Autor: Amerginh
viernes, 17 de marzo de 2006
Sección: Lenguas
Información publicada por: Amerginh
Mostrado 24.269 veces.


Ir a los comentarios

Ni los muertos hablan ya gallego

Oito municípios pontevedreses levam ao pleno umha moçom para subvencionar as lápides funerárias escritas em galego
Sexta, 17 Março 2006 (6:15)

Noticia de www.agal-gz.org

Oito municípios pontevedreses levam ao pleno umha moçom para subvencionar as lápides funerárias escritas em galego
Sexta, 17 Março 2006 (6:15)

A decisom tomou-se depois de analisar o uso do galego nos cemitérios de catorze paróquias do rural com um resultado de apenas 0,1% de lápides em galego

PGL.- Os municípios que levarám adiante esta iniciativa som os integrados na Asociación Intermunicipal Vieiro da Franqueira: A Caniça, O Covelo, Mondariz-Balneário, Paços de Borvém, Ponte Areias, Redondela e Souto Maior.

Os concelhos habilitarám umha partida do orçamento para fomentar o uso do galego nas lápides funerárias, com 40% do custo. Para receber esta subvençom deverá estar acreditado o uso da língua através de fotografias, sendo requisito imprescindível o terem polo menos três frases em galego.

Como acto simbólico e para que sirva de exemplo, os regedores proponhem que os Concelhos participantes substituam umha lápide em castelhano dum dos cemitérios do concelho por outra redigida em galego. Este acto decorreria no dia 1 de Novembro, dia de Todos os Santos.

Polo que nos consta é a primeira vez que umha acçom de Normalizaçom Linguística atinge este âmbito. A única iniciativa similar foi a desenvolvida polo Concelho de Redondela há anos, iniciativa em que se promovia o uso do galego nos rituais mortuórios.


Más informacióen en: http://www.agal-gz.org


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Airdargh 20 de mar. 2006

    UN OLLO DE VIDRO. Memorias dun esquelete. A. R. Castelao.

    "...Para matar o tempo fun ao cimeterio civil. Alí non se beila; alí todo é serio. Cando entrei funme cara un fato de esqueletes que estaban escoitando a leria dunha calivera que tiña un buraco na sen (calivera de suicida moi século XIX). As súas verbas tíñaos a todos coa boca aberta; pero na médea hora que estiven escoitandoo nin tan siquera puden apañar unha idea. Aquil suicida tiña un só ideal: a República.

    Eu no mundo tamén fun un pouco republicano anque nunca penséi que a República fose dabondo pra gobernar Hespaña.

    O que máis me firéu daquela xente foi que non quixesen falar galego, sabendo que os esqueletes non poden falar ben o castelán. Non ten volta que darlle: sen gorxa non pode pronunciarse a "J" nin a "G" fortes.

    Oíndolles decir que o progreso vai cara a unidade toméi a parola pra aclarar que o progreso ira cara a harmonía e que se o progreso fose cara isa unidade antipática, antiestética, antinatural e criminal, por riba do progreso está a perfeución e que nós, os galegos, por un desexo de perfeución e por unha dinidade que xa vai sendo dinidade persoal non debíamos consentir que na fala dos nosos abós se eispresase somentes a incultura que lle debemos ao centralismo.

    Naquel intre esquecinme de que non era home nin suxeto de Dereito. ¡Ai! eu xa morrín e non son nada e aínda seréi menos cando a terra me coma de todo. Comprendendo que era no mundo dos esqueletes, volvín a decir:
    -¿Cómo queredes falar castelán se non tedes gorxa?-
    Aínda non rematara de ceibar a derradeira verba, cando un esquelete barudo e forte turrando por mín afastóume daquela xuntanza, dicíndome:
    -Vostede facer mal falar con oitocentistas.-
    ¡Era un inglés que falaba galego!..."

  2. #2 A.M.Canto 21 de mar. 2006

    Bueno, y, hablando del tema de fondo, ¿alguien sabe o puede explicar la causa de por qué en los cementerios de estas catorce parroquias sólo están escritas en gallego el 0,1% de las lápidas?

    La verdad es que la estadística sorprende vista desde fuera. Primero porque son ámbitos rurales, y segundo porque no creo que ninguna institución interfiera o fuerce lo que son en primerísimo lugar decisiones privadas, ya sean personales o familiares. Ni pienso que se haya hecho la estadística sólo sobre las lápidas pre-democráticas.

  3. Hay 2 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba