Autor: Nicolás Vidal
martes, 14 de agosto de 2007
Sección: Noticias
Información publicada por: Onnega
Mostrado 34.384 veces.
Entrevista a André Pena Graña
André Pena Graña (Ferrol, 1955) é un dos historiadores que con máis paixón viven o seu traballo. Historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, asegura que o feito de adicarse a unha localidade con tanta historia permitiulle non pecharse nunha soa época, mal frecuente entre os que se adican á súa profesión. Ademais, poucos como el para falar do noso pasado, dos celtas –organizou varios congresos sobre o tema– e dos mitos dun país no que cada pedra é un libro que arrecende a Historia.
Non é doado facerlle unha entrevista a André Pena, disimulen a confesión. A súa apaixoada erudición sobarda ao interlocutor leigo coa materia da que fala. Na actualidade, Pena está a aumentar a súa xa abondosa bibliografía con traballos como “Santo André de Teixido: O Camiño Máxico dos Celtas” (Ed. Equona) e os tan recentes que aínda non están publicados “Industrias e Reais Fábricas de Narón en Tempos da Ilustración” e o seu “III Volume da Historia de Narón: Priores, Fidalgos, Labregos”, ámbolos dous editados polo Concello de Narón. Acerca deles e do currículo do seu autor a páxina web, www.andrepena.org, ofrece xenerosa información.
—Como empeza a túa paixón pola Historia?
—Crieime en Mallorca dos sete aos 14 anos e logo regresei a Ferrol. Eu o que quería ser era escritor, devoraba libros, un ao día, tragábaos. De feito estaba en clases de pintura e lataba para ir ler. Escribía moito, gañaba moitos premios literarios. Así ata que me tocou unha profesora de Historia, María Jesús Vázquez, que me fascinou por como daba clase e presentaba a materia. Foi un amor platónico que me abriu a miña vocación.
—Logo especializácheste en Historia Antiga.
—Si, foi un triunfo porque eu son doutor nesa especialidade, pero primeiro fixen arqueoloxía...
—Non botas de menos ter quedado na universidade?
—Non, en absoluto, vir a Narón foi unha sorte, a mellor decisión que tomei na miña vida. Isto permitiume ser un historiador total, de tódalas épocas, que é o ideal porque a división histórica é claro que é artificial, son convencións. A Idade Moderna en Europa é a caída de Constantinopla (1453), mentres que en España se data a partir do descubrimento de América en 1492. Esa parcelación en idades evita ver a continuidade histórica de moitas cousas.
—Así que o feito de ser historiador dun concello como é o de Narón obrígache a ser experto en distintas épocas e a abrir o teu abano.
—Así foi. Eu estaba con mámoas e castros, e de repente descubro unha riquísima documentación medieval, aprendo paleografía. En fin, o celta, o antigo, o medieval... todo é Historia.
—Que representan os teus dous últimos traballos?
—Pois os dous últimos libros, aínda sen presentar, son traballos nos que levo uns 14 anos. Co terceiro volume da historia de Narón fixen unha introdución a xeito de recapitulación sobre o meu traballo dos últimos tres lustros. A miña teima é tratar de buscar a pervivencia de mitos e tradicións, amosar a continuidade co paso do tempo. Hai quen pensa que chegaron os celtas e todos eramos celtas; que chegaron os romanos, e todos romanos; chegaron os modernos, e todos modernos; chegaron os contemporáneos, e todos contemporáneos,... Iso non ten sentido, ácido sulfúrico ao anterior, non? É ridículo, nunca chegou ninguén. Hoxe somos parte da Comunidade Europea e onde están os de Bruxelas? Disto falo na terceira parte do meu libro sobre Narón.
—Fóra do tema de Narón, es un historiador cunha imaxe de estar adicado ás lendas e aos celtas, ou non?
—Falso. Agora ben, teño traballos para entender o sistema de representación de imaxes dos petroglifos: as pléiades, os abellóns, etc, que representan un horizonte cultural común en moitas partes de Europa. O meu método chámase “promptema” (grupo de evidencia relacionada), un profesor da Sorbona, Venceslas Kruta, bautizou o meu método como “arqueoloxía institucional”.
—Nalgúns ambientes seique non es moi querido. Como vives iso?
—Na Historia xerarquízanse xéneros onde hai un montón de xente que está máis ou menos conforme coas cousas e non lles gusta remexer e que vaia alguén e poña as cousas patas para arriba, pero a Historia é ao revés: comprobar se os feitos son certos. A Historia é remexer, buscar sempre nova documentación, é revisión perpetua e continua.
—Que significa o termo “mouro” na mitoloxía galega?
—Son seres sobrenaturais do imaxinario galego. A palabra moura é unha palabra celta que existe tamén en bretón e irlandés, estudado por lingüistas, non é que eu vexa celtas ata na sopa. Non son mouros africanos. En Galicia debaixo da terra hai un paraíso marabilloso onde hai ouro, casa, ríos e vacas máis grandes que as nosas, con animais branquísimos... son os elfos de Tolkien. As mouras son moi brancas cos cabelos de ouro, non hai dúbida en distinguilas, cunhas xoias valiosísimas. A moura cega coa súa beleza e fermosura. Os tipos que ían roubar nos túmulos non ían roubar só un tesouro, senón que ían entrar nunha fronteira sobrenatural. O mouro é unha persoa que favorece á xente, ten unha imaxe positiva e incluso a igrexa nunca puido convertelos en demos por moito que o intentou, porque os paisanos os aprezan. O mouro é legal, como lle fagas ben faiche rico, pero como o traizoes, mátate, cégate ou búscache a ruína, porque son xente de lei. A xente que ía roubarlle a un mouro ía con tanto medo que levaban a un crego, pero era tanto o temor que tiñan visións.
—Un tema de actualidade e polémico: Os celtas en Galicia.
—Por que existe tal caos sobre o tema? Ben, Galicia era incontestablemente celta e sempre houbo esa tradición, incluídas estelas funerarias que se conservan perfectamente. En tempos de Murguía falábase da raza celta pero iso non era danino porque non se convertía á xente en xabrón, e para dicir que eramos máis chulos e tiñamos que ver con Irlanda e Bretaña e eramos europeos e os demais eran africanos, como distinción e darlle o toque rexionalista, que nin plantexaban cuestións nacionalistas. Trala Guerra Civil intentouse facer un movemento para a unidade de España mediante a reunificación. Decatáronse do importante que era a prehistoria e a arqueoloxía. Xuntáronse varios intelectuais do réxime de Franco, moi bos, como Dionisio Ridruejo, Antonio Tovar, Alonso del Real e algún ferrolán como Montero Díaz. Atoparon que Roma unificara España e desenvolveron a teoría de que os celtas eran altos e loiros e os íberos era baixos e morenos e que xuntos fixeran aos españois. Mandaron a Alonso del Real a Galicia para dicir que aquí non houbera celtas e que a nosa era unha cultura mediterránea. Os novos arqueólogos uníronse en torno a Alonso e fixeron os seus congresos ata que se descobren en Zaragoza unhas inscricións de lingua celta e xorden teorías como que o celta de Galicia vén de Aragón e tolerías así. En Galicia hai inscricións e imaxes dos petroglifos que son idénticas ás de toda a Europa Atlántica. Os nosos castros, forma de habitar a terra, hainos máis e mellores en Inglaterra. Os guerreiros dos castros son anteriores á conquista romana. etc. En fin, que nun momento dado dise que a cultura castrexa é a cultura propia dos galegos; que se os petroglifos nosos serían anteriores aos castros e todo iso, pero claro, os motivos dos nosos petroglifos están espallados por Gales, Irlanda, Bretaña ou Suíza... Créase unha cultura castrexa como feito diferencial galego, o cal é mentira. Nós pertencemos a una cultura céltica.
—Qué é o celta desde unha visión actual?
—Ben, non conviña que os galegos foramos distintos do resto da poboación por motivos políticos ata que aparecen en Zaragoza esas inscricións celtas; entón eran outros os celtas e nós eramos celtas subordinados a eses poucos celtas que mandaban coa nosa xénese mediterránea. Ata aquí a impostura. Hoxe a cousa cambia e fálase de áreas culturais. Nós pertencemos a unha área cultural atlántica que no Neolítico ten unhas características que a fan visible, como se do románico ou o gótico falásemos porque é un estilo europeo. Aquí xa temos un estilo: dolmens con corredor, inscricións e gravados, un tipo de cerámica e uns elementos que nos permiten falar dunha área cultural europea atlántica homoxénea que abrangue desde as illas británicas e a fachada Atlántica ata Andalucía, como hai unha área cultural mediterránea, outra centroeuropea, etc. Os lingüistas observan que esas areas culturais correspóndense tamén con áreas linguísticas, xa máis evolucionadas posteriormente, nas idades do Bronce e do Ferro, no que seguen compartindo o aire de familia. É unha xente que está en contacto, hai barcos e comercios, trafica, fala, comunícase, fan contos... a xente circula e as ideas, obxectos e tradicións son semellantes. Á parte disto, hoxe para coñecer o pasado hai unha arma excelente que é a xenética. O profesor Ángel Carracedo, de Santiago, leva 30 anos facendo análises aos seus pacientes e confirma que os galegos son etnia de seu que leva moito máis dos 5.000 ou 7.000 anos vivindo no país, posiblemente desde o Paleolítico. Coidado, os celtas non son unha raza. Razas hainas e son inocentes, e non son mellores ou peores, pero hainas, negalas é unha estupidez, o grave é que unha queira ter a supremacía sobre as demais. O profesor Sykes, catedrático de Xenética de Oxford, publicou o ano pasado o seu traballo “The blood of the isles” (“O sangue das illas”) na que confirma que os ingleses e irlandeses proveñen do norte de España e de Galicia.
—Por que teñen ese prestixio os celtas?
—Porque potencian moitos valores reais. A igualdade entre o home e a muller, incluso máis a muller, como dixo Estrabón, o amor á familia e á tradición... a forma de saber todo isto é a herdanza, a forma da propiedade: aquí non só herdan os homes, senón tamén as mulleres. O celta ten cousas que a sociedade actual non ten: as súas crenzas nas mouras das pedras, ver que cando paseas polo campo chégante historias dos teus antepasados, as pedras teñen historia. Mira Tom O´Neill, o editor de Asia do National Geographic: veu a San Andrés de Teixido facendo o camiño. Emocionouse tanto que escribiu un artigo no número de marzo de 2006 no que non deixa dúbidas: “Esta era la tierra celta de los vivos (...) Nada como la sensación de sentirse en casa”. El veu a Galicia como o parrulo feo do conto que faltaba no grupo dos cisnes. O celta non é un concepto racial senón cultural e a pregunta non é por que somos celtas, senón por que non somos celtas.
—Para rematar, que opina un historiador antigo como ti do termo “Ferrolterra”?
—Que como dicía Álvaro Paradela, o seu inventor, é una carallada. Temos topónimos como Trasancos, temos Bezoucos, temos Labacengos e francamente non facía falta inventarse nada.
Diario de Ferrol, suplemento Nordesía, 12 de agosto de 2007
Más informacióen en: http://www.diariodeferrol.com
No hay imágenes relacionadas.
Comentarios
Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.
Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.
Se me olvidaba: y luego los autores clásicos nos recuerdan cosas que les parecían raras y algo "barbaras" alo por el Occidente (entre Germanos y Celtas) eso de que las mujeses pudieran heredar, entregasen dotes a sus maridos o a sus hermanos, o que en el matrimonio se igualase lo que el marido y la mujer aportaban en común al matrimonio.
Hace tiempo Goody dijo algo de que en el fondo eso no respondía más que a una dicotomia entre la Europa templada y el Mediterraneo en las formas de parentes-herencia y de explotación de la tierra, que daba lugar a un sistema más patriarcal en la zona Mediterranea con la recurrencia de la "compra de la novia" como fenomeno frecuente, y el mundo europeo Occidental donde tendría mayor importancia relativa los vinculos de parentes cognaticos aun dentro de sistemas de cuño patrilineal (lo que se suele llamar un sistema de descendencia ambilineal).
Luego algunos arqueologos incluso han querido estender esto a la interpretación de algunos datos arqueológicos (items, formas de producción, etc), por ejemplo Kristensen o Tilley para escandinavia o Ruíz-Galvez para la Península Iberica.
En resumen me gustaría que se dijese algo más que si heredaban o no?, sino como heredaban bajo que condiciones y contextos (entiendase históricos) y con que lógica (como se organizaba el parentesco con respecto a otros elementos de la vida social, derechos, produción, moral y usos -lo que algunos llamarían el ethos de una sociedad). El resto me parece mero "anticuarismo" o acumulación de efemerides, sin duda interesantes, pero poco util para comprender algo realmente.
Si alguien puede aportar algo en este sentido, cosa que yo me siento incapaz de hacer al respecto, creo que resultaría muy interesante para una futura discusión.
Un Saludo a todos y disculpar la paliza metodológica.
ERRATA:
"A demas como señale algo provocadoramente en el foro "Indoeuropeización del NW Peninsular" se da la paradoja de que si nos basamos en esos nombres, podriamos llegar a la conclusión de que los únicos celtas autenticos son los de Hispania y sabes, obviamente, que no es así (No obstante hay un cita de Herodoto, que podríamos identificar con la primera mención directa "segura" a los celtas, y que se refiere a la peninsula iberica) vid. al respecto Perez Vilatela: Lusitania. Historia y Etnología. Real Academia de la Historia, Madrid, 2000."
Hay 3 comentarios.
1