Autor: André Pena Graña
miércoles, 28 de junio de 2006
Sección: Lenguas
Información publicada por: crougintoudadigo
Mostrado 20.266 veces.


Ir a los comentarios

galego-portugués.

O principal obxectivo do Iº Congreso Galego sobre a Cultura Celta celebrado en Ferrol (agosto 1997) pretendía examinar “uns pequenos detalles” (1) ¿Que quere dicir celta?, ¿Quens son celtas?, ¿Son celtas os Galaicos?
Algo antes do século V a. C. a verba celta foi utilizada pola literatura, a xeografía e a historiografía do mundo grego para defini-la periferia do mundo clásico.
Sen ter conta do que entenderan por celta os historiógrafos clásicos e sen falar das institucións nas que o observador antigo vía perceptiblemente a “etnicidade” destes pobos, o termo celta , restrinxido a un concepto lingüístico exclusivo, de laboratorio ou gabinete, aplícase dende o século XIX a unha serie de linguas emparentadas ás que os indoeuropeístas, tras identificar e valorar certos aspectos, apoñen determinadas particularidades.





 

 


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Anfus 29 de jun. 2006

    Parabens polo artigo que crarexa tantas cousas inda que esto que dis: os celtas nin adoran ás pedras, nin aos ríos, nin teñen divinidades solares ou lunares pode prantexar algunhas dubidas. Coido eu que non adoraban as pedras de certo, máis sí o que éstas representan ou simbolizan, por exemplo. De si o chamado "lusitano" é en realidade un "latín vulgar", non teño eu autoridade na materia abondo para decantarme, máis non sería tan extraño, penso, que nos séculos III ou IV, o lusitano estivera un tanto latinizado.

    Coido eu que ter editado o artigo en galego é atinado pois, tratando como o fai o artigo sobor a lingoa lusitana, é o axeitado tendo en conta que a relación directa có lusitano é a do portugués e o galego, e que o galego que se usa nel tampouco é tan custoso de dexergar, podéndolo facer calquer castelán-falante sen moito incomodo ou desacougo. Outra cousa sería que entrasen a xogar o seu papel a discriminación e os perxuizos, que non son a primeira volta que vexo como trócanse en persecución e acoso candia unha persoa ou colectivo determinado por mor das particulares ideas dalgunhas conxuradas mentalidades que outras, abondo pechadas. Neste senso coido que sería bo que a nosa língoa e a nosa cultura galega contara cunha web de seu que viría sendo, en troques de unha "Celtiberia", unha "Gallaecia", por caso, onde podérase falar da historia e outras cousas vencelladas sen necsidade de ter que aturar cada dous por tres os perxuizos "separadoristas" de ninguén. Hai xente por esta web, algunha a ollamos nestos mesmos comentarios, que eu, e non só eu, teño por influintes na cultura galega. ¿Non saberían eles como facer ou a quen poder acudir pra tentar levar a cabo un proxecto así? ¿Cecáis a Consellería de Cultura da Xunta?.

    Pra min que poderíanse, deberíanse e sería bo, pendurar artigos nunha web hespañola en catalán, euskera ou galego (e demáis) sendo que tamén alguns dos mesmos se ocuparan de ensinar estas língoas ós que non as coñecen e, como é no meu caso, estiveran interesados en deprendelas. Interesaríame e gostaría moito, por exemplo, saber euskera, o català mais ou menos o controlo. Graciñas. Saudos.

  2. Hay 1 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba