Autor: El Periódico Extremadura
miércoles, 26 de abril de 2006
Sección: Artículos generales
Información publicada por: Ibor


Mostrado 110.291 veces.


Ir a los comentarios

POLEMICA SOBRE EL ORIGEN DEL HABLA CACEREÑA DE VAL DE XÁLIMA

-


La Junta y el BNG se enfrentan por ´La Fala´

El Ejecutivo regional tacha de "aprendices de brujos" a los nacionalistas

La reclamación por parte del Bloque Nacionalista Galego (BNG) de "medidas y políticas concretas" para defender el gallego que se habla, en su opinión, en los municipios cacereños de Erjas, Valverde del Fresno y San Martín de Trevejo, ha motivado la reacción de la Junta de Extremadura. El Ejecutivo regional ha recordado que en esa zona no se habla gallego, sino un dialecto derivado del tronco común del galaico portugués, con adherencias asturleonesas, resaltando la "magnífica salud" que goza este habla conocido como ´La Fala´.

El Gobierno extremeño expresó su confianza en que la Xunta de Galicia "desoirá los torpes cantos de sirena de estos aprendices de brujo con los que les ha tocado gobernar esa tierra hermana" y lamentó que "pierda el tiempo con tales fantochadas", unas declaraciones que han encendido las iras del BNG.

La vicepresidencia de la Xunta (en poder del BNG), que ostenta Anxo Quintana, señala que "se ha faltado gravemente al respeto del Gobierno gallego y a su presidente" y exige a Ibarra "disculpas a todos los gallegos".



-


Más informacióen en: http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/noticia.asp?pkid=234697


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Kullervo 27 de abr. 2006

    Amigo Pip, no me gustaría que la pervivencia de una lengua sea responsabilidad de las instituciones. Sois vosotros los que tenéis el tesero y debéis mantenerlo, enseñándo la lengua de padres a hijos, usándola, enseñándosela a los nuevos que lleguen al pueblo.

    Por otro lado, puesto que ya contamos con un texto genuinamente "falado", permítime que lo utilice para estudiar posibles rasgos galáicos o no. Por ejemplo, aparece rasgos galaicoportugueses (mantela, o, a nosa), con desaparición de n y L, como otros que chirrían bastante (solu, salú). Por otro lado, se ven vacilaciones en los pronombres... "la dexemus" frente a "a dexorin".

    En cuanto al barranqueño, tiene toda la pinta de ser un criollo hispanoportugués, creo que el único que aparece en la península ibérica. Me gustaría encontrar algún texto como ejemplo pero, por desgracia, no doy con él. Como curiosidad, me gustaría añadir que también es el único lugar de Portugal donde el toro muere en la plaza y no en el matadero y que el propio gobierno portugués lo menciona en su página web.

    http://www.portugal.gov.pt/Portal/PT/Portugal/

  2. #2 Reuveannabaraecus 29 de abr. 2006

    Por cierto, y ya que con lo del barranqueño nos estábamos saliendo algo del tema original del foro (aunque éste podría reconvertirse en "Lenguas minoritarias que languidecen entre el portugués y el castellano", o algo así); para que situemos geolingüísticamente la Fala de Xâlima:

    Situación de la Fala en el contexto de las lenguas habladas en el Estado español. Lo "blanco" de la izquierda es, evidentemente, el portugués...

  3. #3 Amerginh 05 de mayo de 2006

    Y otro del mismo autor:

    http://es.geocities.com/alendoval/Costas-valego.htm
    _______________________________________

    VALVERDEIRO, LAGARTEIRO E MAÑEGO:

    O “GALEGO” DO VAL DO RÍO ELLAS (CÁCERES)[1]


    XOSÉ HENRIQUE COSTAS GONZÁLEZ
    Universidade de Vigo (Galicia)

    I. LIMIAR

    No recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres (Estremadura-España), nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse tres concellos nos que aínda hoxe se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego(-portugués). Nos concellos de Valverde do Fresno -antigamente Valverde da Serra-, As Ellas e San Martiño de Trebello -antigamente San Martiño dos Viños-, a práctica totalidade dos seus cinco mil habitantes empregan a cotío as variedades lingüísticas denominadas valverdeiro, lagarteiro e mañego, respectivamente. Amais, debemos engadir a esta cifra outros tres mil naturais do val que seguen utilizando familiarmente estas falas na emigración.



    Os tres concellos, cunha extensión territorial conxunta de 256 km², forman parte xeograficamente dun val que ata o de agora recibiu diversas denominacións segundo os autores que se ocuparon do estudio destas falas, Val de Xálima, polo monte Xálima, de 1.492 m., ó norte do val, ou Val do Río Ellas, polo río que atravesa o val. Os seus habitantes chámanlle á súa terra simplemente “Os tres lugaris”. O val que nos ocupa, situado a unha altitude media de 500 m. está cinxido ó norte e ó leste por unha cordal montañosa de 1.200-1.500 m., ó oeste por outra serra de 900-700 m. e ó sur polo río Torto, que fai fronteira con Portugal. É, pois, unha cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de fala castelá por dificultades orográficas.



    Polo norte, na vertente sur da Serra de Gata, abundan as masas forestais de carballos e castiñeiros e pastos. Nas abas do leste e do oeste dominan as cancheiras, grandes formacións graníticas. No val a vexetación é fundamentalmente de oliveiras e prados. A auga e o verde están presentes todo o ano neste val, que por isto mesmo é coñecido como “a Galicia estremeña”; ducias de pequenos ríos e regatos nacidos nas montañas circundantes converxen no río Ellas que vai confluír no fronteirizo río Torto. A economía é basicamente agrícola (aceite e cereal), forestal e gandeira (ovino e bovino), aínda que nos últimos decenios creceu a actividade comercial en Valverde, debido principalmente á súa proximidade coa fronteira portuguesa, a 17 km.




    II. ORIXE DAS FALAS DO VAL


    As variantes lingüísticas que actualmente se empregan nestes tres concellos proceden, da lingua levada polos colonos instalados no val polo rei Afonso VIII[2] de Galicia e León no século XIII. Con colonos do noroeste peninsular (galegos e asturianos) repoboou unha ampla área do que hoxe é o sur de Salamanca, norte de Cáceres e a franxa oriental da Beira Baixa portuguesa (comarcas do Sabugal e Ribacoa).



    Á parte das noticias tiradas da documentación da época, o estudio comparativo da toponimia e da patronimia coetáneas entre Galicia e esta zona amosa ben ás claras a procedencia inequivocamente galega da meirande parte dos colonos (80-85%).



    En época ben temperá, tan pronto como Sabugal e Ribacoa pasaron a pertencer ó reino portugués e o reino galego-astur-leonés foi anexionado por Castela, a fala dos colonos foi varrida. En palabras de Lindley Cintra (1958:535-536):



    “O primeiro [o galego de Ribacoa e Sabugal do século XIII] sucumbiu perante a invasão do português da Beira que acompanhou a anexação do território por Portugal, nos fins do próprio séc. XIII. Sorte paralela tiveram certamente muitos falares galegos, vivos no séc. XIII em outras colónias da mesma proveniência fixadas na Estremadura leonesa; um tipo de leonês oriental fortemente castelhanizado veio nelas a impor-se e a apagar a linguagem primitiva dos repovoadores. O mesmo -e pela mesma época- estaria acontecendo nas colónias (...) dos próprios asturianos, de fala leonesa, ocidental ou central.”



    Restos da primitiva extensión daquelas colonias de repoboadores galegos témolos en numerosos vocábulos rexistrados nas falas castelás da Serra de Gata e do suroeste da provincia de Salamanca, onde podemos aínda hoxe escoitar voces como regato, rodera, murceguiño, chambra, fechadura, gomo, bocoi, cangallo, lombo, carozo, múa, bago, meda, sobrau, etc. Do mesmo xeito, a microtoponimia e a patronimia actuais revélannos sen dúbida ningunha a forte presencia de inmigrantes galegos hai setecentos anos.



    Lindley Cintra, ó estudia-la “curiosa” lingua na que están escritos Foros de Castelo Rodrigo, uns documentos redactados en zona hoxe portuguesa pero de repoboación galega datados en 1.209, deduce que se trata dun galego-português lixeiramente interferido por trazos astur-leoneses e descobre soprendentemente que “a variedade de galego-português [dos Foros] de Castelo Rodrigo era, fundamentalmente, galega e não portuguesa, por estranho que isto à primeira vista pareça, dada a situação geográfica onde os Foros foram escritos.” (1959:503-504); posteriormente pon en relación esta variedade lingüística coa que actualmente se fala no Val de Xalma, Xálima, ou Val do Río Ellas e afirma sen reservas que



    “O falar fundamentalmente galego, mas com leonesismos, de Castelo Rodrigo e Riba-Coa no séc. XIII, o falar também essencialmente galego da região de Xalma, outra coisa não são, segundo creio, do que falares destes núcleos de repovoadores galegos tão frequentemente recordados pela toponímia.”



    A pregunta que intriga os estudiosos destas falas é ¿como se perdeu a fala dos repoboadores no resto das áreas colonizadas e, outramente, se conservou no Val do Xalma ou do Río Ellas? Evidentemente, e aínda que hai autores que negan este extremo[3], temos que pensar nun abandono secular destas áreas, xa de seu dificilmente accesibles ata hai escasas décadas, pois sabemos que desde Fernando III, o rei que anexionou o reino galego-astur-leonés a Castela en contra da vontade do seu pai, o noso Afonso VIII, o centro de atención da coroa de Castela foi a reconquista das terras do sur da península e, case inmediatamente, a conquista de América. Exprésao Lindley Cintra (1959: 535-536) moi atinadamente cando observa que



    “Só en condições especialíssimas de isolamento –geralmente correspondentes a um prolongado abandono- estes falares dos repovoadores, ou, pelo menos, algumas das suas características, puderam persistir. Foi exactamente o que se produziu na região de Xalma, vizinha da Serra de Gata, durante muitos séculos uma das zonas mais isoladas de toda a Espanha.”



    Este illamento secular debeu se-lo argumento principal para a conservación das falas obxecto do noso estudio. Cando esmorece o reino galego-astur-leonés e o poder cae en mans castelás, os colonos foron doadamente asimilados pola lingua e cultura dos poderosos reinos portugués e castelán. Estas falas son, conseguintemente, o resultado dun galego antigo implantado neste val no século XIII que perdeu todo contacto co territorio orixinario e camiñou setecentos anos por libre, son, en palabras de Lindley Cintra (1959:535) “o resultado da impressionante persistência (e retardada evolução independente) duma linguagem galega do século XIII”.




    III.- AS FALAS COMO OBXECTO DE ESTUDIO.


    Podemos indicar que é a partir de Leite de Vasconcellos (1927 e 1933) cando comezan os estudios en exclusiva das falas deste val. Con anterioridade, son sobranceables os traballos dos alemáns Fritz Krüger (1925), Studien zur lautgeschichte westspanischer Mundarten, e Otto Fink (1929), Studien über die Mundarten der Sierra de Gata, que incluían referencias parciais a estas falas ó estudiaren as variedades castelás occidentais ou da Serra de Gata.



    É Leite o primeiro en aborda-lo estudio das falas deste val, principalmente do mañego de San Martiño de Trebello. Leite cría firmemente na lusitanidade destas falas e rexeitaba a hipótese, formulada por el mesmo, da repoboación galega para explica-la orixe destas falas porque “Galiza fica muito longe como para ter exercido aqui influência”. Leite nega a galeguidade destas falas por prexuízo ideolóxico e, malia a seren os seus dous excelentes traballos descritivos, rexistra fenómenos fonéticos e fonolóxicos dos que nunca antes falaran Krüger e Fink e dos que nunca despois falará máis ninguén, fenómenos que acaroaban de cheo estas variantes no común dos falares portugueses limítrofes (existencia de vocais e ditongos nasais, distinción entre dúas realizacións fricativas xordas, unha apicoalveolar [s1] e outra predorsal [s], etc), é dicir, pretendeu estirar dos fenómenos para demostrar unha continuidade lingüística entre o falado a un e outro lado dos montes e ríos da fronteira político-orográfica. Tódolos autores posteriores (Onís, Viúdas, Gargallo, etc) negaron a existencia de nasais e da realización predorsal, máxime cando transcorreron setenta anos desde as visitas de Leite ó val e aínda viven algunhas das persoas que el entrevistara e que non presentan en absoluto os fenómenos descritos polo investigador portugués.



    Leite pretendía catalogar estas falas ó mesmo nivel do portugués exterior falado en puntos fronteirizos do estado español, en Olivença e Ferreira de Alcântara (Badallouce), e Alamedilha e A Bouça (Salamanca), pois semelláballe “estranha coincidência” ter que recorrer ó galego, “tão distante”, para explica-la orixe das falas do val, sobre todo tendo como tiñan o portugués a escasos quilómetros.



    Se Leite foi o pioneiro dos estudios sobre estas falas, debemos mencionar tamén o traballo de Federico de Onís (1930) sobre o mañego. Para Onís, discípulo de Menéndez Pidal, é evidente que esta fala non é leonesa, e así o afirmaba xa nunha carta[4] redactada en mañego e dirixida ó seu mestre, con data de 3 de agosto de 1910, na que lle di, entre outras cousas:



    “Con istu que vos escribu poeis formal idea da fala Sanmartiñega que desde logu ten que queal fora do nosu dialectu leones porque nun hay sombra de diptongación en niñuna das formas de istu. Creu que poyu afirmal istu con toa a seguriai.”



    No devandito traballo de 1930 destacamos un detalle importante: denuncia Onís que a oposición entre os fonemas sibilantes xordos e sonoros está neutralizada, aínda que se poidan rexistrar realizacións sibilantes xordas e sonoras, pero a oposición xa non é fonoloxicamente pertinente.



    Agás Cintra e Maia, ata os anos oitenta a maioría dos autores que se ocuparon destas falas catalogáronas dentro do portugués ou, alomenos, falaron dunha “lingua ponte” ou “cruce” (sic) entre portugués e asturiano oriental[5]. O filólogo portugués Luís Filipe Lindley Cintra (1959), como xa vimos máis arriba, estudiou a lingua dos Foros de Castelo Rodrigo e deduciu que se trataba dun galego interferido por leonesismos, un galego semellante ó falado na actualidade no val que nos ocupa. A idéntica conclusión chegou Clarinda de Azevedo Maia (1977) ó compara-lo portugués beirão de Sabugal coas falas do val do río Ellas, para Maia lagarteiro, valverdeiro e mañego son variantes do galego-portugués antigo máis próximas do galego ca do portugués actuais.



    De entre os traballos e investigacións realidados sobre estas falas nos últimos dez anos, que versaron principalmente sobre descrición lingüística, sociolingüística e intentos de clasificación tipolóxica[6], son de destaca-los elaborados por Gargallo Gil (1994, 1995 e 1996), romanista da Universidade Central de Barcelona, Carrasco González (1996 e 1997), profesor de portugués na Universidade de Extremadura, Frías Conde (1995 e 1997), e as nosas aportacións (1992a, 1992b, 1996, 1998 e 1999). Tanto Frías coma nosoutros estamos convencidos da “galeguidade” innegable destas falas[7], galeguidade por orixe e galeguidade de as comparamos cos resultados actuais das variedades galegas do sueste do noso dominio lingüístico. Gargallo Gil, gran estudioso das falas arraianas da península, acabou por admitir que, efectivamente, dentro da singularidade das mesmas, a vinculación coas falas galegas é moito máis evidente que coas portuguesas, por máis que formen parte todas do mesmo diasistema lingüístico. Para Carrasco González, profesor de portugués na Universidade de Extremadura, estas falas son unha póla á parte dentro do galego-portugués, a terceira póla da familia. Estándomos de acordo con Carrasco, cando asegura de que estas falas non poden ser “galego” en sentido estricto, debido principalmente ás evolucións particulares sufridas ó longo de setecentos anos de illamento, deberemos todos concordar que valverdeiro, lagarteiro e mañego son a terceira póla, pero unha póla que arrinca desde o antigo galego.



    _________________________Falas galegas actuais

    | |

    Galego(-portugués) antigo__| |_____________Falas do Val do Ellas

    |

    |_________________________Falas portuguesas actuais



    Resumíndomos este apartado, nos diversos estudios sobre dialectoloxía española e portuguesa sempre as falas do Val do Ellas figuraban dentro do ámbito lingüístico portugués e, duns autores a outros, limitábanse a repetir que no noroeste de Cáceres, os concellos de “Valverde del Fresno, Eljas y San Martín de Trevejo” eran de fala portuguesa. Teñamos en conta un feito que axudará a comprende-lo cambio de óptica do problema: os estudios sobre dialectoloxía galega son relativamente recentes, e máis recente aínda é a súa difusión entre os estudiosos da romanística, polo que non é de estrañar que non se tivese en conta ata hai poucos anos a diversidade dialectal galega para o estudio destas falas. Cando comparámo-los fenómenos sobranceiros do val e comprobámo-la súa presencia en áreas marxinais do galego moderno chegamos doadamente á conclusión de que estas falas representan, grosso modo, unha maqueta de moitos fenómenos dialectais, fonéticos, morfolóxicos e léxicos, esparexidos polo noso dominio lingüístico actual.





    IV. PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS



    Non é a nosa intención realizarmos agora unha descrición exhaustiva da gramática e do léxico destas falas, para iso remitimos ó noso traballo que editará proximamente a Universidade de Vigo (1999), pero si pretendemos amosar unha caracterización esquemática dos principais fenómenos lingüísticos do Val[8] do Río Ellas para demostrármo-la súa adscrición á póla galega da familia galego-portuguesa.



    a) Non ditongación dos E e O breves tónicos latinos: como xa indicara Onís, isto é abondo como para non considerarmos esta fala nin como astur-leonesa nin como castelá: sempris, abertu, queru, denti, venris, mérculis, ventu, pé, herba, invernu, egua, fogu, morti, xovis, corpu, ollu, coiru, sogru, ponti, volta, homi, etc. Vexámolo mellor nos seguintes cadros comparativos:



    ÉTIMO GALEGO
    VALEGO PORTUG. ASTUR.
    CASTELÁN

    PORTA
    porta
    porta
    porta
    puerta
    puerta

    NOSTRA
    nosa
    nosa
    nossa
    nuesa~nuestra
    nuestra

    BONA
    boa
    boa
    boa
    buena
    buena

    FORTE
    forte
    forti
    forte
    fuerte
    fuerte

    OVU
    ovo
    ovu
    ovo
    güevu~güivu
    huevo

    TEMPU
    tempo
    tempu
    tempo
    tiempu
    tiempo

    GENERU
    xenro
    xenru
    genro
    xienru
    yerno

    CASTELLU
    castelo
    castelu
    castelo
    castieyu
    castillo

    PETIA
    peza
    peza
    peça
    pieza
    pieza

    VEC’LU
    vello
    vellu
    velho
    vieyu
    viejo




    En contra do afirmado por Leite, non existen nestas falas fonemas vocálicos nasais, como tampouco existen fonemas vocálicos de grao medio aberto, /E!/, /O!/,aínda que poidamos rexistrar esporadicamente algunhas realizacións abertas. Isto último supón unha ruptura co vocalismo galego e portugués e pode inducir a pensar inmediatamente na influencia do castelán, pois o vocalismo tónico das falas do Ellas coincide así co do castelán aínda que non presente ditongación. De tódolos xeitos, e téndomos sospeitas fundadas disto, teñamos en conta, por exemplo, que o catalán rosellonés tamén presenta o mesmo vocalismo sen que poidamos sequera pensar en castelanismo ningún. Dado o peculiar sistema vocálico tónico e átono que presentan as falas do val[9], deberíase estudiar en conxunto e a fondo se se podería tratar dunha evolución propia e non condicionada polo castelán.



    b) Presencia dos ditongos decrecentes OI, EI: característica de seu dos romances galego, portugués e astur-leonés occidental. Os ditongos OU e EU do galego e portugués evolucionaron nas falas do Val do Ellas a OI e EU. O primeiro paso, o de OU > OI é parcialmente coñecido polo portugués, pero nunca da maneira sistemática que se dá nestas falas. Tódolos autores que estudiaron a monotongación de [ow] > [o] en portugués e astur-leonés coincidiron en sinalar que a pasaxe [ow] > [oj] debeu ser unha reacción contra a monotongación - que de feito acontece nalgunhas formas destas falas: ela cantó, ei estó, ela dó, tampocu, etc. Supomos que analoxicamente tamén o ditongo EU evolucionaría a EI, rexistrándomos do mesmo xeito casos de monotongación: ei he, ei cantaré, ei fairé, etc. É interesante constatarmos que estas monotongacións, sobre todo nas formas verbais, xa se rexistran no século XIII na lingua dos Foros de Castelo Rodrigo. Vexamos algúns exemplos destes ditongos:



    ÉTIMO GALEGO
    VALEGO PORTUG. ASTUR.
    CASTELÁN

    TAURU
    touro
    toiru
    touro ~ toiru
    toru
    toro

    PAUCU
    pouco
    poicu
    pouco
    pocu ~ pucu
    poco

    SALTU
    souto
    soitu
    souto
    sotu
    soto

    CALCE
    couce
    coici
    couze
    couz ~ coz
    coz

    RAUPA
    roupa
    roipa
    roupa
    ropa
    ropa

    EGO
    eu
    ei
    eu
    you
    yo

    MEU
    meu
    mei
    meu
    miou
    mi

    BEBIT
    bebeu
    bebei
    bebeu
    bebió
    bebió




    c) Terminacións -eu, ->ea: Estas falas presentan a terminación -eu, -ea: centeu, cheu, cea, vea, chea, allea, idea, aldea, cadea, colmea, avea, aldea, etc, e non coa introducción do [j] epentético ou antihiático que ten lugar en portugués, acaroándose deste xeito ó común das falas galegas.



    d) Conservación do F- inicial latino: esta característica é común a galego, portugués e asturiano occidental e central, mentres que non se conserva o F- en asturiano oriental e castelán. Deste xeito, nesta fala son normais formas como faba, febra, fel, ferir, fermosa, ferru, fial, fígau, figu, fillu/a, fogu, foici, folgazón, fomi, fonti, forca, fornu, forti, fucicu~fudicu, fumu, furmiga, fusu, fuxir, etc. Vexamos de novo un cadro comparativo:



    ÉTIMO GALEGO
    VALEGO PORTUG
    ASTUR.
    CAST.

    FILICTU
    fento~fieito~felgo
    fieitu~fitu
    feto
    felechu~jelechu
    helecho

    FARINA
    Fariña
    fariña
    farinha
    farina ~ jarina
    harina

    FOLIA
    Folla
    folla
    folha
    fueya ~jueya
    hoja

    FACERE
    facer~faguer~faer~fer
    fer ~ ficer
    fazer
    facer ~ jacer
    hacer




    e) Inexistencia do fonema labiodental sonoro /v/: ó igual ca no galego e nas falas miñotas e trasmontanas portuguesas e contrariamente ó que ocorre nas falas portuguesas veciñas ó val.



    f) Existencia do fonema fricativo interdental xordo /T/ coma no galego común ou thetaísta, no asturiano e no castelán setentrional, cunha particularidade: no valverdeiro non existen fonemas sibilantes sonoros, e nas outras dúas variedades deberon existir ata hai pouco porque aínda se rexistran realizacións sonoras (ca[z1]a, i[Z]enti, i[Z]obis, lon[dZ]i, etc) pero sen que existan pares opositivos en función do trazo xordo/sonoro. Do par de interdentais existentes nalgunha época en mañego e lagarteiro (/T/-/D/), o sonoro evolucionou ata confluír coas realizacións do fonema oclusivo dental sonoro /d/, de maneira que hoxe rexistramos adeiti, dagal, coder, codiña, dorra, redar, ondi, dodi, tredi, certeda, vidiñu, etc, á par de nacer, moza, marzu, praza, murcela, coici, cear, centeu, etc, nas variantes mañega e lagarteira. En valverdeiro, ó igual ca no galego común thetaísta, todo isto é pronunciado con [T][10].



    g) Evolución de PL-, FL-, CL- latinos a /tS/, ó igual có asturiano occidental, mentres que nas falas portuguesas veciñas deron /S/ e nas castelás /´/: chorar, chocallu, chorume, chan, cheu, encher, cheirar, etc. Vexámo-lo cadro comparativo:



    ÉTIMO
    GALEGO
    VALEGO
    PORTUG
    ASTUR.
    CASTEL.

    CLAVE
    chave
    chave
    chave
    chave~ tsave ~ llave
    llave

    CLAMAT
    chama
    chama
    chama
    chama~tsama~llama
    llama

    PLENA
    chea
    chea
    cheia
    chena~ tsena ~ llena
    llena

    PLICAT
    chega
    chega
    chega
    chega~ tsega ~ llega
    llega

    FLAMMA
    chama
    chama
    chama
    chama~tsama~llama
    llama




    h) Caída do -L- intervocálico latino: este fenómeno afecta na Península Ibérica unicamente ás falas da familia galego-portuguesa: animais, candís, papeis, currais, fiar, mau/má, mó, mu/múa, muíñu, pau, quenti, seida (saída), soer, etc. Unha diferencia importante con respecto ó asturiano é a non palatalización do L- inicial en galego, así como a reducción da xeminada -LL- >-l- en galego e a súa palatalización en asturiano e castelán. Vexámolo no cadro:



    ETIMO
    GALEGO
    VALEGO PORTUG
    ASTURIANO
    CASTELÁN

    CABALLU
    cabalo
    cabalu
    cavalo
    cabayu~cabatsu
    caballo

    MARTELLU
    martelo
    martelu
    martelo
    martieyu~martietsu
    martillo

    LACTE
    leite
    leiti
    leite
    lleite~tseite~lleche
    leche

    LIGNA
    leña
    leña
    lenha
    lleña ~ tseña
    leña

    TELA
    tea
    tea
    teia
    tela
    tela

    DOLERE
    doer
    doer
    doer
    doler
    doler

    CAELU
    ceo
    ceu
    céu
    cielu
    cielo

    FOLIOLA
    filloa
    folló
    filhó
    fiyuela
    hojuela

    MOLERE
    moer
    moer
    moer
    moler
    moler

    SALIRE
    saír
    sér
    sair
    salir
    salir




    i) Caída do -N- intervocálico latino: outro dos trazos sobranceiros das falas galego-portuguesas fronte ós outros iberorromances: atró (trono), bo/boa, cadea, colmea, ducia~udia, moea, persoa, soar, etc. Do mesmo xeito que viamos no apartado anterior, o N- inicial latino non palatalizou coma no asturiano, como tampouco palatalizou o -NN-, xeminada que en galego se simplificou en -n-.



    Este fenómeno é especialmente importante á hora de establecermos algunhas diferencias entre galego e portugués. Imos ver algúns casos especiais e comprobar asemade como o valego coincide co galego afastándose do portugués.



    * Resultados de UNA(M): No galego común e no valego é unha, con nasal velar [N], cos seus compostos algunha e ningunha (niñunha nalgunha fala galega e diñunha en valego), en portugués é uma, con nasal bilabial [m]. Rexistramos tamén, coma en falas galegas, o masculino plural unhus á par de uns, este último só en valverdeiro.



    * Plurais das palabras oxítonas rematadas en –n: existen no val as mesmas solucións que teñen lugar no galego occidental e no central, é dicir:



    a) cancións, ladróns, cancións, razóns, etc, en valverdeiro.

    b) canciós, ladrós~lairós, canciós, radós, etc, en mañego e lagarteiro.



    * Resultados das terminacións latinas –ANUM, -ANAM: achamos neste val a solución do galego occidental: verán, miñán~mañán, manzán, ventán, lan, ran, chan, serán, etc, cos plurais correspondentes segundo sexan en valverdeiro (veráns, miñáns, lans, rans, seráns, etc) ou en mañego e lagarteiro (verás, mañás, chas, ventás, serás, etc).



    * Resultados das terminacións latinas –INUM, -INAM: rexistrámo-las solucións comúns con galego e portugués: viciñu/viciña~vidiñu/vidiña, camiñu, galiña, figueiriña, etc.



    * Resultados da terminación latina –MINE(M): nomi, fomi, homi, lumi, enxami, chorumi, imaxi, etc, máis próximas do galego.



    ÉTIMO
    GALEGO
    VALEGO PORTUG.
    ASTUR.
    CASTELÁN

    CAPANNA
    cabana
    cabana
    cabana
    cabaña
    cabaña

    ANNU
    ano
    anu
    ano
    añu
    año

    NEBULA
    néboa ~ nebra
    nebra
    névoa
    ñebla
    niebla

    NOCE
    noz

    noz
    ñuez
    nuez

    VENIRE
    vir
    vir
    vir
    venir
    venir

    CATENA
    cadea
    cadea
    cadeia
    cadena
    cadena

    UNA
    unha (~ úa)
    unha
    uma
    una
    una

    RANA
    ran ~ ra
    ran

    rana
    rana

    MANU
    man ~ mao
    man
    mão
    manu
    mano

    CAMINU
    camiño
    camiñu
    caminho
    camín
    camino

    RATIONES
    razóns ~ razós~razois
    razóns ~ radós
    razões
    razones
    razones




    l) Resultados dos grupos latinos -K’L-, -G’L-, -LY-: coinciden totalmente coas solucións da maioría dos iberorromances agás o castelán:



    ÉTIMO
    GALEGO
    VALEGO PORTUG.
    ASTUR.
    CASTELÁN

    SPEC’LU
    espello
    espellu
    espelho
    espeyu
    espejo

    APIC’LA
    abella
    abella
    abelha
    abeya
    abeja

    TEG’LA
    tella
    tella
    telha
    teya
    teja

    REG’LA
    rella
    rella
    relha
    reya
    reja

    PALEA
    palla
    palla
    palha
    paya
    paja

    MULIERE
    muller
    muller
    mulher
    muyer
    mujer




    m) Resultados dos grupos latinos –ULT-, -UCT- e –OCT-: coinciden grosso modo coas solucións galegas e portuguesas pero especificamente con algunhas variedades do galego oriental. Vexámolo no cadro:



    ÉTIMO
    GALEGO
    VALEGO PORTU
    ASTUR.
    CASTEL.

    MULTU
    moito~muito~ muto~mutio
    mutu
    muito
    munchu
    mucho

    CULTELLU
    coitelo~cuitelo ~cutelo~cutielo
    cutelu
    cutelo
    cuchiellu~

    cutsiellu
    cuchillo

    LUCTA
    loita~luita~luta
    luta(~loita)
    luta
    lucha
    lucha

    TRUCTA
    troita~truita~truta
    truta
    truta
    trucha~trutsa
    trucha

    NOCTE
    noite ~ nuite
    noiti
    noite
    nueche~nuetse
    noche

    OCTO
    oito ~ uito
    oitu
    oito
    ocho
    ocho




    n) Resultados do grupos latino -CT-: coinciden cos que se rexistran en galego, portugués e asturiano occidental, é dicir, vocalización do primeiro elemento: feitu, leite, leituga, direitu, teitu, peitu, etc.



    ñ) ¿Existencia de gheada? En principio podemos afirmar que a realización intervocálica maioritaria do /g/ é fricativa uvular sonora [å], semellante á que se rexistra na comarca de Valdeorras, en asturiano ou en boa parte da zona setentrional do castelán. En segundo lugar debemos referirnos a determinadas palabras como lo, forma popular de logo nas interrogacións: ¿lo cuandu chegastis?, ¿lo que queris de mei pairi?, ou funqueiru, con grupo –nk-, en todo o Val. En terceiro lugar, indiquemos que na aldea do Soitu, a máis remota do Val, non é infrecuente escoitar realizacións aspiradas farínxeas ou larínxeas onde o esperado sería a realización [V] do fonema /g/.



    o) Desaparición do -d- intervocálico (< -D-, -T-, latinos): Este trazo relaciona estas falas co castelán coloquial meridional e tamén co asturiano central: maeira meira, toa, meio, vía, quear, piir, axuar, roa, prau, chegau, chamá, collía, patá, sábau, fígau, meicu, boiga (bodega), coaeira coeira, etc. A perda pode mesmo afectar ó d- en posición intervocálica por fonética sintáctica: diñeiru vs. o iñeiru, de maneira que podemos achar logo sen condicionar formas como udia (ducia), ider idir (dicir), eitar (deitar), etc, en calquera contexto fonético. Así e todo, hai tres casos de perda do -d- que teñen o seu paralelismo en falas galegas e tamén portuguesas:



    * -TATE > -dai -ai: metai, realidai realiai, verdai, bondai, cidai ciai, velocidai velociai, etc, como ten lugar no galego oriental das Portelas.

    * P5 das formas verbais agás os perfectos: chegais, chegareis, chegábais, feis ficeis, durmís, servís, etc, como ocorre nas falas orientais galegas e no portugués.

    * P5 dos imperativos: conservai conservei, cantai cantei, comei, bebei, durmí, serví, etc, como acontece no portugués e en boa parte do dominio galego.



    Con todo, hai exemplos de mantemento do -d-, principalmente cando vai precedido de semivocal iode: saúde > (* saude >) soude > soidi.



    p) Neutralización de /R/ e /l/ en posición implosiva: este fenómeno ten lugar en diversas variedades iberorromances, non só en castelán meridional, senón tamén en asturiano, portugués, galego ou catalán alguerés. O normal é que en implosiva final a realización sexa unicamente [l]: cantal, apañal, feol, calol, lugal, señol, etc. En posición implosiva interior de palabra existe unha alternancia absoluta das realizacións [r] e [l]: colpu, vorta, helba, balba, carzóns, farta, artu, cunfolmi, etc. En ocasións a lexicalización xa é definitiva a favor dunha ou doutra realización. Tamén hai alternancia destas dúas realizacións nos grupos consonánticos que forman /p, k, f, b, g/ como primeiros elementos: pr-pl, cr-cl, fr-fl, br-bl, gr-gl; adoita isto ocorrer nas palabras cultas e nos préstamos, xa que as patrimoniais están lexicalizadas con forma única: praza, frol, branco, cravo, etc.



    q) Resultados de -TR-, ->DR-: No mañego vocalizouse en iode o primeiro elemento, o dental, dando en consecuencia formas como: lairón, puirir (pudrir), mairi, pairi, peira, heira, pairiñu, mairiña, Peiru, lairillu, etc. Non esquezamos que as actuais formas galegas pai, mai-nai, cadeira, etc, sufriron un proceso semellante, igual que a palabra peirao se non é un provenzalismo.



    r) A morfoloxía e esencial e arcaicamente galega na categoría do artigo, substantivo e adxectivo; no pronome debemos indicar unicamente que os trazos de arcaísmo asoman na non palatalización dos pronomes persoais de dativo te e le en che e lle como ocorreu no galego común, coincidindo desta maneira con algúns falares galegos marxinais das Portelas e o Baixo Miño onde conservan os arcaísmos te e le (non te cantu cancións, ¿que ques que le faga?); diverxe nas formas do posesivo mei, tei, sei, co posesivo distributivo caunsei/caunsúa; nos demostrativos seguen vixentes as formas arcaizantes aqueste, aquesta, etc, ó lado das modernas este, esta, etc.



    Onde as peculiaridades destas falas se manifesta máis nidiamente é na morfoloxía verbal. Á parte de trazos inequivocamente galegos (P3 dos perfectos rematada en -u: truxu, dixu, tuvu, etc), presenta características de seu (SNP das P1 dos perfectos rematada en -í: cantí, cheguí, mirí, pensí, etc; SNP das P6 dos perfectos da CI é -orin: cantorin, chegorin, mirorin, pensorin, etc; infinitivos propios como ficer, quér (caer), sér (saír), trer (traer), oivir, etc). Un fenómeno que resulta estraño para un galego-falante medio é o emprego do verbo haber como auxiliar para formar tempos compostos: he ditu, has feitu, heis estoxau, haxas tíu, habías cheirau, etc. No galego antigo esta formación non era rara, pero no galego común moderno hai consciencia de “pecado por castelanismo” perante formas coma estas, aínda que se rexistre tamén de forma espontánea e natural en falas galegas do Bierzo Occidental.



    s) No léxico do valego é onde máis se nota o seu carácter de fala galego-portuguesa arcaica e arraiana, de illa diferente rodeada de portugués beirao e castelán aleonesado e con interferencias importantes do segundo (llaris, jeno, bodón, etc). Con todo, percíbese perfectamente a orixe galega antiga de boa parte dos nomes comúns, dándose a curiosa coincidencia que nun espacio xeograficamente tan reducido coexisten con plena vitalidade sinónimos de distribución dialectal por toda Galicia. No val recóllense as parellas de sinónimos estalunchu-funqueiru, cirdeira-cireixeira, subreira-carrasqueira, chíchari-ervilla, dinuciña-duniña, rebolu-carballu, etc, que se distribúen por Galicia en grandes áreas.



    Están ben presentes tamén arcaísmos do tipo o mú, a múa, ou estoxar (aforrar), busu (burato), atró (trono), atroar, folló (filloa), cesto asnal (<*acinale, para transportar acios) etc. Para o galego medio o máis sorprendente son os cambios de significado dalgúns significantes comúns. Indiquemos que, por exemplo, xeira pasa de “xornada de traballo” a “campo ou leira” (que se dá traballado nun día); argola pasa de aro común a “pendente da orella”; babeco pasa de “parvo, fato” a “chafalleiro, zoupón”; cacheira e cachola non son sinóminos: cacheira é unha pucha para cubri-la cachola; choqueira non é o poñedoiro senón a pubertade, a época na que as persoas “chocan”; cileiru pasa de designar almacén de gran ou despensa a significar dormitorio pequeno, porque naquel antigo almacén era onde durmían os criados e xornaleiros; fato non é un traxe (de festa), senón o enxoval ou as pertenzas que se levaban nun envoltorio de tea; lambón pasa de significar “larpeiro” para especializarse en “mangante, ladrón”, quizais porque o seu primitivo significado foi ocupado polo castelanismo gulosu; orfandai designa unha fatada de rapaces, sós, sen acompañamento de adultos; sobrau ou palleira é o faiado, sobrau porque queda sobre a casa, palleira porque no oco entre o teito e o tellado era onde se gardaba a palla; sequeiru (secadeiro) ou niazu (niño) é o palleiro, sequeiru porque é onde se secaban os cereais, niazu porque entre a palla acostumaban a aniña-las galiñas e a parir outros animais; xaneiru/a non é un substantivo (foi substituído polo castelanismo eneru) senón un adxectivo que designa tanto a primeira cría dun animal nacida nese ano, sexa o mes que for, coma os froitos ou crías que veñen en xaneiro; boiga (bodega) non é só almacén onde se garda o viño, é todo cuarto situado na planta baixa, tanto onde se garda o viño coma onde se gardan os animais, así temos boiga dos cochinus ou cortella, boiga das ovellas ou cortellu, boiga dos animais (vacas e cabalos) ou corte e boiga, sen máis, que é a do viño por antonomasia; encoirarse é, como se poden entender, “poñerse en coiros”; xabri é só a argamasa empregada para facer muros de pedra, etc. Un galego entende sen problemas o que queren dicir estas e outras voces, pero decátase asemade dos pequenas ou grandes mutacións semánticas que tiveron lugar ó longo de setecentos anos.



    Con todo e falaren habitualmente case tódolos naturais deste val nalgunha das súas variantes, o que constatan os propios valegos é que nos últimos trinta anos tense producido unha avalancha brutal de castelanismos na fala dos máis novos, debido sobre todo á escolarización obrigatoria (en castelán), o incremento de relacións comerciais pola mellora das comunicacións, os medios de comunicación, a administración, a igrexa, etc. Os máis novos son descoñecedores parciais dos traballos e oficios tradicionais, do léxico da flora e da fauna, etc, polo que non é de estrañar que castelanismos do tipo bubilla, nutria, gulundrina, lombrí de terra, cirueleiru ou deu miñiqui, estean presentes na fala dos máis novos en lugar dos tradicionais bubela~popa~galu do campu, lundria, anduriña, miñica, ameixeira ou deu minguichi. A escola en castelán está a conseguir un dos seus obxectivos: varre-las peculiaridades lingüísticas das falas autóctonas, uniformizar pouco a pouco en castelán. A xeración intermedia, boa parte deles semianalfabetos, tenden a imita-los fillos xa escolarizados e caen no coñecemento pasivo de moita eco-terminoloxía, coñecemento que non transmiten senón é por descoido. A xeración máis vella é imperturbable nos seus hábitos lingüísticos, é a xeración á que recorremos para o mellor coñecemento destas falas, pois a meirande parte dos anciáns son analfabetos ou semianalfabetos, a penas saíron do val e desde sempre son monolingües nalgunha das súas variedades. A transmisión xeracional está garantida, o que non o está é a calidade de lingua transmitida.







    V. HISTORIA DUNHA REIVINDICACIÓN



    Estándomos perante unha comunidade de individuos maioritariamente ágrafos, historicamente ágrafos desde o século XIII debido á presencia do castelán oficial, non é sorprendente acharmos textos escritos en valego só a partir de primeiros do presente século. O motivo que levou unha serie de naturais valegos a empregaren as falas en contos, poemas e pequenas obras teatrais foi simplemente o costumismo, o folclorismo, un amor á terra e ás tradicións locais que ía máis alá do puro sentimentalismo.



    Sabemos por Leite que o primeiro natural do val en escribir na súa fala foi o mañego José Pérez Vidal, que publicou un conto costumista en 1910 nunha revista estremeña[11]; xa antes, segundo o propio Leite (1933: 213), este mesmo autor escribira un diálogo rústico sobre un tema rural nun xornal portugués, diálogo que o filólogo portugués dá por perdido. Contos populares escritos en mañego van saíndo publicados en revistas do val e en xornais portugueses polos anos trinta[12]. Por esta mesma época comeza a escribir sainetes populares a valverdeira Isabel López Lajas[13]. Esta muller, seglar consagrada á educación e ó catolicismo, escribiu seis sainetes de carácter moralizante en valverdeiro, con máis valor filolóxico ca literario -son os primeiros textos escritos en valverdeiro, se ben hai frases e palabras soltas nos libros do Concello dos séculos XVI e XVII. Dun dos sainetes, do diálogo entre dúas comadres, entresacamos esta idea:



    C.- Cro que vanin a sacal unha comedia coa nosa fala, comadri. Será pa rilse un rato á nosa custa.

    X.- Non veis que comu temus esta fala galega, quedrán guasealse.



    Desde mediados dos anos setenta o mañego Domingo Frades Gaspar vén publicando, en tiradas reducidas, mecanografadas e fotocopiadas, libretos de poesía (Versus de un verán, 1977), estudios históricos (As Ellas y o sei castelu, 1980) e mesmo breves estudios filolóxicos (Algu sobre a nossa fala, 1 e 2, 1975), ou a súa obra máis recente, Vamus a falal (1994), análise descritiva da fala do val á que engade noticias históricas e unha ambigua proposta ortográfica de tendencia foneticista. Xunto a Frades, e nos últimos dez anos, temos que mencionar tamén a Severino López, lagarteiro, que compón historias rimadas de temas humorísticos, etnográficos e paisaxísticos, e tamén foi o primeiro en publicar un libro en lagarteiro, Topónimus d´As Ellas i rimas en lagarteiru (1994). Ambrosio López, irmán de Severino e catedrático de inglés e alemán en Xixón, foi así mesmo autor de diversos poemas inéditos; unha das súas últimas composicións é o himno oficial das Ellas, en colaboración co seu irmán Severino. Á parte destes tres, algúns máis son os valegos que veñen publicando nas súas falas en revistas comarcais extremeñas, e mesmo na prensa diaria extremeña (o valverdeiro Antonio Corredera, o lagarteiro Fernando López Noche e o mañego Juan Carlos Márquez Durán). Fóra deles, o pobo máis sinxelo redacta tamén na súa fala as cousas máis cotiás: hai herbolarios valverdeiros, receitarios de cociña, diarios particulares, etc. É interesantísimo o diario inédito do valverdeiro David Carrasco, escrito nunha fala preciosa e popular, no que narra os seus recordos da infancia na aldea, costumes, festas, etc. Deste diario foi de onde tomámo-la existencia do posesivo distributivo caunsei, caunsúa, que nunca antes toparamos na fala, pero do que despois nos aseguraron que xa está practicamente desaparecido.



    Ademais, no Val veñen usando a fala en carteis de festas, anuncios de diversa índole, carteis e rótulos luminosos de festas, etc, desde o máis negro franquismo. Co advenimento da democracia estes usos vanse extendendo -a golpe de iniciativas persoais- a outrros ámbitos, por exemplo na rotulación dos letreiros das rúas[14], nomes de establecementos comerciais, etc. Anos atrás existíu unha emisora de radio, Radio Valverde, que emitía media hora diaria en valverdeiro, sobre cinco de programación case exclusivamente musical. Úsase tamén a fala en pegatinas turísticas ou en rotulación de productos gastronómicos propios (feito polo que mantiveron un duro contencioso coas autoridades autonómicas). Máis recentemente debemos falar da aparición da revista A Nosa Fala, da que só saíu un número, que pretendía se-lo voceiro da Asociación Fala i Cultura. Anos máis tarde viu a luz a revista trimestral lagarteira Anduriña, da que polo de agora se levan editados cinco números. Anduriña está impulsada conxuntamente por Fala i Cultura e polo colectivo Amigus d’As Ellas i du sei castelu. Verbo da ortografía empregada para escribir nas tres modalidades, digamos que se ensaiaron múltiplas solucións, case todas elas con base no galego ou no castelán e algunha con base portuguesa[15], pero sempre dunha maneira moi irregular para o vocalismo átono (codiña~cudiña, piquenu~pequeno, cumía~comía, figuiriña~figueiriña, etc) e para as realizacións das sibilantes, grafía sh para [S], [z1], [Z], grafía xi~xj para /S/, etc.



    A recuperación e dignificación da fala ten un fito senlleiro na constitución, o 3 de agosto de 1.991 en As Ellas da Asociación Fala i Cultura do Val do Ríu Ellas, entidade que promove a recuperación e normalización absoluta da lingua nos tres concellos do Val. É significativo tamén que nos seus estatutos fundacionais suprimisen o termo galego-portugués e o sustituísen por galego de Estremadura, pois os membros da Asociación, que preside Domingo Frades e vicepreside Severino López, despois de consultaren bibliografía abonda sobre a problemática das falas arraianas, despois de coñeceren bibliografía sobre dialectoloxía galega e dialectoloxía portuguesa, e despois de cotexaren prensa e medios audiovisuais galegos e portugueses, os membros desta asociación, dicimos, concluíron que a súa fala ten como parente máis próximo o galego, máis aínda có veciño portugués. Fala i Cultura asumiu como tarefa inmediata a recollida de léxico patrimonial dos tres lugares, a elaboración dunha pequena gramática e unha normativa bastante elástica, a recuperación toponímica, a introducción da fala nas escolas, a posta en funcionamento dunha emisora de radio, a fundación de bibliotecas sobre temas galegos e do Val -que contan na actualidade con máis de mil títulos galegos e portugueses-, a celebración tódolos anos do "Día da Fala" -que leva cebrándose desde aquela con gran éxito e asistencia de grupos de música tradicional e cantautores galegos convidados expresamente, etc, etc. Todo isto vai indo adiante sen ningún apoio institucional máis que o chamado "Manifesto dos Alcaldes" (3 de agosto de 1993), un manifesto asinado polos alcaldes dos tres concellos nos que demandaban das autoridades provinciais e autonómicas a adopción de medidas inmediatas para a conservación da fala, “o respetu i aixúa que a Constitución i o Estatuto d’Autonomía d’Extremadura contenin sobri defensa do Patrimoniu Cultural dos lugaris, animandu a to o vidindariu a mantel i sustel o mismu con orgullu i poel alimental, desde as nosas reídis, un Patrimoniu pa disfruti de tos.”



    Hai cinco anos chegouse a un principio de acordo coa Xunta de Extremadura para que nas escolas do val se comezase a ensinar unha materia denominada "Galego de Estremadura", impartida por mestres da directiva de Fala i Cultura que exercen docencia nesas escolas. Ata o de agora non houbo máis que silencios por parte das autoridades educativas autonómicas e ministeriais, de maneira que as aulas sobre as falas só tiveron lugar mediante cursiños abertos a toda a poboación fóra do horario escolar. O problema que se presenta é o seguinte: ata agora a lingua non tivo rixidez ortográfica nin gramatical, nin nada polo estilo, porque non facía falla unha norma, cada un escribía como lle petaba. Se a lingua entra na escola precisa unha regulación mínima para podela escribir da maneira máis unificada posible, faise necesaria unha normativa. Ten algunha razón o profesor Gargallo Gil (1993) cando afirma que se non fose polo valverdeiro podíase intentar introduci-las grafías históricas portuguesas (ou galego-portuguesas), pero hai moitas obxeccións a ela: a) os valverdeiros, sen sibilantes sonoras, son o 60 % dos falantes e Valverde é o centro comercial, económico, cultural, social, etc; b) mesmo onde pronuncian sonoras estas son alófonos e non fonemas (e amais a tendencia ó enxordecemento é imparable); c) os falantes do Val teñen conciencia clara de o seu non ser portugués; d) hai fonemas inexistentes en portugués (/N/, /T/), o inventario de sufixos é lixeiramente distinto, os paradigmas verbais irregulares difiren sensiblemente dos portugueses, etc. Todo isto xa é do coñecemento dos responsables da normalización no Val, as xentes de Fala i Cultura, pero tampouco están dispostos a asumi-la normativa oficial galega que, aínda parecéndolles máis próxima, coidan que non se pode aplicar "a machada". O que si é certa é a vontade de poñeren en marcha un proceso inmediato de recuperación oficial do que fala máis do 90 % da poboación do Val do Ellas. Polo de pronto van aceptando propostas de determinados estudiosos locais, falantes nativos residentes fóra pero interesados no tema. Hai vontade nos falantes e hai un grupo que empurra sen présa e sen pausa, pero o tempo e os tempos corren en contra das falas.



    Sociolingüisticamente, das enquisas que fixemos hai catro anos no val (entrevistamos trescentas vinte persoas sobre unha poboación total de case cinco mil individuos) podemos resumir algúns datos interesantes: reside moi pouca xente fóranea no val, os que figuran como nacidos fóra son maiormente fillos de valegos nacidos na emigración. Practicamente todo o mundo sabe falar nalgunha das tres variantes, agás os moradores chegados recentemente de fóra do Val: saben falar nalgunha das variedades o 100% dos residentes nas Ellas e San Martiño e o 97% dos residentes en Valverde, o 3% restante corresponde a mestres, funcionarios, policía, etc, de orixe foránea. O 80% dos valegos aprendeu o castelán no medio escolar, e o 20 % restante aprendeuno na emigración ou no servicio militar. Agás os maiores de 60 anos, todos afirman falar un castelán "máis correcto" có que falan os seus veciños salmantinos e cacereños (quizais porque non aspiran o -s implosivo). Aínda que case toda a poboación entende o portugués e o español, só algo menos da metade, un 43 %, di poder expresarse en portugués, aínda que habitualmente non o fan "porque nos entendemos ben" (esta porcentaxe baixa moitísimo nas camadas novas) e todos din poderse expresar en español, aínda que as camadas máis vellas recoñecen que con certas dificultades. O 100 % di entender perfectamente o galego (contan anécdotas de cando coinciden con galegos na emigración ou no servicio militar e se fan pasar por galegos sen problema ningún). Ó 90-95 % gustaríalle ter medios audiovisuais e escritos na fala "pa adeprendela a escribir e a falar ben”. Un 84% querería que a fala se estudiase na escola, e mesmo estaría disposto a asistir a cursos para aprender a escribir na fala, aínda que isto contrasta co 45 % que afirman que estas falas non son aptas para escribir. Case todo o mundo usa a fala en función familiar e social, sobre todo nas Ellas e San Martiño; vexamos algunhas porcentaxes esclarecedoras destes usos familiares e sociais:






    VALVERDE
    AS ELLAS
    SAN MARTIÑO

    Saben falar valego
    97 %
    100 %
    100 %

    Fálano a cotío
    88 %
    98 %
    94 %

    O home coa muller
    93 %
    100 %
    98 %

    O home cos fillos
    76 %
    99 %
    85 %

    A muller cos fillos
    73 %
    98 %
    82 %

    Os fillos cos pais 73 %
    92 %
    75 %

    Cos veciños
    91 %
    100 %
    95 %

    Nos traballos[16]
    69 %
    93 %
    91 %

    Os nenos entre eles[17]
    78 %
    97 %
    84 %






    A pregunta que deita unhas respostas máis variadas é a da consideración da adscrición da súa fala: o 22% coida que é un chapurreado de fronteira, unha mestura entre portugués, leonés e castelán; o 21 % opinan que é máis ben unha variante galega (curiosamente neste grupo inclúense os que mantiveron contactos con galegos ou estiveron algunha vez en Galicia); uns poucos, o 15 %, responden que unha fala astur-leonesa; por unha variedade de portugués aposta o 13 %; unha mestura de galego e astur-leonés é a crenza dun 11 %; por último, un significativo 18 % contesta que non saben o que pode ser nin de onde pode vir.



    Agora ben, todos, absolutamente todos, queren que a fala se conserve, cren que é unha avantaxe para aprender outros idiomas e andar polo mundo, e queren tamén que os seus fillos a falen e llela transmitan ós seus netos. A conciencia idiomática, a conciencia de comunidade diferenciada, é forte; a conciencia de pervivencia como tal comunidade tamén; dáse mesmo o caso de que os fillos de persoas procedentes de fóra do Val (médicos, empregados de banca, comerciantes, etc) -de lingua familiar castelá- aprenden a fala mesmo antes de chegaren á escola, xogando cos outros nenos na rúa ou no campo. Para nós este val é unha especie de sanatorio a onde levamos periodicamente alumnos galegos con problemas de intoxicación psicolingüística, e asegúrolles que volven curados a Galicia de doenzas tan enxebres como a diglosia e outros males semellantes. A terapia do shock ou do flash funciona.



    O Estatuto de Extemadura dá por suposto o monolingüismo da súa Comunidade Autónoma e non inclúe ningún artigo nin apartado no que se mencione o apoio institucional ou legal ás variedades non castelás que se falan en Extremadura (portugués en Olivença e Ferreira de Alcántara, "galego" no Val do Ellas), entre outras cousas porque non as recoñecen. A pesar de que teoricamente en Olivença estudian portugués centos de alumnos como materia optativa na escola primaria (datos recentes do Instituto Camoes ) isto non nos cadra cos casos de abandono lingüístico nos medios escolar e administrativo denunciados por oliventinos na prensa extremeña. Malia as promesas da Administración, a indiferencia e a ignorancia das autoridades educativas é manifesta: hai algúns anos xiraba visita ós colexios do Val un inspector do MEC, quen quedou "asustado" porque os nenos das escolas do Val falaban chapurreado (sic) nos seus xogos e relacións fóra das aulas; este probo funcionario recomendoulles encarecidamente ós mestres unha maior perseverancia e celo no cumprimento estricto de algo que el consideraba vital: "Que los niños no fuesen a sufrir fracaso escolar por culpa de no saber bien el castellano". Este señor foi debidamente informado de que o índice de fracaso escolar nos centros do Val era sensiblemente inferior ás medias cacereña e estremeña, e que os nenos do Val sabían expresarse correctamente en castelán, pero que entre eles o natural era usaren con normalidade a súa lingua.



    Outra mostra de intolerancia, de desprecio dos diferentes, foime relatada por Antonio Bellanco, presidente da asociación cultural e deportiva "Amigus das Ellas i do sei castelu": Esta asociación inscribiu un equipo de futbol na liga provincial de Cáceres; como queira que os lagarteiros, estean en As Ellas, ou en Uzbequistán, entre eles sempre falan lagarteiro, os siareiros do Coria (ou o equipo que fose) cando alá van xoga-los "Amigus das Ellas" animan a cadanseus equipos berrando "España, España, España". Hai un problema moi grande de intolerancia, de facer casar pola forza Estado Español e lingua castelá, resquicios dunha pésima e resesa educación estereotipada que aínda se transmite neste Estado pola prensa, a escola, a administración e as leis, cando das dezasete comunidades autónomas só seis (un tercio delas) son monolingües en español. Moitos cidadáns non castelán-falantes de tan democrático e libérrimo Estado noso non teñen recoñecido ningún dereito nas súas falas naturais, autóctonas. Uniformizar a machada e por decreto estas micro (e non tan micro) áreas é un crime sen castigo e un atentado salvaxe contra un patrimonio cultural que é de todos, que é universal.







    XOSÉ HENRIQUE COSTAS GONZÁLEZ

    UNIVERSIDADE DE VIGO (GALICIA)









    BIBLIOGRAFÍA



    Carrasco González, J.M. (1996 e 1997): “Hablas y dialectos portugueses o galaico-portugueses en Extremadura. Parte I: Grupos dialectales. Clasificación de las hablas de Jálama”, en Anuario de Estudios Filológicos 19, 135-148, e “Parte II y última: Otras hablas fronterizas. Conclusiones”, en Anuario de Estudios Filológicos 20, 61-79. Cáceres: Universidad de Extremadura.

    Cintra, L.F. Lindley (1959): A linguagem dos foros de Castelo-Rodrigo, seu confronto com a dos foros de Alfaiates, Castelo Bom, Castelo Melhor, Coria, Cáceres e Usagre. Contribuição para o estudo do leonês e do galego-português do séc. XIII. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda.

    Cintra, L.F. Lindley (1974): “A linguagem dos foros e o galego-português de Xalma”, en Estudos de linguística portuguesa e românica I, Coimbra, 508-537.

    Costas González, X.H. (1992): “Breve caracterización das falas (fundamentalmente galegas) do Val do Río Ellas”, en Cadernos de Lingua 6, 85-108.

    Costas González, X.H. (1992): “Notas sociolingüísticas sobre os falares ‘galegos’ da Ribeira Trevellana (Cáceres)”, en A Trabe de Ouro 11, 409-417.

    Costas González, X.H. (1996): “O galego de Extremadura: as falas do Val do Río Ellas”, en J.M. Carrasco González e A. Viudas Camarasa (eds.), Actas do I Congresso Internacional Luso-Espanhol de Lingua e Cultura na Fronteira I, Cáceres: Universidade de Extremadura, 355-376.

    Costas González, X.H. (1998): “Os subsistemas de sibilantes no galego do Val do Río Ellas”, en D. Kremer (ed) Homenaxe a Ramón Lorenzo, II, 581-589.

    Costas González, X.H. (1999): As falas do Val do Río Ellas (Cáceres). Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo [no prelo].

    Fernández Rei, F. (1990): Dialectoloxía da Lingua Galega. Vigo: Xerais.

    Fernández Rei, F. (1994): “Galegisch: Areallinguistik (Áreas lingüísticas)”, en Lexikon der Romanistischen Linguistik, VI-2, Max Niemeyer-Tübingen, 98-110.

    Fink, O. (1929): Studien über die Mundarten der Sierra de Gata. Hamburgo.

    Frades Gaspar, D. (1994): Vamus a falal. Notas pâ coñecel y platical en nosa FALA. Serra de Gata (Cáceres): Adisgata.

    Frías Conde, X. (1997): “Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta”, en Revista de Filología Románica 14, vol. 1, 241-256. Madrid: Universida Complutense.

    Gargallo Gil, J.E. (1994): “San Martín de Trevejo, Eljas (As Elhas) y Valverde del Fresno: una encrucijada lingüística en tierras de Extremadura (España)”, en Variação linguística no espaço, no tempo e na sociedade. Lisboa: Colibri, 55-87.

    Gargallo Gil, J.E. (1995): “De fronteras lingüísticas peninsulares: paralelismos, afinidades, peculiaridades”, en Lletres Asturianes 57, 23-40.

    Gargallo Gil, J.E. (1996): “La ‘Fala de Xálima’ entre los más jóvenes. Un par de sondeos escolares (de 1991 y 1992)”, en J.M. Carrasco González e A. Viudas Camarasa (eds.), Actas do I Congresso Internacional Luso-Espanhol de Lingua e Cultura na Fronteira I, Cáceres: Universidade de Extremadura, 333-356.

    Krüger, F. (1925): Studien zur lautgeschichte Mundarten. Hamburgo.

    Leite de Vasconcellos, J. (1927): “Linguagem de San Martín de Trevejo (Cáceres-Espanha)”, en Revista Lusitana 26, 247-259.

    Leite de Vasconcellos, J. (1933): “Português dialectal na Região de Xalma (Espanha)”, en Revista Lusitana 31, 166-275.

    López Fernández, F.S. (1994): Topónimus d’ As Ellas y rimas en lagarteiru. Salamanca.

    López Lajas, I. (1998): Seis sainetes valverdeiros. Edición e notas de X.H. Costas González. Compostela: Edicións Positivas.

    Maia, C. de Azevedo (1977): Os falares fronteiriços do concelho de Sabugal e da vizinha região de Xalma e Alamedilla. Suplemento IV da Revista de Filologia Portuguesa. Coimbra.

    Martín Galindo, J.L. (1993): Apuntes socio-históricos y lingüísticos sobre la Fala de Xâlima, anexo de Alcántara 30. Cáceres: Institución Cultural “El Brocense” - Diputación Provincial de Cáceres.

    Martín Galindo, J.L. (1998): Guía histórica y cultural de San Martín de Trevejo: O Val de Xâlima a vista de andurinha. Cáceres: Iniciativa Val de Xâlima.

    Onís, F. de (1930): “Notas sobre el dialecto de San Martín de Trevejo”, en Todd Memorial Volumes. Philological Studies II, Nova York, 63-70.

    Rodríguez Guerra, A. (1996): “Achegamento á sintaxe dos falares mañego, lagarteiro e valverdeiro”, en I Congreso Internacional da Lingua Galega, Santiago, setembro de 96 [no prelo].

    Sóñora Abuín, A. et alii (1996): “Aproximación sociolingüística ó Val do Ríu Ellas (Cáceres): Estudio dos usos e actitudes lingüísticas”, en J.M. Carrasco González e A. Viudas Camarasa (eds.), Actas do I Congresso Internacional Luso-Espanhol de Lingua e Cultura na Fronteira I, Cáceres: Universidade de Extremadura, 407-414.

    Viudas Camarasa, A. (1982): “Un habla de transición: El dialecto de San Martín de Trevejo”, en Lletres Asturianes 4, 55-71.












    ano 2002, Asociación Cultural Alén do Val





    --------------------------------------------------------------------------------

    [1] O presente artigo é unha ampliación actualizada do relatorio titulado “O galego de Cáceres” que presentamos nas Xornadas sobre a normalización das outras linguas hispánicas, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, en marzo de 1.994.

    [2] Aínda que na historiografía oficial española (castelá) se denomine este rei como Alfonso IX, os galegos, asturianos e leoneses non podemos acepta-la cronoloxía oficial española (castelá), porque o Alfonso VIII oficial nunca foi rei de Galicia, León e Asturias, senón unicamente de Castela. Durante vinteseis anos, entre 1188 e 1214, reinaron ó mesmo tempo o noso Afonso VIII (para os españois Alfonso IX) en Galicia e o seu Alfonso VIII en Castela.

    [3] O historiador Martín Galindo (1993: 139-141) nega que fose un val marxinal e subdesenvolvido, indicando que as tres poboacións sobresaíron historicamente pola súa importancia económica (no séc.XVIII existían no val fábricas téxtiles e de xabón, muíños de aceite e de fariña, etc), militar ou relixiosa (presencia de casas señoriais, fortalezas militares, edificios relixiosos). Segundo este autor, o illamento tivo lugar só a partir de finais do século pasado. Amais, engade que historicamente As Ellas e Valverde, por un lado, e San Martiño, polo outro, pertenceron a xurisdiccións administrativas e relixiosas distintas. “¿Por qué San Martín de Trevejo y Villamiel son dos mundos, lingüística y culturalmente, tan extraños y diferentes, cuando durante setecientos años formaron la misma entidad territorial y administrativa?”. O mesmo autor dá resposta á súa pregunta ó afirmar a continuación que as falas do Val do Ellas estiveron circunscritas ó espacio físico-cultural da vertente occidental do Xálima “al margen de los avatares históricos a que han estado sujetas cada una de las tres localidades”.

    [4] Reproducida en Frades Gaspar (1994: 71-72) e en Martín Galindo (1998: 15-16), neste último con erros de transcrición.

    [5] Por exemplo Antonio Viudas Camarasa, que en 1982 publicou un artigo bastante completo desde a óptica fonolóxica nunha revista asturianista, e non sabemos se foi por isto precisamente polo que cualificou estas falas como “cruce” entre galego-portugués e astur-leonés.

    [6] Non temos en conta as consideracións do historiador estremeño Martín Galindo, que pasou de opinar (1993) que estas falas eran “autóctonas”, “de orixe céltica” (sic), coincidentes parcialmente co portugués pero orixinadas á parte por un curioso proceso polixenético, para afirmar recentemente (1998) que son un dialecto portugués que pouco ou nada ten que ver co galego, coincidindo deste xeito co afirmado por Leite hai xa setenta anos. De feito este autor (1998), castelán-falante, escribe palabras e frases en mañego cunha peculiar ortografía para- ou filo-portuguesa.

    [7] De feito Frías Conde (1997) establece unha nova clasificación dialectal do galego e inclúe estas falas, xunto co falado en Calabor (Zamora) dentro dun denominado “Bloque meridional” das falas galegas.

    [8] Precisamente porque estas tres falas non teñen unha “etiqueta” común, permítasenos que ensaiemos aquí a denominación de valego para as falas deste val, para non andarmos a repetir valverdeiro, lagarteiro e mañego.

    [9] As falas do val presentan un vocalismo tónico de cinco fonemas con tres graos de abertura /i, e, a, o, u/, e no vocalismo átono só tres fonemas /E, a, O/, sendo /E/ e /O/ os resultados das neutralizacións de e respectivamente. De feito, en posición átona final as únicas realizacións son claramente [i] e [u].

    [10] Unha aproximación ás sibilantes do Ellas podémola achar en Costas (1992a: 95-98), e un estudio en detalle en Costas (1998).

    [11] López Vidal, J. (1910): “Cuadro de costumbres (escrito en la fabla popular de San Martín de Trevejo)”, en Revista de Extremadura XII, 230-232.

    [12] Anónimo (1929): “Cerrumíquilis sin alas”, en La Chocolatera 2, S. Martiño de Trebello. Contos anónimos van saíndo tamén no diario O Correio, da localidade beirá de Celorico da Beira, segundo nos informa Leite (1933: 212).

    [13] Véxase a edición que fixemos dos sainetes en López Lajas (1998).

    [14] As placas das rúas das Ellas están en lagarteiro, e as de San Martiño están en bilingüe mañego/castelán.

    [15] Nos seus primeiros escritos, Frades Gaspar empregaba os grafemas para establece-las distincións entre xordas e sonoras (-s-, -ss-, -x-, j, ge, gi, etc) para posteriormente usar –s- (pasu) e –s- (casa), e x (truxu) e x (xenti). O único defensor actual das grafías portuguesizantes é o historiador Martín Galindo, aínda que, por descoñece-la realidade da fala, confunde habitualmente as grafías representativas das realizacións xorda e sonora, á parte de incorporar tamén as grafías portuguesas nh, lh, -m, etc.

    [16] Valverde é o centro do Val, con moito movemento comercial e económico con poboacións foráneas, de aí que o uso da lingua no traballo varíe en función de se se fala con xente do Val ou con xente de fóra. As Ellas e San Martiño, eminentemente agrícolas e gandeiras, non precisan diariamente de tanto contacto con individuos alóctonos.

    [17] Referímonos a usos fóra do medio escolar, en actividades extra-escolares, xogos no patio da escola, xogos de rúa, etc, etc. Dentro das aulas o castelán puro e duro é o único idioma permitido e os nenos teñen isto ben interiorizado, aprenderon a convivir sen excesivos problemas con esta esquizoglosia abenzoada polo noso sacrosanto e democrático estado constitucional.

  4. Hay 3 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba