Pontepedriña e Ponticela.
Para localizar mansións, parece que, o indicador máis frecuenteménte usado é Parada, Pousa, Pousada ou Sá.
Os Pasos naturais de tránsito son denominados Portelas, Portazgo, Portaxe, Porto, Portas, Porto Real, Porteleiro ou As Portas.
Por último as referencias ós obstáculos cos que se enfronta a vía, poden ser sinalados a través de nomes como: Costa, Concha, Pena Tallada ou Trincheira.
Unha vez exposta a toponimia que pode facer referencia ó paso dun camiño antigo imos comezar polo concello de Ames.
CONCELLO DE AMES
O Concello de Ames constitúe, xunto co concello de Brión, a terra de Amaía, en realidade comarca de transición entre a terra alta de Santiago situadas ó oriente, e as rías de Muros e Noia. O río Tambre sírvelle de límite norte e occidental e o separa da terra do Val do Dubra e Barcala respectivamente. Polo sur linda co concello de Brión
A exposición da toponimia será realizada seguindo unha dirección sur norte.
Castrigo é o límite sur e punto de partida do noso percorrido ó traverso destes dous concellos só separados polo río Tambre, situándose Val do Dubra ó norte e Ames ó sur deste río.
Castrigo é unha pequena entidade de poboación constituída en torno a un regato, o Tremo, e un camiño, que está moi presente na aldea. Posee tamén un pequeño castro que fai as veces de límite entre os concellos de Ames e Brión. A toponimia que en contramos en torno a esta entidade de poboación é suxerente e dí:
POL:158: castrigo, tras do tremo.
POL.159: portela, cabocastrigo.
POL.157: portela, castrigo.
POL.156: tras do castro, tremo.
POL.163: revolta.
POL.164: agro de antela.
Se abandoamos esta poboación obxervaremos a inmediata desaparición do vello camiño baixo o colexio público de Bertamiráns e unhas modernas instalacións deportivas e a sua substitución por unha moderna pista. Tamén o paso da actual carretera Santiago-Negreira desfigura o entorno. pero se atravesamos perpendicularmente esta carretera, enseguida veremos carteis dirección a San Tomé de Ames. E chegaremos a Loureiros onde a microtoponimia volve suxerir a presencia dun hábitat castrexo.
POL:165: loureiros, castrellón, millarado, alto de nebrexe.
POL.171: campo de San Xoán, capela de San Xoán, portela.
A presencia de capelas as beiras dos camiños son síntomas a ter en conta á hora de estudar un camiño romano. A capela de San Xoán erguida a finais do século XVIII, é so unha das diversas que encontraremos ó longo deste percorrido duns doce kilómetros.
A moderna carretera pouco lembra ós camiños que hai cen anos aínda existían. pero os vestixios e a toponimia ainda os lembran. E chegamos a Pousada, pequeño lugar que precede a inmediata ponte de Augas Pesadas.
A secuencia toponímica desta área fálanos como imos ver de paradas do camiño, de cruces de vías, de calzadas, de estradas..como así sucede en realidade. A toponimia dí:
POL.133: pousada, travesas, augaspesadas, lugar de augas pesadas, cruz de bouzoa, porto, vieiro.
POL.104:augapesada, parrocha, millareda, travesa, pontellas, tallos de chave, cotón.
POL.103:pedras picadas, parrocheira , fonte taberna.
POL.102:castiñeiro do lobo, buratiñas, revoltiña, revolta de devesa,
POL:132: cruz de aguas pesadas
POL.127: brandariz, muiño de proupín, coquiño, tallo da lebre, revoltiña, brea, (64D) carreira, grota,calzadiña, tallo da portela, agra da pedra,
Como acabamos de ver, o camiño é denominado neste tramo como brea, carreira e calzadiña ou vieiro. pero a nosa viaxe continúa e inmediatamente localizamos a que segue:
POL.105: Revoltiña, Pousadiñas, Agra da porta, Auriño torre, Camiñón, Pedreira, Revolta, Costa, pazo de Antón, Augapesada, camiño real ou “costa do mar de ovellas”, camiño do Outeiro ó camiño real
POL.106: brañas de abaixo do camiño, rosa dos chans, estrada (63c),
POL.108: destros, suatorre, rosa, portopago, cachapeira, tras do cotón.
POL.113: travesas, canteira do barreiro.
POL.112: revoltiña, agro da moa,
POL.110: Castro, parrocha, rilleira,
POL. 28: cotón de cruz
S. camino de la carretera al santuario de San Amaro de Barouta, o campo de Barouta .
En toda esta serie podemos ver como existen diversas referencias á presencia dun camiño de certa categoría que se lle denomina estrada, camiño real e fáise referencia a el cando se dí Costa do mar de ovellas.
Tamén neste sector á beira do camiño existe unha capela de moi similares caracteríticas á de Xan Xoanciño, que deixamos atrás. Nesta capela do século XVIII apareceron recentemente dúas aras romanas anepígrafes, que sostiñan unha grande lousa de granito que servía de banco no mesmo átrio. A capela está adicada a San Amaro, santo pelegrín e vinculado ós camiños. Conta este conxunto arquitectónico con un cruceiro de capela do século XVIII adicado á virxe, máis no fuste que a sostén apenas se percibe insculpido un San Roque. Estes cruceiros de capela pouco abondosos e ó mesmo típicos dos camiños galegos aparecen estreitamente vinculados, igoal que os petos de ánimas, ós camiños.
A continuación encontramos máis toponimia significativa á este respecto como:
POL. 29.
N. Camiño vello que da carretera roxos -portomouro conduce ó lugar de Pedrouzos, chamado tamén “ a corredoira dos difuntos”.
E. Camino chamado “dos pazos de Pedrozos”.
S. camiño da carretera a Pedrouzos.
O. carretera Rojos-Portomouro
POL. 27: carballo de lobo, chan de Namela, Milleira de Lamas.
Máis adiante a toponimia ofrece os segintes datos:
POL. 67: portela de devesa, sobre as pedriñas, devesa do rei, balibón,
pedra viñeira, fonte costelo, portoraxo, laxe, revolta, gamalleira, pozo da máquina, pozo dos calexóns, agro dos calexóns, pozo das travesillas, travesas, agualevada, balibón, revoltiña, portela do río, pedrouzo.
POL. 24: Oreiriña, Fonte inferno
N. Carretera Tapia-Pontenova.
E. Carretera rojos Portomouro.
S. camiño vello que da carretera Roxos-Portomouro vai á Mámoa.
O. El mismo camino que pasa por la Mamoa y sale de la carretera que va de Tapia a Pontenova.
POL. 22: Padriños.
POL.76: Chan do moiño, PORTOCARREIRO,
En Portocarreiro contamos con documentación do século XVII que complementa a nosa visión do entorno ó asegurar este pleito entre veciños de 1626.
: “...por el camino de la dehesa de San Mamede que viene de Portocarreiro... el cual camino es público y real, y aunque el dicho Andrés Prego confiesa haber hecho, dice dejar libre el camino, por palabra...fol. 37v.
O pleito continúa e engade:
1626. Pleito entre los vecinos de Santo Tomé de Ames y San Mamede de Piñeiro, por obstrucción y cierre del camino Real que transcurre entre los dichos lugares . A.R.G, R.A, e A.T, serie “veciños”, UI 18282/ 19....el cual camino es francés y común para todas las personas y camineros que vienen para la dicha ciudad de Santiago, ansí como para la villa de Padrón y otras partes, fol 31r.
E tamén: el cual camino es público y real, ...abierto y libre, fol 37 r., e 43v. (Ver nota nº 27)
E continuamos cara ó norte para chegar ó río Tambre, onde remata o concello de Ames e comeza o do Val do Dubra. A toponimia que aparece neste pequeño tramo é:
POL. 25. Mamoa, Taberana, Corgo da Brea, pedra escorela, oural,cruz, nordes, carballo de lobo.
POL. 20: Costa da braña, Carril.
POLIGONO 18: Forcada, Forcadas.
POLO. 11: Revolta
CONCELLO DE VAL DO DUBRA.
O Concello do Val do Dubra encóntrase situado na rexión occidental de A Coruña entre as terras de Santiago ó sureste; o concello de Trazo, ó levante; o de Tordoia ó norte, Santa Comba e a Baña ó poñente; e Ames ó sur. Actuando o río Tambre como delimitador pola rexión meridional. Exténdese sobre unha superficie de 108 km2, que representa o 1,3% da provincia e o 0,3 % de Galicia.
O noso percorrido vai ser, igoal que no concello anterior, dirección sur norte. No momento de comezar nos encontramos en Entrepontes. Entrepontes é en realidade un pequeño núcleo poboacional, que comprende o hábitat que se extende dende a Ponte Portomouro, que salva o río Tambre, e a ponte pequena que salva ó río Dubra afluente do primeiro e que se xuntan nesta localidade.
Sabemos gracias á documentación medieval que a ponte de Portomouro existía xa en 1380. Recollido por Ferreira Priegue no seu libro os camiños medievais o documento dí:
huua casa de taberna questa aa ponte de Porto Mouro. ACS.
Tumbo de Tablas. 2. fol. CXXI vº. (FERREIRA PRIEGUE: 1988, 136)
Existe documentación de finais do XVI que nos informa do mal estado dunha ponte antiga no mesmo lugar, que está a piques de se desmoronar.
1592- Los vecinos del Xallas y de Dubra con las provincias de este reino sobre el edificio y reparo de la puente Portomouro (A.R.G, R.A, e A.T, serie “Veciños”, UI 26363/ 46: fols. 8v e 14r)
:...para se hacer e redificar la dicha puente es muy nescesario se haga repartimiento del dinero, que para ello sea menester, entre los concejos de las provincias que recaben aprovechamiento de la dicha puente, que son la çibdad de Santiago y toda su provincia, donde están los concejos de la dicha tierra del Xallas, Soneira, y Bergantiños y toda la dicha provincia de Santiago, y la çibdad de Ourense e Tui...esta puente es mui nesçesaria por estar en buen sitio, e cómodo, y paso por donde van y vienen de los puertos de Laxe, Muxía Camariñas, Corme, Malpica e Corcubión...para los puertos de Castilla, en especial pescado e bestias mulares para las ferias de la Bañeza, Medina del Campo e de Río Seco, Benavente e Astorga. (CASADO/FRANCO, 1997: 277).
Podemos comprobar a partires do texto a importancia da ponte e do camiño que sustenta. Un camiño capaz de conectar Tui e Astorga e á súa vez todos os portos marítimos da provincia de A Coruña.
A información que nos proporciona dí:
1. A toponimia localizada é a seguinte:
POL.69: Camiño de Sobreponte a Portomouro. Entrepontes, Portomouro, Pontes, Sesta, Cebei.
POL: 44: San pedro de vilariño, Francés, o cubo, peche da laxe
POL 41, anos 50
N. camiño a rebordelos
E. camiño de buxám a a portomouro
S. camiño de canizo a vilariño
O. Camiño de canizo a rebordelos
Reboredo, vilariño, padrón, camiño do muiño, regueiro, sidrón, costa, porto uper miño, portomiojo, revolta, revolta das pedras, agra de padrón, vieiro, oitavares, oitoras, oitobans, bremoso, vieiro, padrón, porto, potamio, pandeiro, san Luís, padreira, cruz, san Lois.
POL. 40: Padrón, quintans, mantelo, salgueiro, raposa, cruíña.
POL. 38: Buxán, A revolta, barreiros do porto, campo das breas, chousa da torre, noval.
Observamos a través da análise da microtoponimia, que nada máis cruzar o río Tambre, e contrariamente ó que sucede actualmente, o camiño antigo non seguía o curso do río Dubra ata o alto de Anxeríz, senon que máis ben, ascendía polo beizo oriental do val, ata se situar aproximadamente á altura das fontes dos regos que nutren o río Dubra.
A primeira parroquia pola que pasa é San Cristobo de Portomouro, nome que nos fala dun santo protector dos camiñantes. En Portomouro encontramos tamén un hábitat castrexo. A Continuación o camiño segue cara San Pedro de Vilariño e Santiago de Buxán.
Un documento do século XII proporciónanos máis información acerca da existencia dunha vía pública, así como dunha pública vereda en Santiago de Buxán. Que di:
1134. Límites de Santiago de Buxán: unius lapis fixus in illa mamula deinde super montem...dividit Sanctum Petri de Avenza de Busián (Buxán) in illa pública vía. Item alium lapis fixus est super Fontanum Siccum similiter in illa pública vereda quod extremat...Item alium lapidem defigi mandavimus in medio itínere quod separat inter Buxiani et Nevarium (Niveiro). (AHN, S. Martín P. 512/ 12). En (FERREIRA: 1988,135).
A través da documentación medieval corroboramos a existencia dun camiño público importante por estas paraxes. pero a toponimia continúa:
POL. 32: O tremo, pontellas, pedras.
POL. 25: 2000. Agro da pontella, agro da sua costa, porto do medio, quenllo.
Anos 50. Carral, pedrouziños dos cantosa, coruña, dos cantos,
POL. 24: Topon, 2000: Niveiro, agro dos castelos, castelos do pino gordo, calzada de tilleira, camiño de castelos.
Anos 50: Nariño, niveiro, pausado, bimieiro, vella, louseira, sua franco, muros, pedramúa, pedrosa, portoquinde, sobrecarreira, carreiro, cobelo, porto, quinta, viernes, patiño, castelos, cagallosa, cruces.
POL. 23: Niveiro, Camiño Real a Silva Redonda, Camiño Real a los Pasos, Niveiro, Fonte foxo, A los pasos, Costa da tilleira, Porto do medio, Loguedos, Farraca, Padelo, A Escoriguera. Revolta, Pista de castelo, Costa da Tilleira, Camiño.
POL. 21 b: Rocha, nariño, agro da rosa, niveiro, coto do castro, petite, tallo do mato, sua rúa, mailarios, revolta, camiño, pedreiriño, pasos.
Anos 50 exclus.
POL. 21ª
E. camiño de Nariño a Erviñou.
S. regueiro dos pasos.
O. rego de erbiñou
Neste punto chegamos a San Cristobo de Erbiñou. Novamente encontramos unha advocación a un santo camiñeiro para nomear a unha parroquia. O camiño neste tramo é denominado Camiño Real, Rúa ou Camiño.
Polígono nº 22
2000. Pedra da fame, revoltiña, pedra gallada,
anos 50.
San cristóbo, Niveiro, pedra gallada, portavilar, portovías, espiño coxo, portomijo, chan, barreiros, pedra gallada, telleira, castelo, pedrouzos, cotón, fiaitosa, agua levada a los pasos, revolta.
O. monte da revolta e polígono n. 21. (anos 50. O. camiño de san antonio a silva redonda y monte revolta)
POL. 20: 2001. bellota, campo cruz vella, cruz vella do porto, pouso, pedra Blanca, xunto por cruz vella. anos 50. Gallo de Uceira, cotón mesedoiro, devesa, cova espiño, cruz vella, portovello, pazos dos pasos.
POL. 18: Chousa do porto, pedra das quintas, pedras brancas, pedravante, trión cativo.
E chegamos a Abelenda onde remata o noso traballo. É ahí onde a toponimia acada máis relevancia o se facer referencia directa ó camiño que conecta directamente a área máis septentrional de Val do Dubra coa Maía, de onde partimos:
POL.19: Revolta, Camiño de Amaía, Camiño de revolta, Camiño Real, Campán de revolta, Carril de revolta, Chousa de camiño, Porto cravo, Revolta, Sua revolta, Ante a brea, Revolta do Nó, Porto cravo.
Existe documentación medieval do primeiro tercio do século XII para este mesmo lugar bastante expresiva, que non deixa lugar a dúbidas do alcance e repercusión do vieiro en cuestión:
1122. Delimitación do Coto de San Ciprián de Colis, actual Vilabade: super Avellaneda (Abelenda), et per víam públicam de Bergantinis usque transversam de Rovordelio,...et per ipsam veredam que venit de Sancto Iacobo et ferit in illam viam antiquam que vadit per totas terras. Archivo Reino de Galicia, en Col. Dipl. Galicia Histórica. (FERREIRA, 1988: 134)
CONCLUSIÓN:
A toponimia é considerada como fonte necesaria para a consecución dun completo estudo viario romano. A utilización da microtoponimia anterior aos anos 60 do século XX preséntase como se amosa neste traballo, como reveladora e imprescindible para o estudio dos camiños antigos en Galicia.
Cando un camiño antigo discorre por unha paisaxe, deixa certos sinais no mesmo entorno. A forma dos muros que lindan co camiño, as árbores que o delimitan, as capelas que o santifican, os cruceiros que o acompañan, os castros e costoias que o outean: debuxan un ronsel que nos sirven de guía. Debemos observar ademáis a antigüidade das advocacións das sés parroquiais e comprobar se éstas fan referencia a santos camiñeiros ou se xorden ás beiras do camiño.
Estas evidencias “paisaxísticas” deben ser conxugadas ademáis coas epigráficas e arqueolóxicas, comprobando como se sitúan os achádegos romanos, se os houbese, neste contorno. Así a aparición de necrópoles, aras votivas adicadas aos Lares Viales ou estelas funerarias ás beiras do camiño, son síntomas de presencia romana e fundamentan a romanidade dese vieiro. Se complementamos toda esta información visual coa que nos proporciona a microtoponimia, esa paisaxe imprégnase dun maior sentido, dende o momento en que lle podemos dar nome, a cada unha das paraxes polas que pasa o camiño e comprobar exactamente, gracias á cartografía de pequena escala, como se salva a orografía dun territorio. Unha vez que todas estas variables foron conxugadas é cando nos encontramos nunha situación óptima para realizar un completo estudio viario, dunha área concreta ou dunha superficie determinada.
Santiago de Compostela 2, 3, 4 de setembro de 2002
Actas do I Congreso Internacional de Onomástica galega "Frei Martín Sarmiento", Biblioteca galega de Onomástica en Santiago de Compostela. 2007, pax 413-423.
-
No hay imágenes relacionadas.
Comentarios
Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.
Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.
Pérola:
Me parece un muy buen trabajo.
¿Qué pasó con tu artículo sobre la per loca Marítima y sus vías secundarias?
per,
Me alegro de este trabajo que nos brindas, como sabes soy un incansable "pateador" de montes y caminos con boligrafo y papel bajo el brazo, todo les pregunto a los paisanos que son en realidad quienes conocen los antiguos nombres. Muy buen trabajo que, supongo, tendrás que tamizar en función de lo que más te interese. El problema radica, creo yo, en que Galicia no es la meseta, y el enorme número de habitats castreños existentes hizo que tuviesen que existir igual número, también, de caminos que los comunicasen y por lo tanto la toponimia viaria (es el caso) es enorme y muy repetitiva por lo que hay que tener mucho cuidado para un caso en particular (viario). Muy bueno.
De los nombres que nos ofreces, hay uno que siempre me gustó (que es muy significativo y que hay que tener cuidado) es el de: "PONTE PEDRIÑA" de un Pons Petrinea; para ciertos autores es reflejo de puente romano; yo creo que no, simplemente nos trasmite una antigüedad muy grande pero no forzosamente romano. Es posible que el paisano lo confunde, ese "pedriña" con el diminutivo gallego de piedra, es decir:"piedrecita" que , como sabes, es un adjetivo de petra: "DE PIEDRA", el puente, claro.
Me repito, muy buen trabajo. Gracias.
Ahora te pregunto lo mismo que el druida jorileiro:
¿Qué pasó con tú artículo sobre la per loca Marítima y sus vías secundarias?. Espero me comentes.
Saludos. ;-)
Gracias Jfc, gracias Abo, gracias Patinho, gracias Jorileiro.
Giannini, si tu crees que realizo mal a escolma, te animo, ya que lo tienes a mano, la realices tu por la A Coruña, a ver que te sale. Yo por supuesto he hecho catas y sondeos por otras zonas. Se de lo que hablo. Adelante, esperamos tu trabajo con impaciencia. Por otro lado que tu no encuentres relación entre antas, castros o vías no me sorprende, te animo a que sigas estudiando caminos. En cuanto a los fachos, tu solo crees en uno, pero no lo dudes, existían más.
Reitero mis agradecimientos a todos.
En cuanto al artículo de per loca maritima, simplemente desaparició junto al de la torre de hércules.
Por supuesto que no he borrado el título ni el artículo, por lo menos conscientemente, simplemente desapareció. Escribí a Silberius para ver si puede reponerlo, pero no me ha contestado por ahora, yo no puedo hacer nada, ya lo he intentado.
Como no me siento una clandestina no voy a intervenir en él hasta que no sea repuesto. Un saludo a todos.
Hay 3 comentarios.
1