Resultados para “Usuario: Ofydd"

Este buscador realiza búsquedas sobre el texto íntegro de los Artículos, Poblamientos, Imágenes y Archivo de conocimientos, así como sobre los comentarios a los Artículos y Poblamientos.

Buscador Global

Tipo de búsqueda
No literal (todas las palabras en cualquier orden) · Sólo en el título

Buscar en:
Biblioteca · Poblamientos · Archivo de Conocimientos · Imágenes · Comentarios

Si no marcas ningún área, buscará en todas (excepto en comentarios).


Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #51 Ofydd 14 de abr. 2006

    Biblioteca: .

    non quixen dicir tal cousa. Os suevos eran un reino suevo en Galiza que foi andando a reino galego canto máis corría o tempo e que ao inicio do que se deu en chamar Reconquista xa non hai dúbida da súa galeguidade; asi o entendo eu. E o do nacionalismo español xa digo que é anterior a Franco. De feito Cánovas del Castillo basea toda a Restauración nun descurso organicista da nación (española, of course), e non creo que este home o inventase todo, algo habería antes que el (e de Cánovas a Franco hai un tempiño!)

  2. #52 Ofydd 14 de abr. 2006

    Biblioteca: ESPAÑA AUTONÓMICA = ESPAÑA FEDERAL

    Pero Gallo(Galo), que tomaches? Como que "Fascistas son los nacionalsocialistas. EJ. BNG, Esqu. Rep. de Cataluña, Batasuna, etc"??? a ver se nos aclaramos. BNG e ERC son dous partidos nacionalistas, democráticos e legais. De fascistas teñen máis ben pouco. Por certo, e xa falando, sabes o que é o "fascismo"? porque os nomes que dás non responden ás características dos partidos fascistas (aparte doutro tipo de consideracións nas que prefiro non entrar), Segundo. Batasuna é un partido ilegalizado por non condenar a violencia. Pero tampouco é fascista. É máis, segundo as caracteristicas que se lle atribúen ao fascismo academicamente (réximes totalitarios na tipoloxía de Juan Linz), andarían máis cerca do fascismo outros colectivos. Busca alí onde haxa líderes carismáticos indiscutíbeis, mesianismo, recurso á violencia institucional,.. E aínda á marxe de todo esto, e sen entrarmos na disquisición académica sobre se o réxime franquista era fascista ou non (Linz distinguiuno dos totalitarios criando a posta para el a etiqueta dos reximes autoritarios que logo se estendeu por América Latina) eu vexo máis fascismo en figuras como Manuel Fraga. Falemos con propiedade, non se pode pór no mesmo saco partidos democráticos con partidos totalitarios!

  3. #53 Ofydd 30 de abr. 2006

    Biblioteca: POLEMICA SOBRE EL ORIGEN DEL HABLA CACEREÑA DE VAL DE XÁLIMA

    imos ao principio do conto. A Fala nace dos colonos galegos que foron repoblar a zona onde logo naceron eses tres concellos (logo estremeños). Eses colonos eran galegos, e falaban galego (xa crebara o galego-portugués nas dúas variedades). Logo, a orixe da fala é galega. A iniciativa que presentou o BNG pide medidas dende a Xunta de Galiza para A Fala (hai un convenio xa asinado hai anos entre a Xunta de Galiza e a Junta estremeña). Se as dúas administracións se comprometeron no seu día a facer pola Fala é porque as dúas a sentían como propia e así o asinaron e o deixaron por escrito. E aquí está a clave do oito do asunto: a anterior Xunta era a que presidía Fraga Iribarne (que se non fixo nada polo galego de Galiza, menos aínda fixo polo galego exterior), un governo amigo para Ibarra, dadao que neste tema non ían facer nada un nin outro. Pero agora chegou o nacionalismo galego ao Consello da Xunta e Ibarra atopa un argumentiño máis para a súa particular cruzada contra dos partidos nacionalistas, neste caso a costa da Fala. E así Ibarra e o seu Gabinete prefiren liar un conflito entre as dúas administracións, perdéndose nun marasmo soñado de galego-portugués asturianizado antes de recoñecer a Historia (a real, o que foi, e non o que quixeron que fose) e dicir que A Fala a levaron colonos galegos, e que é galega. Porque é con actitudes como esa que todavía a Real Academia Española ten no seu diccionario acepcións para "gallego" como burro. E de imperialismos que non fale quen pretende reformar a lei eleitoral para que no Congreso só se senten os deputados do bipartidismo do turno, ao xeito canovista.

  4. #54 Ofydd 03 de mayo de 2006

    Biblioteca: POLEMICA SOBRE EL ORIGEN DEL HABLA CACEREÑA DE VAL DE XÁLIMA

    e por certo, esquecin un par de detalles. O primeiro é que A Fala ten un académico na Real Academia Galega (da Lingua), sen que até o momento houbese nengún drama (se cadra agora Ibarra o desterra!) e a segunda é que, segundo se pode ver nos xornais estes días, os falantes da fala (valla a redundancia) identifícanse co galego, como se ve nos xornais, sen renunciar ás súas variantes dialectais, como fago eu mesmo co meu galego falado.

  5. #55 Ofydd 30 de ago. 2006

    Biblioteca: Franco sí, Franco no

    Pasando del Valle de los Caídos y de la presidencia de Aznar, lo que me parece lamentable es que los que aquí se resisten a retirar las honras a un dictador sanguinario y sus prohombres nos llevaran a Irak a hacer lo propio. Porque Saddam era un dictador y nadie lo discute, pero la misma sangre de sus opositores bebieron él y Franco. Y os recuerdo que en Alemania está prohibido hacer ostentación del régimen nazi y su parafernalia y aquí tenemos los campos de fútbol con banderas franquistas (me niego a usar el eufemismo de "preconstitucionales"), cuando como ya se ha dicho por aquí tienen un significado propio (y además no precisamente integrador y tolerante). Voy a tomarme la libertad de dejaros un artículo que sobre el tema escribí hace ya algún tiempo. No espereis una cosa científica o un tratado sobre política de memoria, es un simple artículo de opinión. Está en gallego, tal como fue publicado en O POxigo, una revista cultural brigantina, pero creo que se entiende bien. "POLÉMICA Tense levantado recentemente unha boa poalla co gallo da retirada dunha estatua ecuestre do xeneral Franco en Madrid. Acusaron, os polemistas de sempre, ao Governo de facerlle ese agasallo a Santiago Carrillo polo seu 90 cumpreanos (celebrado o mesmo día que o da retirada do monumento). Apareceron nostálxicos do réxime, brazo ergueito, cara al sol. E críos indocumentados tamén cara al sol. Recordo que se quitou a de Ferrol para facer un aparcadoiro soterrado, moito máis útil para a cidadanía, e non pasou nada, e eso que era a cidade natal do dictador. Seguimos a rendir homenaxe ao réxime. Repúgname ter que pasar polos Caídos, por General Mola, Millán Astray [referido al callejero de A Coruña], por diante de monumentos e aguias imperiais, ver rúas adicadas a prohomes do réxime, xugos e frechas ou pracas que celebran o ano triunfal. Vilas e cidades seguen coas honras aos golpistas, tamén a nosa,Betanzos. Historia, é Historia. Claro que si. Por moi tópico que sone, o povo que esquece a súa Historia está condenado a repetila. Pero ter presente a Historia non implica rendirlle homenaxe. Simplemente coñecela. Sei que en Alemaña prohibiron por lei todos os símbolos nazis, e que facer apoloxía deles ou do III Reich pode ser considerado delito, e facer apoloxía era deixalos nas fachadas dos edificios. E tan Historia é Hitler para Alemaña como Franco para nós. É Historia, claro que si. Pero a Historia a escriben os vencedores (hai moito franquista reciclado en demócrata-de-toda-a-vida indignado porque “los que perdieron la guerra quieren reescribir la Historia”). Non se trata de cambiar a Historia, senón de chamarlle ás cousas polo nome (o glorioso alzamento é un golpe de Estado contra un governo democrático lexítimo, a Cruzada unha guerra civil, o caudillo un dictador golpista e sanguinario que conculcou os Dereitos Humanos máis elementais, a súa camarilla cómplices dos seus crimes, os bandoleiros integrantes da Resistencia democrática, etc). É Historia, por suposto. Pero ás cousas polo seu nome. A vaquiña polo que vale. Reabrir vellas feridas xa pechadas. As dúas Españas de Machado. Tópicos para fuxir do debate. Houbo barbaridades nos dous bandos, por suposto. Pero todo esto non quita falar da Guerra Civil e revisar a dictadura. Cómpre reler serenamente esta páxina recente da nosa Historia. Por hixiene democrática. Por compromiso coa democracia e o futuro. E retirar as honras que o Estado democrático segue a rendirlle aos que atentaron contra el. E as subvencións da Fundación Francisco Franco, que me recordan, por certo, algo que lin nos libros de Historia, un parágrafo de Goebbels no que dicía que os nazis aproveitábanse dos recursos que lles fornecía a democracia para acabar con ela. Pois algo parecido: subvencionamos unha institución adicada a espallar o pensamento autoritario e contrario aos Dereitos Humanos do espadón que lle dá nome. Non sei de nengunha Fundación Adolf Hitler en Alemaña. Lembro unha escena relativamente recente. Soldados da coalición internacional que invadiu Iraque derribando as estatuas de Saddam Hussein, pola defensa da liberdade e a democracia (os contos da guerra xa os sabemos). O que me resulta paradoxal é que os que aquí defenderon aquela invasión e derrubaron por asentimento cómplice aquelas estatuas iraquíes aquí néganse a derrubar outras estatuas doutro dictador. Porque o que me resulta sorprendente é que tan dictador era Franco como Saddam, e a mesma sangue dos seus opositores beberon un e outro, e que sen embargo as estatuas pesen distinto na balanza. É opinábel. Eu opino dende a liberdade de expresión. Franco non me deixaría."

  6. #56 Ofydd 31 de ago. 2006

    Biblioteca: Riaño: Ecos de una destrucción

    Baldaio coa Guardia Civil mallando en vellos e mozos que defendían a súa marisma co seu modo de vida (hoxe todos se gaban do valor medioambiental e paisaxístico da paraxe esquecendo como o Governo e os seus a entregaban á especulación) , As Encrobas, co cura Moncho Valcárcel á fronte da xente defendendo as súas terras, Portomarín o vello e a igrexa románica movida pedra a pedra pero esquecida a súa memoria no fondo do embalse,... En Galiza só se puido parar a nuclear de Xove, o de Baldaio caeu co seu propio peso, pero As Encrobas e Portomarín tampouco voltarán nunca. En todos lados temos aberracións que lamentar.

  7. #57 Ofydd 29 de mayo de 2007

    Poblamientos: Parque del Pasatiempo

    os sepulcros proceden do claustro do mosteiro de san francisco, onde un dos irmáns, Jesús, deixou testado levantar unhas escolas (a actual gardería municipal, Escolas Municipais Jesús García Naveira, obra de González Villar). nas obras de arranxo do parque, ao abrir unha saída para o labirinto soterrado que hai baixo o escalón máis grande (o da canle de panamá e a pirámide) apareceu unha lauda que quedou depositada no Museo das Mariñas, composta de escudo, espada e can e cunha peculiaridade que non lembro (ter data latina no canto de romance, pode ser?). Os sepulcros créese que procedan do mesmo emprazamento, e creo lembrar que eran 3 e non 2, todos emprazados no treito coñecido como As Catacumbas, que partindo da gruta da Recoleta (a da broma televisada a Bebeto) tira para bordear, baixo terra, o Estanque do Retiro e sae pola Boca de Hades. Hai que pasar dos lucernarios do Invernadoiro e dobrar cara a esquerda: o primeiro está mesmo ao dobrar e tomar as tres escaleiras, e os outros dous nos tragaluces que hai até saír xunto (non por!) á Boca de Hades. Estou a falar de memoria, hai anos que non baixo por alí! E falando do pasatempo, tamén podemos lembrar o seu uso coma campo de concentración xunto á fábrica da madalena (o vestixio arqueolóxico industrial de Betanzos). Aínda é doado atopar os sitios onde houbo reixas. Dá para moito o capricho do indiano!

  8. #58 Ofydd 02 de jun. 2007

    Poblamientos: Parque del Pasatiempo

    vou a elo, uns días!

  9. #59 Ofydd 10 de jun. 2007

    Poblamientos: Parque del Pasatiempo

    o prometido é débeda, aquí o tendes

  10. #60 Ofydd 03 de jul. 2007

    Biblioteca: O mito do bilingüísmo harmónico: o caso galego.

    un novo paso atrás na normalización do idioma lograda hai case trinta anos co Estatuto e a Lei de Normalización. O PP, nunha perrencha, esquece ata o descurso do bilingüismo harmónico e se pasa polo arco do triunfo o Plano de Normalización que o seu goberno promovera!

  11. #61 Ofydd 26 de jul. 2007

    Poblamientos: Parque del Pasatiempo

    de momento sigue vivo e leva xa un tempo, pero se ao final "cae" estou conforme con reciclalo como propos.

    Por outra banda, coñezo a sala esa do Museo (máis ben o corredor ese), pasei moitas horas alí mirando as cousas das vitrinas

  12. #62 Ofydd 29 de ago. 2007

    Poblamientos: Parque del Pasatiempo

    déixovos unhas cantas imaxes de detalles do pasatempo sacadas hai un par de días, espero que vos gusten!

  13. Hay 62 comentarios.
    página anterior 1 2

Volver arriba