Autor: Gonzo
viernes, 21 de marzo de 2008
Sección: Roma y Grecia en Celtiberia
Información publicada por: gonzo
Mostrado 18.473 veces.


Ir a los comentarios

O Camiño Primitivo de Santiago e a VIA XIX romana na comarca de Arzúa

En base ao estudio sobre A conquista romana na comarca de Arzúa cremos posible, establecer unha serie de afirmacións sobre o tan debatido trazado da VIA XIX DE ASTORGA A BRAGA

As Peroxas do Camiño

En base ao estudio sobre a conquista romana na comarca de Arzúa http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2915 cremos posible, establecer unha serie de afirmacións sobre o tan debatido trazado da VIA XIX DE ASTORGA A BRAGA (a máis antiga de Galicia) na provincia da Coruña. Diversas teorías trazan múltiples itinerarios e localizan as diferentes mansións romanas da VIA XIX en distintos lugares da xeografía coruñesa. Varios autores teorizan sobre este tema das que extraemos as seguintes;


Algúns historiadores como X.M.Caamaño, quixeron ver a mansión romana de Asseconia na actual parroquia de Oíns, Arias Bonet sitúa no Viso (Dombodán)  a misteriosa Asseconia, hoxe en día, tamén identificada con A Sionlla, Sigüeiro, Aixón ou Santiago de Compostela, a seguinte mansión romana cara Lucus Augusti (Lugo) era Brevis (Ponte Furelos ou Melide).


O investigador Sáez Taboada, localiza Asseconia en Aixón, Sergude (Boqueixón) e dende aí traza a Vía XIX por Prevediños, Touro, Muíña, Oca de Abaixo, Fondevila, Vilar, San Miguel, Igrexa (Vilantime), Boente e logo cara Brevis (Melide). Rodríguez Colmenero na súa obra Miliarios e outras inscricións viarias romanas.., nos propón un trazado da Vía XIX polo sur dos concellos de Arzúa e Melide. O actual Proxecto Vías Atlánticas da Deputación de Pontevedra, indícanos un itinerario, dende a comarca compostelán, en progresión nordeste ata Boimorto  http://www.viasatlanticas.org/ .


             Nós seguimos sendo da opinión de que a VIA XIX discorrería dende Lugo ata  Arca no Pino, case, polo mesmo itinerario que hoxe ten o Camiño Primitivo de Santiago.


Será sobre os anos 16 - 14 a.C. cando os romanos consoliden o seu poder militar na nosa comarca e comecen a construír a VIA XIX, normalmente, aproveitando os antigos camiños entre castros, para transportar as tropas e comezar a explotación dos minerais.. Dende Asturica ata o confín da terra coñecida había que construír unha vía de penetración na zona dos galaicos. A VIA XIX DE ASTORGA A BRAGA (a máis antiga de Galicia)  cruzaba o concello de Arzúa de este a oeste.


A proximidade das quince minas romanas ao Camiño de Santiago en Arzúa é unha proba case incontestable, a construcción das vías romanas teñen a súa orixe, case exclusivamente, na explotación económica dos territorios, o Imperio busca na Gallaecia ouro e estaño, é lóxico que a VIA XIX pasase preto destas quince minas de estaño,sobre todo nun primeiro momento da conquista. 


En Ponte Puñide, Gonzar, J.Sánchez-Palencia, sitúa un xacemento primario de ouro.


Tranoy na súa obra La Galice Romaine,1981, localiza un procuratores metallorum, libertos imperiais (moitos de procedencia militar) encargados directamente do control da explotación mineira, instalado en Castrofeito (O Pino) onde había un casal.


Outro indicativo do paso da VIA XIX pola comarca de Arzúa son os topónimos romanos relacionados coas vías romanas: A Rúa (O Pino)  Calzada (Arzúa),  Casal do Alto ( Arzúa). Mais un topónimo que chamou poderosamente a nosa atención foi  A Peroxa (Perogia nos textos antigos).


As vías romanas que eran as autovías antigas, tiñan que ter as súas infrastructuras viarias perfectamente estruturadas, xa que, nos primeiros intres da conquista o Imperio Romano vai  ter un control case empresarial sobre estas redes de comunicación, as parochias serán os centros de aprovisionamento, onde se ubicaba o parochus, anfitrión, provedor dos maxistrados durante unha viaxe.


Como nos indicaba Alfaiome neste foro; no substantivo Paochia: o “a” é breve, por iso tende á síncopa e é fácil que se reconstrúa o “e” en: Peroxa. Se nos acercamos á Peroxa da parroquia de Burres, Arzúa e falamos cos veciños e veciñas escoitaremos pronunciar algo así coma A Proxa. Máis curioso, de once Peroxas  localizadas no país, todas co artigo “A” diante;


1-    A Peroxa (Ourense), pasaba a Vía Aquas Flavias-Lucus.


2-    A Peroxa Vella (A Peroxa-Ourense), pasaba a Vía Aquas Flavias-Lucus.


3-    A Peroxa (Lamas- Moraña), vestixios romanos.


4-    A Peroxa (Carracedo-Caldas de Reis- Pontevedra), pasaba a Vía XIX?.


5-    A Peroxa (Boente- Arzúa) antes de Boente preto da capela de Rocamador de devoción francesa. Pasaba a Vía XIX?.


6-    A Peroxa (Burres-Arzúa). Pasaba a Vía XIX?.


7-    A Peroxa (Taboi-Outeiro de Rei) pasaba a Vía XIX?.


8-    A Peroxa (Portas- Pontevedra). Na vía XIX?


9-    A Peroxa (Moreda- Monforte de Lemos). Na vía Dactonium, secundaria romana que comunicaba a conca do Sil con a conca do Ulla, conectando coa Vía XIX?. Zona de importantes vestixios romanos. Ponte romana sobre o Cabe.


10-A Peroxa (Mera de Arriba- Ortigueira- A Coruña). Zona con vestixios romanos.


11-A Peroxa (Os Ánxeles- Boimorto). No camiño secundario romano que uniría Arzúa co Campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes)?.


cinco están no posible traxecto da Vía XIX BRAGA-ASTORGA. Na comarca de Arzúa  tres, dúas na Vía XIX e outra no camiño do Campamento de Cidadela, das seis restantes, tres están en vías secundarias romanas e as outras tres en zonas de probada romanización.


     Os topónimos dos ríos Pella e Ysso, son referencias claras ao primeiro momento da conquista romana( ver: A conquista romana na comarca de Arzúa), . Nárdiz fálanos das peculariedades das pontes romanas do Camiño; a de Ribadiso e a de Leboreiro, Furelos.


Outro dato a ter en conta é o descubrimento do miliario de San Romao de Retorta (parroquia de Guntín), adicado a Calígula do 40 d. C (curiosamente encontrase no Museo de Astorga, no seu lugar atópase unha réplica), ver: http://www.galiciadigital.com/pcd/Caminos/index.php?p=etapa:11&lang=es , e a Ponte romana de Cabalar (http://www.ayuntamientodeguntin.es/content/view/19/46/1/6/lang,gl_ES/) que libra o río Ferreira un pouco máis adiante, certifican a coincidencia do Camiño Primitivo que vén de Lugo e a VIA XIX ao seu paso polo Concello de Guntín. A ponte romana de Ferreira de Negral (Palas de Rei) volve a cruzar o río Ferreira e lévanos seguindo o Camiño ata a Ponte Leboreiro en Furelos (Melide).


Hoxe en día, varios autores non dubidan da autoría de Agripa na elaboración dos famosos censos dos populus da Gallaecia, o equipo de Agripa estaba composto de 240 expertos, en xeografía, arquitectura, enxeñería, etc.., serán eles quen bauticen os nosos ríos máis importantes; Miño, Sil, Ulla, Limia, Tambre, etc…e sería a Legio IV Macedónica a que abriría o camiño da romanización na nosa comarca co trazado a VIA XIX.



Bibliografía:


-          FERREIRA PRIEGUE, E. : Los caminos medievales de Galicia. Ourense, Boletín Auriese,1988.


-          CAAMAÑO GESTO, X.M. : As vías romanas. Compostela, Cadernos Museo do Pobo Galego. 3, 1984.


-          CAAMAÑO GESTO, X.M. : Galicia Historia Tomo I. A Coruña, Eds. Hércules, 1991.


-          ARIAS VILAS, F. A romanización de Galicia. Vigo, Eds. A Nosa Terra, 1992.


-          CONCELLO DE ARZÚA. : Catálogo de patrimonio arqueolóxico e histórico do PXOUM,     . 2006.


-          RODRÍGUEZ COLMENERO, A. FERRER SIERRA, S. ÁLVAREZ ASOREY, R. Miliarios e outras inscricións viarias romanas no noroeste hispano. Lugo, Consello da Cultura Galega, 2004.


-          SÁEZ TABOADA, B. As comunicacións romanas na provincia da Coruña. Santiago de Compostela, Edicións Lea,S.L. 2007.


-          NARDIZ ORTIZ, C. Los puentes de PIEDRA y los ríos en Galicia. Caminos de PIEDRA y agua. Ed. Enor,1998.


-          CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponímia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.


-          CABEZA QUILES, F. Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 1992.


Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


    No hay más información.
    ...0

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba