Autor: crougintoudadigo
lunes, 23 de enero de 2006
Sección: Toponimia
Información publicada por: crougintoudadigo
Mostrado 28.174 veces.


Ir a los comentarios

FITOS TERMINAIS GALEGOS DE ORIXE PREHISTÓRICA NA IDADE MEDIA (I) (Por Andrés PENA GRAÑA)

(CROUGINTOUDADIGO publicita el resumen en gallego de un capítulo “A mámoa como marco ata os nosos días” deL¡L libro de Andrés PENA GRAÑA “Narón un Concello con Historia de Seu” (Narón 1991) utilizado en un apartado nuestra tesis de licenciatura inédita de 2000)

COIRAS OU FITOS TERMINAIS

É frecuente en Galicia que unha mámoa, un petroglifo, unha pedrafita ou un altar rupestre (outeiro) demarquen ou deslinden dúas, tres e ata catro parroquias; dous, tres e ata catro concellos; dúas, tres e ata catro bisbarras e, en ocasións ata varias provincias, indicando esta circunstancia que aínda que os actuais concellos e as actuais provincias son creación do século XIX, a súa circunscrición - e a actuación de Pio Pita Pizarro é proba irrecusable- fíxose en Galicia organicamente, sobre xurisdiccións e parroquias preexistentes, e non “ a cordel ”, asinando a unha determinada poboación unha cantidade determinada de leguas en cadro, como en outras partes de España.

Coincidentes co que hoxe veñen de ser as comarcas, os Territorios Políticos estaban delimitados por marcos, en xeral de pedra, de nome coiras. Comparativamente, véxase o antigo irlandés cora (“valado”, “muro de pedras”) e o galés cored (“barreira”), verbas celtas que tamen figuran como derradeiro termo de composto en numerosos topónimos (Vendryes 1987 sub vocabulo cora) (1)

De esta verba derivan numerosos topónimos como Coira (Allariz, Ames, Monfero, Porto do Son, Santiago, Teo) “[...] por Porto Pequeno de Coira”, (Tumbo de Monfero, 1651).

O verbo demarcar, chantar marcos, é nas cartas galegas medievais o verbo “decoriar”, “decoirar”, chantar corias ou coiras: “Invenerunt acham in ripam de Mero ubi dicent ad canarium et decoria (demarca) in directo de ipsa archa in directo Santo Stephano […] Et alias archas et decorias que divident inter Lemenioni et ipas Parietes et Caliobre et concludent per Fontem Bonam” (Loscertales de G. de Valdeavellano 1976, pp. 161 - 162 ) (2) .

Toda a documentación alto e baixo medieval, cando refire deslindes de zonas altas e esgrevias ou de zonas baixas, utiliza os megalitos profusamente como marcos que dividen antigas propiedades e, en moitos casos, chegaron ata hoxe cumplindo coa mesma función.
Sinalando dende tempos inmemoriais os límites xeográficos das diferentes demarcacións locais, as mámoas e as pedrafitas converteronse pola sua antigüedade e visibilidade nos puntos de referéncia favoritos dos antigos. O que parece unha máxima: “ esta terra é nosa porque aquí están os túmulos dos nosos antepasados ” prevaleceu así ao longo do tempo.
Na Idade do Bronce, xa con soporte factográfico pódemos observar o alcance indoeuropeu do hábito de empregar as mámoas para demarcar, por primeira vez nun rexistro Europeu, nas honrras fúnebres de Patroclo, no túmulo ou, mellor dito, nas espidas pedras da posible cámara dolménica que aparecen descritas na Ilíada,:

“Vou” -dí Nestor- “amosarche cal vai se-la meta, inda que é doada de mirar, e non che pasará inadvertida: aló por riba do chan érguese, e tan alto coma unha braza, un tronco seco, ben chantado e ergueito, dunha aciñeira ou dun piñeiro que a chuvia non apodreceu, dúas pedras ben brancas entálano, unha a cada banda en pleno estreitamento do camiño, e acalcada dunha e doutra parte extendese a pista para carros; ou tumba é dun mortal hai tempo morto, ou, ao cabo, un marco posto polos antigos, e son a meta que o divino Aquiles, o dos pés veloces, vos puxo.” (Homero Ilí. XXXIII, 326 - 34) (3).

Corias en lingoa indíxena e termini en latín, estes marcos despregan en ocasións un complexo inmobiliario arqueolóxico que mostra ora mesas ofertorias do Neolítico final, inzadas na súa superficie con petroglifos de “cazoletas” chamados nos documentos medieváis burgarios, ora túmulos do Neolítico nomeados en latín medieval lacos anticos, lacunas, lacunellas (véxanse nos montes galegos os topónimos Lagoa, Lagoela, etc.), mamolas.

-Lacos et Mamolas

Así cando as fontes falan de lacos anticos et mamolas, a diferencia entre estes dous conceptos débese a en que un laco (sic) é sempre un túmulo que presenta buraco de violación, esta apertura de túmulos poido producirse ao día seguinte do enterro, queda a pegada desta actividade en forma de grandes furados (lacos) que poden alterar ou acabar en ocasións con moitos túmulos excavados centos, senón milleiros de veces, en busca de tesouros ata que a eles -caso de supervivir- chega a paleta do arqueólogo; mentras que a mamula, sospeitosamente desechada polos buscadores de encantos, conservaría o aspecto primordial de teto. Hoxe si aplicaramos a precisión descriptiva dos nosos cartularios e diplomas medievais non poderiamos con propiedade falar de mamolas ou de mámoas, ao chegarnos coma dixemos a práctica totalidade delas violadas, non unha, senón que posiblemente centenares e ainda miles de veces,sendo máis exacto e descriptivo recuperar a voz lagoas (lacunas).

A máis antiga referencia a este inveterado costume podería estar, de certo, no Códice Calixtino, do s. XII, onde no capítulo VII dise, tras falar de que a terra dos galegos é rica en ouro, prata, peles de animais salvaxes e outras riquezas que ainda é moi rica en “tesouros dos mouros” gacis sarracenicis, por ser posiblemente comparables o feito de furar nas mámoas (en xeografía mítica popular celtoatlántica, esto ven a significar entrar no alén e apañar os tesouros pertencentes aos seres e razas míticas, as veces evocándoos ou conxurándos lendo e deslendo libros e formulas máxicas) apañando o ouro, ao feito de abrir galerías á percura dos filóns auríferos.

En toda Europa expoliábanse túmulos e o relativamente recente (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer foi un caso famoso por excavar ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt chegando a desenterrar 19.490 obxectos. Cousa cativa sen dúbida si temos en conta que entre as aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia, conta Martinez Salazar (1909) (4) o caso de Pedro Vazquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo, que a principios do século XVI conseguíu do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrilas mámoas e collelos tesouros dos gentiles galigrecos superando a expoliación as tres mil cámaras. Si o señor de Recemil non estaba en condicións de datar a idade dos túmulos, a súa experiencia expoliadora, supostamente superior en alcance e resultados á dun arqueólogo actual, seguramente sí que estaba, polo alcance da mostra, sequer intuitivamente en condicións de saber, pola experiencia do ensaio e do erro, que túmulos eran productivos (¿posibles enterramentos individuais do Broce ou do Ferro?) e que túmulos non.
Poidendo abarcar estas expoliacións mámoas que irían dende o Neolítico, momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como o amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros castrexos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais, ata a Idade de Ferro (Arnold, 1995 p. 51). ¿Non sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sin deixar rastro ? Ao noso modo de ver teriamos unha evidencia destas violacións, no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina ¨second oldest profession in the world” á percura de tesouros de comenzos da Idade do Bronce no “Tesouro de Caldas”, o achado casual dun destes probables expolios de tesouros que podería ser agachado presuntamente polo propio expoliador.
Reforzado si cabe pola presencia masiva de aparentes precursores de torques e de viriae, do Tesouro de Caldas podría desprenderse un intenso arrecendo ao ortodoxo contexto cabaleiresco indoeuropeo, e, ainda sendo isto discutible, o carácter simbólico dos obxectos conservados, que nos puideran evocar a idea dun expolio antigo dunha tumba principesca, como a que podería tirarse, cunhas lecturas comparativistas dos usos e dos costumes funerarios Atlánticos, das olas de ouro adscribibles ao calcolítico, indicativas da relevancia social de quens foron quen de usalas posiblemente no derradeiro banquete. Non se debe silenciar que é alta a probabilidade dos asertos contidos nos precedentes parágrafos pola delatora presencia no mencionado tesouro dun grande, macizo e pesado pente votivo de ouro de nídia adscripción a un marco ideolóxico e cultural moi concreto. Ao empregalo para pentear os seus cabelos en contexto simbólico claramente funerario, de paso ao Alén na mitoloxía galega “A Moura” o pente de ouro, indefectiblemente asociado ao ambiente heróico das tumbas de carro, é sin dúbida un elemento abondo significativo pola mencionada simboloxía intrínseca para posibilitar que o conxunto de Caldas adquira na topografía do enxoval psicopompo unha sólida coherencia institucional e un valor enorme servindo de base para revelarnos o alcance e a profundidade das institucións indoeuropeas e para comprender os temas interpretativos dos nosos petroglifos có poderoso instrumento da etnografía comparada de Fernando Alonso Romero.

Estes pentes sonnos ben coñecidos. Trátase seguramente do pente que emprega unha vella divindade indoeuropea da soberanía, convertida polo folclore na mítica moradora dun mundo subterraneo do que retorna, no abrente do solsticio de verán. É a mesma Deusa Nai á percura do marido merecente, que tras de pasar con éxito a proba de escoller entre ela e un tesouro, compartirá con ela no Alén fabulosas riquezas. O pente sería aquí ofrecido polo héroe morto como agasallo nupciál á deusa soberana que o reclama e o conduce ao luminoso Paradiso.

Atopámos o simbólico agasallo do pente asociado a un ambiente funerario representado, cecais por primeira vez en Europa, no Atlántico, nun petroglifo sobre un outeiro, altar de pedra chamado Pedra das procesións da Auga da Laxe, en Gondomar, Pontevedra que domina xerárquicamente outros menores. Estes outeiros son o centro simbólico da Terra, non falo por falar, e asemade lugar de tránsito vertical entre o mundo dos vivos e dos mortos; o pente aparece en Auga da Laxe asociado a armas da época, alabardas e puñais do Bronce Antigo, e a carros representados aquí sen as rodas, un antigo modelo de carro que se mantivo en uso en Escocia ata o século XVIII e mantense residualmente en Galicia no Courel, indicando que estamos ante un lugar sagrado de trénsito vertical das ánimas ao Alén mediante a práctica cinexética psicopompa coñecida como Caza Salvaxe.


Engadida no Bronce Final á composición, unha espada aparentemente pistiliforme, esta circunstancia, en sinerxía cos trazadores inmobilistas e autoctonistas da antropoloxía xenética galega, danos unha pista da razón pola que a primitiva concepción simbólica seguía probablemente vixente neste período (5) onde de novo o pente aparecerá profusamente representado, agora asociado tamén a espellos, ao rente das armas e do carro do difunto nas estelas decoradas do suroeste peninsular pubricadas en 1966 por M. Almagro Basch (6) como as atopadas no lugar de Las Mayas, en Valencia de Alcántara, Cáceres; Fuente de Canto, ou en Cabeza del Buey, entre outras moitas da província de Badajoz; a de Ategua, Córdoba (presentada por Almagro Basch no IX congreso Nacional de Arqueóloxía de Mérida do ano 1968) e un longo etc. Reforzandose o loitoso arrecendo e o carácter psicopompo da panoplia coa representación da danza funeraria dos circunstantes, típicamente Atlántica de “O Abellón”.

Estes pentes encóntranse, asociados habitualmente a espellos, a carros, a armas e a vaixela de mesa (Carreira 2000; Arnold 1995, p. 50-51) xunto a bebida e un rico aparato de beber, local ou de importación, en túmulos dende o Bronce ao Ferro de toda Europa, e nunha tumba de carro en Wetwang, Yorkshire, Inglaterra, en contexto Atlántico do século II ou I a C un pente apareceu xunto a un espello, asociado a outras tumbas con espadas lanzas e escudos.

Sexa tolerable, ou non, o sostido nos precedentes parágrafos a propósito das violacións dos túmulos, o caso é que por mor das accións reseñadas, como demostramos en 1991, chámaselle ás mámoas lacos cando presentan, as veces enormes, buracos de violación

- Laco, Lacuna; Lago ou Lagoa

Esta voz atópase en case tódolos diplomas que conteñen deslindes polo que, como dixemos en 1991, non ten nada de particular que a primeira vez que apareza esta denominación nun documento Galego suceda no primeiro deles, o máis antigo que existe en España, o diploma SILONIS REGIS ( sub die X kalendas septemberes Era DCCCXIIIª, 23 de Agosto do ano 775 ) polo que o rei Silo dona a varios relixosos entre os ríos Iube e o Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia e o Mera, no lugar de Lucis, un Celeiro, hoxe Celeiro de Mariñaos: “ […] Ut darem eis locum orationi in cellario nostro qui est inter Iube et Masona, inter ribulum Alesancia et Mera, locum que dicitur Lucis determinatum de ipsa villa ubi ipse noster mellarius avitabit Espasandus, et per illum pelagum nigrum, et iusta montem que dicitur Farum, et per illas sasas alvas et per illa lacuna usque in alia lacuna, et usque ad petra ficta et per illa lagenam Se non o estorbara a precisión matemática das cartas de deslindes (no hidrotropismo de tanto lago poderían, en boa hidrognósia escoliastas de Villar, decreta-la hidrogoxía última para tanta lacuna e lagena da diplomática galega) et per ipsum villare que dicitur Desiderii et per illum arogium que dicitur Alesantiam et per alia pedra ficta qui stat im montem super Tabulata per ipsa strata qui esclude terminum usque in loco que dicitur Arcas, et arrogio que dicitur Comasio, cum omnen exitu et regreso suo, castros duos […] ” ( Díaz y Díaz 1974, pp. 212 – 13 ) (7).

Así nunha carta do 982, de Celanova, “ […] quomodo dividet cum villa Sancta Columba, Ermigildi et Atanes et transit Limia ad patrono intra Mogaynes et Sancta Columba et feret in arca tras limia ad casam de Domno et per suis terminis ubi inveneritis lacos anticos et mamolas . Uno laco qui est tras Limia unde venit liniolo qui transit per Limia et venit inter Sancto Martino de Calidas et feret in cima de villa ad alio laco maior per suo liniolo ubi iacet efigiem hominis esculpta in petra ( a primeira noticia dun grande túmulo da Idade de Ferro coa estatua do guerreiro sobre el ) que testificat de laco in laco et inde per suos moliones firmissimos ad arca maior ad castro de Vemes et sic tornat per allios molliones et feret in fontem de mulieres deinde postea Mineo rio inter Villarino et monte longo per ubi fortissimi divisimos cum ipsos domnos iam prefactos in illorum grande concilio sub unos? andantes, et omnia bene considerantes atque certius dividentes et omnia firmissime permanentem statuentes devenimus ad arcas maiores de Sancta Eolalia inde primitur inquoavimus. Notum die ipsas kalendas octobris discurrentes tunc era XXª post Mª […] ” ( López Ferreiro 1899, p. 184 ) (8).

- Chámeselles Arcas por ter esta forma o dolmen privado ou non da pena ou penas sobranceiras:

“[…] Invenerunt archam in ripam de Mero ubi dicent “ad canarium” et decoria (demarca) in directo de ipsa archa in directo Santo Stephano, et alia archa principalia iuxta viam de Codais, et inde ad fontem Iusteli, et decoria ad illas cercarias de bouça que dicent Tructesindi. Et tercia archa in quoto super varzinam de Bovea et decoria in ipsa barcina de Bovea. Et quarta archa in ripa de ipso río de Bovea. Et quinta archa que decoria inter Melangos et Parietes. Et sexta archa in bauza que dicent Cerquitum qui dividet inter Trius et Parietes. Et alias archas et decorias que divident inter Lemenioni et ipas Parietes et Caliobre et concludent per Fontem Bonam in directo usque ad ipsam archam quem primiter incepreunt inter Codais et Parietes.[…]” (Loscertales de G. de Valdeavellano 1976, pp. 161 - 162 ) (9).

- Causos (veteros), Cousos Vedros, Curros, ou Curros veteros

Invisibles ou por agora desconsiderados para a chamada “arqueoloxía espacial” ou “arqueoloxía paisaxística” galega, posiblemente algo rasa, malia considerar o que xustamente nosa de vello admiradora silandeira e encuberta vale, sendo referidos os curros ou cousos, non sen precipitación e lixeireza excesiva, como inmobiliario arqueolóxico medieval por quen ladean a factografía dese período, sen dúbida por excesivo ciume competencial, o certo é, que existindo outrora por centenares, lamentamos que cada vez vaian quedando menos recintos circulares de grandes pedras chantadas, algunhas de considerables proporcións, chamados na nosa diplomática medieval cousos ou curros vedros, por mor de espoliarse decote e con impunidade as grandes pedras que os forman ao permanecer estes tan valiosos como desprezados monumentos sen catalogar.
Malia ser coñecidos e estudiados dende hai moito tempo (Crossing, 1912; Brailsford 1938; Daniel, 1950; Harvey, 1953; Hoskins, 1954; Worth, 1967, Simmons, 1969; Barber, 1970) na área cultural da Europa Atlántica que compartimos, carecendo en Galicia os “curros vedros” ou os “cousos”, do recoñecemento ou da consideración de monumentos megalíticos resúltalles fatal verse privados dunha protección institucional.
Este presunto inmobiliario arqueolóxico encontrase tanto nas brañas e turbeiras encharcadas dos planaltos, como parece sucede no Xistral cos monumentais curros de Santo Tomé, canto nas terras fértiles e ben regadas da beira mar, e tal é o caso dos curros, e dos presuntos peches neolíticos, da Terra de Bergantiños ou da Capelada nas Terra de Arrós e de Labacengos. Os cousos e curros de función e tipoloxía variable, presentes en toda Galicia, conforman un importantísimo, menos presunto que real, inmobiliario arqueolóxico Atlántico comprensivo e inmerxido de recintos circulares, dos que en algún caso se suxire poderían conter algún tipo de enterramento (o termo corrente das cartas e dos diplomas medievais causo de Armada, coa debida reserva, parece aludir a esto), de grandes peches elípticos, que aínda hoxe se empregan para gardar o gando, e en algún caso con pastores eléctricos o que podería ser un caso de longa e admirable continuidade de uso; pensados quizais para albergar e defender dos depredadores (do lobo) o gando dos primeiros sedentarios, en ocasións os curros conformando un perímetro de pedras fincadas, máis pequenas, que rodean totalmente un recinto diferente, menor en altura e máis alongado, tendendo á formas poligonais, parecen tamén pechar unhas plantas de cabanas, uns asentamentos quizais moitas veces reaproveitados, e aínda poderiamos distinguir unha terceira tipoloxía constructiva nos curros, trátase de pequenos peches elípticos que quizais serviran para protexer das alimañas certo tipo de cultivos, coma hortalizas, de primavera.
Todo elo vai asociado como nas Illas Británicas a túmulos neolíticos de cámara monumental simple e rectangular a modo de largas cistas (Petit 1974, p. 72, 90 ). Os curros ou cousos presuntamente prehistóricos, parecen asociarse a enormes pedrafitas de forma discoidea, e mesmo a un inmobiliario arqueolóxico adxectivo de difícil interpretación como alineamentos de grandes pedras presuntamente prehistóricos e petroglifos aínda en fase de estudio.
-Armatas, Armadas
Chámanse así polas cámaras poligonais formadas polos esteos dos dólmens interpretados polo home medieval como trampas para animais confeccionadas polos antigos : Así nos lindes de Vilasuso:
“Hec sunt terminos de uilla Suso, id est per petra Alba, et inde ad mamona de Paramu et inde ad illa incrucelada de uilla Susu, et de Pedri et de Sancti et intrat in antiqua in directo anta, et inde per antiqua de Bolios et uade ad causu de Aqua in peegada et inde per illa antiqua ad causo de Armada, et inde ad mamoa de inter Ardilleiros et Uillarino, et inde per illo lombo de Lombario et inde ad illa mamoa de inter Ardilleiros et Eldar, et inde ad Ordiales ad illo marco, et inde super illas casas quomodo intrat in ipso regario que uenit de Bolios et uadit ad porto de Ludo, et inde per illo rego que uenit de lama Coua, et inde ad petra Alua unde incepimus […].” (Loscertales de V aldeavellano 1976, p. 375 – 376 ) (10).

-Petras fictas.

“[…] et per illa lacuna usque in alia lacuna, et usque ad petra ficta et per illa lagenam et per ipsum villare que dicitur Desiderii et per illum arogium que dicitur Alesantiam et per alia pedra ficta qui stat im montem super Tabulata […]”(11) mesturándose sen dúbida as pedras fitas dende a Idade do Bronce ata a Idade do Ferro con
-Estelas Funerarias
De varias épocas, consideradas moitas veces petras fictas, ocasionalmente , segundo podemos velo nos diplomas, aparecen descritas demoradamente laco maior […] ubi iacet efigiem hominis sculpta in petra (López Ferreiro 1899, p.184), (12)
ora mostra outeiros ou
-Autarios ou Outeiros (altares) (13)
“ […] e ende o o outeyro do Gauiam e ende a a pena Edrada e ende o o penado ( sic ) do Carauo e ende a a pena da moura […](14)”
en pedra con petroglifos do Neolítico, do Bronce ou do Ferro, quer burgarios con cazoletas do Neolítico quer, cando na Idade do Ferro é rectangular o lacus do altar, burgarios cuadratos(15).

Sinalaremos que existen outros tipos de fitos terminais (en parte xa tratados por Ferro Couselo na súa tese Petroglifos de Termino ):
-seixos brancos ( saxas albas ),
“Hec sunt terminos de Villa Susu id est per petra alba, et inde ad mamona de Paramuu et inde ad illa incrucelada de Villa Susu, et de Pedri et de Sancti, et intrat in antiqua in directo anta, et inde per antiqua de Bolios et vade ad causo de Aqua in peegada, et inde per illa antiqua ad causo de Armada, et inde a mamoa de inter Ardileiros et Vilarino, et inde per illo lombo de Lombario, et inde ad illa mamoa de inter Ardilleiros et Eldar, et inde ad Ordiales ad illo marco, et inde super illas casas quomodo intrat in ipso regario que venit de Bolios et vadit ad porto Ludo, et inde per illo rego que venit de lama Cova, et inde ad petra alva unde incepimus” (16).
-rochas naturais , penedos figurativos

“[…] a a Pena Androeira que é cauada e ende a a pena do Spino e ende o o marco que está contra o Pedronco […](17)”

-cruces (18) e inscripcións de término
“Orta fuit intentio inter Fernando Uistrimiriz et heredibus suis, et de alia parte Pelagio Menendiz et Osorio Ioannis et heredibus suis, super illas heretitates que iacent inter Castelo et Sonario, unde Baralia inter nos uertitur et uenimus inde in concilio ante comitem dommus Rodericus Ouequiz et Martinus Pelagii et Gutierre Muniz et Ioane Asqueliz qui es uigario de domnus Froila Ueremundiz et alios multeros qui uiderunt et audierunt et iudicarunt bene et diuiserunt et uiderunt ipsos homines bonos per terminos de Condux et inde per Kareira Subia et inde ad illa Kaskalia Scrita et per illas petras et inde ad illo Lotario (19)que sparte Osseto et Sunario et per ubi sparte Osseto et Kastelo et inde per Términos de Canali per illa Lagona (20) Maiore de Mamona, sunt ipsas hereditates markatas et temeratas et diuisas inter nos et pro talem actio facimus ad uouis ego Petro Gauin(i)z et fernando Uistramiriz et Petro Amiquiz et eius uocis, a tibi Pelagio Menendiz et ad heredibus suis ut non demandemus nos nec nostras uoces ipas hereditates ad uestras partes […]”(21) das que temos polo menos un exemplo intencionado de aspecto cruciforme como a que pode verse nun epígrafe rupestre portugués: TERM[INUS] TREB[AE] OBILI[ANCORUM ?] de O Rigueiral (Sanfins, Valpaços) (22).
(C)ANDRÉS PENA GRAÑA. TÓDOS LOS DERECHOS RESERVADOS.

NOTAS
(1)Joseph Vendryes 1987, sub vocabulo cora.
(2)Sobrado, ano 942. Tumbo I fols. 50r.-51r. volumen 1, pp.161-162.
(3) Traducción particular de Luis Monteagudo García.
(4) Martinez Salazar BRAH. III. 1909
(5) Ao igoal que estaba a suceder con outros inmobiliarios simbólicos do Atlántico, coma Stonehenge utilizado segundo Timoty Darvill do 4.000 ao 2000 a C durante máis de dous mil anos.
(6) M. Almagro Basch. 1966, VIII.
(7) Manuel Cecilio Díaz y Díaz 1974 pp. 212- 13.
(8) In Antonio López Ferreiro 1899 apén. pp 184. Tomo II .
(9) Karta de Villari de Paredes nº 129. Ano 942. Tumbo I, fols. 50r.-51r, ( Sobrado de los Monjes), in Pilar Loscertales de G. de Valdeavellano. 1976 vol. 1º. pp.161-162.
(10)De Uilla Susu, Sobrado. Tumbo I, fol 124, v. IN LOSCERTALES DE VALDEAVELLANO, p. 375 - 356.
(11)Manuel Cecilio Díaz y Díaz1974 pp. 212- 13.
(12) 982, Carta de Celanova. In Antonio López Ferreiro 1899 Apén. pp 184.
(13) “Et habet predicta hereditas iacentia in terra de Superado, inter alpes Iaurino et Monte de Ara, secus flumen Lobamorta” in Loscertales de G. De Valdeavellano. Volumen I. nº 185. Ano 1162, maio 2 pp. Sobrado. Tumbo Iº, fol. 75 r. e v.
(14)Sobrado, Tumbo I, sin data, fol. 147 v. nº 475. In Loscertales de Valdeavellano. p. 425.
(15) Estudiados recentemente polo profesor D. Luis Monteagudo García 1997, La religiosidad callaica: estela funeraria romana de Mazarelas (Oza dos Ríos, A Coruña), cultos astrales, priscilianismo y outeiros con moito detalle e aparato crítico cf. pp 64-98 e pp. 11-118.
(16) Hec sunt terminos de Villa Susu id est per petra alba, et inde ad mamona de Paramuu et inde ad illa incrucelada de Villa Susu, et de Pedri et de Sancti, et intrat in antiqua in directo anta, et inde per antiqua de Bolios et vade ad causo de Aqua in peegada, et inde per illa antiqua ad causo de Armada, et inde a mamoa de inter Ardileiros et Vilarino, et inde per illo lombo de Lombario, et inde ad illa mamoa de inter Ardilleiros et Eldar, et inde ad Ordiales ad illo marco, et inde super illas casas quomodo intrat in ipso regario que venit de Bolios et vadit ad porto Ludo, et inde per illo rego que venit de lama Cova, et inde ad petra alva unde incepimus.
(17)Sobrado, Tumbo I, sin data, fol. 147 v. nº 475. In Loscertales de Valdeavellano. Obr. cit. p. 425.
(18) “Estes departirom os lugares de suso ditos. Começáron a a fonte do monte e ende a a outra fonte e ende a archa que e no monte sobre Villarino e ende a Baracentas e ende a antiga de Quintaas de Muradelo e ende o o porto de Gamae hu feceron crui na pedra e ende o o linar de Monim clerigo a a pena Androeyra, que e cavada, e ende a a pena do spino e ende o o marco que esta contra o Pedronco e ende a a antigua vella e ende fonte de so o Lodeyro e ende iuso pelo rego como vay, e ende o a porto de Guas e ende o o marco que esta sobre la fraga de Torante e ende a a perada do Carneyro.” Sin data.Tumbo I, fol147 v. In Pilar de Loscertales. Volumen 1º p.425.
(19) Esto é, un outeiro.
(20) Este é un dos textos que en 1991 (Pena 1991, pp. 25 - 37 e 57- 58), pensando nós que ao redactarse os documentos de deslinde na Idade Media onde figuran as verbas lacus / lago, lacuna / lagoa ou lacunella / lagoela estábase a falar das mámoas que presentaban xa un buraco de violación, fixo que identificáramos por primeira vez como sinónimo de mámoas as ditas verbas: “Lagoa […]. Esta palabra vén do latín lacus que erroneamente soe traducirse por lago. Etimolóxicamente ten moitos outros sentidos, un é o de buraco. Os romanos chamaban lacunar á abertura do tellado ao redor do atrio da casa, que deixaba pasa-la choiva á pequena piscina onde se recollía, xusto debaixo da magna lacuna in medio tecto e chamábase impluvium. << Lagoa >> significa mámoa con buraco de violación” (Pena 1991, p. 29). Recollíamos entón como facemos agora outras denominacións (arca, armada, meda e os derivados de meta, como modia, modorra, etc.) contidas na diplómática para designar aos túmulos e para indicar a presencia de diverso inmobiliario arqueolóxico institucional. Aquel traballo de 1991, no que colaboraron baixo a nosa dirección Alberto López Fernández e Ignacio García Novás, servíunos para confirmar no rexistro arqueolóxico a continuidade dende a Idade do Ferro ata o século XII do territorio xurisdiccional demarcado (Pena 1991, pp. 25-37 e 57- 58, 1994), e mesmo para ver, en certos casos, a pervivencia ata o século XVIII deste territorio a traverso dos deslindes nos coutos xurisdicionáis. Como as respostas á terceira pregunta do Interrogatorio do Castro de Ensenada o amosan nos deslindes das parroquias, os marcos delimitativos chegan mesmo ata hoxe, por formarse os Concellos Constitucionáis de 1836 en Galicia, como tamén en 1991 sinalabamos, agregando parroquias. Máis seríamos infiéis a este traballo si silenciásemos que o noso esforzo investigador foi e está a ser cómodamente seguido, na súa tese de licenciatura e en traballos recentes, por Carneiro Rei, dun xeito que de non quedarse únicamente cos aspectos máis descriptivos e recurrentes podería resultar interesante e productivo: segundo xa sinalamos en 1991, menciónanse marcos de deslinde tradicionáis na práctica totalidade dos milleiros de cartas medieváis e modernas. Neste tema non se trata de discutir medio metro a direita ou a esquerda, a posición dunhas mámoas, etc.; simplemente buscamos – cousa que o colega Carneiro non parece entender- as implicacións que as pervivencias de determinados segmentos institucionáis ten en sinerxía coa factografía e coa realidade territorial testemuñada polo fenómeno tumular, e non hai por agora outra arqueoloxía máis fiable da paisaxe para tirar conclusións ideolóxicas, institucionáis, sociopolíticas, económicas e relixiosas .
O feito certamente inconcebible é ter reclamado para sí, nos medios locais da comarca de Ferrol, o descubrimento e a autoría de xacementos arqueolóxicos e de estudios hai dez anos realizados e publicados por nós no Concello de Narón, escudándose logo Carneiro para xustificar as súas propias declaracións aos periodistas, sin desmentilas, acusando a éstes de erróneas interpretacións. Con todo, agrádanos a traxectoria investigadora seguida polo señor Carneiro, pisando os nosos pasos. Moito máis lonxe no clonaxe das nosas ideas foi María Rivera Rodríguez, ao parecer discípula de Carneiro.
A Licenciada Rivera, reproducindo traducidas do galego ao castelán varias páxinas enteiras do noso estudio Narón, un Concello con Historia de Seu (Ed. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela 1991), esquece, cecáis por faltarlle información direita, que o seu texto “orixinal” (María Rivera: “Restos Arqueológicos en la Parroquia de Sillobre”, in Ferrol Análisis nº 12, Ferrol 1998) provén do noso eido. Comparativamente, véxase por exemplo: 1a) “Hoxe encontramos prácticamente tódalas mámoas violadas, a destrucción dos túmulos, como tódolas violacións de tumbas, é algo que debeu de empezar ó día seguinte do enterro.” (Pena 1991, p. 31); 1b) “Hoy encontramos, prácticamente, todas las mámoas violadas; la destrucción de los túmulos, como todas las violaciones de tumbas, es algo que debió de empezar al día siguiente del entierro.” (Rivera 1998, p. 43); 2a) “Cheo de túneles trampeiros agáchanse neles [estamos a falar dos castros], para a imaxinación popular, tesouros sen conto: OURO, a máxima riqueza das sociedades non industrializadas.” (Pena 1991, p.97); 2b) “Lleno de túneles tramposos se esconden en ellos, para la imaginación popular, tesoros: “ORO” [sic]: la máxima riqueza de las sociedades no industrializadas.” (Rivera 1998, p. 45); etc., etc. (pódense aínda ver, entre outras máis, as nosas páxinas 97, 98 e 100 castelanizadas na súa obra por María Rivera).
(22 )E. Hübner, CIL suppl. Berlin. 1903, VIII, 275 b; in Antonio Rodriguez Colmenero (de quen somos debedores e tomamos a meirande parte dos epígrafes citados no presente traballo): 1993 p. 14 –15.


Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Onnega 24 de ene. 2006

    Nota 18 ... a perada do carneyro: cúmulo de piedras de un "cairn" (V. Brañas, creo, para esta idea sobre los carneiros y los cairn).
    --archam in ripam de Mero ubi dicent “ad canarium": caneiro (represa para la pesca de la anguila), curioso lo del arca del caneiro, y la ubicación de muchas arcas en el río.

    También pueden deducirse de este texto unos burgarios construidos con piedras inclinadas (¿dólmenes burgarios?): inpronauimus ad petras burgatas unas, et alias
    simile tertiarias ubi burgarios construxerunt de antiquo tempore (T. Celanova)

  2. #2 crougintoudadigo 24 de ene. 2006

    ESTIMADA ONNEGA
    los diplomas llaman burgarios a las cazoletas, a las mesas de ofrendas del Neolítico final con cazoletas, y llaman 'burgarios cuadratos' los distinguen muy bien, a los altares de la Edad del Hierro, que presentan un lacus hecho de cantería.
    Petras burgatas son piedras con cazoletas.
    cuando tenga tiempo cuelgo el artículo del1991, com mapas y fotos, está más completo y es más claro.
    ¡Salud y Goria!CROUGINTOUDADIGO

  3. #3 Onnega 24 de ene. 2006

    Por curiosidad a ver si alguien me podría traducir este texto que encontré en Google sobre los burgarios:
    In burgariis eadem volumus observari, quae de mulionibus lex nostra praecepit, ut ii quoque, qui intra Hispanias vel in quibuscumque locis ausi fuerint burgarios vel sollicitare vel receptare, eodem modo teneantur, similisque eos, qui publicis vestibus deputatos sollicitaverint vel receperint, et de coniunctione et de agnatione et de peculiis et de cunctis rebus quas in illis deprehendimus poena cohibeat

    Y de paso una opinión sobre esto otro: burgarii a burgis dicti, quia crebra per limites habitacula constituta burgos vulgo vocant (San Isidoro).

    Lo cierto es que no cuadra mucho con los "sculptos burgarios" del T. de Celanova. ¿Son personas, son mojones, son burgos pequeños?

  4. #4 Onnega 24 de ene. 2006

    Crougin, me refería a la segunda parte de la frase: "alias [petras] simile tertiarias ubi burgarios construxerunt de antiquo tempore" CONSTRUYERON BURGARIOS CON PIEDRAS TERTIARIAS

  5. #5 crougintoudadigo 29 de ene. 2006

    ¡SALUD Y GLORIA!, ONNEGA,
    A mi modo de ver no puedo leer 'construyeron burgarios con piedras terciarias",
    la segunda parte de la frase se refiere a "otras piedras igualmente terciarias" -petras tertiarias son, claro está, los marcos en atención a su particular disposición- y luego dice que es en en ese lugar de las terciarias "donde construyeron (entiendase claro está que ya estaban picadas en la superficie de las terciarias) unas cazoletas de antiguo tiempo".

  6. #6 Onnega 25 de mar. 2006

    ¡Salud y gloria Crougintoudadigo!
    Me gustaría saber, si se puede, dónde está exactamente esa preciosísima piedra de la foto "Pío latrocinio" de Rego dos Pazos, para ir a verla sin perderme.

  7. Hay 6 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba