Autor: Gonzo
viernes, 18 de abril de 2008
Sección: Leyendas
Información publicada por: gonzo
Mostrado 14.349 veces.


Ir a los comentarios

Lendas, Fontes e Deuses nas terras dos coporos arzuáns

Algunhas veces, pasamos centos de veces polo mesmo sitio e non nos decatamos de que ao carón da casa temos unha verdadeira xoia da nosa cultura. Lugares que foron venerados polos nosos antergos.

O Culto ás Augas na comarca de Arzúa (A Coruña)


Algunhas veces, pasamos centos de veces polo mesmo sitio e non nos decatamos de que ao carón da casa temos unha verdadeira xoia da nosa cultura. Lugares que foron venerados polos nosos antergos. Algunhas veces, quizais, grazas ás lendas que escoitamos aos nosos maiores, caemos na conta de que, aí ao lado, temos algo que tivo que ter unha importancia enorme nos tempos antigos.


O Culto ás Augas



Restos de sílex do Megalítico achados nos arredores dos mananciais indican que xa, nos comezos dos tempos, as fontes eran frecuentadas.


Os pobos galaicos prerromanos, as xentes dos castros, practicaban o culto ás augas, nelas crían que habitaban deidades que transmitían os seus poderes ás mesmas e aos lugares onde estas abrollaban.


No ImPerio Romano, a situación Periférica de Galicia deu lugar a que a romanización non fora, aquí, tan profunda como noutras áreas da Península.  O estudio do culto ás augas na época romana Permite constatar a Pervivencia de cultos indíxenas, dentro dunha cultura mixta indíxena-romana. Galicia é a única zona de toda a Iberia onde se acharon nomes celtas de deuses nas fontes termais. Restos epigráficos en relación con divinidades indíxenas, como Bormánico, Edovio, Convertino…, atopáronse en Vizela, Caldas de Reis, ou Guitiriz e, de ninfas, en Caldas de Cuntis, Baños de Molgas e Ourense. No culto ás ninfas mestúranse o culto indíxena co romano.


            Posiblemente a sacralidade das augas e dos lugares onde abrollan están na orixe remota dalgúns dos balnearios galegos: En Caldas de Cuntis, ¿Aquae Calidae?, apareceron unhas 500 moedas romanas e dúas aras dedicadas ás ninfas. As ofrendas de moedas ás ninfas formaban parte do ritual. En Caldas de Reis, ¿Aquae Celenis?, atopouse unha ara dedicada a Edovio. En Guitiriz unha inscrición dedicada a Convertino. En Lugo, Lucus Augusti, inscricións dedicadas a dúas deidades acuáticas, Labo Paraliomego e Tudela.


Tralas invasión suevas de Galicia, moitos dos establecementos balnearios foron arrasados. Sen embargo, os escasos datos bibliográficos pemiten deducir que as fontes e baños mineiro-medicinais seguiron usándose ininterrompidamente, aínda que fora dun xeito moi precario.


            Ata os anos 50 do século pasado, as Augas de Reboredo en Santiso, tiñan moita sona e a xente acudía de noite pecha, acendían fogueiras para, quentarse e tomar os baños, mentres establecíanse animadas conversas e organizábanse partidas de cartas e outros xogos.


            De vello, as augas da Fonte Santa de Lardeiros (O Pino), eran sonadas no entorno para doenza dos ollos, chegando a ter unha pequena capela de advocación a Santa Lucía, hoxe en día desaparecida. Son augas sulfurado-sódicas, carbonadas, magnésicas e de moi baixa mineralización.


Malia a que o cristianismo loitou, dende os seus comezos, contra os culto ás augas, esta herdanza cultural pagá amosou unha continuidade impresionante dende o Neolítico ata a actualidade, polo que as ninfas e sereas Perviviron na tradición oral galega.


A Igrexa adoptou unha dobre estratexia na súa loita contra esta tradición, por unha banda a condena sistematicamente: Un exemplo témolo en San Martiño de Dumio , Bispo de Braga, quen no De correctione rusticorum dicía: “numerosos son os diaños que, expulsados do ceo,, presiden o mar, os ríos, as fontes e os bosques, as que os homes ignorantes do Deus verdadeiro lles fan sacrificios….” Na Lenda da Fervenza de Santa Marta (tamén chamada das Hortas), o carácter máxico dos carballos, impregna o relato: Unha muller que quedou preñada polo seu mozo nunha noite de muiñada, foi empurrada por este á fervenza a moza encomendouse a Santa Marta e a póla dun carballo salvouna milagrosamente. Pola outra banda adaptan estes cultos ao cristianismo: transformando as fontes e lugares pagáns de culto ás augas en lugares de culto cristián, baixo a advocación da virxe ou dos santos, producindo así un sincretismo entre as crenzas antigas pagás e a relixión cristiá.


Durante a Idade Media estes cultos vanse apagando, ata que no século XVIII aumentou a concorrencia aos balnearios e ás augas minerais, debido sobre todo, ao empuxe que a Ilustración lle dá ao estudio da medicina, desta época data a construción da Capela da Fonte Santa (Lema), o que indica que nesta fonte debéronse realizar ofrendas pagáns, xa desde os tempos prerromanos; os topónimos de Branzá ( Deus celta Bran + Za – casa dunha soa habitación-), Brandeso e Dombodán (Deus Wodan, o sonado Odín, deus guerreiro celta), preto da fonte, fainos pensar nuns antepasados moi sensibilizados coa súa relixión, hai que ter en conta, ademais, que o pobo Coporo (os castrexos que ocupaban a nosa comarca), era un pobo con nivel social, naquela época, avanzado. Os romanos, como xa dicimos, asimilarían estes ritos.


Así, pois, os investigadores nos presentan uns pobos prerromanos, o que chamamos mundo castrexo, cunha cultura, lingua (crese que había tres linguas prerromanas, unha de influencia céltica), organización social e unha relixión que se mergullaban no fondo dos tempos.


            Son moitas as evidencias que testemuñan a Pervivencia no folclore galego dunha serie de ritos, prácticas e lendas, de orixe anterior á chegada do cristianismo no noroeste da península, e que foron, dunha ou outra forma, conservados ata os nosos días.


San Martiño de Dumio, na súa obra De Correctione Rusticorum, menciona as prácticas rituais dos campesiños que botaban pan ás fontes, iso mesmo vemos que acontece no caso das Lenda da Fonte Pormá  da Castañeda, (ver:


http://www.concellodearzua.org/turismo/catalogo/ficha.php?id=569&c=001,017,023&lg=gal), ou a Lenda da Fonte da Quenlla (ver: www.arzuacidadan.net/memoria/index.php/lenda_da_fonte_da_Quenlla como método de encantalas; “¿Velaquí qué clase de promesa e de profesión de fe tendes en Deus?... Pois acendede velas xunto ás pedras, ás árbores, ás fontes e nas encrucilladas, ¿Qué outra cousa é senón o culto ao diaño?... Derramar gran e viño no lume e botar pan nas fontes…”.


Como vemos o texto non ten desPerdicio fálanos da costume antiquísima de acender velas nas árbores que, hoxe en día, aínda se fai polo Nadal coa árbore de Nadal, a costume de Augas de Reboredo en Santiso, de acender lumieiras nas noites e tomar os baños nos fai pensar nunhas arraigadas tradicións que teñen as súas raizames nestes ritos pagáns prerromanos dos que nos fala Martiño de Dumio. É evidente que na Fonte Santa, debéronse producir este tipo de ritos, o que obrigaría á Igrexa a absorber e cristianizar este lugar coa construción da Capela da Fonte Santa e a recondución dos ritos paganos coa implantación da romaría no outono, no mesmo lugar onde se realizaban os ritos. Conta a tradición que as súas augas curan a depresión, as queimaduras e a inapetencia. Certo é, que en aplicación local, como todas as sulfuradas, están indicadas para a pel e as úlceras crónicas. Contan as lendas que a fonte sécase se alguén pretende facer negocio cobrando pola súa auga ou se comete algunha irreverencia diante dela. Tamén se di que deixou de manar cando intentaron roubar na capela.  Advocación á Virxe do Rosario.


O sonado encantamento que converte a moza en serpe do que nos fala a outra lenda de Fonte Pormás ponnos ante un dos símbolos máxicos máis estendidos da antigüidade; o da serpe. A serpe neste caso , é símbolo do infrahumano, do extra-cultural, que só co proceso de integración derivado da suPeración da proba polo protagonista (cando o consigue) trócase en ente verdadeiramente cultural baixo a forma de muller fermosa. A asociación muller-serpe está testemoniada en Europa dende o Neolítico; o triunfo do heroe varón na proba supón a vitoria contra as forzas do mal e a conseguinte conquista da felicidade.


Máis, voltando ao estudio dos topónimos de orixe celta da zona, temos tres que nos dan unha importantísima información:


Dombodán. De Dominus Bódanus, outro nome latinizado que significa o Deus Bodán:


Dominus, señor, amo, Deus. Bódanus, o deus guerreiro xermánico Wotán, Bodán, Odín.


Burres. Do celta bur-r, Buro, Burro, tamén nome propio referido á divindade solar; o gran vermello (O SOL), os romanos latinízano como burrus rubio, vermello. Da mesma raíz, temos o castelo de Burriac en Cabrera (Barcelona) ou Burey e Bury, en Francia. 


Brandeso. O seu prefixo Bran procede do deus celta Bran. Tamén significa corvo, paxaro considerado polos celtas como animal divino posedor da intelixencia, quen poida facerse amigo dun corvo, atinxirá o tesouro sen correr Perigo físico ningún pois o paxaro servirá de axuda e colaborará na Persecución da serpe e na descuberta das riquezas (Vicente Risco, 1947).


Branzá.  A raíz igual que o anterior. Za, é posible que proceda do término xernánico sal “casa dunha soa habitación”, que é o orixe de moitos nomes de lugar e apelidos; Zas, Saa, Sas, Saavedra, Branzá, pois, Mansión do Deus Bran.


Segundo o estudio destes topónimos, dos restos arqueolóxicos (vintedous castros na zona), e o seu folclore (lendas, tradicións,..), o pobo Coporo que dominaba a comarca de Arzúa, non cabe dúbida ningunha, debeu ter unha organización social e relixiosa importante.



BIBLIOGRAFÍA:


-       VAQUEIRO,V. Guía da Galiza Máxica. Vigo, Editorial Galaxia, S.A.,1998.


-       GONZÁLEZ SOUTELO,S. As augas mineromedicinais en época prerromana e romana na provincia de Pontevedra, X Premio de Investigación 2005 Xesús Ferro Couselo. Concello de Valga, 2005.


-       CUBA, X. - REIGOSA, - A. MIRANDA, X. Diccionario dos Seres Míticos Galegos. Vigo, Edicións Xerais, S.A.,1999.


-       ARES GÜIMIL, T. VILA GONZÁLEZ, MªX. Guía de balnearios e fontes de Galicia. Vigo, Ed. Galaxia, 1996.


-       CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponímia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.


-       CABEZA QUILES, F. Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 1992.


 


Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


    No hay más información.
    ...0

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba