Autor: André Pena Granha
miércoles, 09 de abril de 2008
Sección: Protohistoria
Información publicada por: crougintoudadigo
Mostrado 53.055 veces.
Guerreiros Galaicos con saios decorados
Este es un viejo artículo. El autor, que actualmente se encuentra reelaborando el tema, retrotrayendo la edad de los guerreros, sostiene que estos guerreros fueron colocados sobre túmulos desaparecidos bajo la codiciosa piqueta del buscador de tesoros.
Ouro dos Mouros
Páxina principal | Publicacións | Biografía | Contacto Verbo dunhas Estatuas de Guerreiros Galaicos de Granito con Saios Decorados Os chamados GUERREIROS GALAICOS, da actual Galicia e norte de Portugal, son herdeiros nunha antiga terra, da tradición inaugurada polos seus pais e os seus avós da Idade do Bronce e do Neolítico. Moitas desas estatuas, poucas veces con casco, levan un escudo e un puñal. Non son celtíberos, son os hieráticos retratos de guerreiros celtas locindo un torque ao colo e no seu saio, un particular deseño antecedente do tartan escocés. Este é un resumo do traballo de investigación publicado primeira vez no ano 2000 no Anuario da Gaita, páxinas 15-18, e logo no 2001 no Anuario Brigantino nº24, páxinas 39-60. Posteriormente, no ano 2003, en Madrider Mitteilungen, ao longo de 533 páxinas, diversos autores confirmaron básicamente as nosas autopsias sobre esta estatuaria. Sinalando dende tempos inmemoriais os límites xeográficos das diferentes demarcacións locais, as mámoas e as pedrafitas convertéronse pola súa antigüedade e visibilidade nos puntos de referencia favoritos dos antigos. O que parece unha máxima: "esta terra é nosa porque aquí están os túmulos Na Idade do Bronce, xa con soporte factográfico, pódemos observar o alcance indoeuropeu do hábito de empregar as mámoas para demarcar, por primeira vez nun rexistro Europeu, nas honras fúnebres de Patroclo, no túmulo ou, mellor dito, nas espidas pedras da posible cámara dolménica que aparecen descritas na Ilíada: "Vou" -dí Nestor- "amosarche cal vai ser a meta, inda que é doada de mirar, e non che pasará inadvertida: aló por riba do chan érguese, e tan alto coma unha braza, un tronco seco, ben chantado e ergueito, dunha aciñeira ou dun piñeiro que a choiva non apodreceu; dúas pedras ben brancas entálano, unha a cada banda en pleno estreitamento do camiño, e acalcada dunha e doutra parte exténdese a pista para carros; a tumba é dun mortal hai tempo morto, ou, ao cabo, un marco posto polos antigos, e son a meta que o divino Aquiles, o dos pés veloces, vos puxo." (Homero Ilí. XXXIII, 326-34). (1) Corias en lingoa indíxena e termini en latín, estes marcos despregan en ocasións un complexo inmobiliario arqueolóxico que mostra ora mesas ofertorias do Neolítico final, inzadas na súa superficie con petroglifos de "cazoletas" chamados nos documentos medievais burgarios, ora túmulos do Neolítico nomeados en latín medieval lacos anticos, lacunas, lacunellas (véxanse nos montes galegos os topónimos Lagoa, Lagoela, etc.), mamolas.
LACOS ET MAMOLAS Cando as fontes falan de lacos anticos et mamolas, a diferenza entre estes dous conceptos débese ao feito de que un laco (sic) é sempre un túmulo que presenta buraco de violación, esta apertura de túmulos poido producirse ao día seguinte do enterro, quedando a pegada desta actividade en forma de grandes furados (lacos) que poden alterar ou acabar en ocasións con moitos túmulos excavados A máis antiga referencia a este inveterado costume podería estar, de certo, no Códice Calixtino, do s. XII, onde no capítulo VII dise, tras falar de que a terra dos galegos é rica en ouro, prata, peles de animais salvaxes e outras riquezas, que ainda é moi rica en “tesouros dos mouros” gacis sarracenicis, por ser posiblemente comparables o feito de furar nas mámoas (en xeografía mítica popular celtoatlántica, esto ven significar entrar no alén e apañar os tesouros pertencentes aos seres e razas míticas, ás veces evocándoos ou conxurándoos lendo e deslendo libros e fórmulas máxicas) apañando o ouro, ao feito de abrir galerías á percura dos filóns auríferos. En toda Europa expoliábanse túmulos e o relativamente recente caso (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer foi famoso por ter excavado ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, chegando a desenterrar 19.490 obxectos. Cousa cativa sen dúbida se temos en conta que entre as aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia, conta Martinez Salazar (1909) (2) o caso de Pedro Vázquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo, que a principios do século XVII conseguiu do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Se o señor de Recemil non tivo moito éxito en resultados é de supor que os seus emuladores, e moitos máis antes que eles, si que o terían e proba delo sería o Tesouro de Caldas que pensamos é un claro ocultamento do ouro recollido en multitude de túmulos por parte do expoliador. Se Pedro Vázquez de Orjás, como pasa hoxe tamén, cando os violadores de túmulos non son profisionais da arqueoloxía, non estaba capacitado para datar a idade dos túmulos, logo a experiencia destes expoliadores, supostamente superior en alcance e -de novo co Tesouro de Caldas como paradigma- en resultados á dun arqueólogo actual, seguramente si que estaba, polo alcance da mostra, sequer intuitivamente en condicións de saber que túmulos eran productivos ¿posibles enterramentos individuais da Idade do Ferro ou do Bronce? e que túmulos non. Ainda que por empregarse a técnica da cera perdida no fundido dalgunhas pezas avánzase agora ata o 1500- ¿Non sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Segundo o vemos teriamos unha evidencia destas violacións no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina "second oldest profession in the world" no achado casual do acobillo dun destes probables expolios de tesouros de comezos da Idade do Bronce, presuntamente agachado polo propio expoliador, no xa mencionado Tesouro de Caldas. Reforzado xa se cabe o arrecendo do ortodoxo contexto cabaleiresco indoeuropeu pola presenza masiva dos xa claros precursores de torques e de viriae, podería, ainda sendo cuestionable, desprenderse do Tesouro de Caldas, nese aureo alarde simbólico dos obxectos conservados, a idea de expolios moi antigos e de diversas épocas de tumbas principescas. Movendo esta circunstancia e primitivismo, mesmo dando pé ao estudoso privado dun contexto institucional que bule após o ethos cabaleiresco indoeropeu, a pensar en pezas sincrónicas, ou incluso inacabadas, como a medio facer dun orfebre itinerante. Da elaborada vaixela de ouro do banquete funerario, do pente votivo (que se acompañaría cecais dun espello) posiblemente ofrendado á Divindade feminina encarregada de conducir ao heroe morto ata o seu pazo no Outro Mundo. Cunhas lecturas comparativistas dos usos e dos costumes funerarios Atlánticos, dos potes de ouro adscribibles ao Calcolítico, indicativas da relevancia social de quenes foron quen de usalas posiblemente no derradeiro banquete, interpretar o acobillo de Caldas como resultado de múltiples espolios de tumbas principescas é razonable. Trátase seguramente dun pente votivo, o pente que empregará unha vella divindade indoeuropea da soberanía, convertida, e a acción evanxelizadora dos monxes xogou aquí o seu papel, convertida polo folclore en A Moura, a mítica moradora dun mundo subterráneo que en busca dun esposo anualmente retorna a este mundo ao mencer do día solsticial de San Xoán. É a Deusa Nai mesma, nova e vella, virxe e nai, raíña e labrega, é a encarnación (Pena 1995, pp. 48-53,cf. Fernando Alonso Romero "A Moura constructora de megalitos") da Terra e do País, a Soberanía que A Grande Raiña (Rhiannon/Epona) que na súa cita anual agarda ao xeneroso esposo merecedor no Alén de compartir con ela o seu amor e os seus tesouros. O pente como regalo nupcial lonxe de servir para pentear a barba do difunto, sería aquí ofrecido polo heroe morto á deusa soberana que o ven buscar, o escolle, o reclama, o monta no seu cabalo e (este e o sentido simbólico dos avelurios da inmortalidade que leva Epona na man) condúceo á súa mansión no luminoso paradiso de Eterna Xuventude e Boa Ventura. O pente de ouro do Tesouro de Caldas, indefectiblemente asociado ao ambiente heróico das tumbas de carro do Bronce e do Ferro, debería pola súa posible significación na topografía institucional do enxoval psicopompo servir de base para, en tempos tan temperáns revelarnos a dimensión, o alcance e a profundidade das institucións indoeuropeas, e, maila distancia temporal que separan entre sí a algúns obxectos de ouro do posible expolio, posibilitar que todo o conxunto poida adquirir unha máis ou menos sólida coherencia institucional e ainda, porque a súa simboloxía intrínseca -con este elemento a probabilidade de certeza dos asertos contidos nos precedentes parágrafos é considerable- abrir camiños nunca pisados antes na comprensión dos temas interpretativos dos nosos petroglifos (un valor enorme agora cos poderosos instrumentos e coa axuda de surprendentes liñas inmobilistas ou continuistas de investigación etnográfica comparativista de Fernando Alonso Romero e de Ladislao Castro Pérez). Atopamos o simbólico agasallo do pente asociado posiblemente no Atlántico a un ambiente funerario, cecais por primeira vez en Europa, nun petroglifo sobre un outeiro, altar de pedra chamado "Pedra das Procesións da Auga da Laxe", en Gondomar, Pontevedra, que domina xerárquicamente outros menores. Estes outeiros son o centro simbólico da Terra, non falo por falar, e asemade lugar de tránsito vertical entre o mundo dos vivos e dos mortos, ao Outro Mundo; esto é a traverso dunha verdadeira Porta do Hades agachada na propia pedra, río, mámoa ou fonte, acceso directo das ánimas cara o paradiso, ponte tendida entre o mundo dos vivos e dos mortos que só se abre dende o Outro Lado, porta pola que saira (de nuguis curialum I, II) segundo refire Gautier Map a Herlatingi. Seguramente asociado a un ambiente funerario, o pente aparece na Auga Engadida no Bronce Final ao programa iconográfico da Pedra das Procesións, aparece unha espada aparentemente pistiliforme ou de lingoa de carpa, e esta circunstancia, en sinerxía coa existencia de posibles elementos (amable comunicación personal do profesor Carracedo) trazadores inmobilistas e autoctonistas da antropoloxía xenética galega, (segundo parece compartidos en parte coa maioría da área occidental da Península Ibérica) indicaría, sen Esta podería ser a razón pola que a primitiva concepción simbólica rexistrada xa no Bronce Inicial seguiría probablemente vixente ao final deste perídodo -ao igoal que sucedía con outros inmobiliarios simbólicos do Atlántico, como Stonenhe utilizado segundo Timoty Darvill dende o 4.000 ata o "O Abellón" aínda se executaba nos velatorios de Galicia a comezos do século pasado cando “los familiares y amigos del difunto se trasladaban a la habitación en la que estaba el cadáver y en torno a él formaban un corro, se cogían de la mano, y sin decir una sola palabra empezaban a dar vueltas y vueltas alrededor del muerto, aumentando progresivamente la velocidad de los giros sin dejar de imitar con la boca el zumbido del abejorro” (Fernando Alonso Romero, 2001, pp. 75-84). Peculiar baile fúnebre, posiblemente estendido por todo o ámbito indoeuropeu, a pervivencia desta danza e ritual funerario, que de novo aparecería posiblemente por primeira vez, segundo penso, profusamente representada na Península Ibérica en claro contexto funerario, en ocasións xunto a explícitas esceas da "Caza Salvaxe", dende o Neolítico Atlántico ata (Las Malas Cabras, Los Buitres, etc.) a Idade do Bronce (estela funeraria de Ategua) podería constituír aquí outra proba admirable do "Inmobilismo Atlántico". As interpretacións de obxectos de uso cotián como un posible presente por parte do morto para a divindade feminina que o acolle no Alén dificultanse pola recorrencia do obxeto de aseo persoal. Nos violadores de mámoas galegos a idea remota do matrimonio coa "Moura" aínda estaba, e está, presente dende a documentación medieval ao século XX. O valor etnográfico destes testemuños presentados (polos garimpeiros violadores furtivos de túmulos) ante o Xuíz foi xa percibido por Martínez Salazar, quen se preocupou no seu momento de transcribirnos: (4) "Hilario Alonso había hallado allí una mujer descabellada y bestida de rraxa parda y los cabellos sueltos, y esto a bocanoche […], y que traía en la mano unos pocos de pelos, y que le dixera que qual le parescía mejor, aquello que ella traía en la mano o ella; e que él le respondiera que ella[…]: y entonces que ella le mandara que fuese a cabar al dicho otero de la mámoa de Segade y que hallaría un tesoro […] Que la dicha mujer que le llamó ansí a bocanoche le preguntó que cual le parecía mejor, ella o unas vueltas que trahía enlazadas en las manos, que parescía como horo, […] y este le respondió que mejor le parescía ella, y la susodicha le dixo: dichosa la madre que te parió; y dice que la dicha mujer era negra y fea y que hablaba por las narices." Ibidem. A intensificación da fealdade de a moura, sempre fermosísima no imaxinario, hiperfurtivo (sic parodiando o cognicio dunha mitóloga) dos ladróns de túmulos funerarios galegos, indica que se conserva, reforzada, a idea do matrimonio entre a Deusa Nai e o heroe morto. Á dificultade da lectura mítica do rexistro arqueolóxico do pente, engádese a imposibilidade de detectar costumes funerarias de enterros múltiples de individuos de diferente xerarquía e posición. Tal concorrencia de deposicións na diacronía do rexistro arqueolóxico (se non xa dende o Neolítico), ao menos dende Patroclo, sive potius Homero, a Viriato, enmascaran a individualidade da tumba indoeuropea. Debemos considerar con cautela os enterros múltiples e aínda masivos nos túmulos. Ladeando a sua alma inmortal, os acompañantes do heroe deberían moitas veces ser considerados institucionalmente como mero enxoval funerario, segundo vemos nas testemuñas literarias e historiográficas da antigüidade que describen os sacrificios rituais dalgúns membros do séquito, rituais propios do ethos heróico ou da devotio ao caudillo. A nosa percepción aberrante da norma social, do sacrificio ritual, enmascarado tras da morte honrosa no combate singular, nos funerais do corono, entre algúns campións do seu séquito ou corio, non pretende que, os nosos devanceiros, os participantes nas honras fúnebres, aceptasen de estar a realizar sacrificios humáns -como non o aceptarían, pese ter incluso máis motivo para elo, os que, salvando o ethos e as distancias, asisten hoxe coma testemuñas a unha execución na cadeira eléctrica ou de inxección letal-. É habitual atopar os pentes funerarios asociados a espellos circunstancia que daría pé á errada leitura destes, ora atribuíndoos ao contexto dunha tumba feminina, ora, "o pente para a barba", á equipa de aseo do guerreiro. A leitura mítica do obxecto non é facil cando o pente funerario aparece como axuar de parellas de ámbolos sexos, a interpretación e o embrollo deste rexisto sempre escaso e isolado enmascárase pola posible presenza do "sutti". Os pentes aparecen xunto a fantásticos recipentes para conter ou misturar a bebida da enchente fúnebre, un, ás veces excesivamente rico, aparello de beber, local ou de importación. Circunstancias, tempos e aparello que con amplitude cronolóxica e detalles enormes podemos atopar na literatura, na plástica funeraria e ainda no tanatorio rexistro arqueolóxico europeu no que se asocian os pentes funerarios a carros, a armas e a louza de mesa (Carreira 2000; Arnold 1995, p. 50-51), a restos de cochos e ainda de enfeitados e enmascarados cabalos. Restos que semellan ilustrar toda a parafernalia faunística psychopompa e a simboloxía da Menié Hellequin, da "Sociedade do Oso", da "Santa Compaña" etc., que vemos representada con todo detalle nunha das placas do caldeiro de Gundestrup. Coñecemos tamén a longa presenza do pente en túmulos de toda Europa desde o Bronce ao Ferro, e en contexto Atlántico o último deles se cadra, ainda que pola longa persistencia no tempo e na xeografía europea de toda esta materia aquí xoga escaso papel a sincronía, apareceu xunto a un espello na mencionada tumba de carro de Wetwang, Yorkshire, Inglaterra, do século II ou I a. C., asociado a outras tumbas con espadas, lanzas e escudos. Laco, Lacuna - Lago ou Lagoa Esta voz atópase en case tódos os diplomas que conteñen deslindes polo que, como dixemos en 1991, non ten nada de particular que a primeira vez que apareza esta denominación nun documento galego suceda no primeiro deles, o diploma SILONIS REGIS (sub die X kalendas septemberes Era DCCCXIIIª, 23 de Agosto do ano 775) polo que o rei Silo doa a varios relixosos entre os ríos Iube e o Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia e o Mera, no lugar de Lucis, un Celeiro, hoxe Celeiro de Mariñaos: Como xa antes viran outros autores, nunha carta do 982, de Celanova, aparece sobre un destes lacos ou mámoas violadas mencionado un destes guerreiros galaicos, ao que poderían pertencer os fragmentos conservados do chamado Guerreiro de Caldas, sobre o seu túmulo:
EFIGIEM HOMINIS ESCUPTA IN PETRA IN LACO MAIOR. GRANÍTICAS ESTATUAS DE GUERREIROS GALAICOS CON SAIOS DECORADOS Obra latenián, celta, e principalmente do s. II a.C. non é tolerable que se sosteña por máis tempo que os guerreiros galaicos "son colaboracionistas romanos", nen que se consideren estatuaria romana. Non o son, como pretenden a presente indulgentia temporum e o victimismo (de supor que foran "colaboracionistas" os togati galaicoromanos de época posterior) malintencionado e culpable dalgúns. Non son retratos fachendosos de colaboracionistas dos romanos os guerreiros galaicos celtas, por terse alisado previamente séculos despois de que se fixeran para epigrafiar en latín inscripcións funerarias a superficie das caetras, dos saios e dos xeonllos. A adscripción cultural destas estatuas é celta, é latenián, é e prerromana. Eles non teñen culpa de levar sobrescritos textos funerarios en latín, ou de xénero diverso sobrescritos tres ou catros séculos dempois da súa realización, e ainda en épocas moi posteriores. |
VERBO DUNHAS ESTATUAS DE GUERREIROS GALAICOS DE GRANITO CON SAIOS DECORADOS Como no Antigo Exipto, en toda Europa expoliáronse e expólianse túmulos, e ainda que fora por excavar ao longo de 17 anos 890 túmulos na necrópole de Hallstatt, un caso famoso constitúeo o relativamente recente expolio (1846) do intendente de minas Johan Georg Ramsauer quen chegou a desenterrar 19.490 obxectos. A mencionada violación da necrópole de Hallstatt sería cousa anecdótica sen dúbida comparada co caso a principios do século XVII de Pedro Vazquez de Orjás, crego, señor do couto de Recemil en Lugo e de considerarmos o alcance das aperturas masivas de mámoas rexistradas en Galicia en todo tempo. Pedro Vazquez de Orjás que, segundo o conta Martinez Salazar (BRAH. III. 1909), conseguira do rei Filipe III no ano 1609 unha cédula para abrir as mámoas e coller os tesouros dos gentiles galigrecos, superando a expoliación as tres mil cámaras. Ainda que como é de esperar é un misterio a contía do expolio, e ainda que o señor de Recemil e a ciencia do seu tempo non estaban en condicións de datarnos a idade dos túmulos, ou de facernos coma Ramsauer diarios de excavacións ou demoradas acuarelas como as encargadas polo intendente de minas ao seu amigo Isidor Engel, a experiencia expoliadora do señor crego, polo metodo do ensaio e do erro na avaliación de rendimentos (presumiblemente superior en resultados á dun arqueólogo actual que excava seguramente túmulos violados centos de veces), e polo alcance da mostra (case seis veces superior á de Ramsauer na necrópole de Hallstatt), Vazquez de Orjás si que estaría sequer intuitivamente, coma un cociñeiro cos centolos, en condicións de saber con antelación que túmulos eran productivos (posibles enterramentos individuais do Broce ou do Ferro?) e que túmulos non. Poderían abranguer estas expoliacións mámoas -no que Steuer (1979, pp. 631-2) denomina “second oldest profession in the world”- que irían dende o Neolítico ata a Idade de Ferro (Arnold, 1995 p. 51), momento no que se estaban a facer enterramentos tumulares no Atlántico como amosan os funerais de Viriato e posiblemente os guerreiros galaicos arrincados dos seus túmulos, destrozados ou reutilizados, pero que nalgún caso, aparecerían descritos no lugar de seu nos diplomas medievais? Sería posible por este camiño que, presumiblemente máis ricos, os grandes túmulos da Idade do Ferro, similares aos do mesmo contexto cultural Atlántico que compartimos, baixo a piqueta demoledora dos cobizosos buscadores de tesouros, dende os alicerces, desapareceran totalmente, sen deixar rastro? Cecais non o saibamos nunca. Algo parecido debería suceder ao noso modo de ver cos guerreiros galaicos, pensados para ser colocados encima dun túmulo funerario (túmulos testemuñados pola mencionada descripción do enterro de Viriato), representando a un nobre celta heroizado ao xeito indoeuropeu, isto é co torques de ouro, coas ostentosas viriae de varios touros tamén de ouro, co saio ou camisa-saia e ainda con saios de dúas pezas compostos de camisa con O feito de que a estatuaria antiga de bulto redondo galaica non estivera policromada, estándoo a estatuaria de comparables horizontes culturais Atlánticos e centroeuropeus, sería surprendente. Esta hesitación de ter lugar pódese aclarar cunha ollada aos debuxos que con extraordinario detalle conteñen unha análise descriptiva dos guerreiros da Gallaecia Bracarense e que figuran representados nas estampas CXX e CXXI. da monumental síntese intitulada “A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal” de Armando Coelho Ferreira da Silva. Recoñecemos nun dos debuxos mencionados unha saia suxeita cun cinto. Son cinturóns con nervuras laterais e presiñas cecais metálicas e con apliques áureos, non é posible coñecer o tipo de fivelas ou placas activas coas que abrocharían estes cintos agochados tras as caetras, mais segundo se desprende da complexidade e aparello decorativo do aplique que no lombo serve de contrapunto ao cinto con forma de rodete, este peche dianteiro para abrochar o cinto sería unha complexa e luxosa placa ou fibela profusamente decorada, cousa imposible de demostrar por tapar, como dixemos, a caetra que sosten nun alarde marcial de frontalidade o guerreiro galaico, o peche do cinturón. Considerando o precedente, ben que lonxano cecais do século VII a.C., da fibela ou placa de cinto atopada por Antonio de Os detalles decorativos da placa discoidea lumbar do cinto dalgúns dos guerreiros Os guerreiros levan puñais triangulares, non necesariamente romanos ao aparecer este tipo de armas nunha área moi As caetras redondas que frontalmente sosteñen os guerreiros galaicos con umbos e decoración chamada "en labirinto" son idénticas ás que Segundo a nosa interpretación do guerreiro galaico da citania de San Julião, Ponte Couceiro, Vilaverde, representado co nº4 da Estampa CXX de Ferreira da Silva, a decoración latenián de palmetas do segundo estilo Waldalgesheim da camisa ou saio con escote de pico non se corresponde coa tardía inscripción latina da caetra "MALCEINO DOVILONIS F." que sería cecais uns catrocentos anos posterior á confección da estatua. O nobre ou príncipe (estatus establecido pola fachenda con que, dun modo similar aos deuses, lucen os guerreiros galaicos o torques ao colo e as viriae nos brazos, aparecería aquí vestido cun saio de dúas pezas como se aprecia con facilidade nos guerreiros galaicos ornamentados con decoracións Se resulta frívolo soster polas boas que toda a estatuaria castrexa é da época romana, atribuir esta estatuaria a supostos colaboracionistas romanos é unha necedade. Son obra galaica os bronces votivos sacrificiais da Gallaecia (verdadeiras obras mestras da arte Atlántica á cera perdida da Idade do Ferro), datable por Blanco Freixeiro no S. III a.C. e contemporáneas das estatuas dos príncipes celtogalaicos que presentan decoración latenián, e ainda puideran ser realizados estes bronces votivos sacrificiais para conmemorar as cirimonias da súa entronización.
Bótase en falta nestas representacións a capa de liño, de lá ou de picote: o propiamente nomeado como sagum que á altura da clavícula dereita iría prendida dunha grande fivela. Pero "facendo da capa un saio" esta verba sagum, curiosamente non deixou a súa pegada na capa senón no saio ou longa camisa, ou a camisa e a saia corta, respondería a un intento de heroizar ao príncipe defunto, e probablemente formaba parte do atuendo militar da nobreza celta da antiga Gallaecia. Se temos en conta que a chaqueta corta e o pantalón do actual traxe popular galego foi introducida en Galicia nos arredores da vila do Ferrol a finais do século XVIII, tiveron estas prendas longa duración sendo posible que o atuendo popular do labrego: camisa, cirolas, faixa e capote, variara moi pouco ao longo do tempo, e ainda que os cambios no atuendo feminino son outra danza, non hai que esquecer que a dona galega, segundo as fontes clásicas, xa daquela vestía de negro e levaba a saia adornada con froles bordadas; tampouco é novidade que estas bailaran coma hoxe en roda, ou que fixeran pandeiradas batendo no escudo pendurado do pescozo coas máns os homes, ao parecer aturuxando e bailando marcando o punto cos pes no chan, alterno pede, dúas veces cun pé e unha co outro e axionllándose. Neste contexto non é surprendente que o profesor emérito bretón da UBO, Robert Omnès, sostivera que ao igoal que sucede coas tríadas bretonas, a pandeirada galega fose música militar.
Segundo se desprende dun recente artigo do mencionado Chistophe Moulherat (7), arqueólogo especialista en textís antigos, pois ainda que se testemuñan nunha amplia área xeográfica, dende as minas de sal de Hallstat en claro contexto celta os cadros "escoceses" como amosan uns tecidos de sarga perfectamente conservados cunha cronoloxía dende o ano Co dito nos precedentes parágrafos podemos aventurar que o berce probable de estes motivos decorativos dos teares indoeuropeus de catro barras, nos precedentes motivos dos teares de dúas barras do Neolítico Atlántico, é abondo posible, como amosarían as pinturas dos dólmens galegos que xa temos mencionado noutro lugar e tempo, representarían, seguramente, esquevomorfos de estampados de tecidos e de colgaduras, que repetíndose asemade na profusa decoración dos ídolos placa do Neolítico Atlántico peninsular -que aparecerían tamén nos considerados cetros ou báculos de mando- sería indicativa de motivos e de cores de roupas (amable comunicación de Luís Monteagudo García). Como non deixa de suxerilo xa Wayland Barber a propósito das momias de Ürünchi, estes cadros e cores das roupas cecais a traverso da combinación das mesmas cores dos tecidos en cadro poideran ser indicativas do rango e da liñaxe de quen os porta, do nobre que con fachenda cecais empregaría no propio cetro os cadros e as cores -no rebumbio "melusino" das xenealoxías celtas- cecais indicativos da mesma divinidade da que, dende a noite dos tempos, a sua liñaxe consideran descender. Mais para Christophe Moullerat, arqueólogo especialista en textís, a diferenza do tecido de cadros, de maior antigüidade, os motivos de losanxos que portan nas saias e nos saios os guerreiros galaicos, cecais similares aos que posiblemente elaboraban as teceláns lusitanas coas célebres lás de Salacia, non se desenvolverían con anterioridade ao século IX a.C., data do desenvolvemento da técnica da lanzadeira volante e do tear de catro barras que permite novos entrelazos dos fios, e de novos sistemas de tintura.
Grazas a esta evolución do tear, as armaduras (ou esquemas de tecido), segundo Moullerat (8) "diversifícanse, sendo a principal o asargado que consiste en producir esquemas oblicuos ou diagonais alterando o ritmo normal de entrecruzado fio a fio, de urdimbre e trama […] o asargado é básico para a confección de motivos como os dentes de lobo (Chevrons) e losanxos, moi propios tamen de este momento" (estase a referir aos séculos que van do IX ao IV). Os celtas antigos empregaban numerosas fibras sobre todo a lá e os pelos de diversos animais (a gamuza, o porco, o boi, a delonciña e o porco teixo), e as fibras vexetais como a ortiga, o liño e o cáñamo, como amosan, documentadísimos na Europa continental envolvendo, os enxovais, armas e vaixela de mesa convintemente arranxada, os restos non mineralizados de tecidos, ben que escasos, coma os atopados na tumba da primeira Idade do Ferro do principe de Hochdorf (Alemaña) ou dunha tumba principesca de Vix (Côte-d`Or) -onde apareceran tamén restos de seda-, testemuñándose os aristocráticos losanxos nestes tecidos presentes tamén nas embalaxes de enxovais de moitas tumbas celtas -sinalando neste sentido Moulherat as excavacións das tumbas de Apremont (Haute-Saone), en Sainte Colombe e as de Trembloi (Côte-d'Or)- excavadas en Francia.
CONCLUSIÓN
Xeralizándose entre a nobilitas provincial, que non provinciana, a moda e a onomástica imperial, substituiríase pola toga galaico-romana o sagum indíxena, e o saio con cadros ao biés. O fenómeno continuaría ao adoitar as elites colonizadas os nomes e os modos dos dominadores romanos, considerados máis finos, nun proceso abondo familiar aos galegos de hoxe, de lembrar nosas novidosas Jessicas, Vanessas e Jonatanes, enxebres pola súa extensión e difusión que suplantan no afecto popular aos (no seu día) non menos novidosos nomes de Dolores ou de Lola, de María ou de Maruxa, de Carme, de Xosé ou de Pepiño, e a un amplo santoral tradicional longo de enumerar, substitutivos das (avellentadas novidades onomásticas chegadas cós suevos periclitadas nas urbes e no campo coa entrada da modernidade) Hermesendas, das Visclávaras, dos Munios e dos Froilas. Renegando aos poucos dos familiares apelativos de Caturo, de Camalo, aínda de Burro, prestixioso nome significando posiblemente en lingua indíxena "pelo crecho", [hoxe sei que é verba celta gal. *gwr, "varón", gwrraca "muller"] coma o dun lobo, os señores galegos durante a ocupación romana adoitaron os nomes de Victorinus (seguramente traducción latina do mencionado Caturus), ou de Hirsutus, cecais a latinización do anterior Burrus. Coma quer que fose os cambios formais nos nomes afectaron tamén aos vestidos, substituídas as Apanas e as Arabas celtas das liñaxes galegas polas non menos liñaxistas Iulias e Livias. Se quer por unha vez elas non tiveron a culpa. Considerando o nobre Galaico superior á súa morixerada (dura et adstricta parsimonia) cultura celta o mol costume do dominador romano, o ancestral uso de lucir os señores do país saias de cadros ao biés desaparece para sempre, e, de ter lugar, a posible tradición non menos inveterada de distinguirse con eles. Continuando o vestir as mulleres de negro e con saias floreadas e os homes co uso da camisa, da faixa e das cirolas, en nada afectarían estes cambios aos campesiños e ás campesiñas, nen á esencial mantenza dos usos e das costumes xurisdiccionais e das simboloxías heráldicas de tradición celta, nos castros e nas aldeas (vici, pagi aut castella) das tribos galegas. * * * Pero non lle sabemos de onde veñen as verbas saia e saio? Pois posiblemente do mesmo sitio de onde veñen cesta (grande, bonita, fina) cesto (pequeño, basto), ponte (grande, de piedra) ponto ( pequeno, de madeira) Axiña actualizaremos este artigo, dando unha datación máis antiga aos guerreiros –os esgrafiados son posteriores- amosaremos fragmentos de guerreiros con cabezas Mickey Mouse e sorrisos Chesire Cats, e ainda un fragmento dun guerreiro en indefectibel pose funeraria, coa man no peito. Notas: (1) Traducción particular de Luis Monteagudo García. (2) Martínez Salazar BRAH. III. 1909. (3) M. Almagro Basch. 1966, VIII. (4) Martínez Salazar, A. 1909, pp.218- (5) Manuel Cecilio Díaz y Díaz 1974 pp. 212- 13. (6) In Antonio López Ferreiro 1899, Apén. pp 184. Tomo II. (7) Moulherat, Christophe, 2000, "Los Tejidos de los Príncipes Celtas". Revista Investigación y Ciencia, agosto de 2000 pp. 22-29. (8) Moulherat, Christophe, 2000, Obra citada. © André Pena - www.andrepena.org |
_uacct = "UA-2767327-2";
urchinTracker();
Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo
No hay imágenes relacionadas.
Comentarios
Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.
Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.
crougintoudadigo11 de abr. 2008(9) C.I.L. II, 2.476
Hay 1 comentarios.
1