Autor: André Pena Granha
miércoles, 09 de abril de 2008
Sección: Protohistoria
Información publicada por: crougintoudadigo
Mostrado 52.507 veces.


Ir a los comentarios

Guerreiros Galaicos con saios decorados

Este es un viejo artículo. El autor, que actualmente se encuentra reelaborando el tema, retrotrayendo la edad de los guerreros, sostiene que estos guerreros fueron colocados sobre túmulos desaparecidos bajo la codiciosa piqueta del buscador de tesoros.

Ouro dos Mouros

 






















 


 


» Website in English


 


 


 


 


 


 


 











 


Páxina principal | Publicacións | Biografía | Contacto


Verbo dunhas Estatuas de Guerreiros Galaicos de Granito con Saios Decorados


Os chamados GUERREIROS GALAICOS, da actual Galicia e norte de Portugal, son herdeiros nunha antiga terra, da tradición inaugurada polos seus pais e os seus avós da Idade do Bronce e do Neolítico. Moitas desas estatuas, poucas veces con casco, levan un escudo e un puñal. Non son celtíberos, son os hieráticos retratos de guerreiros celtas locindo un torque ao colo e no seu saio, un particular deseño antecedente do tartan escocés.


Este é un resumo do traballo de investigación publicado primeira vez no ano 2000 no Anuario da Gaita, páxinas 15-18, e logo no 2001 no Anuario Brigantino nº24, páxinas 39-60. Posteriormente, no ano 2003, en Madrider Mitteilungen, ao longo de 533 páxinas, diversos autores confirmaron básicamente as nosas autopsias sobre esta estatuaria.



Toda a documentación alto e baixo medieval, cando refire deslindes de zonas altas e esgrevias ou de zonas baixas, utiliza os túmulos de varios periodos profusamente como marcos que dividen antigas propiedades e, en moitos casos, chegaron ata hoxe cumplindo coa mesma función.


Sinalando dende tempos inmemoriais os límites xeográficos das diferentes demarcacións locais, as mámoas e as pedrafitas convertéronse pola súa antigüedade e visibilidade nos puntos de referencia favoritos dos antigos. O que parece unha máxima: "esta terra é nosa porque aquí están os túmulos dos nosos antergos", prevaleceu así ao longo do tempo.


Na Idade do Bronce, xa con soporte factográfico, pódemos observar o alcance indoeuropeu do hábito de empregar as mámoas para demarcar, por primeira vez nun rexistro Europeu, nas honras fúnebres de Patroclo, no túmulo ou, mellor dito, nas espidas pedras da posible cámara dolménica que aparecen descritas na Ilíada:


"Vou" -dí Nestor- "amosarche cal vai ser a meta, inda que é doada de mirar, e non che pasará inadvertida: aló por riba do chan érguese, e tan alto coma unha braza, un tronco seco, ben chantado e ergueito, dunha aciñeira ou dun piñeiro que a choiva non apodreceu; dúas pedras ben brancas entálano, unha a cada banda en pleno estreitamento do camiño, e acalcada dunha e doutra parte exténdese a pista para carros; a tumba é dun mortal hai tempo morto, ou, ao cabo, un marco posto polos antigos, e son a meta que o divino Aquiles, o dos pés veloces, vos puxo." (Homero Ilí. XXXIII, 326-34). (1)


Corias en lingoa indíxena e termini en latín, estes marcos despregan en ocasións un complexo inmobiliario arqueolóxico que mostra ora mesas ofertorias do Neolítico final, inzadas na súa superficie con petroglifos de "cazoletas" chamados nos documentos medievais burgarios, ora túmulos do Neolítico nomeados en latín medieval lacos anticos, lacunas, lacunellas (véxanse nos montes galegos os topónimos Lagoa, Lagoela, etc.), mamolas.


 


LACOS ET MAMOLAS


Cando as fontes falan de lacos anticos et mamolas, a diferenza entre estes dous conceptos débese ao feito de que un laco (sic) é sempre un túmulo que presenta buraco de violación, esta apertura de túmulos poido producirse ao día seguinte do enterro, quedando a pegada desta actividade en forma de grandes furados (lacos) que poden alterar ou acabar en ocasións con moitos túmulos excavados centos, senón milleiros de veces, en busca de tesouros ata que a eles -caso de sobrevivir- chega a paleta do arqueólogo. A mamula, polo contrario, sospeitosamente desechada polos buscadores de encantos, conservaría o aspecto primordial de teto. Hoxe se aplicaramos a precisión descriptiva dos nosos cartularios e diplomas medievais non poderiamos con propiedade falar de mamolas ou de mámoas, ao chegarnos coma dixemos a práctica totalidade delas violadas, non unha, senón que posiblemente centenares e ainda milleiros de veces, sendo máis exacto e descriptivo recuperar a voz lagoas (lacunas).


A máis antiga referencia a este inveterado costume podería estar, de certo, no Códice Calixtino, do s. XII, onde no capítulo VII dise, tras falar de que a terra dos galegos é rica en ouro, prata, peles de animais salvaxes e outras riquezas, que ainda é moi rica en “tesouros dos mouros” gacis sarracenicis, por ser posiblemente comparables o feito de furar nas mámoas (en xeografía mítica popular celtoatlántica, esto ven significar entrar no alén e apañar os tesouros pertencentes aos seres e razas míticas, ás veces evocándoos ou conxurándoos lendo e deslendo libros e fórmulas máxicas) apañando o ouro, ao feito de abrir galerías á percura dos filóns auríferos.


En toda Europa expoliábanse túmulos e o relativamente recente caso (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer foi famoso por ter excavado ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, chegando a desenterrar 19.490 obxectos. Cousa cativa sen dúbida se temos en conta que entre as aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia, conta Martinez Salazar (1909) (2) o caso de Pedro Vázquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo, que a principios do século XVII conseguiu do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Se o señor de Recemil non tivo moito éxito en resultados é de supor que os seus emuladores, e moitos máis antes que eles, si que o terían e proba delo sería o Tesouro de Caldas que pensamos é un claro ocultamento do ouro recollido en multitude de túmulos por parte do expoliador. Se Pedro Vázquez de Orjás, como pasa hoxe tamén, cando os violadores de túmulos non son profisionais da arqueoloxía, non estaba capacitado para datar a idade dos túmulos, logo a experiencia destes expoliadores, supostamente superior en alcance e -de novo co Tesouro de Caldas como paradigma- en resultados á dun arqueólogo actual, seguramente si que estaba, polo alcance da mostra, sequer intuitivamente en condicións de saber que túmulos eran productivos ¿posibles enterramentos individuais da Idade do Ferro ou do Bronce? e que túmulos non.


Ainda que por empregarse a técnica da cera perdida no fundido dalgunhas pezas avánzase agora ata o 1500-1400 a.C, a antiguidade dos obxectos do Tesouro de Caldas, é arriscada, ao poder ser produto de múltiples expolios realizados por unha mesma man ou excluir a posibilidade de que os obxectos do tesouro escondido poideran pertencer a varias épocas. Poidendo abarcar estas expoliacións mámoas que irían dende o Neolítico ao calcolítico, emparentándose as arcas, e curros vedros das brañas do Xistral, horizonte do que posiblemente de non ter desaparecido provirían materiais ideolóxicamente emparentados cós do acobillo do Tesouro de Caldas coas arcas e curros vedros das brañas inglesas de Dartmoor ou as brañas The Hurlers de Cornualles, das que provén a célebre copa de ouro Rillaton, Minions, achada nunha arca ou mámoa da Idade do Bronce de 37mts de diámetro e 2,5 de altura relacionada tipolóxicamente coas copas micénicas de ouro e de prata, e có ambiente funerario indoeuropeu cabaleiresco descrito na Ilíada nas honras fúnebres de Patroclo. Ambiente que chegaría sen grandes cambios no Atlántico á Idade do Ferro (Arnold, 1995 p. 51) momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros galaicos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais.


¿Non sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Segundo o vemos teriamos unha evidencia destas violacións no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina "second oldest profession in the world" no achado casual do acobillo dun destes probables expolios de tesouros de comezos da Idade do Bronce, presuntamente agachado polo propio expoliador, no xa mencionado Tesouro de Caldas. Reforzado xa se cabe o arrecendo do ortodoxo contexto cabaleiresco indoeuropeu pola presenza masiva dos xa claros precursores de torques e de viriae, podería, ainda sendo cuestionable, desprenderse do Tesouro de Caldas, nese aureo alarde simbólico dos obxectos conservados, a idea de expolios moi antigos e de diversas épocas de tumbas principescas. Movendo esta circunstancia e primitivismo, mesmo dando pé ao estudoso privado dun contexto institucional que bule após o ethos cabaleiresco indoeropeu, a pensar en pezas sincrónicas, ou incluso inacabadas, como a medio facer dun orfebre itinerante. Da elaborada vaixela de ouro do banquete funerario, do pente votivo (que se acompañaría cecais dun espello) posiblemente ofrendado á Divindade feminina encarregada de conducir ao heroe morto ata o seu pazo no Outro Mundo. Cunhas lecturas comparativistas dos usos e dos costumes funerarios Atlánticos, dos potes de ouro adscribibles ao Calcolítico, indicativas da relevancia social de quenes foron quen de usalas posiblemente no derradeiro banquete, interpretar o acobillo de Caldas como resultado de múltiples espolios de tumbas principescas é razonable.


Non se debe silenciar que é alta a probabilidade dos asertos contidos nos precedentes parágrafos pola delatora presenza no mencionado tesouro dun grande, macizo e pesado pente votivo de ouro de nídia adscripción a un marco ideolóxico e cultural moi concreto por empregalo para pentear os seus cabelos en contexto simbólico claramente funerario, de paso ao Alén na mitoloxía galega "A Moura". Estes pentes sonnos ben coñecidos.


Trátase seguramente dun pente votivo, o pente que empregará unha vella divindade indoeuropea da soberanía, convertida, e a acción evanxelizadora dos monxes xogou aquí o seu papel, convertida polo folclore en A Moura, a mítica moradora dun mundo subterráneo que en busca dun esposo anualmente retorna a este mundo ao mencer do día solsticial de San Xoán. É a Deusa Nai mesma, nova e vella, virxe e nai, raíña e labrega, é a encarnación (Pena 1995, pp. 48-53,cf. Fernando Alonso Romero "A Moura constructora de megalitos") da Terra e do País, a Soberanía que escolle un marido apropiado. Que á mesma fonte, á mesma pedra, á mesma encrucelada, e ainda á mesma ponte, fidel acode ano tras ano en busca do home capaz de superar con éxito unha proba que usualmente consiste na elección encuberta entre ela e un fabuloso tesouro.


A Grande Raiña (Rhiannon/Epona) que na súa cita anual agarda ao xeneroso esposo merecedor no Alén de compartir con ela o seu amor e os seus tesouros. O pente como regalo nupcial lonxe de servir para pentear a barba do difunto, sería aquí ofrecido polo heroe morto á deusa soberana que o ven buscar, o escolle, o reclama, o monta no seu cabalo e (este e o sentido simbólico dos avelurios da inmortalidade que leva Epona na man) condúceo á súa mansión no luminoso paradiso de Eterna Xuventude e Boa Ventura.


O pente de ouro do Tesouro de Caldas, indefectiblemente asociado ao ambiente heróico das tumbas de carro do Bronce e do Ferro, debería pola súa posible significación na topografía institucional do enxoval psicopompo servir de base para, en tempos tan temperáns revelarnos a dimensión, o alcance e a profundidade das institucións indoeuropeas, e, maila distancia temporal que separan entre sí a algúns obxectos de ouro do posible expolio, posibilitar que todo o conxunto poida adquirir unha máis ou menos sólida coherencia institucional e ainda, porque a súa simboloxía intrínseca -con este elemento a probabilidade de certeza dos asertos contidos nos precedentes parágrafos é considerable- abrir camiños nunca pisados antes na comprensión dos temas interpretativos dos nosos petroglifos (un valor enorme agora cos poderosos instrumentos e coa axuda de surprendentes liñas inmobilistas ou continuistas de investigación etnográfica comparativista de Fernando Alonso Romero e de Ladislao Castro Pérez).


Atopamos o simbólico agasallo do pente asociado posiblemente no Atlántico a un ambiente funerario, cecais por primeira vez en Europa, nun petroglifo sobre un outeiro, altar de pedra chamado "Pedra das Procesións da Auga da Laxe", en Gondomar, Pontevedra, que domina xerárquicamente outros menores. Estes outeiros son o centro simbólico da Terra, non falo por falar, e asemade lugar de tránsito vertical entre o mundo dos vivos e dos mortos, ao Outro Mundo; esto é a traverso dunha verdadeira Porta do Hades agachada na propia pedra, río, mámoa ou fonte, acceso directo das ánimas cara o paradiso, ponte tendida entre o mundo dos vivos e dos mortos que só se abre dende o Outro Lado, porta pola que saira (de nuguis curialum I, II) segundo refire Gautier Map a Herlatingi. Seguramente asociado a un ambiente funerario, o pente aparece na Auga da Laxe xunto a armas da época, a alabardas e puñais do Bronce Antigo, a unha espada do Bronce Final e a probables carros representados aquí sen as rodas, un antigo modelo de carro que se mantivo en uso en Escocia ata o século XVIII e mantense residualmente en Galicia no Courel, indicando posiblemente o conxunto que estamos ante un lugar sagrado de tránsito vertical, isto é a traverso da porta pola que acceden as ánimas ao Alén, tránsito usualmente realizado en Europa dende o Neolítico (dolmen de Orca dos Xuncais) a traverso da psicopompa práctica cinexética coñecida como Caza Salvaxe, Chasse Sauvage (Ph. Walter, 1997, p 9- 72); Wild Hunt (Stith Thompsom Motif-index of folk-literature E 501); Wilde Jagd, etc.


Engadida no Bronce Final ao programa iconográfico da Pedra das Procesións, aparece unha espada aparentemente pistiliforme ou de lingoa de carpa, e esta circunstancia, en sinerxía coa existencia de posibles elementos (amable comunicación personal do profesor Carracedo) trazadores inmobilistas e autoctonistas da antropoloxía xenética galega, (segundo parece compartidos en parte coa maioría da área occidental da Península Ibérica) indicaría, sen outra relevancia o continuismo e remota antigüidade dunha poboación.


Esta podería ser a razón pola que a primitiva concepción simbólica rexistrada xa no Bronce Inicial seguiría probablemente vixente ao final deste perídodo -ao igoal que sucedía con outros inmobiliarios simbólicos do Atlántico, como Stonenhe utilizado segundo Timoty Darvill dende o 4.000 ata o 2000 a.C. durante máis de dous mil anos- onde, asociado agora tamén a espellos, ainda o pente aparece profusamente representado xunto ás armas e ao carro do heroe morto, nas estelas decoradas do suroeste peninsular pubricadas en 1966 por M. Almagro Basch (3) como as atopadas no lugar de Las Mayas, en Valencia de Alcántara, Cáceres; Fuente de Canto, ou en Cabeza del Buey, entre outras moitas da província de Badajoz; a de Ategua, Córdoba (presentada por Almagro Basch no IX congreso Nacional de Arqueóloxía de Mérida do ano 1968) e un longo etc. Reforzándose o loitoso arrecendo e o carácter psicopompo da panoplia coa representación da danza funeraria típicamente Atlántica de "O Abellón" (Bascoy Pérez 1950).


"O Abellón" aínda se executaba nos velatorios de Galicia a comezos do século pasado cando “los familiares y amigos del difunto se trasladaban a la habitación en la que estaba el cadáver y en torno a él formaban un corro, se cogían de la mano, y sin decir una sola palabra empezaban a dar vueltas y vueltas alrededor del muerto, aumentando progresivamente la velocidad de los giros sin dejar de imitar con la boca el zumbido del abejorro” (Fernando Alonso Romero, 2001, pp. 75-84).


Peculiar baile fúnebre, posiblemente estendido por todo o ámbito indoeuropeu, a pervivencia desta danza e ritual funerario, que de novo aparecería posiblemente por primeira vez, segundo penso, profusamente representada na Península Ibérica en claro contexto funerario, en ocasións xunto a explícitas esceas da "Caza Salvaxe", dende o Neolítico Atlántico ata (Las Malas Cabras, Los Buitres, etc.) a Idade do Bronce (estela funeraria de Ategua) podería constituír aquí outra proba admirable do "Inmobilismo Atlántico".


As interpretacións de obxectos de uso cotián como un posible presente por parte do morto para a divindade feminina que o acolle no Alén dificultanse pola recorrencia do obxeto de aseo persoal. Nos violadores de mámoas galegos a idea remota do matrimonio coa "Moura" aínda estaba, e está, presente dende a documentación medieval ao século XX. O valor etnográfico destes testemuños presentados (polos garimpeiros violadores furtivos de túmulos) ante o Xuíz foi xa percibido por Martínez Salazar, quen se preocupou no seu momento de transcribirnos: (4)


"Hilario Alonso había hallado allí una mujer descabellada y bestida de rraxa parda y los cabellos sueltos, y esto a bocanoche […], y que traía en la mano unos pocos de pelos, y que le dixera que qual le parescía mejor, aquello que ella traía en la mano o ella; e que él le respondiera que ella[…]: y entonces que ella le mandara que fuese a cabar al dicho otero de la mámoa de Segade y que hallaría un tesoro […] Que la dicha mujer que le llamó ansí a bocanoche le preguntó que cual le parecía mejor, ella o unas vueltas que trahía enlazadas en las manos, que parescía como horo, […] y este le respondió que mejor le parescía ella, y la susodicha le dixo: dichosa la madre que te parió; y dice que la dicha mujer era negra y fea y que hablaba por las narices." Ibidem.


A intensificación da fealdade de a moura, sempre fermosísima no imaxinario, hiperfurtivo (sic parodiando o cognicio dunha mitóloga) dos ladróns de túmulos funerarios galegos, indica que se conserva, reforzada, a idea do matrimonio entre a Deusa Nai e o heroe morto.


Á dificultade da lectura mítica do rexistro arqueolóxico do pente, engádese a imposibilidade de detectar costumes funerarias de enterros múltiples de individuos de diferente xerarquía e posición. Tal concorrencia de deposicións na diacronía do rexistro arqueolóxico (se non xa dende o Neolítico), ao menos dende Patroclo, sive potius Homero, a Viriato, enmascaran a individualidade da tumba indoeuropea.


Debemos considerar con cautela os enterros múltiples e aínda masivos nos túmulos. Ladeando a sua alma inmortal, os acompañantes do heroe deberían moitas veces ser considerados institucionalmente como mero enxoval funerario, segundo vemos nas testemuñas literarias e historiográficas da antigüidade que describen os sacrificios rituais dalgúns membros do séquito, rituais propios do ethos heróico ou da devotio ao caudillo.


A nosa percepción aberrante da norma social, do sacrificio ritual, enmascarado tras da morte honrosa no combate singular, nos funerais do corono, entre algúns campións do seu séquito ou corio, non pretende que, os nosos devanceiros, os participantes nas honras fúnebres, aceptasen de estar a realizar sacrificios humáns -como non o aceptarían, pese ter incluso máis motivo para elo, os que, salvando o ethos e as distancias, asisten hoxe coma testemuñas a unha execución na cadeira eléctrica ou de inxección letal-.


É habitual atopar os pentes funerarios asociados a espellos circunstancia que daría pé á errada leitura destes, ora atribuíndoos ao contexto dunha tumba feminina, ora, "o pente para a barba", á equipa de aseo do guerreiro.


A leitura mítica do obxecto non é facil cando o pente funerario aparece como axuar de parellas de ámbolos sexos, a interpretación e o embrollo deste rexisto sempre escaso e isolado enmascárase pola posible presenza do "sutti".


Os pentes aparecen xunto a fantásticos recipentes para conter ou misturar a bebida da enchente fúnebre, un, ás veces excesivamente rico, aparello de beber, local ou de importación. Circunstancias, tempos e aparello que con amplitude cronolóxica e detalles enormes podemos atopar na literatura, na plástica funeraria e ainda no tanatorio rexistro arqueolóxico europeu no que se asocian os pentes funerarios a carros, a armas e a louza de mesa (Carreira 2000; Arnold 1995, p. 50-51), a restos de cochos e ainda de enfeitados e enmascarados cabalos. Restos que semellan ilustrar toda a parafernalia faunística psychopompa e a simboloxía da Menié Hellequin, da "Sociedade do Oso", da "Santa Compaña" etc., que vemos representada con todo detalle nunha das placas do caldeiro de Gundestrup.


Coñecemos tamén a longa presenza do pente en túmulos de toda Europa desde o Bronce ao Ferro, e en contexto Atlántico o último deles se cadra, ainda que pola longa persistencia no tempo e na xeografía europea de toda esta materia aquí xoga escaso papel a sincronía, apareceu xunto a un espello na mencionada tumba de carro de Wetwang, Yorkshire, Inglaterra, do século II ou I a. C., asociado a outras tumbas con espadas, lanzas e escudos.

Sexa tolerable ou non o sostido nos precedentes parágrafos a propósito das violacións dos túmulos, o caso é que por mor das accións reseñadas, como demostramos en 1991, sendo incuestionable que se lle chame ás mámoas lacos cando presentan, as veces enormes, buracos de violación:


Laco, Lacuna - Lago ou Lagoa


Esta voz atópase en case tódos os diplomas que conteñen deslindes polo que, como dixemos en 1991, non ten nada de particular que a primeira vez que apareza esta denominación nun documento galego suceda no primeiro deles, o diploma SILONIS REGIS (sub die X kalendas septemberes Era DCCCXIIIª, 23 de Agosto do ano 775) polo que o rei Silo doa a varios relixosos entre os ríos Iube e o Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia e o Mera, no lugar de Lucis, un Celeiro, hoxe Celeiro de Mariñaos:


"[…] Ut darem eis locum orationi in cellario nostro qui est inter Iube et Masona, inter ribulum Alesancia et Mera, locum que dicitur Lucis determinatum de ipsa villa ubi ipse noster mellarius avitabit Espasandus, et per illum pelagum nigrum, et iusta montem que dicitur Farum, et per illas sasas alvas et per illa lacuna usque in alia lacuna, et usque ad petra ficta et per illa lagenam (Se non o estorbara a precisión matemática das cartas de deslindes (no hidrotropismo de tanto lago poderían, en boa hidrognósia escoliastas de Villar, decreta-la hidroloxía última para tanta lacuna e lagena da diplomática galega) et per ipsum villare que dicitur Desiderii et per illum arogium que dicitur Alesantiam et per alia pedra ficta qui stat im montem super Tabulata per ipsa strata qui esclude terminum usque in loco que dicitur Arcas, et arrogio que dicitur Comasio, cum omnen exitu et regreso suo, castros duos […]" (M. Cecilio Díaz y Díaz 1974, pp. 212 - 13). (5)


Como xa antes viran outros autores, nunha carta do 982, de Celanova, aparece sobre un destes lacos ou mámoas violadas mencionado un destes guerreiros galaicos, ao que poderían pertencer os fragmentos conservados do chamado Guerreiro de Caldas, sobre o seu túmulo:


"[…] quomodo dividet cum villa Sancta Columba, Ermigildi et Atanes et transit Limia ad patrono intra Mogaynes et Sancta Columba et feret in arca tras limia ad casam de Domno et per suis terminis ubi inveneritis lacos anticos et mamolas. Uno laco qui est tras Limia unde venit liniolo qui transit per Limia et venit inter Sancto Martino de Calidas et feret in cima de villa ad alio laco maior per suo liniolo ubi iacet efigiem hominis esculpta in petra (a primeira noticia dun grande túmulo da Idade de Ferro coa estatua do guerreiro sobre el) que testificat de laco in laco et inde per suos moliones firmissimos ad arca maior ad castro de Vemes et sic tornat per allios molliones et feret in fontem de mulieres deinde postea Mineo rio inter Villarino et monte longo per ubi fortissimi divisimos cum ipsos domnos iam prefactos in illorum grande concilio sub unos? andantes, et omnia bene considerantes atque certius dividentes et omnia firmissime permanentem statuentes devenimus ad arcas maiores de Sancta Eolalia inde primitur inquoavimus. Notum die ipsas kalendas octobris discurrentes tunc era XXª post Mª […]" (López Ferreiro 1899, p. 184). (6)


 


EFIGIEM HOMINIS ESCUPTA IN PETRA IN LACO MAIOR. GRANÍTICAS ESTATUAS DE GUERREIROS GALAICOS CON SAIOS DECORADOS


Obra latenián, celta, e principalmente do s. II a.C. non é tolerable que se sosteña por máis tempo que os guerreiros galaicos "son colaboracionistas romanos", nen que se consideren estatuaria romana. Non o son, como pretenden a presente indulgentia temporum e o victimismo (de supor que foran "colaboracionistas" os togati galaicoromanos de época posterior) malintencionado e culpable dalgúns. Non son retratos fachendosos de colaboracionistas dos romanos os guerreiros galaicos celtas, por terse alisado previamente séculos despois de que se fixeran para epigrafiar en latín inscripcións funerarias a superficie das caetras, dos saios e dos xeonllos. A adscripción cultural destas estatuas é celta, é latenián, é e prerromana. Eles non teñen culpa de levar sobrescritos textos funerarios en latín, ou de xénero diverso sobrescritos tres ou catros séculos dempois da súa realización, e ainda en épocas moi posteriores.


 


 


 


 


 





    


 


 


 











 


VERBO DUNHAS ESTATUAS DE GUERREIROS GALAICOS DE GRANITO CON SAIOS DECORADOS


Como no Antigo Exipto, en toda Europa expoliáronse e expólianse túmulos, e ainda que fora por excavar ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, un caso famoso constitúeo o relativamente recente expolio (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer quen chegou a desenterrar 19.490 obxectos.


A mencionada violación da necrópole de Hallstatt sería cousa anecdótica sen dúbida comparada co caso a principios do século XVII de Pedro Vazquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo e de considerarmos o alcance das aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia en todo tempo.


Pedro Vazquez de Orjás que, segundo o conta Martinez Salazar (BRAH. III. 1909), conseguira do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Ainda que como é de esperar é un misterio a contía do expolio, e ainda que o señor de Recemil e a ciencia do seu tempo non estaban en condicións de datarnos a idade dos túmulos, ou de facernos coma Ramsauer diarios de excavacións ou demoradas acuarelas como as encargadas polo intendente de minas ao seu amigo Isidor Engel, a experiencia expoliadora do señor crego, polo metodo do ensaio e do erro na avaliación de rendimentos (presumiblemente superior en resultados á dun arqueólogo actual que excava seguramente túmulos violados centos de veces), e polo alcance da mostra (case seis veces superior á de Ramsauer na necrópole de Hallstatt), Vazquez de Orjás si que estaría sequer intuitivamente, coma un cociñeiro cos centolos, en condicións de saber con antelación que túmulos eran productivos (posibles enterramentos individuais do Broce ou do Ferro?) e que túmulos non.


Poderían abranguer estas expoliacións mámoas -no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina “second oldest profession in the world”- que irían dende o Neolítico ata a Idade de Ferro (Arnold, 1995 p. 51), momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros galaicos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais?


Sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Cecais non o saibamos nunca.


É precisamente nos túmulos da Idade do Ferro, nas tumbas de carro onde supostamente aparecerían estatuas de guerreiros, como no resto da céltica as de Kilchberg ou de Ditzingen (Hirschlanden, Baden-Württemberg, da segunda metade do s.IV a.C.), representados heroicamente no mundo celta con torques, viriae, escudo armas e cinturón, similares aos galos de Mondragon (Vaucluse), unha heroización que na Gallaecia viría reforzada pola presenza da saia corta decorada con cadros dispostos ao "biés" de tradición Atlántica (remontable aos tecidos do Neolítico e a ambientes luxosos como eran a representación da decoración das paredes das tumbas simulando colgaduras e dos vestidos dos deuses dos ídolos placa), polo escudo ou caetra, polo luxo da camisa e da saia. Ninguén cunha mediana formación comparativista dubida do carácter funerario das estelas decoradas do suroeste peninsular da Idade do Bronce, que irían colocadas na parte alta do túmulo por máis que ningunha de elas fora encontrada no seu sitio, aparecendo sempre estas estelas reutilizadas en multiples lugares.


Algo parecido debería suceder ao noso modo de ver cos guerreiros galaicos, pensados para ser colocados encima dun túmulo funerario (túmulos testemuñados pola mencionada descripción do enterro de Viriato), representando a un nobre celta heroizado ao xeito indoeuropeu, isto é co torques de ouro, coas ostentosas viriae de varios touros tamén de ouro, co saio ou camisa-saia e ainda con saios de dúas pezas compostos de camisa con escote triangular posiblemente con bordados de ouro ou de prata, e dunha saia curta decorada con cadros de cores, a diferenza das actuais saias escocesas, dispostos ao "biés".


O feito de que a estatuaria antiga de bulto redondo galaica non estivera policromada, estándoo a estatuaria de comparables horizontes culturais Atlánticos e centroeuropeus, sería surprendente. Esta hesitación de ter lugar pódese aclarar cunha ollada aos debuxos que con extraordinario detalle conteñen unha análise descriptiva dos guerreiros da Gallaecia Bracarense e que figuran representados nas estampas CXX e CXXI. da monumental síntese intitulada “A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal” de Armando Coelho Ferreira da Silva.


Recoñecemos nun dos debuxos mencionados unha saia suxeita cun cinto. Son cinturóns con nervuras laterais e presiñas cecais metálicas e con apliques áureos, non é posible coñecer o tipo de fivelas ou placas activas coas que abrocharían estes cintos agochados tras as caetras, mais segundo se desprende da complexidade e aparello decorativo do aplique que no lombo serve de contrapunto ao cinto con forma de rodete, este peche dianteiro para abrochar o cinto sería unha complexa e luxosa placa ou fibela profusamente decorada, cousa imposible de demostrar por tapar, como dixemos, a caetra que sosten nun alarde marcial de frontalidade o guerreiro galaico, o peche do cinturón.


Considerando o precedente, ben que lonxano cecais do século VII a.C., da fibela ou placa de cinto atopada por Antonio de la Peña Santos no castro de Torroso (Mos, Pontevedra) de bronce con damasquinado de prata e pasadores de ferro, e outros, coa debida reserva que demanda o caso, podemos pensar que a fibela, a placa activa ou o peche de cinto estaría noblemente decorada.


Os detalles decorativos da placa discoidea lumbar do cinto dalgúns dos guerreiros galaicos son anteriores seguramente á conquista romana de Gallaecia; este é o caso do trisquel que aparece no guerreiro atopado no lugar de Campos por L. F. Guerra no ano de 1905, estando clarísimamente emparentado cos trisqueis motivos lateniáns británicos que decoran profusamente unhas pezas de vidro que un conservador do Museo Británico (I. M. Stead) considera pertencen a un xogo de competición presumiblemente similar ao parchís, que aparecen nunha tumba, excavada en Hertfordshire en 1965, de Welwyn Garden City.


Os guerreiros levan puñais triangulares, non necesariamente romanos ao aparecer este tipo de armas nunha área moi extensa de Europa da Idade de Ferro (Wandsworth p. e.), con pomo redondo, en vainas cecais con travesas de bronce rematadas con conteiras de perfil circular. Uns puñais ou espadas cortas en ocasións suspendidas do cinto por correas (Ferreira da Silva 305) similares senón estilistica ao menos funcionalmente ao puñal de 38 cms de longo xa desaparecido atopado no rio Witham e publicado en 1863 por A. W. Franks.


As caetras redondas que frontalmente sosteñen os guerreiros galaicos con umbos e decoración chamada "en labirinto" son idénticas ás que aparecen representadas nas moedas "de Carisio" acuñadas durante as chamadas Guerras Cántabras, flanqueadas de espadas de pomo redondo, de antenas, e ainda de falcatas, de lanzas e de cascos decorados con cornos de asta ou antenas e armaduras; o suposto labirinto é en realidade dun motivo decorativo de combinacións de cuadrantes semicirculares en torno a un motivo cruciforme que pode ter unha longa pervivencia dun modo comparable á chamada cruz celta.


Segundo a nosa interpretación do guerreiro galaico da citania de San Julião, Ponte Couceiro, Vilaverde, representado co nº4 da Estampa CXX de Ferreira da Silva, a decoración latenián de palmetas do segundo estilo Waldalgesheim da camisa ou saio con escote de pico non se corresponde coa tardía inscripción latina da caetra "MALCEINO DOVILONIS F." que sería cecais uns catrocentos anos posterior á confección da estatua.


O nobre ou príncipe (estatus establecido pola fachenda con que, dun modo similar aos deuses, lucen os guerreiros galaicos o torques ao colo e as viriae nos brazos, aparecería aquí vestido cun saio de dúas pezas como se aprecia con facilidade nos guerreiros galaicos ornamentados con decoracións derivadas das palmetas e das flores de loto etruscas, ou greco italianas chegadas ao Atlántico e ás Illas Británicas pola vía do tráfico mercantil e ideolóxico, decoración adscribible ao chamado estilo I ou ao estilo II dun arte insular celta estudado por Paul Jacobsthal, por J. M. de Navarro, e recentemente por J. V. S. Megaw & M. Ruth Megaw.


Se resulta frívolo soster polas boas que toda a estatuaria castrexa é da época romana, atribuir esta estatuaria a supostos colaboracionistas romanos é unha necedade. Son obra galaica os bronces votivos sacrificiais da Gallaecia (verdadeiras obras mestras da arte Atlántica á cera perdida da Idade do Ferro), datable por Blanco Freixeiro no S. III a.C. e contemporáneas das estatuas dos príncipes celtogalaicos que presentan decoración latenián, e ainda puideran ser realizados estes bronces votivos sacrificiais para conmemorar as cirimonias da súa entronización.


Un dos dous guerreiros galaicos que aparecidos no lugar de Outeiro Lezenho, Vasconcelos, serían gardados no adro da igrexa parroquial de Cobas de Barroso, antes de conservarse no Museu Nacional de Arqueologia e Etnologia de Lisboa, ambos os dous probablemente da mesma man segundo Ferreira da Silva (pp.305, nº546/2) que os dibuxa demoradamente, presenta a típica camisa longa ou saio cun escote en ángulo ornamentado con motivos xeométricos de circos concéntricos encadeados, motivos decorativos antigos, bastante desgastados no tronco, e con escaqueado de liñas oblicuas con losanxos inscritos na saia.



Son precisamente os tecidos en cadro ao "biés" que aquí presentamos, os panos dos que fala Diodoro Siculo para os galos e Plinio o Vello (Mª. Jesús Carrera Arós 2000, en prensa) para os lusitanos cando referíndose ás lás de Salacia incómodas para confeccionar tecidos de longos flecos dí en troques que resultan moi apropiadas para os tecidos en cadro.


 


Interpretación e vista traseira da decoración lateniana de palmetas do segundo estilo Waldalgesheim da camisa ou sagum con escote de pico do guerreiro galaico da citania de San Julião, Ponte Couceiro, Vilaverde, representado co nº 4 da Estampa CXX, a tardía inscripción latina da caetra "MALCEINO DOVILONIS F." e uns catrocentos anos posterior á confección da estatua



Abaixo con decoración do segundo estilo de Waldalgesheim, os "Chevrons" ou "dentes de lobo" que indican a utilización na Gallaecia do tear de catro barras, pódense ver nun guerreiro galaico de Outeiro Lezenho, parroquia de Campos, concello de Boticas. Sería posible que certo parentesco de motivos decorativos presente na estatuaria de Outeiro Lezenho respondera incluso a tipoloxías familiares sendo constatable a concomitancia decorativa dos losanxos nas mencionadas estatuas principescas.



Bótase en falta nestas representacións a capa de liño, de lá ou de picote: o propiamente nomeado como sagum que á altura da clavícula dereita iría prendida dunha grande fivela. Pero "facendo da capa un saio" esta verba sagum, curiosamente non deixou a súa pegada na capa senón no saio ou longa camisa, ou a camisa e a saia corta, respondería a un intento de heroizar ao príncipe defunto, e probablemente formaba parte do atuendo militar da nobreza celta da antiga Gallaecia.


Ainda que a espida forma do saio ou da camisa e a saia prefírese nas representacións plásticas por respostar mellor ao ethos heróico, coas camisas empregaríanse tamén pantalóns, as brachae ou cirolas suxeitas cunha faixa, tal e como na "Historia Ilustrada de Narón" (E.Merlán, A.Pena e A.Filgueira) representámolos para ilustrar unha célebre cita de Estrabón, e ainda coñecemos polo rexistro a modo de pasadores para suxeitar as camisas de liño unha especie de trabelas de bronce.


Se temos en conta que a chaqueta corta e o pantalón do actual traxe popular galego foi introducida en Galicia nos arredores da vila do Ferrol a finais do século XVIII, tiveron estas prendas longa duración sendo posible que o atuendo popular do labrego: camisa, cirolas, faixa e capote, variara moi pouco ao longo do tempo, e ainda que os cambios no atuendo feminino son outra danza, non hai que esquecer que a dona galega, segundo as fontes clásicas, xa daquela vestía de negro e levaba a saia adornada con froles bordadas; tampouco é novidade que estas bailaran coma hoxe en roda, ou que fixeran pandeiradas batendo no escudo pendurado do pescozo coas máns os homes, ao parecer aturuxando e bailando marcando o punto cos pes no chan, alterno pede, dúas veces cun pé e unha co outro e axionllándose. Neste contexto non é surprendente que o profesor emérito bretón da UBO, Robert Omnès, sostivera que ao igoal que sucede coas tríadas bretonas, a pandeirada galega fose música militar.


Ladeando os problemas da orixe da saia escocesa emparentada cecais con aqueles tecidos dos príncipes celtas estudados polos aqueólogos nos anos noventa (Bender, L. 1992); (Masurel, H. 1990); (Moulherat, C 2000); (Wayland Barber, E. 2001 ed. Esp.), non deixa de ser unha coincidencia o feito de que a excepción dos cadros ao "biés" do chamado Heroon de Glanum de St. Rémy-de-Provence, do s. III a.C., a primeira vez que aparece representada na plástica Céltica Atlántica, a saia de cadros, é precisamente nos cadros ao "biés" de tradición Atlántica dos Guerreiros Galaicos. E casualmente, como xa sinalara Untermann, isto sucede tamén coa propia voz "Celta" que agás a célebre cita de César nos Comentarios á Guerra das Galias, non se encontra recollida na Idade do Ferro en ningún outro país da Céltica mentres que en Galicia a voz "Celta" e "Céltico" está profusamente representada en numerosas inscripcións nos antropónimos, topónimos e teónimos.

















Cadros "escoceses" das minas de sal de Hallstatt, Austria. Naturhistorisches Museum, Viena 1200-400 a.C.



Sarga de lá con cadros "escoceses" atopada en China occidental ca. 1200-700 a. C.



Segundo se desprende dun recente artigo do mencionado Chistophe Moulherat (7), arqueólogo especialista en textís antigos, pois ainda que se testemuñan nunha amplia área xeográfica, dende as minas de sal de Hallstat en claro contexto celta os cadros "escoceses" como amosan uns tecidos de sarga perfectamente conservados cunha cronoloxía dende o ano 1200 a.C. ao 400 a.C, estes abranguerían -como ven de estudiar Elizabeth Wayland Barber de quen tomamos os precedentes exemplos- incluso ata o corazón de Asia, como sen discusión amosan as roupas que visten as momias de Ürünchi na rexión de Vigur na China occidental, momias indoeuropeas de cabelos loiros e de posible fala tocaria, lingoa esta ultima que formando parte do protoindoeuropeu ao tempo que, sospeitosamente sen gardar parentesco coas lingoas indoeuropeas orientais, presenta surprendentes afinidades coas lingoas célticas que se falaban no Atlántico, e ainda co latín.


Co dito nos precedentes parágrafos podemos aventurar que o berce probable de estes motivos decorativos dos teares indoeuropeus de catro barras, nos precedentes motivos dos teares de dúas barras do Neolítico Atlántico, é abondo posible, como amosarían as pinturas dos dólmens galegos que xa temos mencionado noutro lugar e tempo, representarían, seguramente, esquevomorfos de estampados de tecidos e de colgaduras, que repetíndose asemade na profusa decoración dos ídolos placa do Neolítico Atlántico peninsular -que aparecerían tamén nos considerados cetros ou báculos de mando- sería indicativa de motivos e de cores de roupas (amable comunicación de Luís Monteagudo García).


Como non deixa de suxerilo xa Wayland Barber a propósito das momias de Ürünchi, estes cadros e cores das roupas cecais a traverso da combinación das mesmas cores dos tecidos en cadro poideran ser indicativas do rango e da liñaxe de quen os porta, do nobre que con fachenda cecais empregaría no propio cetro os cadros e as cores -no rebumbio "melusino" das xenealoxías celtas- cecais indicativos da mesma divinidade da que, dende a noite dos tempos, a sua liñaxe consideran descender. Mais para Christophe Moullerat, arqueólogo especialista en textís, a diferenza do tecido de cadros, de maior antigüidade, os motivos de losanxos que portan nas saias e nos saios os guerreiros galaicos, cecais similares aos que posiblemente elaboraban as teceláns lusitanas coas célebres lás de Salacia, non se desenvolverían con anterioridade ao século IX a.C., data do desenvolvemento da técnica da lanzadeira volante e do tear de catro barras que permite novos entrelazos dos fios, e de novos sistemas de tintura.













Reconstrucción dun tecido de sarga de cadros “escoceses” de seis cores da mesma data e procedencia segundo E. Wayland



Grazas a esta evolución do tear, as armaduras (ou esquemas de tecido), segundo Moullerat (8) "diversifícanse, sendo a principal o asargado que consiste en producir esquemas oblicuos ou diagonais alterando o ritmo normal de entrecruzado fio a fio, de urdimbre e trama […] o asargado é básico para a confección de motivos como os dentes de lobo (Chevrons) e losanxos, moi propios tamen de este momento" (estase a referir aos séculos que van do IX ao IV).


Os celtas antigos empregaban numerosas fibras sobre todo a lá e os pelos de diversos animais (a gamuza, o porco, o boi, a delonciña e o porco teixo), e as fibras vexetais como a ortiga, o liño e o cáñamo, como amosan, documentadísimos na Europa continental envolvendo, os enxovais, armas e vaixela de mesa convintemente arranxada, os restos non mineralizados de tecidos, ben que escasos, coma os atopados na tumba da primeira Idade do Ferro do principe de Hochdorf (Alemaña) ou dunha tumba principesca de Vix (Côte-d`Or) -onde apareceran tamén restos de seda-, testemuñándose os aristocráticos losanxos nestes tecidos presentes tamén nas embalaxes de enxovais de moitas tumbas celtas -sinalando neste sentido Moulherat as excavacións das tumbas de Apremont (Haute-Saone), en Sainte Colombe e as de Trembloi (Côte-d'Or)- excavadas en Francia.


 


CONCLUSIÓN













Estela funeraria de Apana, filla de Ambollo, Céltica Supertamárica (Museo de Lugo)



Xeralizándose entre a nobilitas provincial, que non provinciana, a moda e a onomástica imperial, substituiríase pola toga galaico-romana o sagum indíxena, e o saio con cadros ao biés. O fenómeno continuaría ao adoitar as elites colonizadas os nomes e os modos dos dominadores romanos, considerados máis finos, nun proceso abondo familiar aos galegos de hoxe, de lembrar nosas novidosas Jessicas, Vanessas e Jonatanes, enxebres pola súa extensión e difusión que suplantan no afecto popular aos (no seu día) non menos novidosos nomes de Dolores ou de Lola, de María ou de Maruxa, de Carme, de Xosé ou de Pepiño, e a un amplo santoral tradicional longo de enumerar, substitutivos das (avellentadas novidades onomásticas chegadas cós suevos periclitadas nas urbes e no campo coa entrada da modernidade) Hermesendas, das Visclávaras, dos Munios e dos Froilas.


Renegando aos poucos dos familiares apelativos de Caturo, de Camalo, aínda de Burro, prestixioso nome significando posiblemente en lingua indíxena "pelo crecho", [hoxe sei que é verba celta gal. *gwr, "varón", gwrraca "muller"] coma o dun lobo, os señores galegos durante a ocupación romana adoitaron os nomes de Victorinus (seguramente traducción latina do mencionado Caturus), ou de Hirsutus, cecais a latinización do anterior Burrus.


Coma quer que fose os cambios formais nos nomes afectaron tamén aos vestidos, substituídas as Apanas e as Arabas celtas das liñaxes galegas polas non menos liñaxistas Iulias e Livias. Se quer por unha vez elas non tiveron a culpa.


Considerando o nobre Galaico superior á súa morixerada (dura et adstricta parsimonia) cultura celta o mol costume do dominador romano, o ancestral uso de lucir os señores do país saias de cadros ao biés desaparece para sempre, e, de ter lugar, a posible tradición non menos inveterada de distinguirse con eles.


Continuando o vestir as mulleres de negro e con saias floreadas e os homes co uso da camisa, da faixa e das cirolas, en nada afectarían estes cambios aos campesiños e ás campesiñas, nen á esencial mantenza dos usos e das costumes xurisdiccionais e das simboloxías heráldicas de tradición celta, nos castros e nas aldeas (vici, pagi aut castella) das tribos galegas.


*        *        *

Para la cara Canto, (–de doutor a doutora-, no es por enredar) que ya le sabemos que el sagum es la capa con o sin capucha, de ahí el Sagio ab exigendo dictus que Spelmann nos muesta en su Glosarium.


Pero non lle sabemos de onde veñen as verbas saia e saio? Pois posiblemente do mesmo sitio de onde veñen cesta (grande, bonita, fina) cesto (pequeño, basto), ponte (grande, de piedra) ponto ( pequeno, de madeira)  Axiña actualizaremos este artigo, dando unha datación máis antiga aos guerreiros –os esgrafiados son posteriores- amosaremos fragmentos de guerreiros con cabezas Mickey Mouse e sorrisos Chesire Cats, e ainda un fragmento dun guerreiro en indefectibel pose funeraria, coa man no peito.


  Notas:


(1)   Traducción particular de Luis Monteagudo García.


(2) Martínez Salazar BRAH. III. 1909.


(3) M. Almagro Basch. 1966, VIII.


(4) Martínez Salazar, A. 1909, pp.218-219 in Marcos Martinón Torres "Análisis historiográfico del Megalitismo Gallego", Tese de Licenciatura, Santiago 1999.


(5) Manuel Cecilio Díaz y Díaz 1974 pp. 212- 13.


(6) In Antonio López Ferreiro 1899, Apén. pp 184. Tomo II.


(7) Moulherat, Christophe, 2000, "Los Tejidos de los Príncipes Celtas". Revista Investigación y Ciencia, agosto de 2000 pp. 22-29.


(8) Moulherat, Christophe, 2000, Obra citada.


 


© André Pena - www.andrepena.org



Páxina principal | Publicacións | Biografía | Contacto


    


 


 






_uacct = "UA-2767327-2";
urchinTracker();

 

Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 FQS 11 de abr. 2008

    CITA DEL ARTICULO: "Non son celtíberos, son os hieráticos retratos de guerreiros celtas locindo un torque ao colo e no seu saio, un particular deseño antecedente do tartan escocés. Posteriormente, no ano 2003, en Madrider Mitteilungen, ao longo de 533 páxinas, diversos autores confirmaron básicamente as nosas autopsias sobre esta estatuaria".



    Como autor de uno de los trabajos citadosdel Madrider Mitteilungen , y asistente y ponente al Congreso de Lisboa donde se gestó el volumen, debo decir que la clasificación simplsita como 'guerreros celtas' no es fue modo alguno confirmada ni por mi, ni por los diversos autores. La cosa es mucho más compleja. Y las armas, desde luego, no son en modo alguno 'celtas'.


    Cordialmente


     

  2. Hay 1 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba