Realizada por: meduliogaliza
Al Druida: A todos los Druidas
Formulada el lunes, 30 de mayo de 2005
Número de respuestas: 12
Categoría: Temas Divinos, Mitológicos y Espirituales

San Roque


Me podría alguien comentar algo acerca de este santo, muy presente en Galicia. Tiene algún significado particular?

Respuestas

    Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
    Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.

  1. #1 kyuss76 lunes, 30 de mayo de 2005 a las 13:11

    Pues yo de santos mucho no sé. Se que hay una gran cantidad de parroquias con este santo. Por otra parte en Lugo apareció una necrópolis romana en la zona de san Roque pero no se si tiene alguna relación


  2. #Gracias meduliogaliza AGRADECIMIENTO

    , Muchas gracias a todos ,

  3. #2 lucusaugusti lunes, 30 de mayo de 2005 a las 13:26

    San Roque es una de los grandes santos populares que ha suscitado devoción en todo el mundo. Existen levantadas muchísimas capillas y en diferentes iglesias tienen una imagen de él, gracias a los favores que a lo largo de los siglos ha concedido, principalmente en épocas de enfermedades y de peste.
    http://www.terra.es/personal/angerod/roque.htm

    En Lugo, San Roque ocupó el lugar de la ciudad del santuario de Júpiter-Ammón, que seguramente se mantuvo en la memoria popular desde los tiempos romanos debido a la gran devoción que su oráculo consiguió en la antigüedad en Lucus Augusti.
    Los restos del oráculo se encuentran en la actualidad de forma contigua a la capilla del santo construida en 1732. Todos los años, la corporación municipal visita esta capilla. La tradición se remonta a 1773 cuando, a raíz de una peste, el Ayuntamiento hizo a San Roque esta promesa, si libraba a la ciudad de la epidemia.
    El santuario de Júpiter-Ammón en la antigüedad, debido a la obtención de las sales amoniacales, tenía carácter medicinal. Estas sales antimicrobianas es uno de los pocos remedios profilácticos contra la peste.


  4. #3 Cierzo lunes, 30 de mayo de 2005 a las 13:43

    No quiero ser aguafiestas pero el culto a San Roque esta muy extendido por muchas partes, no solo en Galizia. Es sencillamente por su papel como protector ante la peste. No es infrecuente encontrar a este o San Sebastian (o igual era SAn Fabian) capillas situadas a la entrada de poblaciones. De esta manera se creía que se impedía la entrada de la enfermedad


  5. #4 giorgiodieffe lunes, 30 de mayo de 2005 a las 14:08

    Como bien dice Cierzo es un santo protector ante la peste y su devoccion es difundida en la entera europa. Per no se trata de culto, porqué los santos no son dioses.

    En la icnografia italiana, frecuentemente, se confunde con santiago, porqué està siempre vestido como un pelegrino.
    La unica diferencia tendria que ser la dos claves (que eran el simbul del pelegrino a Roma) en lugar de la "cochlea campustellana" (simbulo del pelegrino a Compostella).
    A veces los que dibujaban, pero se confundian o utilizaban un "carton" de Santiago, asì no muchas vezes no se ve la diferencia entre los dos.


  6. #5 lucusaugusti lunes, 30 de mayo de 2005 a las 14:11

    San Roque es una de los grandes santos populares que ha suscitado devoción en todo el mundo.....

    Y en Lugo tenemos su capilla sobre la piscina de Ammón. Ambos a los largo de los siglos lucharon contra la peste.


  7. #6 giorgiodieffe lunes, 30 de mayo de 2005 a las 14:28

    la legenda de san roque es muy interesante

    puedes verla en la catholic encyclopedia americana
    http://www.newadvent.org/cathen/13100c.htm


  8. #7 Airdargh lunes, 30 de mayo de 2005 a las 17:22

    "El perro de San Roque no tiene rabo porque Ramón Ramírez se lo ha cortado". Qué sentido tendrá este pareado popular que me viene a la memoria cada vez que oigo mentar a S. Roque?...


  9. #8 Noquë domingo, 19 de junio de 2005 a las 19:44

    Muy fácil, Airdagh. LA representación más común de San Roque es con la pierna derecha al descubierto, llena de llagas, y con un perro lamiéndoselas (forma parte de su leyenda) Por eso se habla del perro de San Roque.

    Y sí, el culto a San Roque es muy típico también en Valencia, la mayoría de los pueblos tiene una calle en su nombre.

    No hay que confundir la pierna descubierta de San Roque con un símbolo iniciático, esto es sólo cuando la rodilla mostrada es la izquierda.

    Salud, camaradas


  10. #9 crougintoudadigo martes, 08 de noviembre de 2005 a las 00:24




    Saudos a todos


    Ladeando por agora o feito de que os Celtas da Area Cultural Atlántica que se pode ver nunha ilustración de Patrice Brun de 1995, koiné cultural conformada paseniño por “acumulación” e por contacto mutuo dende o Neolitico, dividían o ano non polos solsticios senon polo comenzo do vrao o primeiro de maio e polo comenzo do inverno o primeiro de novembro, é de pé de banco o feito de que a coincidencia das célebres lumieiras de San Xoan, á máis popular entre todas as festas do lume que celebran na cuarta parte do Globo Terráqueo os pobos de Europa, co solticio de vrao implica, como o pensaba Frazer, que os fundadores de esa festa regulamentaban o seu calendario pola observación do sol.


    A noite do 31 de outubro comenzaba o ano novo celta coma ainda se celebra na illa de Man a morte da terra, o espacio de grande perigo con tres meses: novembro, decembro e xaneiro, fora do tempo. Marcando a transición do outono ao inverno esta noite, polo que vimos de dicir nos precedentes parágrafos, semella ser dende antigo a noite na que as ánimas dos finados voltan a visitar ás súas familias e ás súas casas para quentarse no escano a carón do lume da lareira e comer dos alimentos que con agarimo e para honrrarlles teñen preparados os parentes.

    As observacións que faremos agora son ilustrativas dun feito incontestable: mentras a igrexa se manten en man de cregos do país, coñecedores dos nosos costumes, tratará de integrar cómodamente no cristianismo as nosas tradicións, trasladando primeiro as honras dos difuntos da casa ao templo parroquial e logo ao camposanto; máis cando o clero é alleo ao país, aos costumes populares, tentará destruilos sistemáticamente con violencia.

    Este foi o caso do inquisidor franciscano e humanista en Valencia, Granada, logo bispo de Guadix, e bispo de Mondoñedo Don Antonio de Guevara, quen século XVI reparando nuns costumes, que lle eran alleos, da diócese de Mondoñedo, e na crenza de que tódalas nosas tradicións celtas eran de procedencia quer xudea, quer mourisca, pensando que todo o monte é ourego, as prohibiría con amenazas e con castigos . Por esta vía aos poucos desapareceron algunhas cousas das nosas tradicións.

    Sendo tan amantes os galegos da familia, é comprensible que unha preocupación natural polos queridos difuntos expostos ao frio e a escuridade do inverno, abandonados na intemperie e na soedade dos caposantos, busque e encontre mecanismos de reparación.

    Serían ilustrativos desta preocupación os cruceiros e os petos de ánimas exclusivos da nosa área cultural atlántica a xulgar, polas ofrendas de alimentos, e polo inmaterial (santa compaña, ritos de cortar a mortalla, etc) con eles relacionado.

    En efecto os celtas pobo do que non convén esquecer que sobre todos os deuses adoraban un deus crepuscular conductor de difuntos, Ogmios “O Camiño”, similar ao “Mercurio” ou ao “Hermes”, segundo sinalan as fontes, como mostra da súa preocupación polas súas ánimas e polas ánimas dos antepasados seus, dentro desta tradición dos países atlánticos, argallaron, seguramente, dende os tempos dos seus abós neolíticos fórmulas (a Vía Láctea é un exemplo) e procuraron mecanismos para asegurar a estes difuntos seus, no triste deambular accidentado polos rueiros na súa viaxe ao Alén, a comodidade, a seguridade e o conforto de guías e de albergues, para axudar ás ánimas algo cegas a non perderse e acorrer no seu desvalido camiño ao ceo.

    ÁNIMAS CEGAS

    Ánimas desprotexidas e medio cegas que se encomendaban, ora aos santos cuias veneradisimas reliquias se gardaban nas igrexas coma tesouros, para que estes santos colléndo da mán ás ánimas as conduciran ao ceo e as presentaran diante do “trono” de Deus, ora á piedade dos familiares que as acompañaban. Ainda é costume acompañar agarimosamente a Teixido ao difunto, avisandoo previamente a véspora no cemiterio: “fulano ou fulana, a tal hora mañán partimos para san Andrés”. Parentes ou amigos a pé ou en vehículos parten co espíritu difunto (si o transporte escollido é un autobus saca o acompañante tamén un billete para a ánima, avisándoa puntualmente para que non se perda si hai facer un transbordo ou cambiar de liña) ata o santuario mencionado, invertindo o proceso ao regresar á ánima da romaria ao camposanto.

    Así a expresiva moucha neolítica que, cecais pola súa capacidade de ver nas tebras, se colocaba no interior dos dolmens e dos túmulos funerarios dispostos as beiras dos camiños de peregrinación, como a atopada nunha mámoa do Monte de Nenos, Sedes, Narón do periodo Neolítico, dará na Idade do Ferro e na dominación romana de Galicia, paso aos acompañantes dos difuntos na pantasmal viaxe ao alén, os chamados Lares Viales, poderosos axentes psicopompos intercesores .

    LARES VIALES, E OS SEUS ATRIBUTOS: O GALO, O CAN E A SERPE
    Os Lares Viales, segundo se desprende da nosa interpretatio/lectio dunha placa do chamado Caldeiro de Gundestrup atopado en Dinamarca pero de factura celta, foron orixinariamente en toda Europa unha serie de animais especializados en pompas fúnebres, coma o can, a serpe, o cabalo, o galo, etc.

    Asociado logo este último animal a San Pedro sería inicialmente, na interpretatio galaico -romana, entre os celtas da Gallaecia Antiga, o chamado Lar Ceciegaeco (literalmente dos choscos).

    Verémolo formar parte xunto a serpe e ao galo dos atributos do Hermes ou do Mercurio pagán e, na interpretatio cristián de San Pedro que, si é tolerable o aserto, herdaría por que lle cantou o galo as chaves do gardián das portas do ceo, o vigor psicopompo do lar asociado ao galo, o dereito de admisión das ánimas, herdando cecais do Ceciegaeco Lar galego. A igrexa de San Pedro de Oburiz (sic) en Lugo é un marabilloso exemplo do traspaso de funcións dos lares a San Pedro.

    Salientando que cando menos convirían os escepticos en que San Pedro é nos evanxeos o pilar sobre o que Cristo edificou a súa igrexa, pero estos nada din das chaves, e do papel psychopompos do santo, da súa función receptora das ánimas no Paradiso o que é indicatico da afortunada síntese e marabillosa laboura adaptativa realizada pola igrexa.

    A VIAXE NA BARCA DE PEDRA


    Os acantilados de Teixido dominan envolvidos no vértigo tempestuoso do mar que brama na fondura, dende a mais privilexiada atalaia de Europa o borde occidental do Océano Atlántico.

    Segundo a crenza dos celtas que vivían nos promontorios da Europa atlántica dende esta atalaia, cando os días son máis longos, na época clara do ano, podíase ver o sol desaparecer tralo oceano. A antiga relixión precristián pensaba que o sol se dirixía a unha bretemosa illa coñecida como Illa da Eterna Xuventude, paradiso luminoso e morada nocturna do sol e a lua acollía nesa illa as ánimas inmortais dos benaventurados que precisaban para chegar a ela cruzar o mar nunha barca conducida por un deus psicopompo.

    Este paradiso celta de difícil acceso ao que se encamiñaban as ánimas benditas a percura de acougo e vida eterna fende as suas raices na noite dos tempos. Coñecemos cada día millor a común crenza primixenia do ámbito indoeuropeo que quere que as ánimas nazcan no ceo e queden atrapadas nun corpo material e perecedeiro tras caeren como faiscas ou estrelas fugaces, liberandose de novo trala morte1 .

    “Deus che leve a bó porto” é, conservando seguramente esta exhortación a memoria dunha vella crenza, unha expresión ainda empregada en Galicia segundo recolle Risco cando algúen se atopa cunha ánima, de feito antigamente se pensaba que as ánimas ao deixaren os corpos dos difuntos necesitaban percorrer un longo camiño para chegar a un porto seguro, a un “bó porto” de onde partían ao alén.

    Cando as Almas chegaban ao mar segundo as crenzas dos celtas dos acantilados da Europa Occidental Atlántica se encontraban con puntos de embarque «Arenas do Paraiso» onde estaban as barcas de pedra xunto aos santuarios e lugares de peregrinación moi concurridos que se cristianizaron logo.

    Estes lugares posiblemente contarían con santuarios adicados aos Lares Viales. Este é o caso da praia e da barca que deu pé ao santuario de San Cristobo (Sancti Christophoro in Serpentibus) e que ata hai pouco tempo se conservaba (ata que, temeroso cecais da desidia que nos invade a levou un particular para unha casa próxima ao santuario) a carón dun camiño que dende o santuario baixaba cara ás mencionadas (T. II de Sobrado) Arenas de Paradiso en Brión, Ferrol, onde as ánimas se embarcaban cara a Illa dos Ben Aventurados. Sucede o mesmo tamén coa barca que se conserva ainda no seu sitio na chamada Insúa do Medio no santuario, que fora igrexa paroquial na Idade Media, de Santa Comba en Covas. Santos e barcos de pedra ferroláns que logo serían felizmente cristianizados e convertidos en camiños penitenciais, como o célebre de San Andrés de Teixido. Estes santuarios foron o punto de embarque, a modo de porto de Caronte, onde as ánimas chegaban acompañadas polo lar vial peregrino habitualmente un can, ou cadela pelegrino na interpretatio romana da relixión celtoatlántica atropomorfizado.
    O canciño que en Francia ainda se chama roquin cuia función era velar, coma o Can Cerbero, para que os vivos non se colaran no mundo dos mortos e viceversa, deu pé ao nacemento do noso San Roque.

    O can axudaba a apañar as almas polos camiños, e acompañándoas impedía que os difuntos se perderan, facilitandolles a chegada a bón porto, ás Areas do Paradiso onde esperaba a barca de pedra, lista para partir para o Alén. Este permitenos ver ainda o seu milagroso carácter ainda en Combarro na celebración, precisamente o día de San Roque, da “Festa do Can” na que nunha padiola e no colo dun neno un canciño e transportado por todo o pobo. Humanizándose logo, por máis que no Toledo visigótico conservaban ainda as igrexas santos con cabezas de animais, as miniaturas medievais representan a San Roque con cabeza de can e cunhas chaves. Sen dúbida trala conquista dos países Atlánticos, as Galias, a Gallaecia e a Britania, por Roma, este can no sincretismo celto-romano viría a ser o acompañante dun camiñante barbudo que cun báculo de peregriño na mán dereita, portando na man esquerda os avelurios (as mazás) da inmortalidade, da illa de Avalón, do Paradiso, transportaba as ánimas dos difuntos que en forma de páxaro pousaban no seu santísimo lombo [lamentamos non poder adxuntar imaxes].


    ETAPA TERRESTRE DO OCASO CELESTE

    Este camiño tenta imitar a morte é a resurrección da Luz do Mundo, do Sol que morre, do «dying god». Outrora monopolio dos Lares Viales, a etapa terrestre, a que máis pegadas e satisfaccións fornece aos arqueólogos, é hoxe a etapa do senderismo, a etapa xubilar xacobea. É a representación da vida revisitada pola alma dende o seu nacemento ata o seu límite último. Confiada a conductores de almas especializados, a Hermes/Mercurio e ao seu homólogo o Lug Celta, contendo a esencia da doctrina dualista indoeuropea, o día e a noite, o nacemento e a morte, a terra froitífera e o deserto que se abre nos cantís dos fisterras atlánticos danse cita “nos cabos do mundo” dos que dixera Risco referíndose a San Andrés “que dá a impresión de que alí rematóu todo, e que dalí pra diante non hai máis do que auga salgada escura e fría. Como dixera Rudyard Kipling, “alí se vé do home o último límite”. O choque na doctrina dualista “que enfrenta as benfeitoras divindades do día, do bó tempo e da vida, contra os poderes maléficos da morte, da tormenta e da noite” , que enfrenta a Hércules, heroe solar, con Argos o dos cen ollos que son as estrelas da noite. Argos, personificación do ceo estrelado, morto por Hermes dunha pedrada, este equivale ao Lugh celta, como o sinala Juvainville engadindo que o “Hermes matador de Argos” é o crepusculo: “Hermes é o crepúsculo e esa pedra que ao ser lanzada por Hermes mata a Argos ou á noite, é o sol que umha man invisible arroxa cada mañán dendo o Oriente cara o alto do ceo. Lug é o Hermes céltico e coma o Hermes grego personifica ao crespúsculo e mata ao seu adversario dunha pedrada.”

    O camiño do deus crepuscular conductor e protector das almas, é o camiño que, sin sabelo, realizan cada ano milleiros de peregrinos xacobeos, O Camiño de Fisterra é o camiño de milleiros de peregrinos ao santuario de San Andrés de Lonxe. O camiño da vida, que cecais dende o Neolítico, comparten as ánimas do mundo indoeuropeo cos seus monitores, coa Santa Compaña, coa Sociedade do Oso, e có seu equivalente europeo a Menie Hellequin ou a Herlatingui Medievais da que falan Orderic Vidal ou Gautier Map. Un camiño que comparten as ánimas con peregrinos xacobeos que, no presente cristián, e no actual pontificado de monseñor Barrios, acoden por ducias de milleiros procedentes de todo o mundo ao pé do Portico da Gloria, a Santiago de Compostela, ás reliquas do señor Santiago forxado ao fulgor do raio, “fillo do trono”, apostol peregrino e matamoros. As ánimas siguen ata Fisterra o seu peregrinar e con elas moitos peregrinos xacobeos có apoio expreso das asociacións defensoras do Camiño de Santiago e cun certo, inexplicable e inxustificado, disgusto dos Coengos da Catedral compostelán.

    Un camiño, un Tránsito Solar Horizontal que sin sabelo realizan estes peregrinos, preparándose espiritualmente para a morte e para o renacer da vida eterna prometida por Cristo na sua resurreción, imitando para elo o curso solar dende o orto ao ocaso.
























































































  11. #10 Ramses martes, 08 de noviembre de 2005 a las 08:19



    hola druidas!!
    Pues en mi pueblo donde vivo hay una ermita dedicada a San Roque y San Sebastian posiblemente edificada por los naturales del lugar para que les protegiese de la peste que asolaba Europa en esos tiempos...Tengo entendido que por aquel entonces los naturales de la region hacian una peregrinacion en procesion a ese monte,que es donde esta ubicada la ermita,para pedir la proteccion del Santo ....


  12. #11 Ofydd lunes, 16 de enero de 2006 a las 16:23

    a popularidade de San Roque arranca a finais do século XV, cando un andacio de peste sacude Europa e os Concellos se encomendan a San Roque, que morrera coidando enfermos deste aló polo século XIII. Así é como todas as cidades medievais tiveron (ou aínda teñen) a San Roque entre os seus patronos tutelares (é sintomático o caso do Concello de Santiago de Compostela, onde o Patrón da cidade é San Roque e non o Apóstolo presuntamente residente) e teñen ou tiveron igrexa ou capela adicada ao santo de Montpelier: contra da peste era avogado San Roque, contra da lepra, San Lázaro. Na periferia das cidades ambos tiñan as súas capelas.
    A presenza de San Roque en Galiza atopámola, pois, neste padroazgo e na lenda que narra a peregrinaxe de San Roque a Compostela e a súa presenza en Betanzos (onde se conta nengún veciño o quixera acoller na casa e o acolleu unha familia ben pobre, que nada tiña para darlle de xantar, e o Santo fixo madurar as uvas da vide que tiñan en pleno agosto para comeren todos). As cidades galegas mantiveron en boa medida o padroazgo medieval, e portos de mar (coma o caso de Vilagarcía, con sona dos seus festexos na honra do santo) o acolleron coma seguro contra da peste. De feito, falar de San Roque en Galiza é falar de Vilagarcía e a festa da auga, de Santiago de Compostela que celebra ao Patrón un mes despois das súas festas ou de Betanzos, coa Función do Voto que anova o voto polo que en 1616 o Concello o nomeara Patrón da cidade (xunto ao célebre Globo de San Roque con que o celebra).
    a confusión de San Roque con Santiago polo hábito de pelegrín pode vir desta lenda segundo a cal San Roque veu a Compostela, ou ben daqueloutra que afirma que pertencía á Orde Terceira franciscana.


  13. #12 Ofydd martes, 31 de enero de 2006 a las 14:11

    perdon, a funcion do voto de Betanzos a San Roque celébrase ininterrompidamente dende 1416


  14. Hay 12 comentarios.
    1


Si te registras como Druida (y te identificas), podrás añadir tu respuesta a este Archivo de Conocimientos

Volver arriba

No uses esta información en otros sitios web ni publicaciones, sin el permiso del autor y de Celtiberia.net