Autor: ----
viernes, 06 de octubre de 2006
Sección: Historia
Información publicada por: ainé


Mostrado 11.267 veces.


Ir a los comentarios

--------------------

-

--------------------------------

-


.
.
-
-
-
-
-
-
.
.
-
-
.
.
.
.
.
.
Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Airdargh 15 de dic. 2005

    CONTABAN OS VELLOS UN CONTO No castro viven os mouros. Pola noite as mouras do castro baixan ás pozas do rego que pasa a carón do castro. Alí lavan as súas caras branquiñas, peitean os seus cabelos e agochan os seus tesouros. Un día un mozo da aldea veu a unha delas e namorou da súa fermosura. A moura díxolle que se quería romper o encanto e casar con ela, tiña que voltar pola noite cun bólo de pan quente. Pero cando chegou onda ela, o bólo estaba frío e a moura, ó collelo para tirar un belisco do seu pito, deixonou caír espantada, converteuse en serpe e meteuse na auga. O mozo morreu ali mesmo. Dende aquela, a xente evitaba o río e procuraba non subir ó castro. Cando alguén atravesaba o río cunha cunca de leite recén muxido, o leite cortábase e tornaba sangue. No sangue crecían moi ben as troitas, cas suas Pintas roxas. Só os homes pescaban as troitas que en cambio fuxían das mulleres. Un día un pescador veu a outra moura peiteando os cabelos no reflexo das augas do río. Pediulle casar con ela. A moura díxolle que volvera pola noite e que ela viría en forma de serpe e que para a desencantar tiña que darlle un bico nunha flor roxa que levaría nos beizos, e que ademais lle trouxera unha cunca de leite. O mozo voltou pola noite. A serpe apareceu e bebeu todo o leite que o mozo trouxera. Despois de bebela, subiulle polos pés e o corpo ata o pescozo. O mozo aguantou o noxo que lle daba e bicou a flor roxa que levaba nos beizos. De súpeto, a serpe desencatouse, a moura tornou muller e marchou co mozo para a aldea, onde casaron, tiveron moitos fillos e viviron cos tesouros que os mouros agachaban no río. Dende aquela as mulleres xa poden volver ó río, atravesalo cos cántaros de leite, e os mouros enterráronse no castro e non saen nunca del. Só nas noites de San Xoan, xúntanse e prenden unha coroa de lumes na croa do castro e botan rodas ardendo dende o castro abaixo para lembrar a todos os veciños do val o seu antigo esplendor e gloria. Extraído de: PASADO E FUTURO DE CASTROLANDÍN (CUNTIS): UNHA PROPOSTA DE RECUPERACIÓN E REVALORIZACIÓN http://www.lppp.usc.es/descarga/CapaTapa/TAPA/TAPA29.pdf

  2. Hay 1 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba