Autor: Marcial Tenreiro Bermúdez
lunes, 23 de junio de 2008
Sección: Artículos generales
Información publicada por: crougintoudadigo


Mostrado 18.660 veces.


Ir a los comentarios

O MUNDO DA MOURINDADE QUE VEN POR SAN XOAN A CELTA GALIZA SEGUNDO MARCIAL TENREIRO BERMÚDEZ

Abusando de la amistad del autor, Crougintoudadigo, cuelga estos viejos papeles de su caro amigo el celtólogo Marcial Tenreiro Bermúdez

Ollando para os mouros

Unha das cousas que inmediatamente chama a atención cando se anda polo campo entre o inmobilliario arqueoloxico, e comprobar a proximidade, evidente e total que existe entre a xente e os restos do pasado. De cote desenrolada a través dun bo fato de lendas, de nomes, e de  tradicións que chegan a crear unha auténtica mitoloxía popular e a facer o paisaxe unha auténtico marco do mítico de seu. En certa forma, andar polo campo en Galicia, coma noutros sitios, é pasear ao pe das lenda, entre eles, velas de primeira man, é participar de crenzas que ainda impregnan a vida e a mente das xentes que viven a carón delas. Ollar para un penedo por tanto, non é moitas veces, fitar para unha pedra, senon que é ollar alén do obvio e xeolóxico, unha creación da alma popular, un anaco doutra historia para outros, un obxeto de estudio de longo percorrido e interese para alguns de nós. Esto é a tradición popular.


-A dous metros baixo terra.


Poñámonos agora un caso típico: Un campesiño ao furar a terra co arado, de súpeto, vese sorprendido, pola chamada dunha éstrana voz. Estupefacto e asombrado, e aínda sen entender o que pasa, botase para atrás, coa orella no difuso son, nota que as palabras parecen saír de debaixo dos seus pes, e teimando co oído en descifrar a mensaxe, consegue percibir unhas palabras cun mandado imperativo procedente das mesmas entrañas do chan, e que lle espeta:


“Ai hom cerra o arado, non ares tan fondo que me destella-la casa!”


Deixando a un lado o humor, e o susto obvio, na narrativa popular do noso pais é común, toparse con historias coma esta. Créese que en determinados sitios viven os mouros, raza sobrenatural, debaixo da terra polo que en boa lóxica o traballar neses lugares co arado, e afondar a ferramenta tropezan nos tellados das súas casas, provocando as, non menos lóxicas, iras dos habitantes do subsolo. O feito, non é único, nin illado. Igualmente entre os homes do rural doutros países celtas da zona atlántica existen crenzas parellas. Na zona de Donegal, se contaba así que os daoine sidhe (as xentes do sidh, e dicir, do Alén) podían atormentar a un home se lles construía encima a súa casa ou araba onde vivían, aparecéndoselle polas noites berrando, cun, por outro lado, lóxico enfado ao respecto.


-Os mouros facendo a paisaxe


Habitualmente esta residencia subterránea dos mouros aparece asociada a un resto prehistórico, xa que o labrego entende que este inmobiliario arqueolóxico, omnipresente en Galicia, foi construído por aqueles seres sobrehumáns. Os mouros xogan, pois, o papel de constructores de monumentos de diferente adscrición, ou mesmo da paisaxe que algunhas mitoloxías atribúen aos seres primordiais, nesta categoría entrarían tanto aqueles restos que realmente son resultado da acción humana, como algúns fenómenos naturais ós que se atribúe unha orixe sobrenatural, tal é o caso de determinadas pedras afectadas pola erosión, ou caprichosos encabalgamentos do relevo granítico, feitos segundo o imaxinario popular por unha vella co dedo meniño; como a Pena Molexa de Vilasuso (O Val, Narón), impresionante penedo duns cinco metros de ancho por case cinco de alto e encaixado entre dúas pedras (foto. 1) do que hai rexistrado un extenso folclore.Nalgún caso a vella moura e substituída por unha personaxe santa, como a Virxe ou outra santa, sucede así no caso da Pena Morcegueira (Meirás, Valdoviño) da que di que é sostida polo dedo da Virxe e que o día que o retire e caia será a fin do mundo. Tradicións deste tipo coinciden cos intentos de cristianización de elementos do folclore que son considerados como pagáns e que levou nalgúns caso mesmo ate á conversión en intencionadas capelas de túmulos megalíticos.



-A vella constructora e a moza encantada


            É curiosa a forma na que o imaxinario popular amosa a acción creadora destes; é frecuente a referencia a vella moura que leva nunha soa man a pedra, que a asenta cun só dedo, ou incluso a leva sobre a cabeza mentres coas mans está a fiar nunha roca. Paralelamente noutro contexto atlántico (Irlanda, Escocia) podemos atopar a Cailleach Bheara (literalmente a “vella de Bear”) que leva no seu mandil as enormes pedras con que, din fai os dolmens e as montañas. Sobre a vella de Bear podemos rastrexar cara atrás; os seus carácteres típicos na épica irlandesa. Así, dise dela que a Cailleach era unha moza dunha beleza extraordinaria que casaba cun rei e envellecía canda el. Xa morto este tornaba outra vez moza para casar con outro monarca. Este fondo mítico innegable da figura da moura esta presente na caracterización alternativamente como vella (no papel de constructora) ou fermosa doncela (no papel de seductora) ou máis directamente nunha lenda recollida na parroquia asturiana de Santa Cristina de Chena, que fala dunha xana transformada en vella que o desencantala tornaba moza.


Con respecto ao aspecto constructivo D´Arbois de Jubainville chamara xa a atención sobre ese aspecto na antiga épica irlandesa o referirse as lendas sobre os orixes dos pobos (míticos) que poboaran a Illa. Así a primeira fortaleza ou castro (rath) feita na Irlanda foi escavada por catro obreiros todos eles irmáns e dunha raza de xigantes (os fomore) e que o fixeran cunha facilidade sobrenatural xa que escavaran o foxo e levantaran o muro no prazo dun so día. Pola contra no folclore bretón a construcción dos distintos restos arqueolóxicos como dolmens ou castros é atribuída aos korrigans pobo de ananos míticos os que nembargantes se lle atribúe  apesares do tamaño unha extraordinaria forza. De igual maneira na mitoloxía xermánica abundan os paralelos destas dúas figuras no seu papel de constructores de monumentos antigos, da paisaxe, ou de artesáns marabillosos.


-Debaixo da terra, debaixo da auga.


            Ás veces o folclore intercomunica, a través de tuneis, os distintos restos que se atribúen á man dos mouros, como sucede con algúns castros que se considera se comunican uns cos outros, máis sen dubida o máis habitual, e que as lendas incidan en que estes levan ao mar. Antes de examinar as connotacións do tema da marcha ao mar convén sinalar a estreita relación entre os mouros e os seres que habitan as augas. Así e corrente que os mouros vaian “ao mar” se non son desencantados co seu tesouro dentro dun prazo de tempo determinado, indo ambos polo río abaixo a “xuntarse cos seus parentes”. O folclore sobre tuneis que parten dende determinados lugares, normalmente restos arqueolóxicos, e dan ó mar esta moi estendido e é de grande interese, sendo posible relacionar con tradicións do tipo dos “pozos peagos”. Pozos dos que se di que acaban nun mar subterráneo ou que son “ollos do mar”, e que se lle puidera ver o fondo veríamos certamente o medio acuático. Un caso disto pode ser o do Pozo Mariño, que se cita no do Catastro do marques de La Ensenada, para a parroquia de San Máteo de Trasancos (Narón). Topónimo ao que pola súa situación moi interior e nada mariñeira hai que supoñerlle un caracter evidentemente mítico e relacionado con estas crenzas do imaxinario popular, que recordan asimesmo a outras do folclore sobre un mar subterráneo, no que se di que navegan as animas, non cara o inferno ou o purgatorio, senón cara o paraíso.


Igual identidade aparece, xa desde os textos máis antigos no termo irlandés sidh, como designación do trasmundo utilizado indistintamente para designar as “outeiros das fadas” fairy hills tanto como localizacións subacuáticas do mundo feérico, xa sexan na fondo dun lago, nas profundidades mariñas ou en determinadas illas ou penedos. Un antigo texto irlandés mostra o ese mundo do sidh no que un personaxe ve no fondo do mar ese mundo paralelo cheo de campos vizoso de herbas, rabaños de animais que pastan e xentes que parecen seguir coas súa vida como se fora a terrestre, máis todo elo baixo o pracido manto das augas. Unha descrición que cecais recórdanos tamén, a quen as temos escoitado aos relatos de esas cidades asolagadas da tradición oral, cos seus habitantes vivindo aínda nelas baixo as augas de lagoas, pozos, ou mesmo regatos, e coas súas campás soando recorrente e puntualmente cada ano polas vésperas do San Xoán. É, que conectara asimesmo cunha morea de que de lendas longa de enumerara neste limitado espacio e que converxen, en que a figura dos mouros aparece non xa como subterránea senón habitando baixo as augas, e decote collendo para si outros nomes xacios, homes mariños, etc., seus parentes e correlatos noutros lugares do amplo paisaxe da tradición popular europea e que presentas aos entes feéricos como seres que viven baixo a terra e baixo ou embaixo as augas.


 


Pero situar a vivenda dos seres sobrenaturais no subsolo ou baixo a auga non é nada novo para a tradición europea. Se é certo que no século XII, contaba Xervasio de Tilbury que á terra dos duendes chegábase por un camiñobaixo a terra e o seu contemporáneo Xerardo de Gales ou Barri nos narraba a viaxe o subsolo de Elidor seguindo a uns ananos sobrenaturais, non é menos certo que xa nos textos mitolóxicos irlandeses se nos da conta da vella división, fundacional do mundo, coa separación entre os homes mortais que quedaron co mundo sobre a terra e as xentes do Alén que se foron retirar a vivir baixo as lagoas, ou os montiños, ao Alén.


A descrición dun mundo sobrenatural subterráneo no folclore actual das distintas rexións europeas non é por tanto, nin pode ser, nova, nin recente, ou contemporánea senón simplemente a forma actual, a supervivencia ben entendida, duns arquetipos míticos moi antigos e que, reinterpretados e refeitos mil xeración; o vello sobre o novo, o pasado pagan sobre o presente cristián, seguiron, en parte aínda seguen, vivos configurando a memoria popular ata o día de hoxe.Este elemento de alteridade do popular e dos mouros en canto ser sobrenatural a marxe, que non encaixaba na tipoloxía ortodoxa cristiá de anxo ou demo dará lugar a toda un serie de versións na tradición popular que se moven entre a demonización aberta, unha caracterización ambigua e a medio camiño como “pagáns”[1] que serían, ou outros caracteres que de cote se escapan desta descrición e que mostran dentro da tradición oral unha concepción máis ampla do mundo sobrenatural, na que as vellas figuras míticas atopan agora acomodo, perdidos os seus trazos persoais e os seus vellos nomes, cobrando unha nova vida, unha segunda vida, agora como mouros, dentro dunha autentica mitoloxía popular oficiosa e en parte oposta a mitoloxía oficial de cristos, virxes e santos varios. Non mellor nin peor simplemente distinta.



-A descrición do trasmundo.


Un tradicionais do mundo dos mouros a pesar dos intentos eclesiásticos e do seu caracter subterráneo, distan de reflectir os caracteres dun mundo infernal ou negativo; aínda e cando dende unha óptica cristián elo sería lóxico, o situarse ambos baixo a terra. Así aparte da recorrente descrición como un mundo cheo de riquezas por todas partes (pentes de ouro, restrelos de ouro, etc.) e mesmo con trabes do mesmo metal, as referencias do mundo dos mouros e dos seus conxéneres no folclore doutros países da area atlántica, coinciden en caracterizar antes ben a este por un estado de festa, onde os mouros preséntanse cantando e bailando ledamente:


Outro día indo unha muller cas ovellas e levando o can, que tiña un axouxo  colgado do pescozo, o can deu en correr, arriba e abaixo pola croa, e meteuse por unha porta, que había alí aberta, e despois de tres días foi sair o río Limia, por baixo dos Baños de Bande ... E a muller cando se meteu o can pola porta, sentía, dentro un gaiteiro e moita xente que bailaba i entón acercouse e víu que os bailaríns eran xigantes.



Dita concepción do mais alá asociado o festín e a música, atopámola tamén no folclore das Illas Británicas. Así nunha versión escocesa da lenda de Deirdre e Naoise, transcrita no XIX, podemos atoparnos con fadas que tocan musica dentro do montiño no que o protagonista apoia a cabeza a xeito de almofada para durmir. Unha ambientación musical de certo non moi distinta de certo a que dicían os veciños do castro dos Vicás (Narón) cando contaban que polas noites se oía facer musica aos mouros aló no castro. O gales Gautier Map, falaba asimemso no s. XII dunha lenda escoitada no seu país natal e na que un nobre tras perderse na fraga atopa a medianoite unha casa da que oíu que saía moita musica e risas, e na que dentro había tres mulleres moi altas bailando, das que logo sabería eran mulleres do alén (Gwarg Annwn). Igual asociación dos seres feéricos coa musica podémola atopar sen irnos tan lonxe, e tamén en época medieval, no galego Vasco Da Ponte o cal refire o falar sobre dun dos membros da liñaxe nobre dos Moscoso, unha historia que podemos considerar como a máis antiga descrición no caso galego do noso actual folclore de mouros:



Este Alvaro Pérez duro poco y, según fama, entrando en la coba da Coruja a buscar un gran tesoro por consejo de un freire que era gran nigromante, y llevando consigo treinta escuderos y peones muy enforçados, y ante ellos muchas achas encendidas y troncones muy grandes de roble y cordas longas amarradas en la entrada de la coba con estacas, y la gente bien armada, y entrando por la coba adentro, hallaron aves tan grandes que les daban muy grandes golpes en las caras, y anduvieron asta llegar a un gran río caudal, y vieron del otro cAbo dél gentes estrañas, fermosas, ricamente vestidas, tañendo instrumentos y viendo grandes tesoros. Pero tubieron tan gran miedo al río que no lo osaron pasar; y todos de un acuerdo dieron vuelta, más el freyre deçía: “Adelante, adelante, que no es nada”. Y ellos no lo quisieron creer. Y entonces salió tan grande viento que les apagó las achas. Y en tan buen día, quando se pudieron salir, dio por ellos un aire emponçoñado que no salieron del año con vida, y el freyre luego perdió la vista de los ojos.



A descrición desas gentes estrañas, fermosas, ricamente vestidas evoca inmediatamente, na cabeza de quen coñece as tradicións populares, as descricións da fermosa aparencia dos mouros, e seres feéricos do imaxinario popular europeo, de pel clara e cabelos loiros ou roxos, e fermosa fascia, no seu mundo cheo de riquezas de musica e de lecer. E mostra ou ao menos deixa albiscar o alongada que é a sombra do folclore mal chamado “contemporáneo” en canto se escarva un pouco debaixo de estructurais e aparentes superficies.



Unha longa duración da que, citando a Vicente Risco, habería que darlle gracias ao pobo como “transmisor –que foi- inconsciente do pasado”, a través dun moi consciente presente, no que o vello atopou acomodo sobre o novo, sobrevíndolle, e o mito deveu lenda para encher as noites, e as cabezas de moitas xeracións de nenos e vellos. ¿Que é senón o que significa tradición?, aquelo que traducimos inconscientes de entre o pasado, aquelo que levamos tras nos, o vagar dos séculos e constitúe, en resumo, a nosa expresión como cultura, o patrimonio, e, a fin de contas, a nosa contribución as novas xeracións e o futuro. O noso herdo e a nosa débeda para con eles e cos que virán.




Bibliografía



-ALONSO ROMERO, F: “Las mouras constructoras de megálitos: Estudio comparativo del folclore gallego con el de otras comunidades europeas.” Anuario Brigantino nº21, 1998.


-ÁLVAREZ PEÑA, A: Lliendes de Chena. AYDA, Oviedo.


-D´ARBOIS DE JUBAINVILLE, H: El ciclo mitológico irlandés y la mitología céltica. Madrid, 1996.


-BRIGGS, K.: The fairies in English tradition and literature. Londres, 1989.


-DAVIES, S: “Mythology and oral tradition: Wales.” In Green, M.J.: Celtic World. Londres, 1996.


-GÓMEZ SOUTO, L e TENREIRO, M: “Os que viven baixo terra” Ao Pe da Lenda. Diario de Ferrol, 3-07-1999


-LECOUTEAUX, C: Enanos y elfos en al Edad Media. Palma de Mallorca. 1998.


-O´HEOCHAIDH, S e MAC NEILL, M: Fayry Legends from Donegal /Síscéalta ó thir Chonaill. Dublin, 1977


-LOPEZ CUEVILLAS, F E FRAGUAS, A: “Los castros de la tierra del Saviñao.” In Congreso arqueológico nacional. Zaragoza, 1955.


-LLINARES GARCIA, M: Os mouros no imaxinario popular galego. Santiago, 1990.


-PENA GRAÑA, A. X.: Narón un concello con historia de seu. Vol I. Santiago.


-POKORNY, J: Cancioneiro da poesia céltica. Vigo, 1989..


-RISCO,V: “Da mitoloxía popular galega. Os mouros encantados.” Nós nº43, 1927.


-RISCO, V: “Etnografía: cultura espiritual.” In Otero Pedrayo, R: Historia de Galiza. Vol I, Buenos Aires,1962.


-TENREIRO, M.: “Os mouros notas sobre a pervivencia do mito no folclore” Anuario Brigantino, nº 25, 2002.











[1] Ou mesmo “anxos caidos”, demasiado bos para o inferno pero ainda malos para o ceo, sobre a teoría das fadas como “anxos neutrais”.


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Uma 24 de jun. 2008

     


    La verdad,no acAbo de entender el criterio de algunos tijeretazos.El artículo es muy interesante y claro.


    Entonces,si he entendido bién,la moura constructora y  portadora de piedras es siempre anciana ,nunca joven.


     

  2. Hay 1 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba