Autor: André Pena Granha
miércoles, 09 de abril de 2008
Sección: Protohistoria
Información publicada por: crougintoudadigo
Mostrado 52.765 veces.


Ir a los comentarios

Guerreiros Galaicos con saios decorados

Este es un viejo artículo. El autor, que actualmente se encuentra reelaborando el tema, retrotrayendo la edad de los guerreros, sostiene que estos guerreros fueron colocados sobre túmulos desaparecidos bajo la codiciosa piqueta del buscador de tesoros.

Ouro dos Mouros

 






















 


 


» Website in English


 


 


 


 


 


 


 











 


Páxina principal | Publicacións | Biografía | Contacto


Verbo dunhas Estatuas de Guerreiros Galaicos de Granito con Saios Decorados


Os chamados GUERREIROS GALAICOS, da actual Galicia e norte de Portugal, son herdeiros nunha antiga terra, da tradición inaugurada polos seus pais e os seus avós da Idade do Bronce e do Neolítico. Moitas desas estatuas, poucas veces con casco, levan un escudo e un puñal. Non son celtíberos, son os hieráticos retratos de guerreiros celtas locindo un torque ao colo e no seu saio, un particular deseño antecedente do tartan escocés.


Este é un resumo do traballo de investigación publicado primeira vez no ano 2000 no Anuario da Gaita, páxinas 15-18, e logo no 2001 no Anuario Brigantino nº24, páxinas 39-60. Posteriormente, no ano 2003, en Madrider Mitteilungen, ao longo de 533 páxinas, diversos autores confirmaron básicamente as nosas autopsias sobre esta estatuaria.



Toda a documentación alto e baixo medieval, cando refire deslindes de zonas altas e esgrevias ou de zonas baixas, utiliza os túmulos de varios periodos profusamente como marcos que dividen antigas propiedades e, en moitos casos, chegaron ata hoxe cumplindo coa mesma función.


Sinalando dende tempos inmemoriais os límites xeográficos das diferentes demarcacións locais, as mámoas e as pedrafitas convertéronse pola súa antigüedade e visibilidade nos puntos de referencia favoritos dos antigos. O que parece unha máxima: "esta terra é nosa porque aquí están os túmulos dos nosos antergos", prevaleceu así ao longo do tempo.


Na Idade do Bronce, xa con soporte factográfico, pódemos observar o alcance indoeuropeu do hábito de empregar as mámoas para demarcar, por primeira vez nun rexistro Europeu, nas honras fúnebres de Patroclo, no túmulo ou, mellor dito, nas espidas pedras da posible cámara dolménica que aparecen descritas na Ilíada:


"Vou" -dí Nestor- "amosarche cal vai ser a meta, inda que é doada de mirar, e non che pasará inadvertida: aló por riba do chan érguese, e tan alto coma unha braza, un tronco seco, ben chantado e ergueito, dunha aciñeira ou dun piñeiro que a choiva non apodreceu; dúas pedras ben brancas entálano, unha a cada banda en pleno estreitamento do camiño, e acalcada dunha e doutra parte exténdese a pista para carros; a tumba é dun mortal hai tempo morto, ou, ao cabo, un marco posto polos antigos, e son a meta que o divino Aquiles, o dos pés veloces, vos puxo." (Homero Ilí. XXXIII, 326-34). (1)


Corias en lingoa indíxena e termini en latín, estes marcos despregan en ocasións un complexo inmobiliario arqueolóxico que mostra ora mesas ofertorias do Neolítico final, inzadas na súa superficie con petroglifos de "cazoletas" chamados nos documentos medievais burgarios, ora túmulos do Neolítico nomeados en latín medieval lacos anticos, lacunas, lacunellas (véxanse nos montes galegos os topónimos Lagoa, Lagoela, etc.), mamolas.


 


LACOS ET MAMOLAS


Cando as fontes falan de lacos anticos et mamolas, a diferenza entre estes dous conceptos débese ao feito de que un laco (sic) é sempre un túmulo que presenta buraco de violación, esta apertura de túmulos poido producirse ao día seguinte do enterro, quedando a pegada desta actividade en forma de grandes furados (lacos) que poden alterar ou acabar en ocasións con moitos túmulos excavados centos, senón milleiros de veces, en busca de tesouros ata que a eles -caso de sobrevivir- chega a paleta do arqueólogo. A mamula, polo contrario, sospeitosamente desechada polos buscadores de encantos, conservaría o aspecto primordial de teto. Hoxe se aplicaramos a precisión descRIPtiva dos nosos cartularios e diplomas medievais non poderiamos con propiedade falar de mamolas ou de mámoas, ao chegarnos coma dixemos a práctica totalidade delas violadas, non unha, senón que posiblemente centenares e ainda milleiros de veces, sendo máis exacto e descRIPtivo recuperar a voz lagoas (lacunas).


A máis antiga referencia a este inveterado costume podería estar, de certo, no Códice Calixtino, do s. XII, onde no capítulo VII dise, tras falar de que a terra dos galegos é rica en ouro, prata, peles de animais salvaxes e outras riquezas, que ainda é moi rica en “tesouros dos mouros” gacis sarracenicis, por ser posiblemente comparables o feito de furar nas mámoas (en xeografía mítica popular celtoatlántica, esto ven significar entrar no alén e apañar os tesouros pertencentes aos seres e razas míticas, ás veces evocándoos ou conxurándoos lendo e deslendo libros e fórmulas máxicas) apañando o ouro, ao feito de abrir galerías á percura dos filóns auríferos.


En toda Europa expoliábanse túmulos e o relativamente recente caso (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer foi famoso por ter excavado ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, chegando a desenterrar 19.490 obxectos. Cousa cativa sen dúbida se temos en conta que entre as aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia, conta Martinez Salazar (1909) (2) o caso de Pedro Vázquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo, que a principios do século XVII conseguiu do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Se o señor de Recemil non tivo moito éxito en resultados é de supor que os seus emuladores, e moitos máis antes que eles, si que o terían e proba delo sería o Tesouro de Caldas que pensamos é un claro ocultamento do ouro recollido en multitude de túmulos por parte do expoliador. Se Pedro Vázquez de Orjás, como pasa hoxe tamén, cando os violadores de túmulos non son profisionais da arqueoloxía, non estaba capacitado para datar a idade dos túmulos, logo a experiencia destes expoliadores, supostamente superior en alcance e -de novo co Tesouro de Caldas como paradigma- en resultados á dun arqueólogo actual, seguramente si que estaba, polo alcance da mostra, sequer intuitivamente en condicións de saber que túmulos eran productivos ¿posibles enterramentos individuais da Idade do Ferro ou do Bronce? e que túmulos non.


Ainda que por empregarse a técnica da cera perdida no fundido dalgunhas pezas avánzase agora ata o 1500-1400 a.C, a antiguidade dos obxectos do Tesouro de Caldas, é arriscada, ao poder ser produto de múltiples expolios realizados por unha mesma man ou excluir a posibilidade de que os obxectos do tesouro escondido poideran pertencer a varias épocas. Poidendo abarcar estas expoliacións mámoas que irían dende o Neolítico ao calcolítico, emparentándose as arcas, e curros vedros das brañas do Xistral, horizonte do que posiblemente de non ter desaparecido provirían materiais ideolóxicamente emparentados cós do acobillo do Tesouro de Caldas coas arcas e curros vedros das brañas inglesas de Dartmoor ou as brañas The Hurlers de Cornualles, das que provén a célebre copa de ouro Rillaton, Minions, achada nunha arca ou mámoa da Idade do Bronce de 37mts de diámetro e 2,5 de altura relacionada tipolóxicamente coas copas micénicas de ouro e de prata, e có ambiente funerario indoeuropeu cabaleiresco descrito na Ilíada nas honras fúnebres de Patroclo. Ambiente que chegaría sen grandes cambios no Atlántico á Idade do Ferro (Arnold, 1995 p. 51) momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros galaicos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais.


¿Non sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Segundo o vemos teriamos unha evidencia destas violacións no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina "second oldest profession in the world" no achado casual do acobillo dun destes probables expolios de tesouros de comezos da Idade do Bronce, presuntamente agachado polo propio expoliador, no xa mencionado Tesouro de Caldas. Reforzado xa se cabe o arrecendo do ortodoxo contexto cabaleiresco indoeuropeu pola presenza masiva dos xa claros precursores de torques e de viriae, podería, ainda sendo cuestionable, desprenderse do Tesouro de Caldas, nese aureo alarde simbólico dos obxectos conservados, a idea de expolios moi antigos e de diversas épocas de tumbas principescas. Movendo esta circunstancia e primitivismo, mesmo dando pé ao estudoso privado dun contexto institucional que bule após o ethos cabaleiresco indoeropeu, a pensar en pezas sincrónicas, ou incluso inacabadas, como a medio facer dun orfebre itinerante. Da elaborada vaixela de ouro do banquete funerario, do pente votivo (que se acompañaría cecais dun espello) posiblemente ofrendado á Divindade feminina encarregada de conducir ao heroe morto ata o seu pazo no Outro Mundo. Cunhas lecturas comparativistas dos usos e dos costumes funerarios Atlánticos, dos potes de ouro adscribibles ao Calcolítico, indicativas da relevancia social de quenes foron quen de usalas posiblemente no derradeiro banquete, interpretar o acobillo de Caldas como resultado de múltiples espolios de tumbas principescas é razonable.


Non se debe silenciar que é alta a probabilidade dos asertos contidos nos precedentes parágrafos pola delatora presenza no mencionado tesouro dun grande, macizo e pesado pente votivo de ouro de nídia adscRIPción a un marco ideolóxico e cultural moi concreto por empregalo para pentear os seus cabelos en contexto simbólico claramente funerario, de paso ao Alén na mitoloxía galega "A Moura". Estes pentes sonnos ben coñecidos.


Trátase seguramente dun pente votivo, o pente que empregará unha vella divindade indoeuropea da soberanía, convertida, e a acción evanxelizadora dos monxes xogou aquí o seu papel, convertida polo folclore en A Moura, a mítica moradora dun mundo subterráneo que en busca dun esposo anualmente retorna a este mundo ao mencer do día solsticial de San Xoán. É a Deusa Nai mesma, nova e vella, virxe e nai, raíña e labrega, é a encarnación (Pena 1995, pp. 48-53,cf. Fernando Alonso Romero "A Moura constructora de megalitos") da Terra e do País, a Soberanía que escolle un marido apropiado. Que á mesma fonte, á mesma pedra, á mesma encrucelada, e ainda á mesma ponte, fidel acode ano tras ano en busca do home capaz de superar con éxito unha proba que usualmente consiste na elección encuberta entre ela e un fabuloso tesouro.


A Grande Raiña (Rhiannon/Epona) que na súa cita anual agarda ao xeneroso esposo merecedor no Alén de compartir con ela o seu amor e os seus tesouros. O pente como regalo nupcial lonxe de servir para pentear a barba do difunto, sería aquí ofrecido polo heroe morto á deusa soberana que o ven buscar, o escolle, o reclama, o monta no seu cabalo e (este e o sentido simbólico dos avelurios da inmortalidade que leva Epona na man) condúceo á súa mansión no luminoso paradiso de Eterna Xuventude e Boa Ventura.


O pente de ouro do Tesouro de Caldas, indefectiblemente asociado ao ambiente heróico das tumbas de carro do Bronce e do Ferro, debería pola súa posible significación na topografía institucional do enxoval psicopompo servir de base para, en tempos tan temperáns revelarnos a dimensión, o alcance e a profundidade das institucións indoeuropeas, e, maila distancia temporal que separan entre sí a algúns obxectos de ouro do posible expolio, posibilitar que todo o conxunto poida adquirir unha máis ou menos sólida coherencia institucional e ainda, porque a súa simboloxía intrínseca -con este elemento a probabilidade de certeza dos asertos contidos nos precedentes parágrafos é considerable- abrir camiños nunca pisados antes na comprensión dos temas interpretativos dos nosos petroglifos (un valor enorme agora cos poderosos instrumentos e coa axuda de surprendentes liñas inmobilistas ou continuistas de investigación etnográfica comparativista de Fernando Alonso Romero e de Ladislao Castro Pérez).


Atopamos o simbólico agasallo do pente asociado posiblemente no Atlántico a un ambiente funerario, cecais por primeira vez en Europa, nun petroglifo sobre un outeiro, altar de pedra chamado "Pedra das Procesións da Auga da Laxe", en Gondomar, Pontevedra, que domina xerárquicamente outros menores. Estes outeiros son o centro simbólico da Terra, non falo por falar, e asemade lugar de tránsito vertical entre o mundo dos vivos e dos mortos, ao Outro Mundo; esto é a traverso dunha verdadeira Porta do Hades agachada na propia pedra, río, mámoa ou fonte, acceso directo das ánimas cara o paradiso, ponte tendida entre o mundo dos vivos e dos mortos que só se abre dende o Outro Lado, porta pola que saira (de nuguis curialum I, II) segundo refire Gautier Map a Herlatingi. Seguramente asociado a un ambiente funerario, o pente aparece na Auga da Laxe xunto a armas da época, a alabardas e puñais do Bronce Antigo, a unha espada do Bronce Final e a probables carros representados aquí sen as rodas, un antigo modelo de carro que se mantivo en uso en Escocia ata o século XVIII e mantense residualmente en Galicia no Courel, indicando posiblemente o conxunto que estamos ante un lugar sagrado de tránsito vertical, isto é a traverso da porta pola que acceden as ánimas ao Alén, tránsito usualmente realizado en Europa dende o Neolítico (dolmen de Orca dos Xuncais) a traverso da psicopompa práctica cinexética coñecida como Caza Salvaxe, Chasse Sauvage (Ph. Walter, 1997, p 9- 72); Wild Hunt (Stith Thompsom Motif-index of folk-literature E 501); Wilde Jagd, etc.


Engadida no Bronce Final ao programa iconográfico da Pedra das Procesións, aparece unha espada aparentemente pistiliforme ou de lingoa de carpa, e esta circunstancia, en sinerxía coa existencia de posibles elementos (amable comunicación personal do profesor Carracedo) trazadores inmobilistas e autoctonistas da antropoloxía xenética galega, (segundo parece compartidos en parte coa maioría da área occidental da Península Ibérica) indicaría, sen outra relevancia o continuismo e remota antigüidade dunha poboación.


Esta podería ser a razón pola que a primitiva concepción simbólica rexistrada xa no Bronce Inicial seguiría probablemente vixente ao final deste perídodo -ao igoal que sucedía con outros inmobiliarios simbólicos do Atlántico, como Stonenhe utilizado segundo Timoty Darvill dende o 4.000 ata o 2000 a.C. durante máis de dous mil anos- onde, asociado agora tamén a espellos, ainda o pente aparece profusamente representado xunto ás armas e ao carro do heroe morto, nas estelas decoradas do suroeste peninsular pubricadas en 1966 por M. Almagro Basch (3) como as atopadas no lugar de Las Mayas, en Valencia de Alcántara, Cáceres; Fuente de Canto, ou en Cabeza del Buey, entre outras moitas da província de Badajoz; a de Ategua, Córdoba (presentada por Almagro Basch no IX congreso Nacional de Arqueóloxía de Mérida do ano 1968) e un longo etc. Reforzándose o loitoso arrecendo e o carácter psicopompo da panoplia coa representación da danza funeraria típicamente Atlántica de "O Abellón" (Bascoy Pérez 1950).


"O Abellón" aínda se executaba nos velatorios de Galicia a comezos do século pasado cando “los familiares y amigos del difunto se trasladaban a la habitación en la que estaba el cadáver y en torno a él formaban un corro, se cogían de la mano, y sin decir una sola palabra empezaban a dar vueltas y vueltas alrededor del muerto, aumentando progresivamente la velocidad de los giros sin dejar de imitar con la boca el zumbido del abejorro” (Fernando Alonso Romero, 2001, pp. 75-84).


Peculiar baile fúnebre, posiblemente estendido por todo o ámbito indoeuropeu, a pervivencia desta danza e ritual funerario, que de novo aparecería posiblemente por primeira vez, segundo penso, profusamente representada na Península Ibérica en claro contexto funerario, en ocasións xunto a explícitas esceas da "Caza Salvaxe", dende o Neolítico Atlántico ata (Las Malas Cabras, Los Buitres, etc.) a Idade do Bronce (estela funeraria de Ategua) podería constituír aquí outra proba admirable do "Inmobilismo Atlántico".


As interpretacións de obxectos de uso cotián como un posible presente por parte do morto para a divindade feminina que o acolle no Alén dificultanse pola recorrencia do obxeto de aseo persoal. Nos violadores de mámoas galegos a idea remota do matrimonio coa "Moura" aínda estaba, e está, presente dende a documentación medieval ao século XX. O valor etnográfico destes testemuños presentados (polos garimpeiros violadores furtivos de túmulos) ante o Xuíz foi xa percibido por Martínez Salazar, quen se preocupou no seu momento de transcribirnos: (4)


"Hilario Alonso había hallado allí una mujer descabellada y bestida de rraxa parda y los cabellos sueltos, y esto a bocanoche […], y que traía en la mano unos pocos de pelos, y que le dixera que qual le parescía mejor, aquello que ella traía en la mano o ella; e que él le respondiera que ella[…]: y entonces que ella le mandara que fuese a cabar al dicho otero de la mámoa de Segade y que hallaría un tesoro […] Que la dicha mujer que le llamó ansí a bocanoche le preguntó que cual le parecía mejor, ella o unas vueltas que trahía enlazadas en las manos, que parescía como horo, […] y este le respondió que mejor le parescía ella, y la susodicha le dixo: dichosa la madre que te parió; y dice que la dicha mujer era negra y fea y que hablaba por las narices." Ibidem.


A intensificación da fealdade de a moura, sempre fermosísima no imaxinario, hiperfurtivo (sic parodiando o cognicio dunha mitóloga) dos ladróns de túmulos funerarios galegos, indica que se conserva, reforzada, a idea do matrimonio entre a Deusa Nai e o heroe morto.


Á dificultade da lectura mítica do rexistro arqueolóxico do pente, engádese a imposibilidade de detectar costumes funerarias de enterros múltiples de individuos de diferente xerarquía e posición. Tal concorrencia de deposicións na diacronía do rexistro arqueolóxico (se non xa dende o Neolítico), ao menos dende Patroclo, sive potius Homero, a Viriato, enmascaran a individualidade da tumba indoeuropea.


Debemos considerar con cautela os enterros múltiples e aínda masivos nos túmulos. Ladeando a sua alma inmortal, os acompañantes do heroe deberían moitas veces ser considerados institucionalmente como mero enxoval funerario, segundo vemos nas testemuñas literarias e historiográficas da antigüidade que describen os sacrificios rituais dalgúns membros do séquito, rituais propios do ethos heróico ou da devotio ao caudillo.


A nosa percepción aberrante da norma social, do sacrificio ritual, enmascarado tras da morte honrosa no combate singular, nos funerais do corono, entre algúns campións do seu séquito ou corio, non pretende que, os nosos devanceiros, os participantes nas honras fúnebres, aceptasen de estar a realizar sacrificios humáns -como non o aceptarían, pese ter incluso máis motivo para elo, os que, salvando o ethos e as distancias, asisten hoxe coma testemuñas a unha execución na cadeira eléctrica ou de inxección letal-.


É habitual atopar os pentes funerarios asociados a espellos circunstancia que daría pé á errada leitura destes, ora atribuíndoos ao contexto dunha tumba feminina, ora, "o pente para a barba", á equipa de aseo do guerreiro.


A leitura mítica do obxecto non é facil cando o pente funerario aparece como axuar de parellas de ámbolos sexos, a interpretación e o embrollo deste rexisto sempre escaso e isolado enmascárase pola posible presenza do "sutti".


Os pentes aparecen xunto a fantásticos recipentes para conter ou misturar a bebida da enchente fúnebre, un, ás veces excesivamente rico, aparello de beber, local ou de importación. Circunstancias, tempos e aparello que con amplitude cronolóxica e detalles enormes podemos atopar na literatura, na plástica funeraria e ainda no tanatorio rexistro arqueolóxico europeu no que se asocian os pentes funerarios a carros, a armas e a louza de mesa (Carreira 2000; Arnold 1995, p. 50-51), a restos de cochos e ainda de enfeitados e enmascarados cabalos. Restos que semellan ilustrar toda a parafernalia faunística psychopompa e a simboloxía da Menié Hellequin, da "Sociedade do Oso", da "Santa Compaña" etc., que vemos representada con todo detalle nunha das placas do caldeiro de Gundestrup.


Coñecemos tamén a longa presenza do pente en túmulos de toda Europa desde o Bronce ao Ferro, e en contexto Atlántico o último deles se cadra, ainda que pola longa persistencia no tempo e na xeografía europea de toda esta materia aquí xoga escaso papel a sincronía, apareceu xunto a un espello na mencionada tumba de carro de Wetwang, Yorkshire, Inglaterra, do século II ou I a. C., asociado a outras tumbas con espadas, lanzas e escudos.

Sexa tolerable ou non o sostido nos precedentes parágrafos a propósito das violacións dos túmulos, o caso é que por mor das accións reseñadas, como demostramos en 1991, sendo incuestionable que se lle chame ás mámoas lacos cando presentan, as veces enormes, buracos de violación:


Laco, Lacuna - Lago ou Lagoa


Esta voz atópase en case tódos os diplomas que conteñen deslindes polo que, como dixemos en 1991, non ten nada de particular que a primeira vez que apareza esta denominación nun documento galego suceda no primeiro deles, o diploma SILONIS REGIS (sub die X kalendas septemberes Era DCCCXIIIª, 23 de Agosto do ano 775) polo que o rei Silo doa a varios relixosos entre os ríos Iube e o Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia e o Mera, no lugar de Lucis, un Celeiro, hoxe Celeiro de Mariñaos:


"[…] Ut darem eis locum orationi in cellario nostro qui est inter Iube et Masona, inter ribulum Alesancia et Mera, locum que dicitur Lucis determinatum de ipsa villa ubi ipse noster mellarius avitabit Espasandus, et per illum pelagum nigrum, et iusta montem que dicitur Farum, et per illas sasas alvas et per illa lacuna usque in alia lacuna, et usque ad petra ficta et per illa lagenam (Se non o estorbara a precisión matemática das cartas de deslindes (no hidrotropismo de tanto lago poderían, en boa hidrognósia escoliastas de Villar, decreta-la hidroloxía última para tanta lacuna e lagena da diplomática galega) et per ipsum villare que dicitur Desiderii et per illum arogium que dicitur Alesantiam et per alia pedra ficta qui stat im montem super Tabulata per ipsa strata qui esclude terminum usque in loco que dicitur Arcas, et arrogio que dicitur Comasio, cum omnen exitu et regreso suo, castros duos […]" (M. Cecilio Díaz y Díaz 1974, pp. 212 - 13). (5)


Como xa antes viran outros autores, nunha carta do 982, de Celanova, aparece sobre un destes lacos ou mámoas violadas mencionado un destes guerreiros galaicos, ao que poderían pertencer os fragmentos conservados do chamado Guerreiro de Caldas, sobre o seu túmulo:


"[…] quomodo dividet cum villa Sancta Columba, Ermigildi et Atanes et transit Limia ad patrono intra Mogaynes et Sancta Columba et feret in arca tras limia ad casam de Domno et per suis terminis ubi inveneritis lacos anticos et mamolas. Uno laco qui est tras Limia unde venit liniolo qui transit per Limia et venit inter Sancto Martino de Calidas et feret in cima de villa ad alio laco maior per suo liniolo ubi iacet efigiem hominis esculpta in petra (a primeira noticia dun grande túmulo da Idade de Ferro coa estatua do guerreiro sobre el) que testificat de laco in laco et inde per suos moliones firmissimos ad arca maior ad castro de Vemes et sic tornat per allios molliones et feret in fontem de mulieres deinde postea Mineo rio inter Villarino et monte longo per ubi fortissimi divisimos cum ipsos domnos iam prefactos in illorum grande concilio sub unos? andantes, et omnia bene considerantes atque certius dividentes et omnia firmissime permanentem statuentes devenimus ad arcas maiores de Sancta Eolalia inde primitur inquoavimus. Notum die ipsas kalendas octobris discurrentes tunc era XXª post Mª […]" (López Ferreiro 1899, p. 184). (6)


 


EFIGIEM HOMINIS ESCUPTA IN PETRA IN LACO MAIOR. GRANÍTICAS ESTATUAS DE GUERREIROS GALAICOS CON SAIOS DECORADOS


Obra latenián, celta, e principalmente do s. II a.C. non é tolerable que se sosteña por máis tempo que os guerreiros galaicos "son colaboracionistas romanos", nen que se consideren estatuaria romana. Non o son, como pretenden a presente indulgentia temporum e o victimismo (de supor que foran "colaboracionistas" os togati galaicoromanos de época posterior) malintencionado e culpable dalgúns. Non son retratos fachendosos de colaboracionistas dos romanos os guerreiros galaicos celtas, por terse alisado previamente séculos despois de que se fixeran para epigrafiar en latín inscRIPcións funerarias a superficie das caetras, dos saios e dos xeonllos. A adscRIPción cultural destas estatuas é celta, é latenián, é e prerromana. Eles non teñen culpa de levar sobrescritos textos funerarios en latín, ou de xénero diverso sobrescritos tres ou catros séculos dempois da súa realización, e ainda en épocas moi posteriores.


 


 


 


 


 





    


 


 


 











 


VERBO DUNHAS ESTATUAS DE GUERREIROS GALAICOS DE GRANITO CON SAIOS DECORADOS


Como no Antigo Exipto, en toda Europa expoliáronse e expólianse túmulos, e ainda que fora por excavar ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, un caso famoso constitúeo o relativamente recente expolio (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer quen chegou a desenterrar 19.490 obxectos.


A mencionada violación da necrópole de Hallstatt sería cousa anecdótica sen dúbida comparada co caso a principios do século XVII de Pedro Vazquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo e de considerarmos o alcance das aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia en todo tempo.


Pedro Vazquez de Orjás que, segundo o conta Martinez Salazar (BRAH. III. 1909), conseguira do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Ainda que como é de esperar é un misterio a contía do expolio, e ainda que o señor de Recemil e a ciencia do seu tempo non estaban en condicións de datarnos a idade dos túmulos, ou de facernos coma Ramsauer diarios de excavacións ou demoradas acuarelas como as encargadas polo intendente de minas ao seu amigo Isidor Engel, a experiencia expoliadora do señor crego, polo metodo do ensaio e do erro na avaliación de rendimentos (presumiblemente superior en resultados á dun arqueólogo actual que excava seguramente túmulos violados centos de veces), e polo alcance da mostra (case seis veces superior á de Ramsauer na necrópole de Hallstatt), Vazquez de Orjás si que estaría sequer intuitivamente, coma un cociñeiro cos centolos, en condicións de saber con antelación que túmulos eran productivos (posibles enterramentos individuais do Broce ou do Ferro?) e que túmulos non.


Poderían abranguer estas expoliacións mámoas -no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina “second oldest profession in the world”- que irían dende o Neolítico ata a Idade de Ferro (Arnold, 1995 p. 51), momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros galaicos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais?


Sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Cecais non o saibamos nunca.


É precisamente nos túmulos da Idade do Ferro, nas tumbas de carro onde supostamente aparecerían estatuas de guerreiros, como no resto da céltica as de Kilchberg ou de Ditzingen (Hirschlanden, Baden-Württemberg, da segunda metade do s.IV a.C.), representados heroicamente no mundo celta con torques, viriae, escudo armas e cinturón, similares aos galos de Mondragon (Vaucluse), unha heroización que na Gallaecia viría reforzada pola presenza da saia corta decorada con cadros dispostos ao "biés" de tradición Atlántica (remontable aos tecidos do Neolítico e a ambientes luxosos como eran a representación da decoración das paredes das tumbas simulando colgaduras e dos vestidos dos deuses dos ídolos placa), polo escudo ou caetra, polo luxo da camisa e da saia. Ninguén cunha mediana formación comparativista dubida do carácter funerario das estelas decoradas do suroeste peninsular da Idade do Bronce, que irían colocadas na parte alta do túmulo por máis que ningunha de elas fora encontrada no seu sitio, aparecendo sempre estas estelas reutilizadas en multiples lugares.


Algo parecido debería suceder ao noso modo de ver cos guerreiros galaicos, pensados para ser colocados encima dun túmulo funerario (túmulos testemuñados pola mencionada descRIPción do enterro de Viriato), representando a un nobre celta heroizado ao xeito indoeuropeu, isto é co torques de ouro, coas ostentosas viriae de varios touros tamén de ouro, co saio ou camisa-saia e ainda con saios de dúas pezas compostos de camisa con escote triangular posiblemente con bordados de ouro ou de prata, e dunha saia curta decorada con cadros de cores, a diferenza das actuais saias escocesas, dispostos ao "biés".


O feito de que a estatuaria antiga de bulto redondo galaica non estivera policromada, estándoo a estatuaria de comparables horizontes culturais Atlánticos e centroeuropeus, sería surprendente. Esta hesitación de ter lugar pódese aclarar cunha ollada aos debuxos que con extraordinario detalle conteñen unha análise descRIPtiva dos guerreiros da Gallaecia Bracarense e que figuran representados nas estampas CXX e CXXI. da monumental síntese intitulada “A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal” de Armando Coelho Ferreira da Silva.


Recoñecemos nun dos debuxos mencionados unha saia suxeita cun cinto. Son cinturóns con nervuras laterais e presiñas cecais metálicas e con apliques áureos, non é posible coñecer o tipo de fivelas ou placas activas coas que abrocharían estes cintos agochados tras as caetras, mais segundo se desprende da complexidade e aparello decorativo do aplique que no lombo serve de contrapunto ao cinto con forma de rodete, este peche dianteiro para abrochar o cinto sería unha complexa e luxosa placa ou fibela profusamente decorada, cousa imposible de demostrar por tapar, como dixemos, a caetra que sosten nun alarde marcial de frontalidade o guerreiro galaico, o peche do cinturón.


Considerando o precedente, ben que lonxano cecais do século VII a.C., da fibela ou placa de cinto atopada por Antonio de la Peña Santos no castro de Torroso (Mos, Pontevedra) de bronce con damasquinado de prata e pasadores de ferro, e outros, coa debida reserva que demanda o caso, podemos pensar que a fibela, a placa activa ou o peche de cinto estaría noblemente decorada.


Os detalles decorativos da placa discoidea lumbar do cinto dalgúns dos guerreiros galaicos son anteriores seguramente á conquista romana de Gallaecia; este é o caso do trisquel que aparece no guerreiro atopado no lugar de Campos por L. F. Guerra no ano de 1905, estando clarísimamente emparentado cos trisqueis motivos lateniáns británicos que decoran profusamente unhas pezas de vidro que un conservador do Museo Británico (I. M. Stead) considera pertencen a un xogo de competición presumiblemente similar ao parchís, que aparecen nunha tumba, excavada en Hertfordshire en 1965, de Welwyn Garden City.


Os guerreiros levan puñais triangulares, non necesariamente romanos ao aparecer este tipo de armas nunha área moi extensa de Europa da Idade de Ferro (Wandsworth p. e.), con pomo redondo, en vainas cecais con travesas de bronce rematadas con conteiras de perfil circular. Uns puñais ou espadas cortas en ocasións suspendidas do cinto por correas (Ferreira da Silva 305) similares senón estilistica ao menos funcionalmente ao puñal de 38 cms de longo xa desaparecido atopado no rio Witham e publicado en 1863 por A. W. Franks.


As caetras redondas que frontalmente sosteñen os guerreiros galaicos con umbos e decoración chamada "en labirinto" son idénticas ás que aparecen representadas nas moedas "de Carisio" acuñadas durante as chamadas Guerras Cántabras, flanqueadas de espadas de pomo redondo, de antenas, e ainda de falcatas, de lanzas e de cascos decorados con cornos de asta ou antenas e armaduras; o suposto labirinto é en realidade dun motivo decorativo de combinacións de cuadrantes semicirculares en torno a un motivo cruciforme que pode ter unha longa pervivencia dun modo comparable á chamada cruz celta.


Segundo a nosa interpretación do guerreiro galaico da citania de San Julião, Ponte Couceiro, Vilaverde, representado co nº4 da Estampa CXX de Ferreira da Silva, a decoración latenián de palmetas do segundo estilo Waldalgesheim da camisa ou saio con escote de pico non se corresponde coa tardía inscRIPción latina da caetra "MALCEINO DOVILONIS F." que sería cecais uns catrocentos anos posterior á confección da estatua.


O nobre ou príncipe (estatus establecido pola fachenda con que, dun modo similar aos deuses, lucen os guerreiros galaicos o torques ao colo e as viriae nos brazos, aparecería aquí vestido cun saio de dúas pezas como se aprecia con facilidade nos guerreiros galaicos ornamentados con decoracións derivadas das palmetas e das flores de loto etruscas, ou greco italianas chegadas ao Atlántico e ás Illas Británicas pola vía do tráfico mercantil e ideolóxico, decoración adscribible ao chamado estilo I ou ao estilo II dun arte insular celta estudado por Paul Jacobsthal, por J. M. de Navarro, e recentemente por J. V. S. Megaw & M. Ruth Megaw.


Se resulta frívolo soster polas boas que toda a estatuaria castrexa é da época romana, atribuir esta estatuaria a supostos colaboracionistas romanos é unha necedade. Son obra galaica os bronces votivos sacrificiais da Gallaecia (verdadeiras obras mestras da arte Atlántica á cera perdida da Idade do Ferro), datable por Blanco Freixeiro no S. III a.C. e contemporáneas das estatuas dos príncipes celtogalaicos que presentan decoración latenián, e ainda puideran ser realizados estes bronces votivos sacrificiais para conmemorar as cirimonias da súa entronización.


Un dos dous guerreiros galaicos que aparecidos no lugar de Outeiro Lezenho, Vasconcelos, serían gardados no adro da igrexa parroquial de Cobas de Barroso, antes de conservarse no Museu Nacional de Arqueologia e Etnologia de Lisboa, ambos os dous probablemente da mesma man segundo Ferreira da Silva (pp.305, nº546/2) que os dibuxa demoradamente, presenta a típica camisa longa ou saio cun escote en ángulo ornamentado con motivos xeométricos de circos concéntricos encadeados, motivos decorativos antigos, bastante desgastados no tronco, e con escaqueado de liñas oblicuas con losanxos inscritos na saia.



Son precisamente os tecidos en cadro ao "biés" que aquí presentamos, os panos dos que fala Diodoro Siculo para os galos e Plinio o Vello (Mª. Jesús Carrera Arós 2000, en prensa) para os lusitanos cando referíndose ás lás de Salacia incómodas para confeccionar tecidos de longos flecos dí en troques que resultan moi apropiadas para os tecidos en cadro.


 


Interpretación e vista traseira da decoración lateniana de palmetas do segundo estilo Waldalgesheim da camisa ou sagum con escote de pico do guerreiro galaico da citania de San Julião, Ponte Couceiro, Vilaverde, representado co nº 4 da Estampa CXX, a tardía inscRIPción latina da caetra "MALCEINO DOVILONIS F." e uns catrocentos anos posterior á confección da estatua



Abaixo con decoración do segundo estilo de Waldalgesheim, os "Chevrons" ou "dentes de lobo" que indican a utilización na Gallaecia do tear de catro barras, pódense ver nun guerreiro galaico de Outeiro Lezenho, parroquia de Campos, concello de Boticas. Sería posible que certo parentesco de motivos decorativos presente na estatuaria de Outeiro Lezenho respondera incluso a tipoloxías familiares sendo constatable a concomitancia decorativa dos losanxos nas mencionadas estatuas principescas.



Bótase en falta nestas representacións a capa de liño, de lá ou de picote: o propiamente nomeado como sagum que á altura da clavícula dereita iría prendida dunha grande fivela. Pero "facendo da capa un saio" esta verba sagum, curiosamente non deixou a súa pegada na capa senón no saio ou longa camisa, ou a camisa e a saia corta, respondería a un intento de heroizar ao príncipe defunto, e probablemente formaba parte do atuendo militar da nobreza celta da antiga Gallaecia.


Ainda que a espida forma do saio ou da camisa e a saia prefírese nas representacións plásticas por respostar mellor ao ethos heróico, coas camisas empregaríanse tamén pantalóns, as brachae ou cirolas suxeitas cunha faixa, tal e como na "Historia Ilustrada de Narón" (E.Merlán, A.Pena e A.Filgueira) representámolos para ilustrar unha célebre cita de Estrabón, e ainda coñecemos polo rexistro a modo de pasadores para suxeitar as camisas de liño unha especie de trabelas de bronce.


Se temos en conta que a chaqueta corta e o pantalón do actual traxe popular galego foi introducida en Galicia nos arredores da vila do Ferrol a finais do século XVIII, tiveron estas prendas longa duración sendo posible que o atuendo popular do labrego: camisa, cirolas, faixa e capote, variara moi pouco ao longo do tempo, e ainda que os cambios no atuendo feminino son outra danza, non hai que esquecer que a dona galega, segundo as fontes clásicas, xa daquela vestía de negro e levaba a saia adornada con froles bordadas; tampouco é novidade que estas bailaran coma hoxe en roda, ou que fixeran pandeiradas batendo no escudo pendurado do pescozo coas máns os homes, ao parecer aturuxando e bailando marcando o punto cos pes no chan, alterno pede, dúas veces cun pé e unha co outro e axionllándose. Neste contexto non é surprendente que o profesor emérito bretón da UBO, Robert Omnès, sostivera que ao igoal que sucede coas tríadas bretonas, a pandeirada galega fose música militar.


Ladeando os problemas da orixe da saia escocesa emparentada cecais con aqueles tecidos dos príncipes celtas estudados polos aqueólogos nos anos noventa (Bender, L. 1992); (Masurel, H. 1990); (Moulherat, C 2000); (Wayland Barber, E. 2001 ed. Esp.), non deixa de ser unha coincidencia o feito de que a excepción dos cadros ao "biés" do chamado Heroon de Glanum de St. Rémy-de-Provence, do s. III a.C., a primeira vez que aparece representada na plástica Céltica Atlántica, a saia de cadros, é precisamente nos cadros ao "biés" de tradición Atlántica dos Guerreiros Galaicos. E casualmente, como xa sinalara Untermann, isto sucede tamén coa propia voz "Celta" que agás a célebre cita de César nos Comentarios á Guerra das Galias, non se encontra recollida na Idade do Ferro en ningún outro país da Céltica mentres que en Galicia a voz "Celta" e "Céltico" está profusamente representada en numerosas inscRIPcións nos antropónimos, topónimos e teónimos.

















Cadros "escoceses" das minas de sal de Hallstatt, Austria. Naturhistorisches Museum, Viena 1200-400 a.C.



Sarga de lá con cadros "escoceses" atopada en China occidental ca. 1200-700 a. C.



Segundo se desprende dun recente artigo do mencionado Chistophe Moulherat (7), arqueólogo especialista en textís antigos, pois ainda que se testemuñan nunha amplia área xeográfica, dende as minas de sal de Hallstat en claro contexto celta os cadros "escoceses" como amosan uns tecidos de sarga perfectamente conservados cunha cronoloxía dende o ano 1200 a.C. ao 400 a.C, estes abranguerían -como ven de estudiar Elizabeth Wayland Barber de quen tomamos os precedentes exemplos- incluso ata o corazón de Asia, como sen discusión amosan as roupas que visten as momias de Ürünchi na rexión de Vigur na China occidental, momias indoeuropeas de cabelos loiros e de posible fala tocaria, lingoa esta ultima que formando parte do protoindoeuropeu ao tempo que, sospeitosamente sen gardar parentesco coas lingoas indoeuropeas orientais, presenta surprendentes afinidades coas lingoas célticas que se falaban no Atlántico, e ainda co latín.


Co dito nos precedentes parágrafos podemos aventurar que o berce probable de estes motivos decorativos dos teares indoeuropeus de catro barras, nos precedentes motivos dos teares de dúas barras do Neolítico Atlántico, é abondo posible, como amosarían as pinturas dos dólmens galegos que xa temos mencionado noutro lugar e tempo, representarían, seguramente, esquevomorfos de estampados de tecidos e de colgaduras, que repetíndose asemade na profusa decoración dos ídolos placa do Neolítico Atlántico peninsular -que aparecerían tamén nos considerados cetros ou báculos de mando- sería indicativa de motivos e de cores de roupas (amable comunicación de Luís Monteagudo García).


Como non deixa de suxerilo xa Wayland Barber a propósito das momias de Ürünchi, estes cadros e cores das roupas cecais a traverso da combinación das mesmas cores dos tecidos en cadro poideran ser indicativas do rango e da liñaxe de quen os porta, do nobre que con fachenda cecais empregaría no propio cetro os cadros e as cores -no rebumbio "melusino" das xenealoxías celtas- cecais indicativos da mesma divinidade da que, dende a noite dos tempos, a sua liñaxe consideran descender. Mais para Christophe Moullerat, arqueólogo especialista en textís, a diferenza do tecido de cadros, de maior antigüidade, os motivos de losanxos que portan nas saias e nos saios os guerreiros galaicos, cecais similares aos que posiblemente elaboraban as teceláns lusitanas coas célebres lás de Salacia, non se desenvolverían con anterioridade ao século IX a.C., data do desenvolvemento da técnica da lanzadeira volante e do tear de catro barras que permite novos entrelazos dos fios, e de novos sistemas de tintura.













Reconstrucción dun tecido de sarga de cadros “escoceses” de seis cores da mesma data e procedencia segundo E. Wayland



Grazas a esta evolución do tear, as armaduras (ou esquemas de tecido), segundo Moullerat (8) "diversifícanse, sendo a principal o asargado que consiste en producir esquemas oblicuos ou diagonais alterando o ritmo normal de entrecruzado fio a fio, de urdimbre e trama […] o asargado é básico para a confección de motivos como os dentes de lobo (Chevrons) e losanxos, moi propios tamen de este momento" (estase a referir aos séculos que van do IX ao IV).


Os celtas antigos empregaban numerosas fibras sobre todo a lá e os pelos de diversos animais (a gamuza, o porco, o boi, a delonciña e o porco teixo), e as fibras vexetais como a ortiga, o liño e o cáñamo, como amosan, documentadísimos na Europa continental envolvendo, os enxovais, armas e vaixela de mesa convintemente arranxada, os restos non mineralizados de tecidos, ben que escasos, coma os atopados na tumba da primeira Idade do Ferro do principe de Hochdorf (Alemaña) ou dunha tumba principesca de Vix (Côte-d`Or) -onde apareceran tamén restos de seda-, testemuñándose os aristocráticos losanxos nestes tecidos presentes tamén nas embalaxes de enxovais de moitas tumbas celtas -sinalando neste sentido Moulherat as excavacións das tumbas de Apremont (Haute-Saone), en Sainte Colombe e as de Trembloi (Côte-d'Or)- excavadas en Francia.


 


CONCLUSIÓN













Estela funeraria de Apana, filla de Ambollo, Céltica Supertamárica (Museo de Lugo)



Xeralizándose entre a nobilitas provincial, que non provinciana, a moda e a onomástica imperial, substituiríase pola toga galaico-romana o sagum indíxena, e o saio con cadros ao biés. O fenómeno continuaría ao adoitar as elites colonizadas os nomes e os modos dos dominadores romanos, considerados máis finos, nun proceso abondo familiar aos galegos de hoxe, de lembrar nosas novidosas Jessicas, Vanessas e Jonatanes, enxebres pola súa extensión e difusión que suplantan no afecto popular aos (no seu día) non menos novidosos nomes de Dolores ou de Lola, de María ou de Maruxa, de Carme, de Xosé ou de Pepiño, e a un amplo santoral tradicional longo de enumerar, substitutivos das (avellentadas novidades onomásticas chegadas cós suevos periclitadas nas urbes e no campo coa entrada da modernidade) Hermesendas, das Visclávaras, dos Munios e dos Froilas.


Renegando aos poucos dos familiares apelativos de Caturo, de Camalo, aínda de Burro, prestixioso nome significando posiblemente en lingua indíxena "pelo crecho", [hoxe sei que é verba celta gal. *gwr, "varón", gwrraca "muller"] coma o dun lobo, os señores galegos durante a ocupación romana adoitaron os nomes de Victorinus (seguramente traducción latina do mencionado Caturus), ou de Hirsutus, cecais a latinización do anterior Burrus.


Coma quer que fose os cambios formais nos nomes afectaron tamén aos vestidos, substituídas as Apanas e as Arabas celtas das liñaxes galegas polas non menos liñaxistas Iulias e Livias. Se quer por unha vez elas non tiveron a culpa.


Considerando o nobre Galaico superior á súa morixerada (dura et adstricta parsimonia) cultura celta o mol costume do dominador romano, o ancestral uso de lucir os señores do país saias de cadros ao biés desaparece para sempre, e, de ter lugar, a posible tradición non menos inveterada de distinguirse con eles.


Continuando o vestir as mulleres de negro e con saias floreadas e os homes co uso da camisa, da faixa e das cirolas, en nada afectarían estes cambios aos campesiños e ás campesiñas, nen á esencial mantenza dos usos e das costumes xurisdiccionais e das simboloxías heráldicas de tradición celta, nos castros e nas aldeas (vici, pagi aut castella) das tribos galegas.


*        *        *

Para la cara Canto, (–de doutor a doutora-, no es por enredar) que ya le sabemos que el sagum es la capa con o sin capucha, de ahí el Sagio ab exigendo dictus que Spelmann nos muesta en su Glosarium.


Pero non lle sabemos de onde veñen as verbas saia e saio? Pois posiblemente do mesmo sitio de onde veñen cesta (grande, bonita, fina) cesto (pequeño, basto), ponte (grande, de piedra) ponto ( pequeno, de madeira)  Axiña actualizaremos este artigo, dando unha datación máis antiga aos guerreiros –os esgrafiados son posteriores- amosaremos fragmentos de guerreiros con cabezas Mickey Mouse e sorrisos Chesire Cats, e ainda un fragmento dun guerreiro en indefectibel pose funeraria, coa man no peito.


  Notas:


(1)   Traducción particular de Luis Monteagudo García.


(2) Martínez Salazar BRAH. III. 1909.


(3) M. Almagro Basch. 1966, VIII.


(4) Martínez Salazar, A. 1909, pp.218-219 in Marcos Martinón Torres "Análisis historiográfico del Megalitismo Gallego", Tese de Licenciatura, Santiago 1999.


(5) Manuel Cecilio Díaz y Díaz 1974 pp. 212- 13.


(6) In Antonio López Ferreiro 1899, Apén. pp 184. Tomo II.


(7) Moulherat, Christophe, 2000, "Los Tejidos de los Príncipes Celtas". Revista Investigación y Ciencia, agosto de 2000 pp. 22-29.


(8) Moulherat, Christophe, 2000, Obra citada.


 


© André Pena - www.andrepena.org



Páxina principal | Publicacións | Biografía | Contacto


    


 


 





RIP
t type="text/javascRIPt">
_uacct = "UA-2767327-2";
urchinTracker();
RIPt>
 

Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 lucusaugusti 09 de abr. 2008

    Debido a que la sabiduría del grupo desaconseja este artículo, no está disponible.

  2. #2 lucusaugusti 10 de abr. 2008

    Información eliminada por el Administrador Uma
    Motivo: no se admiten acusaciones de tipo personal ni revelación de datos

  3. #3 Uma 10 de abr. 2008

     


    Y para que no se diga que se pierde información,aquí vá lo que puso Lucus augusti,a excepción de un comentario de tipo personal


    Lucusaugusti#5, : 


    “Circine es una parte del territorio Copori, (mucho más extenso) y ligado a la ciudad de Lucus Augusti. El dibujo del reverso de la moneda es un circine trazado con compás, (ad circinum). Y la moneda está referenciada con el territorio próximo a la ciudad en una ceca prevía a la fundación de Lucus.


    "Por otra parte se entiende que el populus resulta de la agrupación de subdivisiones identificadas como (castella), entre las que figuraba la de Circinus. Pero el emplazamiento del Circine presenta dificultades. Podría estar más o menos alejado de Lugo y el finado haberse desplazado allí debido a su cargo o a su posición en relación con los romanos. Sin embargo la existencia de una antroponimia local invita a pensar que Circine estaba cerca de la ciudad." LA ORGANIZACIÓN SOCIO-POLÍTICA DE LOS POPULI DEL NOROESTE DE LA PENÍNSULA IBÉRICA Un estudio de antropología política histórica comparada Marco V. García Quintela


    "por otro lado en una inscRIPción de Lugo, entre los Copori, se menciona posiblemente a otro princeps, hijo de Veroblio, de mutilado nombre.577 -577 I.R. Lugo 34: “(...) IVS VEROBLII F. PRINCE (PS) CIT. CIRCINE[...]”, Lugo. Em XI, 123. " TREBA Y TERRITORIUM GÉNESIS Y DESARROLLO DEL MOBILIARIO E INMOBILIARIO ARQUEOLÓGICO INSTITUCIONAL DE LA GALLAECIA Andrés J. Pena Graña


     

  4. #4 crougintoudadigo 11 de abr. 2008

    "Haiga" caros Matugénica Pax


    Salud y Gloria


    Pues que caba nuestro caro paredros de poner lo de  la dichosa ⊃, en clara serrata del patriciado, en otro apartado y lugar Crougintoudadigo hace aquí lo própio poniendo de su cosecha que, si no es tan mala o tan buena, como las demás por lo menos es propia y aun "idiota", porque lo de 'idiota' viene del Peloponeso y significa "tener ideas propias".


    Non se nos alporice Lucusaugusti carísimo. Piense que yo, vd. y cualquier otro tenemos el mismo derecho a equivocarnos o a tener razón. Mire vuesa mercer que moito nos avanzou a medicina dende Vesalio a Boyle, e ainda hoxe como dixo o poeta segue a ser unha arte ¿Unha arte?, a arte de acompañar con verbas gregas -continua o poeta- ata a tumba.


    Sabio poeta, e pois que dixo tamén que só había dous tipos de infirmidades, as que se curaban co tempo e as que non tiñan cura, e como dentro de cien años tós cárvos, non nos paga a pena andármonos a rifar uns cos outros.


    E ainda por riba, sosténdonos o sabio Merlín que as verdades de hoxe serán as mentiras de mañán, todos coincidiremos ao fin e ao cabo. E, como dicía Cesar, o grande pacificador (tomen principio Orweliano) que 'haiga' pax romana (quae uerborum inmoderatio).


    Y lo prometido es deuda.



    Na TERRA DE TRASANCOS, constatamos en 1991 a existencia de 53 castros, hoxe son xa moitos mais, conformando un espacio xurisdiccional ou ‘macro territorio segmentado autárcico’. Aínda que non coñeciamos nela ningunha referencia epigráfica -ata o noso recente achado en Covas (Ferrol, A Coruña) da pequena loseta con forma de fusaiola co epígrafe REBE TRASANGIUGE, “PARA REVE DA TERRIÑA DE TRASANCOS”, “PARA REBE TRASANCIUCA”, é relativa a frecuencia con que noutras áreas xeográficas afins nas inscRIPcións aparecen mencionados os castros ou castella a continuación dun signo C envorcado ou invertido que hai dezaseis anos, seguindo a reputados autores, transcribíamos erróneamente como castro ata que reparamos que este signo equivalia a preposición “de” ou “pertencente a”, curiosamente o que hoxe significa na linguaxe matemática. O castro, non podía ser outra cousa máis que un topónimo que aparecía case sempre trala letra envorcada ou virada. Cimentado cómodamente nun topónimo expresado en ablativo sen preposición con función en latín de locativo, moi antigo e referido exclusivamente a entidades menores o castro non requiriría, pese ao que sosteña Pereira, definitivamente deste signo, un mero indicativo de pertenza, a miudo reforzado con preposicións ex, de hoc porque xa, co paso dos século non se entendíao seu significado. O castro revélase plenamente e reside neste topónimo.


    Non parece viable que a entremetida letra virada que aparece ás veces acompañada pola preposición de contexto referencial ex[1], ou pola expresión de hoc, revele unha institución expresiva da estrutura jerarquizada do territorio, poida que unha centuria (TOVAR), ou unha distinción de honor relativa ao *corio (tropa), e, dende logo é inapropiada para un imposto censum ou cis por non ser creíble que figurase nas dedicatorias votivas asuntos de facenda, pero sobre todo resulta inútil para denominar aos castella implícitos xa no topónimo en ablativo que ven a continuación do signo.


    Como cando dicimos “Son galego de Lugo” polisémicamente, a virada posición do signo “)”que nós referimos a un indicador de pertenza (estado social), debería ao cabo ser posto en correlación co compoñente institucional que usualmente precédeo: o Territorio Político ou Treba, e en referencia co territorio económico e única forma coñecida do hábitat, o mencionado castro, definido no topónimo en ablativo.






    [1]Nigrianus Nigrini AL ex Ercoriobre (CIL II 2711); Tridia Modesti F. Seurra Transm. Exs ) Serante. (Arch. Port. 29 (1930-31) p. 58 in G. PEREIRA MENAUT. “Los Castella y las Comunidades de Gallaecia”. Zephyrus, XXXIV-XXXV, 1982,) – [...] enus ex ) as […](Eph. Epigr. VIII, p. 413. Clunia); Festus Lovesi F. Interamnicus ex ) Loucioelo. (In GÓMEZ MORENO. Cat. Mon. León, p. 59. Cacabelos), etc.


     


  5. #5 lucusaugusti 11 de abr. 2008

    No tengo duda que puede extenderse mucho más con sus palabras huecas.


    He colocado enlaces a lugares donde se establece que:


    1º La moneda conocida como de Lucus Augusti fue acuñada en una ceca próxima al lugar donde se fundaría la ciudad. Todos los numismáticos coinciden en ello.


    2º Los pocos autores que han tratado sobre Circine coinciden en que es un lugar muy próximo a la ciudad de Lugo. Territorio Copori.


    3º El dibujo del reverso recibe en latín el nombre de Circine, dibujo geométrico que se realiza con un compás.


    Como mi capacidad y suficiencia investigadora la determina la universidad a la que pertenezco y por ello puedo establecer nuevas líneas de trabajo, y como entre otros asuntos me dedico a investigar sobre el origen de mi ciudad y por ello estoy amparado. Establezco que el Circine que la moneda de Augusto posee en su reverso es el Ciricine que se detalla en la inscRIPción de los príncipes de Lucus Augusti.


    No es necesario establecer que lugar es Circine para poder decir que la moneda es de Circine, ya que es representado en la moneda.


    Desde luego construir un libelo sobre mi persona sobre tales bases es solo manía de un enfermo, del que además existen notorias pruebas en Celtiberia.Net.


    Calificar como mentira lo que no se quiere comprender es propio de débiles.

  6. #6 A.M.Canto 11 de abr. 2008

    Pater: A propósito de algo que comenta en su (completamente suscribible) mensaje # 19, y por si le interesara, acabo de añadir en otro foro (aquí) algunas inscRIPciones que pueden considerarse una prueba de que ) c invertida=castello. Tampoco la restitución CO[pororum] en el epígrafe de Lugo (CIL II, 2585) con "· Circine(nsi)" (un castellum, evidentemente, y más cuando delante justo tiene un [ex H(ispania?)] CIT(eriore?) es más que muy hipotética, porque la palabra se corta en CO----, como bien se ve en esta foto (de Hispania Epigraphica On Line).

    Lugo epitafio con circine cil ii 2585

    Como otra curiosidad más, y al revés de lo que arriba se afirma (#17), un circinus en latín no es más que un instrumento: el compás, como se lee en Caes., Bell. Gall. I.38, hablando del río Dubis, que rodeaba a un oppidum "como trazado por un compás", y un castellum se pudo llamar "Circinum" sólo con que fuera muy redondeado, simplemente. Lo demás, como Ud. bien dice, todo fantasías.

  7. #7 crougintoudadigo 11 de abr. 2008


    En outras publicacións (Pena 1991:,1992; 1.993: 1995:167-72) amosei como se artellaba a realidade institucional dun castro, como este era o eixo dun territorio demarcado de mediana dimensión (inferior en tamaño as actuais parroquias) e que todo ese conxunto constituía no Nw a casa (domus) dun señor (dominus) que extendía a sua ‘soberanía doméstica; dominio ou xurisdicción non so ao territorio económico acoutado por marcos de pedra (termini) -como o que aparece na marxen dun río en Vilar de Perdices “Ter(minus) RIPau Puac” sinalando a beira do mesmo que pertencía aos Puac(os?) en Montealegre, Portugal -comprensivo de terras de laboura, prados, montes, augas correntes, e bosques, e, tamén, do recinto fortificado, ben defendido por foxos e terraplenos, única forma de hábitat coñecida pola arqueoloxía no TP á chegada dos románs, que comprendía non só casas e instalacións intra muros, senón tamén aos seus habitantes: “domestici” e gado maior e menor.


    Neste tipo de sistema de soberanía doméstica o castro correspondese cunha casa, domus dun señor: un cabaleiro cos seus parentes e clientes, labregos e servos. E este cabaleiro neste mesmo sistema é a súa vez cliente ou vasalo do príncipe do TP.


    Na Terra de Trasancos constatamos máis de medio centenar de Castros repartidos nos actuais municipios de Narón, Ferrol, Valdoviño, Neda e San Sadurniño que configurarían dentro do TP un macroterritoriro segmentado autarcico.


     


    Unha letra fatal


     


              Os castella adoitan aparecer frecuentemente no rexistro epigráfico de certo mobiliario arqueolóxico a continuación dunha letra C en posición envorcada , que adoitaba interpretarse como centuria (Tovar) ata que M. L. Albertos (1975:65) propuxo a lectio castrum/castellum para esta letra cunha xeral aceptación. De seren así a letra emvorcada non tería excesiva importancia por vir tras dela de novo o castelo na forma dun toponimo en ablativo sin preposición que en latín, referido a lugares de pouca importancia, ten a función dun locativo.


     


    A letra “C” em posición envorcada adoita instalarse entre o TP e o castro.


    TP CASTRO


    Susarrus         )          Aiobaiciaeco.


    Limicus           )         Arcuce


    Cilenus           )         Berisamo


    (Principis Albionum   )          Blaniobrensi


             Celtica Supertamarica             )         Iureobriga.


    En ocasións suplantando ao signo envorcado aparece a verba castellum


    Ladronu(s) Dovai bra(ca)rus Castel(l)o Durbede48 outras veces suplantada pola verba domo, arquetipo de ablativo con función locativo na gramática latina:


    Clotius Clutami (f) susarru(s) domo Curunniace (CIL.III 2016); domo Lucodadiacus (CIL III 4227)49


    Nunha ocasión aparece en ablativo a verba domoun termo da soberanía doméstica seguida dun xenitivo de possesor tralo signo ) envorcado.


    domo Vacoieci.


     


    Esta ‘casa de Vacoieco’ (como a Casa dos Tenrreiro no Trasancos medieval) non era outra cousa máis que un castro do Treba dos lanciates cuio possesor chamabase Vacoeco cunha etimoloxía alusiva a posesión de vacas. Nos epígrafes funerarios o origo ou linaxe da oligarquía podese expresar da seguinte forma : Nome propio do difunto + patronímico (nome do seu pai) + territorio político (nome da bisbarra)+ castro (nome da aldea) + lugar onde está a tumba. ascostas ostensiblemente ao topónimo en ablativo que adoito lle segue (suxeto e obxecto da cláusula) maila seren aceptada pola maioría dos autores mantén todavía boa parte da sua transitividade indemne (dende que fora lida por Tovar como Centuria) e esta capacidade que ten o signo de provocar distintas percepciones (“censum” por J. C. Bermejo) manifesta aínda disidencias serodias na suxerente lectura cognatio de A. Rodriguez Colmenero.


    Cá coordenada )” = Castellum a cuestión da comprensión do discurso epigráfico da letra envorcada parece resolta non así un problema Orwelliano (¿por qué comprendemos tan pouco a pesares da evidencia que temos?) baseado na existencia de crenzas firmemente mantidas e aceptadas a pesar de careceren de alicerces e ir contra da evidencia (a mención do castella semella innecesaria por ir explicita nun topónimo en ablativo).


    Calqueira teoría da lingoaxe establece a relación entre usos e usuarios e que o discurso organizase por unha ideoloxía específica que pode ser lida dos elementos lingüisticos do texto si suplantamos )por “castellum” a clausula “et s. )na inscRIPción de Chaves: Camallus/Burni/f/hic situs /est annor. / III et s)   Tarbi frater facie/ndu curavit (CIL II 2484)50 ¿Qué significa?


    Si este signo “)” -que en ocasións aparece na clausula precedido pola preposición (de contexto referencial) ex que podría ser seguida dunha verba expresiva dunha categoría social- é o mesmo castro (concebido institucionalmente como domo, casa dun dominus cos seus domestici ben instalados en cadansúa cabana e o seu dominium ben demarcado) a súa proliferación ou desaparición nos rexistros non responde a situacións novas nin incide na articulación institucional do TP e macroterritorio económico demarcado autarquico (sucesión de castros que nel se inscribe) senón que se debe a cambios de gostos das oligarquías na expresión da sua linaxe (filiación e origo), pois obviamos dicir que estes epígrafes non foron encargados precisamente aos lapicidas polos labregos.


    É significativa o meu xuizo a prematura interpretación de G. Pereira Menaut (ex Albertos) e Santos Yanguas (1979 ) de esta letra : La entidad organizativa referida por las)   parece más bien una forma de control administrativo romano y nunca una forma de organización social indígena.


    E a cuestión de como este feito se integra no discurso ideolóxico do historiador e é articulado nun discurso específico -sin excluiren os propios acontecementos que dan pé a unha interpretación- e pode ser estudiada mediante a teoría lingüística que permita estableceren formalmente si a ideoloxía que se vé esta no material da fonte ou é unha manipulación podese respostar na rectificación (1982) de G. Pereira Menaut do aserto anterior:


    La desaparición de los castella en la expresión del origo personal y la utilización de las civitates que tienen lugar a continuación supone un cambio en la organización de las comunidades índigenas. La instancia organizativa básica, la comunidad que da el origo a las personas ya no son los castella sino las civitates.


    e, en outro lugar di o sabido profesor:


    […] Si lo anteriormente expuesto sobre la reorganización de las civitates y de los núcleos de población es aceptable, parece que también en Gallaecia el ius latii significó una restructuración de las civitates indigenas, el abandono de sus formas  ancestrales para organizarse el modo romano recibiendo con ello, naturalmente la autonomía administrativa, la städtische Autonomie para decirlo con la exacta expresión alemana (Pereira Menaut 1982:264)”.


     


    Pero, caros Druidas, “lo anteriormente expuesto sobre la reorganización de las civitates y de los núcleos de población” non é aceptable, e falacia metodolóxica,  porque o signo“) non sómentes desapareceu do rexistro epigráfico en toda a dominación romana, senon que como o empregaban ainda no século IV ou V, e ainda nos que sabían ler xa non se entendia o seu singificado, este se lle colocaba explícito diante, “ex” ou “de hoc”. Co que o signo, [e dí Crougintoudadigo entrementéndose para os que non anden maniobrando na cociña, sponte súa,  có aceite e os espárragos, ou se vaian e veñan có cántaro a fonte]  ven a signifiar exactamente o que hoxe significa na lingoaxe matematica, “de” ou “pertencete a”


     


    O T.P. foi sempre antes da conquista (TREBA/TOUDO) e ata o século XII (Terra/Territorium) o punto de referencia básico dos galegos e os habitantes do N.O. penínsular, e resulta inaceptable falar dunha reorganización de que tanto gostan anticuarios e medievalistas, promovida dende fora do sistema político territorial galego, nin co Imperio, nin co regnun suevorum ni ca monarquía astur.



     


     


    48 Conimbriga 23 (1984) 43-54 in J. Untermann, Actas do enc. cientif. en homenaxe a F. Bouza Brey, 1993:376


    49 Nunha inscRIPción apareacida en Hungría (Gyalokue) con antropónimos e trebónimos ou nomes de TP. Abilius Turanci f. Bobegius Veninif Lancien)sis, Pentius Dou(i)deri f. Aligantienses (Untermann 1993:376)


    Se ben descoñezo este epígrafe apunto a posibilidade dunha mala lectio a que ó viren tralo patronimico Venini f. o trebónimo adxetivado, lancie(n)sis e sucederen igoal en Dov(i)deri f. Aligantiensis, non vexo motivos para que non suceda iso mesmo tralo patronimico Turanci f. con Bobegius, o estaren este trebónimo testemuñado como arciprestado e TP na Bula de Pascual II de 21 de abril de 1110 pola que o papaconfirma a posesión dunha serie de antigos Trebas-agora (s. XII) nomeados Terrae/Territoria e arciprestados, -á Igrexa compostelán, apoiando a Xelmírez no longo pleito dos arciprestados có Conde de Galicia D. Pedro Froilaz e o seu hirmao o bispo Vallibriense Munio (Pena 1992:97:100).


    “... ad perpetuam scae. compost. Ecclesiae pacen ac stabilitatem sancimus ut universa quae ad eiusdem bti Iacobi Apostoli Ecclesiam, in qua nimirum eius corpus requiescere creditur, propietario iure intra vestram relatione didicimus, quieta ommino et integra vobis vestrisque successoribus in perpetuum conserventur, videlicet Terra de Superato (Ptol 2,6,35)Sobrado , Dormiana, Coto de Dormeá; Babegium (CIL III 4227); Coronatum, Arcedianato de Cornado;Mercia, Partido da Merca; archipresbyteratus sci Pelagii de Circitello; Mons Sacer; Tabeirolos, Xurisdicción de Tabeirós; Terra Montium vsque ad Avium, Xurisdicción de Montes; Morracium, Morrazo;Saliniense (Ptol 2,6,34), Arcedianato do Salnés; Terra e Termarum (sive potius -cron. Iriens.. Celenes …Ptol 2,6,42; Plin. 4 III. CIL II 2649), Caldas; Terra Arcubus, Arcos; Iriense, Iria, Pistomarcus (Plin. 4 III; Mela 3, II), Posmarcos; Amaheae et alii Montes (Ptol 2,6,36 ‘’),Xurisdicción e partido de Amahía; Prucios, Xurisdicción de Pruzos, Lavacengos -Lapatia(n)co(r)um prumunturium (Ptol. 2,6,4), Arciprestado de labacengos, Arros (Plin. 4 III), Arciprestado de Arròs; Nemitos (Ptol, 2,6,41) Terra , Tenencia y arcedianato de Naendos; Bisancos, Terra tenencia y arciprestado deBezoucos, Terra de Faro, Coporos (Plin. 4, III, CIL II 5250, Ptol, 2,6,24); Celticos (Plin. 4;III), Brecantinos (Pto. 2, 6,30), in Montanis duos archipresbiteratus, Dubria, Barcala, Salagia, Gentines, et cetera usque ad Oceanum”, e mais adiante “... castelum scae Mariae de Lanciata (Pot. 2,6,29; plin. 3,28)” cf. Hª comp. T. I. Cap. XXXVI.


    50 CiL II 2484 Viriatis 1 (1957) p. 105. foto. Pastoriza. Chaves, in G. Pereira Menaut “Los Castella y las comunidades de Gallaecia. Zephyrus (XXXIV) 1982:275)


     


     

  8. Hay 7 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba