Autor: Pérola
domingo, 25 de noviembre de 2007
Sección: Protohistoria
Información publicada por: pérola
Mostrado 32.077 veces.
Rutas naturais e vías romanas
Abstract:
In this work we try to identify a series of natural paths in the coastal area of Galicia as a part of a proposed methodology for the physical location of roman roads. I also outline the hypothetical route of a roman road, named per loca maritima, that goes in a South/North direction through western Galicia from Tui to Lugo, over Carballo.
Key words:
Roman Roads, Natural paths, Coastal Roman Galicia (littoral and interior).
Franco Maside R.M:
Este traballo parte da idea de que para chegar ao coñecemento da rede viaria romana dun determinado espacio xeográfico débense conxugar diversos factores. Considerar, antes de nada, o espacio a abranguer; as rutas naturais de comunicación que existen nese espacio; a xerarquía desas rutas, porque sinalan os camiños principais e secundarios a seguir; pero ademais o hipotético trazado viario debería ser confirmado por información complementaria, que proporcionan fontes como as arqueolóxicas, autores clásicos, documentación medieval, toponimia, etc. Trataríase de construír un trazado ideal, para posteriormente confirmar, ou rexeitar, a través das diversas fontes, a existencia, ou viabilidade da ruta romana, e non ao contrario.
A VÍA PER LOCA MARITIMA NA ULTIMA DÉCADA
Son moitos os autores que, no pasado e presente século, adicaron parte do seu tempo a intentar localizar este enigmático itinerario romano [1]. Pero é só nesta última década cando xorden investigadores que realizan, tanto detidas revisións, como serias reflexións sobre a maraña de teorías existentes. Todas estas consideracións levaron á aportación de novas ideas, que desembocaron na adopción dunha renovadora perspectiva do sistema viario romano das provincias de Pontevedra e Coruña máis clara e actualizada que a dos seus predecesores (PEÑA:1990-1), (CAAMAÑO-NAVEIRO:1991), (VAZQUEZ GOMEZ:1991).
En 1991 Peña Santos conclúe que só atopa indicios claros da existencia dunha única vía romana principal no territorio da provincia de Pontevedra, e que esta non pode ser outra que a XIX. Iniciada en tempos de Augusto entraría por Tui e seguiría recta cara o Norte pola Depresión Meridiana ata cruzar o Ulla cerca de Cesures. Partiría de Braga facendo a primeira mansión en LIMIA. As do tramo Pontevedrés serían de Sur a Norte, TUDE (Tui), BURBIDA (Vilar Enfesta), TUROQUA (Pontevedra) e AQUIS CELENIS (Caldas de Reis) e na provincia de A Coruña estaría IRIA (Iria Flavia). Engade que a vía XX per loca maritima sería unha ampliación relativamente serodia da anterior, concebida para dar servicio ao litoral noroccidental galego. Nacería en AQUIS CELENIS, seguiría ata Cesures coa XIX e viraría, en Iria, cara Noia. Remata chamando a atención sobre a regularidade con que as mansións se ubican na intersección dos ríos Limia, Miño, Lérez, Umia e Ulla coa depresión meridiana (PEÑA, 1990-1991).
En 1991 Caamaño Gesto e Naveiro López realizan un traballo sobre vías romanas na provincia de A Coruña. Seguindo a López Ferreiro propoñen un primeiro tramo común para as vías XIX e XX, de BRACARA AUGUSTA (Braga) a IRIA (Iria, A Coruña). Ó aparecer a mansión AQUIS CELENIS nas dúas vías, o redactor do itinerario, parece omitir as catro primeiras mansións da vía XX. A cifra sinalada a continuación, debería ser igual a suma das distancias parciais das mansións ata AQUIS CELENIS, contadas pola vía XIX, cando en realidade ofrece unha cifra moi superior. Sinálase que este problema se soluciona se as distancias se miden en estadios a partir do límite do convento xurídico bracarense (CAAMAÑO/ NAVEIRO, 1991: 213). Dende AQUIS CELENIS (Caldas de Reis) seguen a hipótese de López Ferreiro, quen sitúa en Baroña (Porto do Son), a mansión VICOS CAPORUM; en Santa María de Barro (Negreira) a mansión AD DUOS PONTES e en San Pedro de Brandomil (Zás), a mansión GLANDIMIRO. A partir deste punto abandóase a proposta de López Ferreiro, localizando a mansión de ATRICONDO nos arredores da Lagoa de Alcaián (Coristanco) á teor da existencia no lugar de lendas sobre cidades asulagadas. Por último ubícase a mansión BRIGANTIUM na cidade de A Coruña. Dende este punto o trazado omítese, sinalando que existe unha insuficiencia de millas entre BRIGANTIUM (A Coruña) e LUCUS AUGUSTI (Lugo). As 35 millas referidas no itinerario equivalen a 51,8 Km, e a distancia real entre as dúas localidades, é moito maior. (91 Km ).
Tamén en 1991, Vázquez Gómez (1991:35-40) xunta as mencións que aparecen nas diversas fontes clásicas, tanto ó pobo dos Ártabros [2], como á cidade de BRIGANTIUM. Posteriormente realiza unha breve incursión no trazado da vía per loca maritima no tramo BRIGANTIUM-LUCUS AUGUSTI. Chama a atención sobre a posibilidade de que esta vía non pasase pola cidade de A Coruña, máis que por medio dun ramal secundario, é dicir dun empalme. Sitúa, deste modo, a mansión BRIGANTIUM da vía XX, no campamento romano de Cidadella, e dende alí un desvío levaría á cidade de A Coruña.
En 1997 dase a coñecer a existencia en tempos romanos dunhas termas en Carballo de Bergantiños (CASADO/FRANCO: 1997). A existencia destes baños era intuída por diversos autores (MONTEAGUDO:1955), (DIEZ DE VELASCO:1985), (CAAMAÑO/ NAVEIRO:1991), (MORA:1992), (BLAZQUEZ:1992 ), e trala confirmación definitiva da súa existencia interpretouse que estes baños puideran ter funcionado como mansión dunha vía, a per loca maritima. As mansións que se propoñen son: LIMIA (Limia), TUDE (Tui), BURBIDA (Vilar de Infesta), TUROQUA (Pontevedra), e AQUIS CELENIS (Caldas de Reis), seguindo a Peña. Modifícanse os emprazamentos do resto das mansións, propoñendo: VICOS CAPORUM (Santiago), AD DUOS PONTES (Portomouro), GLANDIMIRO (Carballo, Bergantiños), ATRICONDO (Castromaior, Abegondo), e BRIGANTIUM (Cidadella, Sobrado dos Monxes).
CARACTERÍSTICAS DE LAS VÍAS ROMANAS
Segundo o seu estatus xurídico as vías romanas poden ser clasificadas como:
1. Vías públicas.
Posiblemente o Decumanus Máximus e o Kardo Máximus do territorio, por ser os eixos principais da centuración e pola sua maior anchura podían entrar nesta categoría e, quizais en algunhas ocasións os quintarii e se tomamos en consideración as informacións de Higinio Gromático, os Subruvinci en Italia. Do mesmo modo, pertencían a esta categoría xurídica todas aquelas grandes vías públicas por excelencia, que puidesen eventualmente atravesar un territorio Estarían tamén clasificadas como públicas aquelas vías veciñais que foran construidas polos magistri pagorum, ou aquelas que atravesan propiedades privadas pero non se recorda o nome do propietario.
2. Vías privadas. Pódense establecer cinco subdivisións.
a.- Os límites establecidos a expensas das centurias que puideran ser asignados xunto con lotes de terras. Son vías privadas gravadas cunha servidume pública. Son de uso público.
b.- Vias establecidas entre dúas propiedades con participación de cada un dos propietarios. Serían vías privadas de uso común a ambos.
c.- Vías privadas dun só propietario gravadas con servidumes de paso. Uso restrinxido para os que necesitan chegar ós seus campos.
d.- Vías privadas dun só propietario para uso exclusivo.
e.- Vías veciñais construídas sobre propiedades privadas e con participación de privados. O seu uso será público (LOPEZ PAZ, 1994).
Ulpiano recolle moi ben esta diferente clasificación das vías segundo o seu estatus xurídico e dí no Digesto: “ Chamamos vía pública a aquela da que o solo é público, pois non o entendemos igoal que o da vía privada, o solo da vía privada é de outro, e temos tan só dereito a pasar ou conducir o gando, e o da vía pública é solo público, que se deixou libre ou se trazou dentro duns límites por orde de quen tiña dereito de declaralo público, para que se poda ir e volver por él. Hai unhas vías públicas que son privadas como as veciñais. Chamamos pública, a aquelas que os gregos chamaban rexias e os latinos uns consulares e outros pretorianas. Privadas son as que se chaman agrarias . Veciñais as que están nas aldeas ou van a elas”. (ULPIANO, Dig. XLIII, 8, 2. 21. 22 ).
· As características do trazado das vías romanas son fundamentalmente:
a.- Preferencia polo terreo elevado.
Parece evidente que os romanos preferían o terreo elevado para o trazado das súas calzadas, por diversos motivos de estratexia. O control dende as alturas evita ataques por sorpresa, e vixía os movementos dun hipotético inimigo. Existen motivos económicos, tamén, para esta elección, xa que as explotacións mineiras tenden a atoparse en lugares elevados. A estes condicionamentos estratéxicos e económicos habería que engadir motivacións de carácter práctico. Elixen as medias ladeiras, para desta forma elevarse lentamente ata as mesetas, onde as penichairas, discorren por enriba das nascentes dos ríos, regos e regatos, evitando, e economizando, deste modo, as construccións de obras de fábrica. Ó fuxiren da ribeira dos ríos evitan posibles inundacións, así como desprendimentos, etc. (CAAMAÑO,1978). En Galicia a utilización das divisorias de augas como vías de tránsito pode recuarse á época neolítica, cando aparecen relacionados os monumentos funerarios característicos dese momento cós percorridos que é posible facer a través das penichairas coincidentes con aquelas. Esta forma de adentrarse no territorio vai pór de manifesto que sempre se pode considerar como máis antigo aquel camiño que discurre pola divisoria de augas (NARDIZ ORTIZ,1991). As superposicións das redes viarias nas distintas épocas indica que o relevo impuña unha serie de camiños óptimos frente a outros que quedaron en desuso. Os romanos deron continuidade a estes camiños mediante a construcción de pasos permanentes sobre os ríos, por medio de pontes.
b.- Trazado en liña recta
Unir pontos na distancia polo camiño máis curto é unha das características tradicionais a ter en conta para o estudio das vías romanas. A dereitura destes camiños non debe tomarse sensu estricto pensando que non se detiñan ante nada, na súa admiración pola liña recta. Concíbese a vía como unha longa aliñación, unha recta na distancia, que terá que enfrontarse, a pequena escala, é dicir a pé de relevo, ós condicionamentos xeográficos de cada zona e ás limitacións técnicas da propia época. Un río, unha montaña, un área asulagada fixeron variar, como é lóxico, en moitas ocasións a recta ideal; mais cando o impedimento orográfico ou técnico era superado axiña endereitaba a súa dirección, mediante un sistema de reprantexamento do camiño, tanto a pequena, como a gran escala (NARDIZ ORTIZ,1991:37).
[1]
[2]
AS RUTAS NATURAIS
As rutas naturais facilitaron o desplazamento daqueles que quixeron, ao longo da historia, penetrar no interior dun espacio xeográfico ben definido e delimitado polas potentes barreiras físicas que a isolaron e axudaron a definir, a actual Galicia. Ás veces usadas dende tempos protohistóricos [1], estas rutas naturais foron en época romana utilizadas para primeiro explorar, e logo tecer no interior do territorio unha rede viaria terrestre capaz de abranguer e comunicar esa realidade espacial e xeográfica do modo menos artificioso posible.
O acceso natural de Galicia, dende o Este‚ é o que se realiza polo porto de Pedrafita, entre as serras do Courel e Ancares, ao longo do val do río Valcarce, e máis as depresións de Valdeorras e Quiroga, configuradas no val do Sil ata a depresión do Bierzo, que canalizaron as saídas das vías XIX e XX en dirección a Astorga. Dende o Sur os accesos son tres; o primeiro efectúase a través da depresión de Monterrei e terras de Chaves, configuradas polo río Támega, e por onde discurría en época romana a vía XVII. O segundo paso é Portela de Home, ao que se accede a través do val do río Home e Limia, que será o que utilice a vía XVIII. O terceiro acceso procurouse no curso baixo do Miño [2], concretamente en Salvaterra e Tui, e interesa destacar o paso de Tui, por ser o lugar onde as vías XIX e XX salvan o río, establecendo a mansión TUDE.
Esta entrada natural de Tui conecta inmediatamente cun accidente xeográfico de primeira orde. A Depresión Meridiana é un corredor fundido de dobre orixe, á vez topográfica e tectónica que percorre Galicia de Norte a Sur, ó longo duns 150 km, e que conecta de modo natural, dende Tui a Carballo, toda a franxa maritima occidental de Galicia (TORRES, 1990: 37). Este corredor en dirección Sur-Norte conflúe en Carballo, cunha ruta natural dirección Noroeste-Sureste, que se desenvolve agora na Galicia noroccidental. A que se vai acuñando como Galicia noroccidental é un conxunto de costa e interior no que se aglutinan unha serie de unidades menores que de seren consideradas individualmente, difuminarían ata facer perder a personalidade deste extenso anaco de penichaira coa sua correspondente e variada costa. De xeito que os seus límites polo interior poden ser, a Serra de Montemaior, e en xeral, a divisoria do Golfo Ártabro...cara ó noroeste linda o mar (TORRES, 1990: 33). Esta penichaira, retraída con respecto da costa, desenvólvese dende a Serra de Montemaior (ó oriente de Carballo), e transcorre á altura aproximada de San Pedro de Soandres, Santa Martiño de Cerceda, San Lourenzo de Bruma, San Cristovo de Mesía, San Martíño de Cabrui, Santiago de Bascoi, Santa Mª de Lourdes, e Santa Eulalia de Curtis. Dende este lugar a divisoria retrocede cara ó Sur, e a través da serra da Corda da Ara contacta coas Serras Occidentais. Concretamente na confluencia da Serra da Cova da Serpe ó norte, e a serra do Bocelo ó Sur, chega a As Pías. Lugar onde se establece a comunicación natural entre a provincia da Coruña e Lugo neste sector da Dorsal galega.
Ademais desas dúas grandes arterias (mapa nº 1), existen na Galicia costeira unha segunda categoría [3]de rutas de comunicación naturais, orixinadas nos interfluvios dos ríos, de Sur a Norte: Miño, Oitavén, Verdugo, Lérez, Umia, Ulla, Tambre, Xallas, Anllóns, e de Oeste a Este: Arteixo, Mero, Mendo, e Mandeo. As bacías asociadas a estes ríos, e as penichairas configuradas nos seus interfluvios, sinalan os itinerarios secundarios, absolutamente necesarios, e se cabe, tan importantes como as devanditas, por conectar en verdade toda a abrupta franxa marítima á arteria principal. Estes cauces viarios naturais presentes no relevo costeiro galego, permiten pór de manifesto a existencia dun modo primixenio de transitar o territorio. Este tránsito sería realizado polo íntimo engranamento das rutas naturais, principais e secundarias, desenvolvidas fundamentalmente a través das liñas divisorias de augas. Coas vías naturais articuladas deste modo, os romanos non tiveron máis que seguilas, dándolles corpo físico mediante a construcción de pontes, afirmado do terreo, mensuración, etc.
A VIA XX E O ITINERARIO ANTONINO
Coñecemos a existencia desta vía gracias á conservación dende a antigüidade dun documento excepcional, que ofrece unha detallada relación das principais vías do imperio romano, o chamado Itinerario Antonino. O documento parece que data dos anos 80 do cuarto século, e nos informa tanto das principais vías que percorrían o territorio galego como das mansións nas que se facía descanso, sinalando ademais as distancias entre elas. Aínda que se lle teñen detectado diversos erros, visto no seu conxunto, e unha vez tomadas as debidas precaucións, resulta unha fonte inestimabel de nomes, e de distancias. Datos que poden resultar moi útiles se se contrastan coidadosamente co espacio xeográfico que pretenden abranguer (ROLDAN HERVAS,1975).
As vías romanas que percorren a nosa rexión son as que, cos números XVIII, XIX, e XX, aparecen no Itinerario Antonino, sendo a vía XX, tamén chamada “per loca maritima”, a que nos interesa para este traballo. Aínda así resulta necesario o estudio parcial da anterior vía XIX, para situar as mansións da XX na provincia de Pontevedra, ó se omitir as mansións da vía XX ata AQUIS CELENIS [4], por ser común o trazado, para ambalasdúas vías, ata esa mansión.
VIA XIX:
429 4 ITEM A BRACARA
5 ASTURICAM
6 LIMIA m.p. XVII II 28,1
7 TUDE m.p.XXIIII 35,5
430 1 BURBIDA m.p.XVI 23,6
2 TUROQUA m.p.XVI 23,6
3 AQUIS CELENIS m.p.XXIIII 35,5
4 IRIA m.p.XII 17,7
5 ASSECONIA m.p.XIII 19,2
6 BREVIS m.p.XX 29,6
7 MARCIE m.p.XX 29,6
8 LUCUS AUGUSTI m.p.XIII 19,2
VIA XX
423 6 ITEM PER LOCA MARITIMA A BRACARA
7 ASTURICAM usque
8 AQUIS CELENIS m.p.CLXV 244 km
424 1 VICO SCAPORUM stadia.CXCV 36,0
2 AD DUOS PONTES stadia.CL 27,7
3 GLANDIMIRO stadia.CLXXX 33,3
4 ATRICONDO m.p. XXII 32,5
5 BRIGANTIUM m.p. XXX 44,4
6 CARANICO m.p. XVIII 26,6
7 LUCUS AUGUSTI m.p. XVII 25,6
A VIA XX PER LOCA MARITIMA
É Peña (PEÑA, 1990-1991) quen estudia o tramo pontevedrés da vía XIX ata AQUIS CELENIS, situando as mansións de TUDE (Tui), BURBIDA (Vilar Enfesta), TUROQUA (Pontevedra), e AQUIS CELENIS (Caldas de Reis). As mansións parecen ser as mesmas, para as vías XIX e XX, ata AQUIS CELENIS. Entendido deste modo ten lóxica que se omitan as catro primeiras mansións para a vía XX, sendo a primeira que se sinala no itinerario a de AQUIS CELENIS. A partir de aquí, a maioría dos autores, fanna continuar común á XIX ata Iria, a pesar de que IRIA só aparece nomeada como mansión na vía XIX.
As teorías máis recentes din, como xa afirmara López Ferreiro (LÓPEZ: 1898), que dentro da provincia de A Coruña, a vía per loca maritima percorría a Península do Barbanza, establecendo a mansión VICOS CAPORUM dentro do concello de Porto do Son, concretamente no castro de Baroña. A continuación a vía enfiaría cara o río Tambre, para ser cruzado entre Santa Cristina de Barro, onde se faría a mansión AD DUOS PONTES. Dende aquí seguiría ata Brandomil, onde se sitúa a mansión GLANDIMIRO. A partir desta, Caamaño e Naveiro resolven a excesiva sinuosidade atribuída tradicionalmente a esta vía romana, e identifican a cidade de A Coruña coa mansión BRIGANTIUM, para trazar practicamente unha liña recta entre este punto e a previa mansión de GLANDIMIRO (Brandomil). A medio camiño entre A Coruña e Brandomil, sitúan a mansión de ATRICONDO, concretamente na Lagoa de Alcaián (Coristanco), a 8 km de Carballo. Dende BRIGANTIUM, situada na cidade de A Coruña, resulta moi dificil seguirlle a pista a este hipotético trazado, xa que a principal guía, o Itinerario de Antonino, sinala 51 kilómetros entre BRIGANTIUM e LUCUS AUGUSTI, cando entre a Coruña e Lugo existen 98 km.
A devandita hipótese é comúnmente aceptada como proposta de percorrido para a vía romana principal, dentro da provincia de A Coruña. Ó longo deste traballo imos suxerir unha alternativa á exposta, xa que, sen negar que este camiño é viable, como testemuñan os restos epigráficos que subliñan o seu trazado, éste podería ser considerado polas súas características mais ben unha vía secundaria, ó dar servicio a toda a franxa litoral da península do Barbanza, esquecendo o seu principal cometido, que é chegar a Lugo, pasando por Carballo, onde pensamos que se facía mansión, polo camiño mais curto, que asemade coincidiría cunha ruta natural de comunicación, a depresión meridiana, que sí acadaría os requisitos mínimos para vía romana principal.
[1]
[2]
[3]
[4] A medida que se toma como modelo para o milliapassum é o que considera 1 mp = 1480 metros.
A CUESTIÓN DE AQUIS CELENIS
Comeza o Itinerario Antonino a relación de mansións da vía XX coa de AQUIS CELENIS, sinalando a distancia CLXV m.p equivalentes a 244,2 km. As vías XIX e XX coinciden en facer as mesmas mansións, dende BRÁCARA a AQUIS CELENIS (CAAMAÑO/NAVEIRO, 1991). Por esta razón a distancia debería ser igual a que hai, de BRACARA a AQUIS CELENIS mediada pola vía XIX, é dicir 146,5 km. Pero, en realidade, o itinerario proporciona outra cifra que se excede en 97 km. Ante esta discordancia xorde a pregunta: ¿Qué indica a cifra que aparece xunto á mansión AQUIS CELENIS da vía XX?. En principio non o sabemos. Sen embargo obtéñense 243,6 km mediante a suma das distancias parciais ata AQUIS CELENIS medidas pola XIX, máis a suma das distancias das mansións da vía XX, a partir de AQUIS CELENIS, medidas en estadios: VICOS CAPORUM, AD DUOS PONTES e GLANDIMIRO. A suma das distancias parciais destas tres mansións é de 97 km. É dicir que coincide co exceso de millas atribuído á mansión AQUIS CELENIS para a vía XX do Itinerario Antonino (na realidade, o erro é de 600 m. en 244 km). Se trazamos unha liña recta entre Tui e Carballo ó longo da depresión meridiana e ubicamos ás mansións da vía XX obtense que a mansión GLANDIMIRO estaría ubicada en Carballo. A distancia proporcionada a AQUIS CELENIS de 244,2 Km sería en realidade a lonxitude da vía XX dende BRACARA a GLANDIMIRO, medíndoa primeiro en millia passum: CLXV(244,2), e dende AQUIS CELENIS en stadios. É dicir coa medida de CLXV m.p. (244 km) estásenos a ofrecer a distancia total do tramo de vía que discorre pola depresión meridiana. A referencia AQUIS CELENIS é imprescindible, xa que funciona como chave para saber a partir de qué lugar hai que comezar a contar as mansións da vía XX. Sabemos que a mansion VICUS CAPORUM está situada a 36 km da anterior, porque o Itinerario proporciona a referencia, neste caso, AQUIS CELENIS; doutra maneira non se sabería a partir de onde hai que contar as distancias da vía XX.
VICO SCAPORUM
É aludido no Itinerario Antonino como mansión da vía XX, a CL stadios (36 km) de AQUIS CELENIS. O topónimo parece facer referencia ó tipo de asentamento, un vicus [1], pertencente ós Caporos [2] (MORALEJO,1973). Aparece nas fontes establecido este pobo na comarca desenvolvida entre o río Sar e Caldas de Reis, atribuíndoselle un territorio constituido en esencia polo val de A Mahía (ROMERO/POSE,1987: 69). Fundamentalmente irrigado polo río Sar, comprende á súa vez as cabeceiras dos ríos -de oeste a este- Roxos, Figueiras e Sarela. Todos constitúen a cabeceira do val de A Mahía, que se extende cara o Sur, enchendo a maior parte do concello de Ames [3].
A Mahía aparecerá séculos máis tarde unida á historia de Santiago. O emprazamento xeográfico desta cidade localízase exactamente entre a cabeceira do río Sar e o río Sarela, e polo tanto no extremo nororiental do val. O natural vínculo que se pon de manifesto entre o núcleo e o dito val, propiciará a aparición ó longo da Idade Mediada Terra de Santiago [4], aflorando unha forma de dependencia, dun territorio con respecto a unha cidade, que se perpetúa ó longo da historia. A existencia deste vínculo lévanos a propoñer a hipotética ubicación do principal vicus do pobo dos Caporos nun dos castros situados no extremo nororiental do val da Mahía, concretamente, no de Santiago (GARCÍA, 1971: 244).
As orixes de Santiago parecen recuar ata época prerromana, momento no que se desenvolve un hábitat de tipo castrexo localizado pola toponimia nas rúas do Castro, Callobre, Castrón D’ouro e en xeral polo entorno da rúa do Preguntoiro. Con posterioridade se detecta neste castro presencia romana parece que relacionable cun probable asentamento de tipo viario, polo que se nos presenta insertado dentro da órbita romana, transformando este primitivo núcleo nun vicus viarii [5]que sería dotado das infraestructuras mínimas características dos lugares onde se establecían mansións.
A arqueoloxía constata que en época romana se produce a extensión do núcleo habitacional dende o castro cara o solar que hoxe abrangue a catedral de Santiago. Lugar acondicionado para a instalación dunha pequena terma e onde a poucos metros se localiza unha extensa necrópole. Así o testemuñan os restos do sepulcro romano localizado e excavado baixo o altar maior da catedral (GUERRA, 1982), as diversas canalizacións e paramentos aparecidos e relacionados cunha posible hipocausis (PEREZ, 1982: 146), e diversos muros de contención de terreos, quizais sucalcos, asoellados baixo o brazo sur do cruceiro (FRANCO, 1987: 41). Asemade, foi achada epigrafía votiva romana nos alicerces da catedral (PEREIRA, 1991: 125 e 137), así como numerosas formas de enterramento tardorromanas situadas baixo a nave maior (PEREIRA, 1991: 123).
Quizáis sexa factible pensar na posibilidade de que o máis grande asentamento romano localizado ata o de agora na comarca de A Mahía [6]puidera ter correspondido cun vicus [7], o do pobo dos Caporos, capaz pola sua importancia de que unha vía romana como a per loca maritima, desviara un ramal secundario, para establecer ó seu carón unha mansión. A distancia que ofrece o itinerario (CXCV stadios) entre AQUIS CELENIS (Caldas de Reis) e VICOS CAPORUM (Santiago), sería correcta se interpretamos que entre as dúas mansións existe unha vía, que as une, de 36 km de lonxitude[8]. O caso gramatical empregado no nome da mansión indicaría dirección, é dicir, que aquela non está ó carón da vía principal, senón algo afastada. Segundo esta hipótese a vía XX dende Caldas de Reis non se dirixía cara Padrón e Iria[9], senón que vira ó interior en César cara Piñeiro, Portela e Vea, cruzando o río Ulla[10] en Pontevea, para retomar o camiño principal ao longo da depresión meridiana, unha vez superado o obstáculo[11].
Un ramal secundario conectaría a mansión VICOS CAPORUM á vía principal, xa que non era común que ésta desviara a sua aliñación para servir a núcleos poboacionais preexistentes. O nome da mansión fai referencia a un pobo prerromano, os Caporos, e a unha forma de asentamento, un vicus, resultado da sua inclusión no sistema viario. A preexistencia deste asentamento, estratéxicamente situado para o control e dominio do fértil e extenso territorio de A Mahía, determinou que a mansión se establecera nun lugar previamente habitado, ben defendido e de certa relevancia como era o castro de Santiago, antes que no fondo do val, mais vulnerable e isolado. Cando menos un ramal secundario chegaría a Santiago procedente de Pontevea, mentres outro sairía cara o norte en dirección Portomouro. Entre a vía principal e a secundaria quedaría enmarcado o val de A Mahía.
O camiño principal dende Pontevea iría por Ponte da Ramallosa, Ponte Aido en Luou, Paraxó, Espasande, Seixo, Desamparados, Cornide, Espiño[12], e seguiría por Vilar de Francos e Rúa de Francos[13]. Dende a falda do Castro de Francos, ou “Lupario” o camiño cruzaría abruptamente o val de A Mahía por Xinzo[14], deixaría ó norte Bugallido[15], Ortoño[16], e cruzaría o río Sar en Chave de Ponte, seguindo por Chave de Carballo, Vidaloíso, Sabaxáns, San Salvador de Bastavales[17], Cirro[18], Estrar e Santa Mª de Perros. A seguir o camiño pasaría baixo a mirada das torres de Altamira e seguiría por Castrigo, Loureiros[19], Pousada e Augapesada, para continuar por Santo Tomé de Ames[20] (Fotos nº 1, 2 e 3), San Mamede de Piñeiro[21], San Cristóbal de Tapia, ata chegar finalmente a Entrepontes[22], onde cruza o río Tambre, pola ponte Portomouro (mapa nº 2).
[1] Do exame comparativo dos vici hispanos certos pódese concluir que a sua nomenclatura consiste na palabra vicus seguida do nome da tribu en xenitivo de plural (Vicus Caporum), ou ben dun epíteto de localización (Vicus Aquarios) (CURCHIN, L. A.).
[2] Xá Carré Aldao (CARRÉ ALDAO. 1935: 271-272) é citado por Moralejo Lasso, para sinalar o nome da mansión VICO SCAPORUM, como unha probable deturpación de VICOS CAPORUM (MORALEJO, 1973:198). Posteriormente é Bouza Brey, en carta a Gonzalo Arias (ARIAS, 1987: 33), quen reafirma nesta proposta. Gonzalo Arias aproveita esta aseveración, para dicir: non se trata polo tanto de buscar unha mansión, senón un cruce de vías ou un empalme. (ARIAS, 1987: 71)
[3] As terras de Santiago constitúen o interfluvio entre os ríos Tambre ó norte e Ulla ó Sur...é posible diferenciar tres rexións fixiográficas ben individualizadas:...a conca do Ulla, a conca do Tambre e as penichairas centrais, divisoria entre as dúas anteriores. Na conca do Ulla podemos distinguir dúas zonas, a do val de Aríns, e a do Sar. O primeiro está situado inmediatamente ó este da cidade de Santiago. O val do Sar comprende as cabeceiras dos ríos, de oeste a este, Roxos, Figueiras e Sarela. Todos constitúen a cabeceira do val de A Mahía, que se extende cara o Sur e ocupa a maior parte do axuntamento de Ames...a distribución dos castros está vinculada a zonas de val e corrientes fluviais. Verifícanse agrupacións de castros que se sitúan en algúnhas das bacías e rexións fisiográficas anteriormente individualizadas. Resulta especialmente significativo que a densidade de castros esté en relación directa coa potencialidade bioclimática e agrolóxica de cada rexión, de tal modo que os grupos de castros mais numerosos son os do val de Aríns, val do Sar, e val do Tambre (ACUÑA/CRIADO, 1987: 18 ss e 109).
[4] No momento da descuberta do corpo de Santiago e tras as diversas donacións que os reis asturianos realizaron para a acrecentar o señorío da cidade de Santiago, se constata que Tanto o xiro de Santiago, como o xiro da Rocha parecen terse formado a expensas do territorio de Amaea. Así se explica porque polo norte non sobrepasa o río Tambre, para non alterar o territorio de Montaos, e o xiro da Rocha non rodee polo oeste o Xiro de Santiago, a fin de respeitar a comissio de Montesacro (LÓPEZ, 1989: 310, nota nº 6).
[5] Estes vici funcionaban como paradas viarias ó longo das rutas de comunicación...os vici son probablemente perpetuación en tempos romanos de entidades de poboamento prerromano e teñen especial incidencia nas zonas do norte, puidendo haber cumprido as funcións dos pagi nas zonas menos romanizadas da península (CURCHIN, 1985).
Restos romanos no val de A Mahía localízanse tamén en, Castro Lupario (Rois/Brión), Xinzo (Brión), Cirro (Brión), San Xoán de Ortoño (Ames), Vilar (Ames), e Portomenlle (Ames).
[7] Resulta evidente que existíu nesta área (na catedral) en época romana un núcleo habitacional de certa importancia pero aínda non sabemos con seguridade a que tipo de asentamento pode corresponder, quizais un vicus viarii en relación co paso da vía XIX de Braga a Lugo... (PÉREZ, 1992: 146).
[8] Esta proposta enfróntase, en parte, á de Gonzalo Arias: él dí que a trintaeseis kilómetros aparecería un ramal secundario que levaría a mansión VICOS CAPORUM (ARIAS, 1987: 71). Propoñemos como el, que un ramal secundario partiría á dita mansión. Pero a nosa proposta considera a cifra CXCV estadios, é dicir 36 km, como a distancia que separa as duas mansións, independientemente de onde se aparte o ramal.
[9] Non se debe esquencer que Iria non figura como mansión da vía XX do Itinerario Antonino .
[10] Unha ponte é unha consecución de arcos, sobre o que se tende unha calzada. Os requisitos esenciais do arco romano son tres ou catro: Primeiro os contrafortes ou estribos laterais, o centrado exacto, e o perfecto axuste das dovelas. Pero como é natural o arco necesita ademais duns alicerces sólidos, pois se se construía nun terreno mol, remataría por empurrar ata os estribos mais fortes. Polo tanto, debíase ter moito coidado á hora de construir os ditos alicerces, xa que moitas pontes romanas servían para levar unha calzada por enriba dun río, e as ribeiras dos ríos non resultan un terreo doado para edificar. Cando se proxectaba unha calzada o censor as veces tiña que cambiar o proxecto para se axustar ás necesidades dos enxeñeiros, e podíase xustificar un rodeo se con iso se conseguía un lugar mais estreito por onde cruzar ou un terreo mais firme; o inxeñeiro daba instrucións para que medira a anchura do río en diversos puntos e facía que os obreiros cavaran varios buracos de proba no subsolo (HAMEY, 1990).
[11] Nardiz nos informa de que: ...a necesidade de cimentar a ponte nun lugar seguro, fundamentalmente roca, que non estivera afectada pola socavación das augas, resultaba condicionante na sua ubicación (da ponte), así como os medios de pilotaxe, ataguías e extracción da auga, que determinan profundidades de cimentación reducidas. A elección do lugar, xunto coa necesidade de superar o desnivel do río e o val encaixado do mesmo cun trazado en zigzag, podían determinar unha importante modificación da aliñación do camiño, a que se voltaba recuperar unha vez pasada a ponte (NARDIZ ORTIZ, 1998: 119).
[12] Todo este trozo de vía foi recorrido a pé polos señores D: Eladio Oviedo e D: José Varela Menendez (LOPEZ, 1898: pax. 262, nota. 2) .
[13] onde está a capela de San Martiño e o cruceiro que se dí mais antiguo de Galicia
[14] En Xinzo (Brión), e unha vez superada a ponte dos mouros ou Paradela ó pé do castro Lupario, en Xullo de 1995, apareceron nos alicerces de dúas casas feitas ex nuovo , importantes cantidades de tégula, así como algún basamento de columna.
[15] 1201 . Venta dunha heredade en Bugallido nostra portione ...inter ipsas vías , una per quan pergunt ad Amean, et alia per quam pergunt ad molinum Ramirun Bacoon, quo modo iacet ipsa vie divise subter prenominatam viam de Bugallido. ACS Tumbo CI, fol. CVI (FERREIRA, 88: 137).
[16] En Ortoño foron achados dous tesouriños monetarios.
[17] 1085. Términos de San Salvador: ...et exit ista vila contra montem, inter prefactos términos, per suos agros de Lacuna, super via pública, per suos agros de Reboredo et inde ad términos de Boisan .... AHN, T. Toxos Outos, 3 vº. (FERREIRA, 1988, pax. 145, nota 308).
[18] En Cirro apareceron restos de un hipocaustum relacionados cun asentamento rústico tipo vila. (PÉREZ, 1992: 134, pp. 129-174)
[19] Onde está a ermida de San Xoanciño.
[20] Dentro de esta parroquia de Santo Tomé de Ames, no lugar de Vilar, apareceu unha ara votiva adicada a Pietas por un soldado da Legio VII Gemina (PEREIRA C.I.R.G.1991). Na mesma parroquia, na paraxe denominada Portomenlle, situada na divisoria de auga que fai de linde coa contigua de San Paio de Lens apareceu unha moneda romana do século II e un probable miliario que consiste nun cilindro de granito bastante erosionado e ilexible. Actualmente se encontra desplazado da sua posición orixinal, áchandose no pazo de Lens propiedade de D. Gustavo Gutierrez de Caviedes. Na mesma paraxe apareceu diverso material lítico (SOBRINO, 1950: 53) asociado ós monumentos funerarios característicos do periodo neolítico. Tamén se encontrou unha controvertida cabeza, quizais relacionable coas esculturas sedentes de Troitosende e A Baña, na outra beira do ríoTambre. Áchase igual que a moneda e o miliario no pazo de Lens.
[21] 1626. (Arquivo do Reino de Galicia , Real Audiencia e Audiencia Territorial, serie “veciños”, UI 18282/ 19): ...de servirse por el camino del la dehesa de San Mamed que viene de Portocarreiro y pasa por junto a la iglesia de San mamede de Piñeiro, de a pié y de a caballo, y con sus bueis y sus carros...era camino francés como lo es ahora el de la puente Portomouro, que pasaban por el dicho camino los vecinos de Santa María de Troitosende y Valdelanas, y Vilar do Rei e arrieros , y todas las más personas y camineros que por el venían, para la ciudad de Santiago y otras partes, fol. 26v.
[22] A entidade de poboación que se desenvolveu tras o paso do río Tambre é Entrepontes. (I.X.C, 1: 50. 000)
AD DUOS PONTES
Segundo o itinerario Antonino esta mansión está situada a 27,7 km (CL stadia) da anterior[1]. Tradicionalmente vense de situar o cruce do río Tambre entre os lugares de Ons e Negreira, a onde chegaría esta vía, procedente de Iria, despois de contornear a península do Barbanza. A proposición deste itinerario para a vía romana principal débese a López Ferreiro. O primeiro argumento que utiliza este autor para ubicar o paso romano do río Tambre en Ons e Negreira é que, segundo dí, existían referencias populares que ubicaban alí, a ponte referida; ainda que sinala: tamén o atribúen para sí as parroquias limítrofes con esta. As evidencias físicas son o segundo argumento utilizado polo coengo. A existencia de restos de piares no medio do río, nese lugar, lévanlle a pensar que puideran ser da ponte romana. Máis abaixo di López Ferreiro que o topónimo Ons xurdiría no momento da caída da ponte, xa que na fala dos galegos, estes exclamarían (ó ver caer a ponte): !ous!, e que de aí derivaría a Ons. O último argumento‚ é de todos o que puidera resultar máis convincente. Baséase na existencia de diversos documentos medievais que relatan a lenda da Traslación do corpo do apóstolo Santiago a España. O argumento de López Ferreiro fúndase en considerar os diversos desprazamentos realizados polos discípulos apostólicos antes de enterrar ó corpo de Santiago, como hipotéticos itinerarios romanos[2]. Mentres o Codex Calixtinus[3] di que no camiño dende a morada da raiña Lupa á do rei de Dugium se atravesaba unha ponte sobre certo río, dous valiosos documentos franceses, publicados por López Ferreiro, relatan a historia dun modo semellante, aínda que presentan certas variantes. Son o relato da Traslatio Magna de Fleury [4]datado arredor do ano 1030, editado por Juan de Bois e hoxe extraviado. O outro é o localizado no Mosteiro de Gembloux [5], datado tamén do século XI, e depositado actualmente na Biblioteca Real de Bruxelas (DIAZ, 1999: 341).
Nestas dúas últimas versións fálase de que os discípulos atravesan o río Tambre. Curiosamente en ámbolos documentos aparece mencionada unha “fonte” -quizais unha mala transcripción de ponte, xa que se di que estaba na vía pública, que fora construída polos antigos, e que chamaba a atención a súa arcuato ópera-[6]. Desconcerta de todos modos a indicación, de que se introducen na fonte[7]. A segunda información que se pode extraer destes documentos é extraordinaria por concretar, cousa que non sucede na versión do Códice Calixtino, tanto o nome do río, como o lugar exacto onde se derruba a ponte. O río que atravesan é o Tambre. O seu paso realízase nun lugar denominado Portum Nicrariae segundo o documento de Fleury. Mais a existencia do documento de Gembloux deixa albiscar a posibilidade dun erro de transcripción no texto floriacense, ó localizar tanto o río como o lugar do paso, dicindo: ad fluvium Zare, ad portum qui vocibatur Marariae. López Ferreiro argüe sen moita base que os dous documentos fan referencia a Negreira[8] e localiza en Santa Mª de Barro a mansión AD DUOS PONTES.
Fronte a esa idea tradicional imos ubicar polo tanto o principal paso romano do río Tambre en Portomouro. A denominación do documento de Gembloux non pode ser máis clara. Propoñemos que o Portum qui voquibatur Marariae fai referencia ó topónimo Portomouro. A reducción sería PORTOMAURI>MOURO. No lugar de Entrepontes, onde ainda existe unha ponte Portomouro, estaría ubicada a mansión AD DUOS PONTES.
Cando o nome da mansión vai precedida de preposición “ad” quere dicir que, ó non existir neste lugar un núcleo poboacional de suficiente entidade, se recurriu á caracterización paixasística para lle dar nome [9]. Coa denominación desta mansión AD DUOS PONTES alúdese, claramente, á ubicación, no lugar da mansión, de dúas pontes. Estas cruzarían, unha, o río Tambre en Portomouro, outra sería a que se denomina, ainda hoxe, ponte pequena[10], e cruzaría a poucos metros o río Dubra. O documento máis antigo que se coñece que faga mención a ponte Portomouro data de 1380 [11]. Pero só coñecemosa súa apariencia a través da descripción, que se lle fai, nun documento de 1564, que di: Sobre o río Tamare da Ponte Portomouro estaba unha ponte de pedra de catro arcos fortes e largos, que caeu por ser moi antiga. O deterioro da ponte xenerou un pleito no que se demandaba a través da Real Audiencia de Galicia a súa imprescindible reparación. Nesta petición as provincias do Xallas e Dubra reclaman a reconstrucción desa ponte, como método para preservar a comunicación da zona marítima de Corcubión, Fisterra, Camariñas, Laxe, Corme, Bergantiños, e Malpica, así como de Santiago, Ourense e Tui coa meseta. A ponte Portomouro parece funcionar deste modo como nexo de unión dun camiño importante para o transporte de productos como peixe, gando, e outros bastimentos, para as feiras de Medina del Campo, Medina de Ríoseco, Benavente e Astorga [12]. Dise da ponte que está en bo sitio, e cómodo, e nun camiño Real. Finalmente engaden que debería deixarse, forte e perpetua como antes estaba. Ademais, ó ser necesaria a asistencia de peritos, que cuantificaran os gastos das reparacións, éstes descrébena. Medía 236 pés de longo, o que equivale a 66 m., 34 pés de alto, é dicir 9,5 m, e 16 pés de ancho, que é igual a 3,93 metros. Constaba dun arco central de algo mais de 36 codos [13], algo máis de 15 metros, situado entre outros tres máis pequenos, que están en las orillas de las ribieras. Destes arcos pequenos non se dan medidas. Os materiais empregados para a construcción da ponte semellan ser cantería, e argamasa [14].
A construcción no século XV da veciña Pontemaceira, debeu facer innecesaria a reparación da ponte Portomouro, demasiado costosa, para servir a un camiño en desuso debido á creación dos camiños medievais de Santiago, que xeneraron itinerarios alternativos. A pervivencia ou abandono dunha ponte se nos presenta así intimamente ligada á historia do camiño ó que serve. Se unha ponte cae e non se reconstrúe o camiño morre, e viceversa [15]. A caída definitiva da ponte Portomouro en 1592, debeu perxudicar en grande medida ó importante número de personas que traxinaba por ela. Neste senso parece pronunciarse o pleito, interposto polos veciños de San Mamede de Piñeiro e Santo Tomé de Ames, no ano 1626, amosando as consecuencias que trouxo para os habitantes dun e doutro lado do río a caida definitiva da ponte acaecida apenas trinta anos antes. O camiño péchase [16] e desaparece.
A presencia desta ponte foi vital para a existencia e posterior desaparición dunha longa vía, que se ramificaba, pero que conectaba a longa distancia as localidades de Tui e Astorga [17]. Este camiño salvaba o río Tambre nun porto denominado “mouro”, topónimo que podería facer alusión a antigüidade do paso. A ponte que desaparece en 1592 pensamos podería ser considerada, cando menos, herdeira dun camiño e dunha ponte romana.
[1] A cuestión principal que se prantexa, chegados a este punto, é determinar dende onde se miden as distancias. Se a mansión que lle precede, VICOS CAPORUM, se comunica á vía principal por medio doutra secundaria, as millas que indica o Itinerario á mansión AD DUOS PONTES, non deberían contarse dende a mansión VICOS CAPORUM, senón dende o lugar onde o ramal secundario se desvía da vía principal cara ela, é dicir, tras cruzar ó río Ulla en Pontevea, 6 km mais arriba, a altura da Ramallosa. Entre este lugar, e o de Entrepontes, onde ubicamos AD DUOS PONTES, medimos unha distancia moi próxima ós 28km.
[2] Dende Iria os discípulos do apóstolo acoden a unha entrevista coa raíña Lupa, sinalando un camiño de Iria a castro de Francos, ou Lupario. Dende o Castro Lupario (Rois/Brión) se trasladarían a Duio, actual Fisterra (LÓPEZ, 1985: 143 e 252 ss.), regresando fuxidos ata que, tras obra milagrosa, a ponte que acababan de pasar os discípulos se afunde, producíndose o salvamento déstes, e a morte dos perseguidores. Coñeceríamos así un segundo camiño, que se desenvolve dende Finisterre (Dugio) ó castro Lupario, e polo que era necesario pasar por unha ponte. Regresan polo tanto os discípulos á morada de Lupa, e dende aquí se dirixen ó monte Ilicinius (Pico Sacro), sinalando deste modo un terceiro itinerario dende o castro Lupario ó Pico Sacro. Dende o Pico Sacro regresan polo mesmo camiño, e dende o palacio de Lupa se trasladan ao lugar onde o enterran definitivamente o corpo, é dicir a Santiago, conectando deste modo o Castro Lupario e Santiago, e amosando a existencia doutro camiño. (LÓPEZ, 1985: 143 e 252 ss.)., e (MORALEJO, 1998: 389) .
[3] Atravesan...unha ponte sobre certo río, e nun só e mesmo momento, cederon os alicerces da ponte que atravesaban, desplomándose dende o alto ó profundo do río, completamente destruido (MORALEJO, 1998: 389).
[4] Pénsase escrito por Aimoin en torno o ano 1005, foi editado por Juan du Bois ( Biblioteca Floriacensis, II, pax.135) dí: ...Denique Sancti illi per viam, que venederant, reverentes, devenerunt ad fluvium Thare dictum, in portum Nicrariae, juxta quem erat fons amplísimus, arcuato opera saxeo ambitu circumseptos; penes quem publica via discurrebat quem, delitescere cupientes, introgressit sunt (LOPEZ, 1901: 191).
[5] non fecerunt ibi moran; sed velocius inde pertransierunt. Rex autem et qui cum eo erant venerunt memoratum Rex autem, ut cognovit quod fuguissent, magis iratus est; et statim insecutus est eos multitudine militum usque ad fluvium Zare, ad portumqui vocibaturMararie, cupiens eos interficere. Erat autem ibi fons antiquitus constructus et magnis lapídibus muricis crypta valde fortis. Et ingressi sunt discípuli apóstoli in eam, sed fontem, et omnes una illuc introierunt. Placuit autem Domino et apóstolo Jacobo, et ruit crypta super regem cum suis, nec remansit unus ex eis, et nusquam comparuerunt. Publicado no Catalogue Codicum Hagiographicorum Biblioteca Regiae Bruxelensis, (Tomo IU, pax.467), segundo os editores sería do século XII (LÓPEZ, 1901: 225).
[6] Ver nota nº 31.
[7] Unha interpretación semellante é a postulada por Díaz nun recente traballo (1999: 531).
[8] A veracidade ou non da transcripción do documento floriacese é dificil de comprobar xa que o documento está desaparecido. Non se pode comprobar se o topónimo é realmente Nicrariae, ou algo moi semellante, polo que na nosa humilde opinión debería prevalecer, sobre a perdida, a información do documento que pervive, o de Glemboux. Seguindo a versión deste último Portum Mararie pensamos non derivaría dun modo lóxico a Negreira. Ademais de carecer este topónimo da primeira componente, a de portum. Mentres a derivación do topónimo Portum Mararie a Portomouro se nos presenta mais lóxica, por non decir, casi evidente.
G. Arias deu a coñecer a teoría dos casos gramaticales empregados no Itinerario Antonino e dí, según aparece o nome da mansión, en Ablativo, ou Locativo indican que a mansión se encontra verdadeiramente no camiño ou ben en Acusativo (sinala dirección) indicaría que sairía, á distancia proporcionada, un ramal cara a mansión nomeada. (ARIAS, 1987: 87) .
[10] 1564:... E ansí dice el dicho testigo que está cerca del dicho puente, otra puente pequena de piedra, que ansí mesmo está para se caer. Arquivo do Reino de Galicia; Real Audiencia e Audiencia Territorial, serie “veciños”, UI 26221/19. “Sobre el reparo de la puente Portomouro”. fol. 7r.
[11] 1380 huua casa de taberna questa aa ponte de Porto Mouro. ACS. Tumbo de Tablas. 2. fol. CXXI vº. (FERREIRA PRIEGUE: 1988, 136)
[12] 1592- Los vecinos del Xallas y de Dubra con las provincias de este reino sobre el edificio y reparo de la puente Portomouro (A.R.G, R.A, e A.T, serie “Veciños”, UI 26363/ 46: fols. 8v e 14r):...para se hacer e redificar la dicha puente es muy nescesario se haga repartimiento del dinero, que para ello sea menester, entre los concejos de las provincias que recaben aprovechamiento de la dicha puente, que son la çibdad de Santiago y toda su provincia, donde están los concejos de la dicha tierra del Xallas, Soneira, y Bergantiños y toda la dicha provincia de Santiago, y la çibdad de Ourense e Tui...esta puente es mui nesçesaria por estar en buen sitio, e cómodo, y paso por donde van y vienen de los puertos de Laxe, Muxía Camariñas, Corme, Malpica e Corcubión...para los puertos de Castilla, en especial pescado e bestias mulares para las ferias de la Bañeza, Medina del Campo e de Río Seco, Benavente e Astorga... (CASADO/FRANCO, 1997: 277).
[13] Voz. Codo: Antiga medida de lunxitude duns 42cm contado dende o cóvado ata o extremo dos dedos. Enciclopedia Ilustrada Larousse, T.V, Planeta, 1980.
[14] 1564. -...es muy nesçesario la dicha puente se vuelva a hacer e redificar de piedra de de grano e cal e canto, como antes estaba, e se haga fuerte e segura... -Sebastián de Balboa, procurador general de la ciudad de Santiago, sobre el reparo de la puente portomouro. (A.R.G. R.A e A.T, Serie “Veciños”, UI 26221/ 19., fol. 13 r).
[15] As pontes só se xustifican en relación ós camiños que a atravesaban. A historia da construcción da ponte e das suas reconstruccións, restauracións ou ensanchamento posteriores só se explican en relación á historia dos camiños (NARDIZ,1998: 119).
[16] 1626. Pleito entre los vecinos de Santo Tomé de Ames y San Mamede de Piñeiro, por obstrucción y cierre del camino Real que transcurre entre los dichos lugares . A.R.G, R.A, e A.T, serie “veciños”, UI 18282/ 19....el cual camino es francés y común para todas las personas y camineros que vienen para la dicha ciudad de Santiago, ansí como para la villa de Padrón y otras partes, fol 31r. E tamén: el cual camino es público y real, ...abierto y libre, fol 37 r., e 43v. (Ver nota nº 27)
[17] (Ver nota nº 40)
GLANDIMIRO
Dende Portomouro o camiño segue dirección GLANDIMIRO, sinalando o Itinerario unha distancia de CLXXX estadios, é dicir 33,3 km. Dentro desta hipótese a mansión GLANDIMIRO estaría situada en Carballo, e a distancia sería correcta. O camiño dende AD DUOS PONTES (Entrepontes) a GLANDIMIRO (Carballo) mellor documentado, é o que se realiza polo lado dereito do Val do río Dubra, ó longo da penichaira alí configurada. Recorre os concellos de Buxán, Trazo, Tordoia, e Carballo, a través do interfluvio entre o río Dubra e Lengüelle.
Dende Entrepontes continuaría por Padrón, pequenísima entidade de poboación, a Santiago de Buxán[1], e San Pedro de Benza. O camiño seguría por Brea, Abelenda, e Forca, onde aparece caracterizado no século XII como “Via publica Bergantinis[2]. Dende aquel cruce, seguía por Folgueira, e Santa Mariña de Anxeríz[3], punto outo e divisoria dos ríos Dubra e Anllóns. Dende aquí o camiño seguía a Portocovo, Meixónfrio[4], Portochán, Entrecruces, pasaba cerca de Santa Mª de Rus, para chegar por Quintáns, Ardaña [5] e Brea á vila de Carballo [6] onde estaría a mansión GLANDIMIRO.
Neste lugar existíu na antigüidade un complexo termal de certa envergadura, e resulta probable que este establecemento fora utilizado como infraestructura hixiénica dunha mansión, ó servicio das persoas que se desplazaran pola rede viaria (CASADO/ FRANCO: 1997). coñecido é o uso que os romanos facían das fontes termais, moitas destas xurdencias foron utilizadas como lugares idóneos para establecer as diversas mansións situadas a intervalos regulares ó longo das vías romanas [7]. O carácter estratéxico de Carballo, dende o punto de vista xeográfico, situado na saída norte da depresión meridiana, a existencia na vila dunha ben dotada instalación termal, o importante número de castros que a rodean [8], a localización cercana dun miliario en Laracha, que entraría dentro do trazado da vía (CAAMAÑO/NAVEIRO, 1991), o carácter de encrucillada distribuidora de camiños a Bergantiños, Malpica, Laxe, etc., así como a a coincidencia das distancias que sinala o itinerario, tanto a AD DUOS PONTES (Entrepontes), como a BRIGANTIUM (Cidadella) son os argumentos que se poden aportar.
ATRICONDO
A mansión ATRICONDO estaría situada a 32,5 Km de Carballo, perto do Castro de Castromaior (Abegondo). Dende Carballo a vía utilizaría o val do río Anllóns e as estribacións da Serra de Montemaior, para descreber un xiro ó Oriente e enfiar en sentido descendente en liña recta cara a Lugo (mapa nº 3). Neste tramo que se extende de Carballo ó Mesón do Vento, existen diversos vestixios arqueolóxicos e epigráficos que van perfilando o itinerario romano. En Santiago de Vilaño (Laracha) apareceu un miliario na igrexa parroquial adicado a Galerio e datado entre o 305-311 AD (CAMAÑO/ NAVEIRO:1991). En Coiro (Laracha) apareceron restos de inhumación de datación tardorromana (MONTEAGUDO: 1950). En San Pedro de Soandres[9] (Laracha) apareceron un ara votiva e un capitel baixorromano e en San Martíño de Cerceda[10] foi escavada unha necrópole tardorromana. O camiño seguiría ata Mesón do Vento e San Lourenzo de Bruma, para facer a mansión ATRICONDO, á altura de Castromaior.
BRIGANTIUM
Dende este lugar ó campamento romano de Cidadella existen 44 km aproximadamente. O camiño seguiría, dende Mesón do Vento, por San Lourenzo de Bruma[11] (onde houbo un hospital) e San Martiño de Visantoña, para continuar por San Cristóbo de Mesía, e polas estribacións dos Montes da Tieira ata o cruce de Teixeiro e Cidadella, e Santa Eulalia de Curtis. Pasaría perto de Cidadella [12], onde se faría a mansión BRIGANTIUM [13].
Existen autores que manteñen a posibilidade de que a mansión BRIGANTIUM da vía XX do Itinerario Antonino, estivera situada no campamento romano de Cidadella. Parece avalar esta hipótese a información que proporciona a Notitia Dignitatum. A fonte dí que a Cohors I Celtiberorum, asentada en BRIGANTIEA, parte cara Iulióbriga [14]. Segundo isto, onde se ache o campamento da C.I.C se localizará BRIGANTIAE. A información que proporciona a arqueoloxía constata que do subsolo do campamento romano de Cidadela se extrairon abundantes tegulae co selo ou firma desa unidade. A arqueoloxía constata que tamén foi usada por esta unidade militar a veciña Medorra de Fanegas quizais como torre de sinais e vixiancia do camiño romano (CAAMAÑO/CRIADO, 1991/2).
A distancia que proporciona o Itinerario Antonino sería correcta, tanto a Lugo como a Carballo. Dunha opinión semellante parece ser Vazquez Gómez, cando dí: Na miña opinión o campamento romano de Cidadella [15] coincide co punto sinalado como mansión BRIGANTIUM da vía XX, per loca maritima, situada a 35 m.p. de Lugo e da que partía unha calzada cara a actual cidade da Coruña (VAZQUEZ, 1991: 35). Dende Cidadella o camiño descendería por As Cruces, Cumbraos, Castro Roade [16] e As Pías, nó de comunicación dende tempos remotos (CRIADO: 1980). Dende este paso natural, aberto nas Serras Occidentais, a vía adéntrase na provincia de Lugo e fóra do ámbito deste traballo. O camiño seguiría por Silva, Friol e Devesa, onde apareceu un miliario. A mansión habería que situala, pola distancia, perto de Friol, senón alí mesmo. O camiño a LUCUS AUGUSTI dende a mansión de CARANICO (Friol) non é dificil de adiviñar, xa que o Itinerario sinala XVII mp., é dicer 25,6 km. Dende Friol a LUCUS AUGUSTI (Lugo) a distancia é correcta e pasaría polas localidades de Milleirós, Ponte Ombreiro, Saamasas e finalmente a capital do conventus.
CONCLUSIÓN
Tentar averiguar o trazado da vía romana per loca maritima, que pasaba dando cobertura a un relevo marítimo como o galego, articulado ata a extenuación cos seus 1300 km de costa entre o río Miño e o río Eo, contendo no seu largor a terceira parte da costa peninsular, era o obxectivo deste traballo.
Concluíndose que o único modo de levar a cabo a cobertura marítima dun territorio destas características en época romana, é a través das rutas naturais de comunicación, fundamentalmente: a depresión meridiana que comunica o Norte e o Sur de Galicia; e a divisoria de augas límite sur da Galicia noroccidental, que establece a comunicación de Oeste a Este.
A depresión meridiana exténdese de Tui a Carballo, e trala ubicación de dúas mansións dunha mesma vía romana, a un e outro extremo da falla, resulta inevitable o trazado dunha liña recta entre as dúas mansións ó longo do corredor para tender a vía XX. As bacías creadas polos ríos secundarios que discorren por esta depresión, farían circular á vía romana polas zonas periféricas da mesma, discurrindo a media ladeira para, en canto a orografía o permitira, elevarse ata a penichaira colindante. Deste modo, tanto ó longo, como nas estribacións desta depresión, establécese a conexión viaria entre TUDE (Tui), e GLANDIMIRO (Carballo). As mansións do tramo pontevedrés localízanse cáseque con precisión matemática no cruce das grandes arterias fluviais que verquen ó mar (PEÑA 1990/91: 228). Á relación de Peña Santos habería que engadir, na provincia de A Coruña, a mansión AD DUOS PONTES (Entrepontes) no cruce do río Tambre, e a de GLANDIMIRO (Carballo) no cruce do río Anllóns. A escepción sería VICOS CAPORUM (Santiago) que non estaría situada no cruce dun gran río, senón entre o río Sarela e a cabeceira do Sar.
A divisoria de augas utilizada pola vía romana exténdese dende a Serra de Montemaior ata as Serras Occidentais cunha dirección xeral Oeste-Este. Esta ampla superficie elevada que transcorre retraida da costa, favorece o desprazamento ao aforrar en grande medida as obras de fábrica. Dende Carballo proxéctase unha liña recta imaxinaria que une as mansións de GLANDIMIRO (Carballo), ATRICONDO (Castromaior, Abegondo), BRIGANTIUM (Cidadela, Sobrado), CARANICO (Friol), e LUCUS AUGUSTI (Lugo), e utiliza a divisoria que delimita o Golfo Ártabro polo sur para trazar a vía romana que transcurriría por Laracha, San Pedro de Soandres, San Martiño de Cerceda, Mesón do Vento, San Lourenzo de Bruma, San Cristobo de Mesía, Santa Eulalia de Curtis, Roade, e Mandeo.
Concebido deste modo, o trazado da vía artéllase respecto a tres puntos xeográficos moi concretos: as capitais dos conventus bracarense e lucense, e a mansión de GLANDIMIRO (Carballo). A partir desta hipotética vía sería posible ir establecendo a comunicación cos portos marítimos, a medida que o van permitindo os interfluvios dos ríos: Ulla e Tambre, Tambre e Xallas, Xallas e Anllóns, Arteixo e Mero, Mero e Mendo, e Mendo e Mandeo. Nas penichairas configuradas entre estes ríos desenvolveríase a rede viaria secundaria romana, que conectaría os diferentes portos marítimos de Galicia co exterior, a través dunha longa arteria principal a onde toda rede secundaria flúe.
Comprender o papel que exerce, como axente distorsionador da rede viaria romana do seu entorno, o nacemento da cidade de Santiago, con todas as suas connotacións, relixiosas, de culto e peregrinación dende o século IX, resulta fundamental para entender o esquecemento dun camiño que non chegaba a Santiago. Éste pasou dando cobertura, durante moitos séculos a franxa marítima occidental de Galicia, de ahí a denominación romana de vía Per loca maritima [17].
Por último restaría sinalar que para elaborar o hipotético trazado desta via tivéronse en conta as características xerais das vías romanas, os condicionamentos xeográficos do territorio, as rutas naturais de comunicación que existen dentro del e os pasos da vía considerados fixos. A pequena escala tivéronse en conta a ubicación dos diferentes restos arqueolóxicos e achádegos epigráficos, así como os diversos indicadores da antigüidade dun camiño, que poden ser moi variados: existencia de necrópoles (as romanas antes do cristianismo situábanse xunto a camiños), de vestixios artísticos como capelas isoladas, as advocacións máis antigas das parroquias, como as adicadas a San Pedro, San Martiño, San Lourenzo, San Estebo, Santa Mariña, ou Santa Eulalia. Tivéronse en conta as advocacións realizadas a santos camiñantes, como San Cristobo, ou Santiago; a existencia no camiño de cruceiros, que cristianizan vellos miliarios; a pervivencia de lendas medievais sobre a traslación de santos, ou reliquias, que adoitan desprazarse por camiños moi antigos e localizar puntos xeográficos con precisión [18]; obras de fábrica como pontes, restos de camiño, referencias documentais, toponimia, cartografía, fotografia aérea etc.
A modo de colofón habería que salientar o escaso número de miliarios aparecidos no convento lucense, circunstancia que dificulta o estudio das vías romanas na provincia de A Coruña e Lugo. Aínda así, existen máis restos arqueolóxicos e epigráficos dos que semellan nun comezo. De todos modos, non se debe perder a esperanza de que aparezan no futuro mais pedras miliarias que falen por nós, á hora de elexir un, ou outros, itinerarios ó paso da vía romana per loca maritima pola provincia de A Coruña.
Santiago, Setembro de 1999.
[1] 1134. Límites de Santiago de Buxán: unius lapis fixus in illa mamula deinde super montem...dividit Sanctum Petri de Avenza de Busián (Buxán) in illa pública vía. Item alium lapis fixus est super Fontanum Siccum similiter in illa pública vereda quod extremat...Item alium lapidem defigi mandavimus in medio itínere quod separat inter Buxiani et Nevarium(Niveiro). (AHN, S. Martín P. 512/ 12). En (FERREIRA: 1988,135).
[2] 1122. Delimitación do Coto de San Ciprián de Colis, actual Vilabade: super Avellaneda(Abelenda), et per víam públicam de Bergantinis usque transversam de Rovordelio,...et per ipsam veredam que venit de Sancto Iacobo et ferit in illam viam antiquam que vadit per totas terras...... Archivo Gnral. de Galicia, en Col. Dipl. Galicia Histórica. (FERREIRA, 1988: 134)
[3] 1124. Donación de Terra de Montaos por Privilegio de Alfonso VII:...et recta strata dirigit ad incruzelatan de super Anseríz (Santa Mariña de Anxeríz). ACS Tumbo C. fol. 113. (FERREIRA,1988: 127).
[4] O topónimo Meixónfrío é importante, porque coincide sempre cun camiño román ou, polo menos moi antigo; visiblemente procede de mansione -frígidu- con cambio de xénero do masculino ó feminino (acaso por unha confusión co aumentativo masculino), que se dá tamén en castelán; puidera significar mansión sen fogar polo tanto soio para guarecerse. Existe un Meixonfrío en Entrecruces, (sete kilómetros ó sudeste de Carballo e xunto a Portocovo, e Ponte Choupana), no camiño antigo de Santiago a Carballo; considérese ademais que Carballo posue un balneario e que segundo referencias o atrio do actual mercado apareceu unha fonte subterránea, con escaleiras, bóveda, e cano, todo, moi probablemente romano (MONTEAGUDO, 1955: 300-305).
[5] 1563: Casal de Quintas, en Santa Mª de Ardaña, da al camino real que va para Santiago y Coruña, que mais adiante se chama tamén camiño francés. AHD Stgo. Pr. de Sar, Carp.II. (FERREIRA: 1988, 134).
[6] Carballo, de existir na Idade Media, debía ser un núcleo de poboación insignificante, e non o centro da comarca de Bergantiños, como o é hoxe. Nembargantes pasaba por alí unha vía romana, e é posible que tivera xa entonces o papel de encrucillada distribuidora dos camiños... (FERREIRA: 1988, 134).
[7] Este é o caso de Baños de Bande (ourense), onde estaría situada a mansión AQUIS QUERQUENAE; de Caldas de Reis (Pontevedra), onde estaría situada a mansión AQUIS CELENIS; de Ourense onde estaría situada a mansión de AQUIS ORIGINIS; de Lugo, onde están as termas da capital do convento lucense; e fora de Galicia estarían, Caldas de Malavella (Girona) onde estaría a mansión AQUIS VOCONIS, e Chaves onde estaría a mansión AD AQUAS. Todas elas figuran como mansións do Itinerario Antonino (BLAZQUEZ/GARCIA, 1992: 40-65).
[8] (RODRIGUEZ, 1975).
[9] Ara Votiva de Granito reutilizada como base dun altar na igrexa de San Pedro de Soandres ata 1909. Consévase no Museo da Catedral de Santiago. (PEREIRA, CIRG: 1991)
[10] Un kilómetro escaso antes de San Martiño de Cerceda, facendo o camiño dende Soandres, no lugar de Lavandeira, foi excavada unha necrópole baixorromana (VALDÉS, 1993: 337 e ss).
[11] 1178. ipsus hospitale de Bruma (FERREIRA, 1988: 128).
[12]...Ao longo do Cordal que vai do lugar de Gorxa a Cidadella se produce unha asociación mámoas camiño Real. Pero non vai o camiño pola sua parte mais alta, xa que a serra en cuestión non destaca, nin pola sua altitude, nin pola sua lonxitude, o camiño este tende a ir pola ladeira occidental, mais alto que o río Cabalar e que as terras de Santa Eulalia e San Vicente de Curtis (CRIADO, 1980 : 36).
[13] As referencias a Brigantium nas fontes clásicas tennas reunidas Vázquez Gómez: é Ptolomeo (100-170 d.C) quen, na sua “Geografía” (Tabla II, Cap.6) menciona por primeira vez a cidade de FLAVIO BRIGANTIO, no gran porto dos Callaicos Lucenses. O segundo autor que alude a ela é Dión Casio(155-235d.C.), no contexto dun feito acaecido no ano 61.d.C, tal é a expedición que Julio César realiza ata BRIGANTIO cidade da Gallaecia (D.C.XXXV,53). A seguinte mención a BRIGANTIUM faina o Itinerario Antonino, arredor do ano 380 d.C, incluíndoa como mansión da vía XX “per loca marítima”. A seguinte cita aparece en Orosio quen sinala, na sua obra “Historiarum adversus paganos libri septens” escrita entre os anos 415 e 417: “O segundo ángulo de Hispania mira ó noroeste, onde está situada BRIGANTIA cidade de Gallaecia, e levanta para observación (do mar) de Britania un altísimo faro, e digno de mención, entre moi poucas cousas” (Orosio,1,2,69-72). E tamén “...as suas partes principais de cara ao Océano Cantábrico miran a cidade de BRIGANTIA en Gallaecia...” (Orosio,1,2,80). Posteriormente‚ na “Notitia Dignitatum Occidentis“ é onde encontra unha nova mención a esta cidade romana. Remite a Caamaño Gesto e nos informa da existencia da Not. Dig. (42,30) que dí textualmemte.” Tribunos cohortis celtiberiae BRIGANTIAE, nunc Iulóbriga”. A fonte parece redactada entre o 395-420 e o traslado da dita unidade a Iulióbriga tivo que ser feito con anterioridade a redacción da dita noticia. Continúa Vazquez Gómez dicindo que o Anónimo de Rávena é a última das fontes clásicas que falan de BRIGANTIA, inmersa nunha longuísima (5.300 nomes) enumeración de cidades e ríos. Ainda que con algunha interpolación inserta en séculos posteriores considérase este documento redactado no século VII.
[14] Tribunus Cohortis Celtiberiae, Brigantiae, nunc Iulióbriga. Not. (XLII), 30. (CAAMAÑO, 1991: 19-27).
[15] A unidade militar Cohors I Celtiberorum estivo acantonada dende comezos do século II d.C. ata finais do século IV no campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña). (CAAMAÑO, 1991: 19-27).
[16] Ano 968:... ete alio villare que dicunt perarias qui iacet inter Vitiani et carrale de vereda que vadit de monasterio ad castro de Roati. (Tumbo de Sobrado, T. I: fol 11r)
[17] Entendemos que A Galicia costeira non é unicamente a liña de costa e as suas terras inmediatas, planas ou abruptas, senón que se amplía insensiblemente cara o interior ata o chanzo topográfico montañoso que serviu de límite polo norte e polo oeste, coa extensa meseta de Lugo, Galicia Central en sentido lato. De ahí a matización de costeira coas complementarias litoral e interior. A costa galega subdivídese en: costa cantábrica, costa noroccidental co seu correspondente antepaís, Rías Baixas, depresión meridiana e Baixo Miño (TORRES, 1990: 30).
[18] (CHEVALIER, 1972: 55 e ss).
BIBLIOGRAFÍA
ACUÑA CASTROVIEJO, F. e CRIADO BOADO, F. (1987): “Catalogación de los yacimientos prerromanos del ayuntamiento de Santiago”, Arqueoloxía e Investigación nº 3, Xunta de Galicia. Santiago.
ARIAS BONET, G. (1987): Repertorio de caminos de la Hispania romana. Madrid.
BARROS SIVELO, R. (1875): Antigüedades de Galicia. Imp. Domingo Puga. A Coruña.
BELLO DIEGUEZ, J.M, e CRIADO BOADO , F , e J.M. VAZQUEZ VARELA. (1987). La Cultura megalítica de la provincia de la Coruña y sus relaciones con el marco natural: implicaciones socio -económicas. A Coruña.
BLAZQUEZ, A, e BLAZQUEZ, A. (1923): “Excavaciones y exploraciones en vías romanas”. Memoria de la Junta Superior de excavaciones y antigüedades“, 52. Madrid.
BLAZQUEZ, J.M., GARCIA-GELABERT, M.P. (1992): “Recientes aportaciones al culto a las aguas la Hispania romana”. ETF, serie II, T. V, pp. 40-65.
BOUHIER, A. (1979), “La Galice: Essai geographique d’analyse et d’interpretation d’un vieux complexe agraire”. Poitiers.
CAAMAÑO GESTO, J.M. (1977-8): “Posible reutilización de camiños prerromanos en época romana” . Gallaecia 3, pp 281-285.
CAAMAÑO GESTO, J.M. (1984): As vías romanas, Cadernos do Pobo Galego 3, Museo do Pobo Galego, Santiago.
CAAMAÑO GESTO, J.M. (1978): “Aportaciones al estudio de las vías romanas, técnicas de construcción y características generales de su trazado”. Minia, Braga, 2ª Serie, 1(2) 1978, pp. 80-98.
CAAMAÑO GESTO, J.M. (1991): ”El campamento bajoimperial romano en Hispania: El campamento de la Cohors I Celtiberorum”. Ciudad y Torre. Roma y la Ilustración en A Coruña, pp 19-22. A Coruña.
CAAMAÑO GESTO, J.M e NAVEIRO LOPEZ , J. (1991): “Aportaciones al estudio de la red viaria romana de la provincia de A Coruña”. Finisterre, homenaje a Alberto Balil, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 207-224.
CAAMAÑO GESTO, J.M. e CRIADO BOADO, F. (1991/2): “La medorra de Fanegas, Sobrado dos Monxes, A Coruña. Informe de la campaña de excavación de 1984”. Brigantium, 7, pp 7-89.
CARRE ALDAO, E. (1935):, “Geografía General del Reino de Galicia”. Provincia de A Coruña. En CARRERAS CANDI, F. Vol. I, pp 267-273, Casa Editorial Alberto Martín, Barcelona.
CASADO GONZÁLEZ, G. e FRANCO MASIDE, R.M. (1997) : “O balneario romano de Carballo segundo as fontes do Arquivo do Reino de Galicia, unha excavación arqueolóxica no século XVIII”. Gallaecia, 17, pp 251-287.
CRIADO BOADO, F. (1980): “Catalogación de las mámoas de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes”, Brigantium 1, pp 13-40.
CRIADO BOADO, F. (1981): “Relación entre la distribución de mámoas y el medio físico en la zona Sobrado-Curtis”. Brigantium 2, pp 7-26.
CHEVALIER (1972): “Les voies romaines”. París.
CURCHIN, L. A. (1985): “Vici and Pagi in Roman Spain”. Revue des Études Anciennes 87, pp. 330-332.
DIAZ y DIAZ, M.C. (1999): “La epístola Leonis Pape De translatione Sancti Iacobi in Galleciam”. Compostellanum XLIII, pp. 517-568.
DIEZ DE VELASCO, F. (1992): “Balnearios y dioses de las aguas termales en Galicia romana”. AEArq, nº 58, pp. 69-98.
ESTEFANIA ALVAREZ, M. D. N. (1960): “Vías romanas de Galicia”. Zephyrus XI: pp. 5-103.
FERREIRA PRIEGUE, E. (1988): Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense, anexo nº 9.
FILGUEIRA VALVERDE, J. (1956): “La carta arqueológica de la provincia de Pontevedra”, Museo de Pontevedra. Pontevedra.
FITA, F y FERNANDEZ -GUERRA, A. (1880): Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia, Madrid, Imp. Lezcano y Cía.
FRANCO TABOADA, A. (1987): Los orígenes de Compostela: “Una historia dibujada”. Deputación de A Coruña, Santiago.
GARCÍA DE LA RIEGA, C. (1904): Galicia Antigua. Pontevedra, Tip. A. del Río y Micó.
GARCIA MARTINEZ, M, C. (1971): “Morfoloxía castrexa das terras de Compostela” Compostelanum XVI, pp. 213-58
GUERRA CAMPOS, J. (1982): “Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apóstol Santiago”. Santiago de Compostela.
HAMEY, L. A. e J.A. (1990): Los Ingenieros romanos. Madrid.
LÓPEZ ALSINA, F. (1986): “De Asseconia a Compostela: pervivencia de estructuras viarias antiguas en la Alta Edad Media”. Compostellanum XXXI: pp. 307-314.
LÓPEZ FERREIRO, A. (1898): Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela , I, Santiago, Imprenta y encuadernación del Seminario Conciliar Central.
LÓPEZ FERREIRO, A. (1901): Galicia Histórica . Historia de Galicia. 1991.
LÓPEZ PAZ, P. (1994): Economía política de los romanos. Editorialde la Historia. Santiago.
LOSCERTALES D.G. VALDEAVELLANO, P. (1976): Tumbo de Sobrado, AHN. Madrid.
TAMUXE, J.M. (1975): La vía romana “per loca maritima” por el Bajo Miño y Costa Atlántica. Imprenta Guardesa , A Guarda.
MARGARY, I.D. (1957): Roman roads in Britain, 2 vols., London.
MONTEAGUDO GARCIA, L. (1953): “Provincia de La Coruña en Ptolomeo”, AEspA XXXVI: pp. 91-99.
MONTEAGUDO GARCIA, L. (1955): ”Noticiario: vía romana entre Betanzos y Guitiriz”. AEArq XXVIII: pp. 300-305.
MORA, G. (1981): “ Las termas romanas en Hispania”. AEspA, vol. 54, 1981, pp 37-89.
MORALEJO LASSO, A. (1977): “Toponimia gallega y leonesa”. Ed. Pico Sacro, Santiago.
MORALEJO, A., TORRES, C., e FEO J., (1998): Liber Santi Iacobi “Codex calixtinus”. Xunta de Galicia, Santiago.
NARDIZ ORTIZ, C. (1991): “La formación y la transformación de la red viaria en Galicia”. Boletín Académico 14: pp. 35-48.
NARDIZ ORTIZ, C. (1992): El territorio y los caminos en Galicia. Planos históricos de la red viaria. Colegio de Ingenieros , Canales y Puertos. Xunta de Galicia.
NARDIZ ORTIZ, C. (1998): Los puentes de piedra y los ríos en Galicia. Caminos de piedra y agua. Ed. Enor.
PEÑA SANTOS, A de. (1990-1991): “Consideraciones sobre las vías romanas de la provincia de Pontevedra”. Castrelos, 3-4, pp 217-243.
PEREIRA MEANUT, G. (1991): Corpus de Inscripciones Romanas de Galicia. Consello da Cultura Galega. Santiago.
PEREZ LOSADA, F. (1992): “Hipocaustos na Galicia romana”. Gallaecia 13, pp. 129-175.
RODRIGUEZ CASAL, A. (1975): Carta Arqueológica del partido judicial de Carballo de Bergantiños ( A Coruña), Studia Arqueologica 34.
RODRIGUEZ , P. (1983-4): “Grandimium” , Galicia Diplomática II.
ROMERO MASIÁ , A. e POSE MESURA, X.M. (1987): Galicia nos textos clásicos. Monografías Urxentes do Museu Arqueolóxico de San Antón. A Coruña.
ROLDAN HERVÁS, J.M. (1975): Itineraria Hispania. Fuentes antiguas para el estudio de las vías romanas de la Península Ibérica. Universidad de Valladolid / Universidad de Granada.
RODRIGO, V. e HABA, S. (1992): “Aguas Medicinales y culto a las aguas en Extremadura”. ETF. , Serie II, Hª Antigua, t. V, pp 351-82.
SA BRAVO, H. de (1984): “Caldas de Reis. Páginas históricas de la villa y de linajes de la misma y su contorno”. El Museo de Pontevedra, XXXVIII, pp. 57-84.
SAAVEDRA, E. (1863): “Discurso leido ante la Real Academia de la Historia el día 28 de diciembre de 1862”. Madrid, imp. Manuel Galiano.
SOBRINO LORENZO-RUZA, R. (1950): “Material lítico pulimentado de Lens”. Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, IV.33, pp. 17-24.
TORRES LUNA, Mª P. de, PAZO LABRADOR, A. J., e SANTOS SOLLA, J.M (1990), Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Universidade de Compostela. Santiago.
VALDÉS BLANCO R. (1993): “La necrópolis tardorromana de Guisande”. XXII Congreso Nacional de Arqueología Vol. II. Vigo, pp 337-342.
VAZQUEZ GÓMEZ, X.L. (1991): “ La Coruña en época romana”. Ciudad y Torre . Roma y la Ilustración en la Coruña, pp. 35-40. A Coruña.
Más informacióen en: http://arredemo.info
No hay imágenes relacionadas.
Comentarios
Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.
Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.
No hay más información.
...0